• Saltar á navegación
  • Saltar ao contido principal
  • Skip to primary sidebar
  • Skip to secondary sidebar
  • Skip to footer

Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

  • Inicio
  • Quen somos
  • Qué son os nosos Clubs de lectura
Twitter Facebook Feed RSS

As lecturas do Club de lectura Fórum Luns

4 Abr

Publicado por: vanesarios

O club de lectura Fórum Luns, ao igual que case todos os da rede, toman unha semana de descanso e parécenos unha boa oportunidade para deixarvos as recomendacións das nosas últimas lecturas.

Comezamos o ano cun clásico, La felicidad conyugal de Lev Tolstói publicado por  Acantilado.

Serguéi Mijäilovich chega á casa de campo de Pokróvskoye para administrar a herdanza de María Alexándrovna. Ela é doce anos máis nova ca el, pero entre ambos xorde un amor que se consuma en matrimonio. Ao principio viven tempos felices; con todo, a súa felicidade verase alterada cando a parella se traslada a San Petersburgo e ao éxito de María na vida da alta sociedade acompáñenlle os ciúmes do seu esposo. As obsesións individuais, a responsabilidade e o amor fronte aos demais son claves nesta obra baseada na propia vida de Tolstói.

Desta obra resaltamos especialmente o amor de parella como tema central. A descrición dos sentimentos como o namoramento é chave, sobre todo na primeira parte da novela, na segunda parte dá a sensación  de que corre máis rápido, e entretense menos en detalles sentimentais.  Destaca tamén a gran capacidade que ten Tolstói á hora de reflectir os perfís psicolóxicos dos personaxes, a través dos que demostra que é un gran coñecedor da alma humana.

Tolstói é considerado como un dos máis grandes autores da literatura universal de todos os tempos. A súa obra é fundamental para entender o desenvolvemento da novela contemporánea, sendo o maior exemplo do movemento realista.

Seguimos con La mujer helada de Annie Ernaux (Cabaret Voltaire), autora da memoria persoal e colectiva, cuxa obra mestura finamente a literatura autobiográfica e as observacións sociolóxicas, foi galardoada co Premio Nobel de Literatura o 6 de outubro de 2022.

Narrado en primeira persoa a autora debuxa o mundo no que unha muller deixa de ter significación propia, vive nas rúas, xoga e soña para rematar nun matrimonio que nada lle aporta e cunha maternidade que se afasta do que ela unha vez imaxinou. Ernaux presenta a unha muller que se limita a seguir de forma case automática, sen ser persoa, a por unha vida que non lle dá marxe de movemento, autonomía ou queixa, conxélase porque non sente ou conxélase se cadra polo frío que deixa como único rastro a soidade que representa.

Nesta obra, Annie Ernaux segue recuperando os recordos da súa vida, neste caso para escribir sobre as liberdades (ou a ausencia delas) das mulleres da súa época. Por un lado están as mulleres loitadoras que prácticamente non teñen tempo máis que para traballar e criar aos fillos, e polo outro están as mullers acomodadas que viven nun mundo de “perfección”. Estamos ante un libro que reflexiona sobre o que debería supoñer a liberación da muller, sobre a dificultade en demostrar a súa valía nun mundo reinado por homes.

Gustou moito Llévame a casa de Jesús Carrasco e publicado por Seix Barral. Unha novela ancorada no presente profusamente recoñecible: un pobo de Toledo en 2010 e unha familia que podería ser, baixo a máscara e emendas da imaxinación, a do propio escritor. A de calquera. Unha historia arraigada nunha cotiandade tan inmediata como inexorable e dolorosa: a enfermidade e morte dos proxenitores cando os fillos teñen a súa propia vida lonxe xa do fogar familiar, o da súa patria ou casa verdadeira. Carrasco, que se consagrou con Intemperie como un dos debuts máis cegadores do panorama literario internacional, configura en Llévame a casa unha trama sólida e concentrada.

Especialmente crúa resultou a trama de La hija de la española de Karina Sainz Borgo (Lumen).

A trama está protagonizada por unha muller nova (Adelaida) que acaba de perder á súa nai (Adelaida Falcón) no medio da Venezuela chavista-madurista. “O mundo, tal e como o coñecía, comezará a derrubarse”. Era a única filla dunha nai solteira, e a partir deste intre, no medio da súa soidade, o cúmulo de males que se xeraron nestes vinte anos de dominio político de Hugo Chávez (1954-2012), o seu herdeiro no poder (Nicolás Maduro, 1962), comezaron a afectar en maior grao todos os aspectos da súa vida. En poucas páxinas a novela logra sintetizar unha gran cantidade de odios, perversións, traxedias e rápida deterioración da calidade de vida que ocorreron ao longo destas dúas décadas (“a xente enfermaba e morría tan rápido como perdía o xuízo”), e úneos dunha maneira relativamente harmónica nos meses en que se desenvolve a trama tanto no seu presente como nos recordos.

Cambiamos totalmente de rexistro tanto na temática coma na narrativa. Viaxamos ao Portugal da revolución dos caraveis a través de Los memorables de Lídia Jorge.

Ana Maria, xornalista portuguesa, regresa ao seu país para realizar un documental sobre un dos procesos máis significativos de Portugal: a Revolución dos caraveis. Volve a casa do seu pai, quen tamén foi xornalista, e atopa a foto dun grupo de revolucionarios -un militar, un cociñeiro, poetas e diversos personaxes- inmortalizados nunha imaxe tomada pouco tempo despois do acontecemento. Os seus integrantes representan unha oportunidade xornalística orixinal, a partir deles poderá narrarse o episodio fundacional da democracia portuguesa e, máis aínda, lembralo con fontes primarias; pero aínda así, as maneiras de evocalo, trinta anos despois, son diferentes, conforman un crebacabezas emocional e mnemotécnico que se contradi e complementa á vez.

Reflexioamos con esta obra sobre Portugal e as súas letras, a memoria,  os mozos e a historia recente. E pechamos cunha frase dita por un dos personaxes que queremos compartir con vós A democracia consiste en batallar coa banalidade do cotián. Que significado lle dades?.

E entramos nas vacacións con Lejos de Egipto de André Aciman (Libros del Asteroide) entre as mans.

A novela é un exercizo de memoria no que Aciman mostra a vida da súa familia en Alexandría a mediados do pasado século. É unha mirada agradecida, aínda que non evita as súas experiencias en colexios prestixiosos, cheos de violencia e castigos corporais e os desgustos da familia ao serlles arrebatados todos os bens. Unha visión moi evocadora dun mundo que desapareceu, as ceas e reunións familiares no casarón da bisavoa, nas que se falaba ata seis idiomas, incluído o ladino, conservado polos maiores da familia. Este castelán antigo pervivía aínda, desde que os xudeus foron obrigados a abandonar a Península Iberica no século XVI. Aciman escribiu un libro evocador e cheo de añoranza cara a esa nenez que nunca volverá.

E ata aquí as nosas recomendacións do segundo trimestre, agardamos que vos deran ideas para facer acopio de lecturas para estes días de descanso que temos por diante. Podedes consultar a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Publicado en Club de los Lunes de Forum

1 comentario

Etiquetas: #recomendamosbmc, "Biblioteca Fórum", "Fórum Luns", recomendacións

Polo día da Poesía: campaña “Poesia con nome de Muller”

31 Mar

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, e dende as bibliotecas queremos render unha homenaxe ás nosas poetas como xa fixéramos outros anos.

Nas últimas semanas, dende cada unha das nosas bibliotecas da rede, cada día fomos compartindo  as verbas dunha escritora, entre as se atopan: Emilia Calé, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, María Lado, Antía Otero, Lúa Mosquetera, Alba Cid e Arancha Nogueira.

 

Emilia Calé (A Coruña, 1837 – 1908)

diadapoesia2023(post IG)Emilia Calé y Torres Sanjurjo naceu na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e foi unha escritora moi prolífica que cultivou varios xéneros: poesía, narrativa, teatro. Moi coñecida nos ambientes literarios, foi unha das fundadoras da sociedade “Galicia Literaria”, que se reunía no seu domicilio de Madrid, onde se trasladou entre 1871 e 1875. Colaborou nun gran número de publicacións periódicas dedicadas á muller, que asinaba tamén baixo o pseudónimo de “Esperanza”.
A súa obra poética atopa a inspiración no amor, na patria e na natureza. Tamén, como era usual nesa época, dedica poemas a outras mulleres, como Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, etc.

Reproducimos aquí o poema “A la Torre de Hércules de La Coruña” do seu libro Horas de inspiración, publicado en 1867.

Varias veces te vi, y en esa altura
Contemplé los destellos rutilantes
De tu faro, que ofrece en sus cambiantes
Del iris, el bellísimo color.
A tus pies vi tendido el ancho océano
Y escuché de sus ecos el murmullo,
Ya alzando las ondinas grato arrullo,
O chocando las olas con furor.
Y al compás del rugido que formaban
Esas aguas, que luchan ellas solas,
Miraba’desprendidas de sus olas
Nítidas perlas sobre un fondo azul;
Otras veces en medio la bonanza
Parecióme ese piélago un espejo,
Que copiaba con mágico reflejo
El poético mar del Stambul.

Y siempre te admiré cual un gigante
Que el espacio iluminas con tu faro,
Prodigando constante el fulgor claro
Que despide tu limpia y bella luz;
Pues lo mismo fulguras en la noche
Que se ostenta serena y plateada,
Como al rugir de la tormenta airada
Que al cielo envuelve -SH fúnebre capuz.
A tu amparo camina presuroso
El bagel que cercado de la bruma,
Va rompiendo la leve blanca espuma
Que á su paso la estela ha de formar.
Y el marino contento al divisarte
Entona su canción grata y sonora,
A esa luz que en su rula siempre adora,
Y á ese puerto que anhela saludar.
Sigue siendo del pueblo Brigantino
Firme coloso de esplendente gloria,
Que al formar una parte de su historia
Un recuerdo en sus páginas te envia.
Que el tiempo no destruya tu grandeza,
Ni nunca para tí llegue el ocaso;
Salúdente los siglos á su paso
¡Oh hermosa torre de la patriamia!

Luz Pozo (Ribadeo, 1922 – A Coruña 2020)

diadapoesia2023(post IG) (1)

Poeta primeira poeta galega proposta para un Premio Nobel e voz esencial das letras galegas da segunda metade do século XX.

Comezou o seu labor editorial en Nordés, revista de poesía e crítica da que era directora. Formou parte da Real Academia Galega (RAG) como membro numerario dende 1996 e tamén foi membro do Centro PEN de Galicia. Os premios de Ensaio Tomás Barros, González Garcés e Letras de Bretaña, así como o Premio da Crítica Española e a Medalla Castelao, son algunhas das distincións coas que foi recoñecida a súa traxectoria literaria.

A luz é unha señal da súa identidade cunha trayectoria poética colmada de amor, de recordos, do paso de tempo e da morte. Precisamente dúas mulleres deixaron unha pegada decisiva na súa formación: a súa tía que a iniciou no coñecemento do galego de tradición oral e a súa nai, unha muller que alimentou nela o amor pola poesía e as artes.

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976)

diadapoesia2023(post IG) (2)Escritora, poeta e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Na actualidade é profesora titular na Facultade de Filoloxía da USC e ten publicados na súa traxectoria profesional libros de poemas, artigos, ensaios e participado tamén en obras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio da Crítica á mellor obra poética no ano 2016 por “O deserto” ( 2015) e o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no ano 2022 por “Maternidades virtuosas: unha crítica aos modelos profesionais de crianza” (2022).

Dende a Biblioteca Ágora recomendanespecialmente o libro “A lentitude”, publicado no ano 2017 na editorial Chan da Pólvora.

 

María Lado (Cee, 1979)

diadapoesia2023(post IG) (3)A escritora e actriz galega orixinaria de Cee é a outra metade do proxecto poético-humorístico-musical @aldaolado.

Os seus inicios na escrita foron entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte. Posteriormente participou en volumes colectivos e antoloxías poéticas e colaborou no xornal dixital Vieiros e na revista Dorna. María tamén traduciu ao galego varios libros de literatura infantil.
Como poeta publicou, entre outros, A primeira visión, casa atlántica casa cabaret, Berlín, Nove ou Gramo Stendhal. 

 

 

Antía Otero (A Estrada, 1982)

diadapoesia2023(post IG) (4)Poeta e editora. Tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballa arredor da práctica escénica e da escrita.

Como poeta gañou o VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte e publicou O Son da Xordeira en Espiral Maior no 2003, (Retro)visor no 2010 (Finalista nos premios AELG) e o Cuarto das abellas (2016) (Mellor libro de poesía na II Gala do Libro Galego), ámbolos dous en Xerais. No 2017 publica O branco non pinta!, a súa primeira obra para público infantil, editada por Apiario.

O seus textos poden lerse tamén en multitude de publicacións colectivas e revistas. Dende 2014 codirixe Apiario.

Leva anos dedicada a coordinar cursos de arte, poesía e escrita creativa tanto para entidades públicas como privadas.

 

Lúa Mosquetera (Miño, 1988)

diadapoesia2023(post IG) (5)Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre moitas outras cosas.

Ten un club de bordado (ademais de bordar fotografías profesionalmente), imparte obradoiros de escritura creativa, ten una tenda de roupa de segunda e terceira man, organiza o Festival Loro Facu de Miño pero, ante todo, é poeta e escritora.

Poderedes atopala recitando algún dos seus versos en bares e librarías, habitualmente acompañada de música en directo. Se non, sempre poderedes asomarvos ás súas redes sociais, nas que tamén a atoparedes recitando e compartindo anacos da súa vida e da súa alma. Fálanos de maneira natural e crúa da infancia, da familia, da liberdade, do baile, da música, do reggaeton, da literatura, da nudez dos corpos e, sobre todo, da perda. A morte da súa nai cando ela era nova está sempre presente nos seus versos e tamén na súa vida.

[…]
Creo que tan sólo quería
decirme
que morirse es un asco,
quería ponerse un piercing,
tener un perro,
aprender a conducir,
empezar a envejecer
y no marcharse
sin saber
que su boca
ha sido revolución
para todos los que la hemos conocido.

Alba Cid (Ourense, 1989)

diadapoesia2023(post IG) (6)Estuda Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde tras realizar a tese doutoral empeza a dar clases.

Obtén varios recoñecementos e galardóns dende moi nova cos seus traballos. Participa en obras colectivas como “Poética dá casa” (2006) ou a antoloxía de “No seu despregar’ (2016). Tamén publica textos e recensións en revistas e medios de prensa.

Os seus poemas foron traducidos a varios idiomas e, actualmente, encárgase do Centro John Rutherford de Estudos Galegos da Universidade de Oxford.

Recomendamos o libro “Atlas” co que gaña o Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández” (2020).  Atlas é unha reflexión poética de como a literatura elabora mapas da realidade, e o seu valor moral para reflectir os problemas do mundo. 

Arancha Nogueira (Ourense, 1989)

diadapoesia2023(post IG) (7)Licenciouse en Xornalismo, fixo un mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural e outro de Educación.

O seu nome artístico en homenaxe á súa avoa, ela mesma descríbese como “cantiga de amigo con patas / poeta / cantante de ducha / louca dos afectos”, pero tamén moi lectora e moi curiosa.

Dende ben pequena escribe, baila e debuxa (aínda que di que isto último non moi ben 😊).

Participa na Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega, onde ademais de aprender de forma colectiva fai con moito gozo crítica literaria abertamente feminista.

Espera da poesía que nos sacuda coma un lóstrego, e para acadalo reflexiona sobre a propia identidade: o que somos, o que queremos ser e o que os demais ven de nós.

A relación nai-filla é outro tema moi presente nos seus poemas, dado que as nais son o noso primeiro modelo do que queremos ser. 

E cun poema da novísima Arancha Nogueira pechamos esta campaña de Poesia con nome de Muller:

Na sesta
mamá pousa os dedos sobre o peito
téndeme a manta
(unha flexión),
decide prescindir do frío
como se houber algo de propio na humildade.
O bico pecho,
non colle un só descoido.
Síntome nena no seu peito de ollos tristes.
E case me abonda con isto.
Case.
</3

Publicado en Efemérides, escritoras

Deixar un comentario

Etiquetas: #poesiaconM, Alba Cid, Antía Otero, Arancha Nogueira, Día mundial da poesía, Emilia Calé, Lúa Mosquetera, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, María Lado, Mulleres de carne e verso, Poesía, poetas galegas, Poetry

“La casa del padre”, de Karmele Jaio

10 Feb

Publicado por: marta.rivadulla

No club de lectura de Monte Alto acabamos de ler La casa del padre, de Karmele Jaio. Autora descoñecida para nós, ata o momento conta no seu haber con dúas novelas máis: Las manos de mi madre (2008) e Música en el aire (2013) que a xulgar pola crítica, gozaron de gran éxito e foron levados ao cinema e traducidos a varios idiomas.


Ademais, Karmele Jaio é autora dun libro de poesía e de tres libros de relatos. No noso catálogo poderás atopar No soy yo, un libro de contos publicado no 2022.


La casa del padre gustou maioritariamente ás asistentes do club porque é un libro que fala da VIDA, con maiúsculas e con todo o que iso implica; as relacións familiares, a culpa, o coidado dos pais cando se fan maiores, o feminismo, o machismo, o medo… Estes son algúns dos temas que aborda a novela aínda que quizais por riba de todos eles sobrevoe a falta de comunicación e a influencia do tempo pasado sobre o presente.


Trátase dunha obra moi ben estruturada, de fácil lectura, na que os protagonistas van artellando unha historia que se vai debullando cos seus pensamentos. Ismael, Jasone e Libe forman o principal trío da trama que, a modo de voz en off, van transmitíndonos os seus pensamentos, as súas contradicións, os seus medos e os seus anhelos.


La casa del padre é unha lectura especialmente recomendable para un club debido a que dá lugar a moito debate pola riqueza temática que destila o libro. Durante a sesión recollemos algunhas das frases que máis nos gustaron ou, como é este caso, máis nos tocaron:


“Os clubs de lectura están cheos de xente á que lle gustaría escribir” (páx.36)

Karmele Jaio

Publicado en Xeral

Deixar un comentario

Recomendacións do Club Luns Fórum

30 Xan

Publicado por: vanesarios

Xa estamos metidas de cheo nas novas lecturas do ano, pero dende o Club dos Luns de Fórum gustanos coma sempre facer un breve resumo do lido cada trimestre e ainda tiñamos pendente compartir as do primeiro de curso.

Comezamos setembro cunha das lecturas anotadas na axenda dende o curso pasado, “Galveias” do portugués José Luis Peixoto de quen xa o noso compañeiro Enrique do Club dos Martes fixo un post detallado, pero non queremos deixar de resaltar algunhas das nosas impresións tras a súa lectura como son a crueza narrativa dos feitos que transcorren no mundo rural do interior de Portugal nos anos 80, nos anos pre-internet, os de antes do mundo sumamente acelerado no que vivimos. Sen dúbida a escrita de Peixoto é unha escrita dura, xenuina pero real.

Cambiamos de rexistro e continuamos con Ignacio Martinez de Pisón e o seu “Fin de temporada” que aínda que cita tamén ao país veciño nada ten que ver no densenrolo dos feitos nin no estilo narrativo. Co eixe temático do aborto clandestino ao que había que recorrer durante os anos 70 técese todo un entramado para reflexionar arredor das relacións familiares: nais/fillos, esposas/maridos. Pero sobre todo o que nos preguntamos é canto marca a casualidade nas nosas vidas e que prezo pagamos polos segredos e o peso do pasado? pero sen dúbida todo se leva mellor ao ritmo dunha boa banda sonora dos 80, porque a través da música tamén se pode facer un percorrido do pasado.

Continuamos coa historia da avogada Irina Lucidi, unha muller divorciada, nai de dúas xemelgas, que viu como o seu ex marido, un enxeñeiro suízo, antes de suicidarse en Italia, facía desaparecer do mapa ás súas fillas deixando escrita unha nota na que dicía que Irina xamais as ía volver ver. Feitos que nos deixaron pegadas tanto á crueza da historia como á sensibilidade e delicadeza coa que Concita Gregorio escribiu “Parece que fuera es primavera”. Nunca se volveu a saber nada máis das nenas, non se sabe se están mortas, pero o que si é certo é que esa nai perdeu ás súas fillas e non existe unha palabra para definir esa situación. Existe viúvo, orfo, parricida, infanticida…pero ningunha palabra que acolla ao “proxenitor que perde a un fillo, non que o mata: que o perde. 

“Me he sentido muy culpable de volver a ser feliz, abuela. Era como si todos me dijeran: cómo puedes olvidar, cómo puedes dejar atrás lo que te ha pasado, cómo puedes irte de vacaciones, tomarte una copa de vino, amar a un hombre, hacerte amar en el placer, después dormir. Cómo puedes seguir viva, en suma, y tener ganas de seguir estando en el mundo. ¿Has olvidado  a las niñas? ¿No te da vergüenza? Es como si me dijeran que también yo he muerto, y es un escándalo que me rebele.

Pero yo estoy viva, abuela, el dolor por sí solo no mata y yo estoy viva. Así que tengo que vivir, porque mientras yo esté estará el recuerdo de quien ya no está con nosotros. El recuerdo vivo: el suyo vive en los pensamientos.”

Fragmento de “Parece que fuera es primavera”

Concita de Gregorio escribe unha historia real a partir dunha conversa que se prolongou durante sete días entre a escritora e xornalista e Irina Lucidi que acode á escritora só para ser escoitada. “Parece que fuera es primavera” é un relato novelesco baseado en acontecementos que sucederon e entresacados  dun encontro promovido pola nai que non ten palabras para nomear a ausencia das súas fillas, pero que abriga a esperanza de poder afrontar o seu trauma grazas ao poder da literatura, do bálsamo terapéutico das palabras.

Continuamos cunha novidade, “Donde cantan las ballenas” da autora descuberta por Héctor Abad Faciolince, a colombiana Sara Jaramillo. Novela que ten como personaxe principal a Candelaria, unha rapariga de 12 anos que vive en Perruca, nunha casa onde a natureza exuberante envolve e modela todo ao seu antollo, coa súa nai e o seu irmán. O seu pai, que ela adoraba, abandononounos dun día para outro. Irán pasando pola casa distintos personaxes que axudarán a Candelaria a espertar tras a infancia de maxia e coidados que empeza a ver rematada. Candelaria é un personaxe moi potente, tenra e inspiradora.

A narración é deliciosa con xenerosas descricións e reflexións cheas de metáforas e simbolismo. Estamos ante unha lectura de ritmo máis ben lento, sen demasiada intriga nin acción, polo menos na primeira parte, pero que convida a pensar e que engancha polos seus orixinais personaxes e situacións. Sen dúbida unha historia encantadora con personaxes fantásticos e procesos que revelan a verdadeira complexidade da vida. Acontecementos que convidan a reflexionar se ás veces a xente máis próxima non será  xusto a que menos coñecemo  Vemos como a dor e a vida mesma usados para mostrarnos o máis profundo da alma. Unha historia que parece unha fábula pero que vai mostrando esa complexidade de sentirse sempre incompleto e onde os afectos humanos non existen, senón tan só intereses. 

E con historias nas que as mulleres son as grandes protagonistas pechamos o noso ciclo trimestral, as “Flores de ferro” de María Rei Vilas, premio García Barros 2020. Trátase dunha novela coral que alterna e abarca varias épocas. Dende os anos 20 do s. XX ata case o final da década dos 80s. Coñecemos a Camila, unha moza de 35 anos que viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. 

A intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo da novela e as mulleres teñen un papel crucial xa que buscan afrontar as situacións e decisións máis difíciles das súas vidas e procuran a busca de xustiza  que non atoparon pero que precisan para sandar as feridas.  Se queredes saber máis, recomendámosvos que non vos perdades a lectura do post sobre encontro das nosas compañeiras do Club de Lectura de Sagrada Familia sobre a novela e o encontro que tiveron coa autora. 

E ata aquí as nosas primeiras lecturas, agardamos que se non as lestes vos animedes e se xa o fixestes compartades con nós a vosas impresións. Podedes consultar a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Publicado en Club de los Lunes de Forum, Xeral

1 comentario

Etiquetas: #recomendamosbmc, "club dos luns fórum", "donde cantan las ballenas", "fin de temporada", "Flores de ferro", "parece que fuera es primavera", galveias, recomendamosbmc

Lemos para ti a María Casares.

21 Nov

Publicado por: marta.rivadulla

Lemos para ti é unha iniciativa das Bibliotecas Municipais da Coruña para achegar fragmentos de textos de distintos autores, a través das voces do seu persoal bibliotecario.

Este ano, con motivo do centenario do nacemento de María Casares, levamos a cabo unha selección de fragmentos de diferentes obras que estudaron a vida e obra desta importantísima actriz de orixe coruñesa e que forman parte do fondo e catálogo das bibliotecas, que se viu ampliado grazas á adquisición de novos títulos que se publicaron con motivo desta efeméride.

Tal día como hoxe, un 21 de novembro de 1922, nace María Casares na rúa Panadeiras número 12, onde vivían o seu pai, o político republicano Santiago Casares Quiroga, e a súa nai, Gloria Pérez.

O golpe militar de 1936 provocou que tivese que exiliarse a Francia, onde tivo que empezar de cero aprendendo un idioma que non era o seu pero no que chegou a destacar como unha das grandes damas do teatro francés.

O primeiro podcast publicado é un texto procedente do libro “O tempo das Mareas. María Casares e Galicia” de María Lopo, especialista na figura de María Casares. Nesta obra faise un estudo pormenorizado sobre as conexións galegas da actriz. Un libro imprescindible para coñecer e entender as orixes que tanto a marcaron.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-o-tempo-das-mareas_md_82234481_wp_1.mp3 Ir a descargar

“Memoria de cidades sen luz” é unha novela de Inma López Silva galardoada en 2007 co Premio Branco Amor. María Casares é unha das protagonistas desta obra na que

“arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas nesta novela. Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, nenos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e deprimido dos corenta e dos cincuenta, unha Barcelona de bombardeos e partidas de póker, Buenos Aires e Nova York son as cidades polas que transita a protagonista deste relato en primeira persoa”.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-memoria-cidades-sen-luz_md_83635139_wp_1.mp3 Ir a descargar

Aínda que María Casares sempre dicía que o seu primeiro exilio fora a súa marcha de Galicia a Madrid, a vida na capital co tempo tamén resultaría ser un revulsivo na súa formación. Arantxa Estévez aborda na súa biografía “María Casares” esta e outras cuestións que nos axudan a coñecer todas as “mudas” da súa vida, como ela mesma definíao.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-maria-casares_md_85895725_wp_1.mp3 Ir a descargar

María Casares tamén foi autora dun libro de memorias publicado orixinalmente en francés como “Résidente privilégiée”. Da súa faceta como escritora recibiu grandes críticas, principalmente de Alejo Carpentier que a definiu como “unha extraordinaria escritora, cunha prosa dunha riqueza, dun vigor, dunha garra, absolutamente excepcionais…”

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-residente-privilexiada_md_87239109_wp_1.mp3 Ir a descargar

Aínda que coñecida tamén pola súa relación con Albert Camus, María Casares entrou en contacto co pensamento existencialista en Francia e foi musa desta filosofía. Moitos dos seus autores elixíana para dar vida aos seus personaxes e con iso dar a coñecer os seus conceptos filosóficos. Ateísmo, laicismo, liberdade individual e outra serie de preceptos nunha procura constante por dotar de sentido a vida. “Desenvolvemento artístico de María Casares dentro do marco existencial francés”. Tese de Sabela Hermida Mondelo.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-desarrollo-artistico-maria-casares_md_88423255_wp_1.mp3 Ir a descargar

No seguinte audio temos un extracto da entrevista a María Casares, realizada polo escritor e xornalista arxentino Víctor Luis Molinari. Publicada en “Galicia Emigrante”, revista cultural da emigración galega dirixida por Luís Seoane.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-galicia-emigrante_md_94201114_wp_1.mp3 Ir a descargar

E finalmente, no último audio publicado, temos uns fragmentos da correspondencia mantida entre Santiago Casares Quiroga e María Casares cando ela estaba rodando películas en Italia, Marrocos e Niza e el, xa viúvo e enfermo, residía en París. Esta relación epistolar está recollida no libro “Cartas no exilio: correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares (1946-1949)”, edición de María Lopo e publicado en Baía Edicións:

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-cartas-no-exilio_md_96711581_wp_1.mp3 Ir a descargar

Esperemos que vos gusten!

Publicado en Efemérides, Xeral

Deixar un comentario

Etiquetas: #LemosParaTi, Centenario María Casares, centenarios, Efemérides, Lemos para ti, María Casares

La enferma, de Elena Quiroga

7 Nov

Publicado por: antyaro

La enferma, de Elena Quiroga, foi unha da lecturas que máis sorprendeu aos clubs das bibliotecas de Monte Alto e Estudos Locais do pasado curso, non só pola obra en si, que tamén, senón sobre todo polo descoñecemento que había entre os e as asistentes sobre a súa autora.

Elena Quiroga. Fonte: Real Academia Española

Elena Quiroga pertence ao grupo de narradores que renovaron a novela española contemporánea de mediados do século XX (anos 50-60), chegando a gañar o premio Nadal e sendo comparada (e compañeira) doutras mulleres que xa nos soan máis como Carmen Laforet, Carmen Martín Gaite ou Ana María Matute. De feito, foi a segunda muller en entrar na Real Academia Española, en 1983, seguindo os pasos de Carmen Conde.

Filla do conde galego de San Martín de Quiroga, a escritora naceu en Santander en 1921. Pasou a infancia entre esta cidade e a Galicia de onde proviña a súa familia, establecéndose finalmente na Coruña no ano 1942. Non tiña estudos universitarios, pero acudía de forma libre a clases que lle interesaban e durante varios anos traballou diariamente nas súas novelas e escritos, unhas catro ou cinco horas.

Ao casar en 1950 con Dalmiro de la Válgoma, historiador e futuro secretario perpetuo da Academia da Historia, o matrimonio trasladouse a vivir a Madrid, cidade na que Elena frecuentou foros e faladoiros literarios e coñeceu algúns dos principais selos editoriais nacionais. Viviu a cabalo entre a capital e o pazo de Cea, en Nigrán (Pontevedra).

Autora dunha extensa obra narrativa en prosa, está considerada unha das voces femeninas (e non femininas) máis relevantes da súa xeración, con rasgos comúns ás novelas dos seus contemporáneos como a preocupación polas inxustizas da vida e a explotación temática das experiencias da infancia e a adolescencia. Non obstante, fixo todo isto desde unha marcada posición feminista, colocando como protagonistas das súas novelas a mulleres loitadoras polo recoñecemento dos seus dereitos na sociedade franquista que lles tocaba vivir, e aparecendo sempre nos seus escritos unha marcada influencia rural galega.

En 1949 publicou a súa primeira novela, La soledad sonora. Dous anos máis tarde recibiu o Premio Nadal por Viento del norte, que Antonio Momplet levou ao cine. Máis tarde seguíronlle numerosas publicacións, como La sangre, 1952; Trayecto uno, 1953; Algo pasa en la calle, 1954; La careta, 1955; La enferma, 1955; Plácida, la joven, 1956; La última corrida, 1958; Tristura, 1960 —pola que recibiu o Premio Nacional da Crítica—; Carta a Cadaqués, 1961; Envío a Faramello, 1963; Escribo tu nombre, 1965; Presente profundo, 1973, e Grandes soledades, 1983.

Finou na cidade da Coruña en outubro de 1995.

Capa da edición de La enferma de Cátedra lida nos clubs de lectura de Monte Alto e Estudos Locais

A edición que lemos é a de Cátedra, onde o profesor Gregorio Torres Nebrera analiza toda a produción narrativa de Elena Quiroga e a importancia da súa figura na literatura española. Concretamente en La enferma reproduce o que dixo a crítica da época sobre a novela: Joaquín de Entrambasaguas afirmou que era “quizá la más perfecta novela de su autora”; Melchor Fernández Almagro dixo que se trataba, naqueles anos, da “novela más difícil” de Elena Quiroga; e José María Castellet engadiu que La enferma respondía “a todas las exigencias estéticas y de contenido de una novela de nuestro tiempo”.

Os vinte e cinco capítulos desta obra divídense en dúas partes. Na primeira (caps. I-XII) cóntasenos a chegada da narradora a unha vila da costa galega para vender unhas terras do seu marido, co que ten problemas. Hospédase na casa de Liberata, unha muller encamada desde hai vinte anos froito dun desengano amoroso. A voz da narradora (da que en ningún momento se nos di o seu nome, só se refiren a ela con apelativos como “la forastera”) descríbenos o día a día da vila e dos seus habitantes, e tamén indaga en que pasou e cal é a misteriosa historia entre Liberata e Telmo, entrelazando a súa propia crise persoal coa da enferma. Na segunda parte (caps. XIII-XXV) a narradora pasa a ser narrada. A través de varias perspectivas, diferentes voces van reconstruíndo a historia de Liberata e Telmo, dando pistas á lectora ou lector, que é quen se encarga de armar o quebracabezas con todo o que ofrece a lectura. Nos tres últimos capítulos, a forasteira –que, na súa vida persoal, era outra enferma- volve xunto ao seu marido, recuperando a voz narrativa do comezo e regresando desta viaxe purificada, como unha muller nova (FONTE: Vidal Ortuño, J. M. Actualidad de Elena Quiroga. Monteagudo, 3ª Época – Nº 18. 2013 – Páxs. 267-268)

Por último, desde a biblioteca de Estudos Locais as bibliotecarias realizaron un vídeo polo centenario do nacemento de Elena Quiroga, que vos deixamos a continuación.

Publicado en A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Club Monte Alto, Clubes de lectura, escritoras, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política, Obras, Xeral

Deixar un comentario

Etiquetas: #recomendamosbmc, club de lectura, Elena Quiroga, recomendaciones, recomendacions

Día das Escritoras 2022

17 Out

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Helena Villar Janeiro, Mª do Carme Kruckenberg, Marina Mayoral, Uxía Casal, Luísa Villalta, Ursula Heinze, Concha Blanco, Marica Campo e Marilar Aleixandre son as 9 escritoras que este ano eliximos para celebrar o Día das Escritoras.

Durante toda a semana pasada, fumos publicando a través das nosas redes sociais recomendacións literarias destas nove mulleres das nosas letras.

  • Helena Villar Janeiro: De Becerreá (Lugo), foi ensinante e na súa formación, sobre todo no aspecto literario, foron decisivas as clases que recibiu traballando cos seus pais na xastrería ancaresa. Alí descubríu a narración oral e os referentes de moitos personaxes que alimentan a súa obra. Ser escritora élle un xeito de “ser” e de “estar” no mundo, permítelle observar a vida dun xeito ricaz, inventar mundos e camiñar neles polos vieiros da ironía e do humor. Valora o papel que desde a escrita se pode xogar perante a sociedade, patentizando o compromiso cunha serie de causas: o seu xénero, o seu pobo, o seu país, a súa lingua e a súa cultura.

1665476393149

  • Mª do Carme Kruckenberg: nada en Vigo no 1926 (falecida en 2015) é autora de contos, poeta e tradutora, colaborou en prensa e radio, e foi vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Foi recoñecida co Premio Alecrín en 1997, a Medalla de Galicia en 1998, a Medalla Castelao en 2002 e o Premio Laxeiro en 2011.

52402667183_fc60c6ae63_c (1)

  • Marina Mayoral: Catedrática de Literatura, novelista, articulista e investigadora, é Académica de Honra da Real Academia Galega desde 2017. Entre o centenar dos seus traballos de investigación destacan as súas obras sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, análise de poesía e prosa contemporáneas, así como os estudos sobre a problemática da escritura feminina ao longo da historia.

Día das escritoras (4)

  • Uxía Casal: é unha escritora lenta, no mellor sentido da palabra. Licenciada en Xeografía Historia e Filoloxía Hispánica, ten impartido clases de francés e de literatura nas Aulas da Terceira Idade e de español durante dous cursos de verán para estranxeiros na USC. En 1984 marchou para Ourense onde deu aulas de Lingua e Literatura Galegas. A afección polas historias vénlle de cativa e xa desde mociña sentiu o desexo de idear personaxes e tramas no seu maxín. Daqueles primeiros balbucidos non conserva nada, destruíunos un día no que a enchía a febre limpadora.

Día das escritoras (5)

  • Luísa Villalta: Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, dedicou parte da súa vida á docencia da Lingua e literatura Galegas no ensino secundario. Deixounos textos poéticos, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e artigos xornalísticos. A súa experiencia musical influíu na súa creación literaria, como deixa constancia nalgúns ensaios e artigos, falando da relación entre a palabra e a música. Desenvolveu  unha intensa actividade cultural e implicouse socialmente en defensa da lingua galega: formou parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística, participou no Foro Negro, no Foro da Cultura Galega, etc.
    A morte sorprendeuna prematuramente, con tan só 46 anos, e desde ese momento sucedéronse numerosas iniciativas na súa memoria, como O Certame Literario “Luisa Villalta” e o Premio “Luisa Villalta”.

52403133457_0d02440a3b_c

  • Úrsula Heinze: nada en Colonia (Alemaña) no 1941 é licenciada en Filoloxía Inglesa e Filoloxía Alemá na Universidade de Colonia. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán na Universidade de Valladolid. Fundou a sección de Galicia do PEN Club Internacional, do que foi presidenta entre 1991 e 1995. Autora de moitas novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil e poesía en galego e alemán. Traduciu obras do alemán para o galego e o castelán.

52387837101_422923cf45_c

  • Concha Blanco:  Nada en Lires (Cee) en 1950, é unha das primeiras autoras de material didáctico para o ensino en galego. Profesora de colexios e institutos e impartiu e coordinou cursos de galego e proxectos de formación do profesorado. A maioría da súa obra literaria encádranse na área da literatura infantil e xuvenil. Tamén escribiu obras no campo da didáctica, dos libros de texto e da narrativa.

    Obtivo varios recoñecemento pola súa obra literaria, foi galardoada co Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, recibiu o terceiro premio do Concurso Nacional de Contos Infantís Ou Facho, en 1983; foi finalista do Premio Merlín en tres ocasiones (1996, 1999 e 2003) e foi galardoada co Premio Lecturas de Gálix no 2002, entre outros.

52418823053_05eb0f9d9d_c

  • Marica Campo: natural de Val de Mao, no Incio, lembra ós seus pais como as persoas que lle achegaron á literatura galega. Foi una nena soñadora e rebelde ata que descubriu que quería ser misioneira. Pasou cinco anos nun convento, onde aproveitou para estudar Maxisterio e Teoloxía, e cando marchou traballou como mestra ata a súa xubilación. Escribe poesía, narrativa, teatro e libros infantís, e ademáis traduce, escribe artigos de opinión na prensa e participa en obras colectivas. Recibiu premios como o da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, e tamén o de Poesía no ano seguinte. No 2018 foi a protagonista do Día das Galegas nas Letras.

    leoautoras

  • Marilar Aleixandre: nada en Madrid en 1947 é unha feminista convencida que presume de recibir unha educación rockera escoitando o locutor Ángel Álvarez mentres se licenciaba en Bioloxía na UCM. Estableceuse como profesora de secundaria en Vigo onde, como di ela, se fixo galega. Será Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentalas na USAL. Adoptou o galego no só como lingua literaria, senón tamén como lingua científica e dende 2017 é membro da Real Academia Galega.​

Día das escritoras (8)

Ademais, tamen lembramos a mulleres escritoras fora da nosa contorna:

  • O papel das mulleres no mundo do cómic
  • Autoras LGTB
  • Escritoras Nobel do S. XXI

Publicado en Efemérides, Escritores

Deixar un comentario

Etiquetas: Dia das Escritoras, Dia de las Escritoras, Leo Autoras

Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas

11 Out

Publicado por: antyaro

O escritor coruñés Manuel Rivas xa é un habitual dos clubs de lectura das bibliotecas municipais da cidade que o viu nacer. Os seus libros son lidos todos os anos e son un valor seguro. Porén, a súa faceta de ensaísta é quizais a máis descoñecida, así que para descubrir a esoutro Rivas este ano lemos Contra todo isto. Un manifesto rebelde.

Vivimos un tempo de retroceso, de aumento das desigualdades, de subtracción das liberdades; un réxime mundial de pensamento groseiro, de rearmamento bélico e abaratamento humano, de desfeita ecolóxica, da fin do mito da «globalización feliz». Vivimos nun Estado de Vergoña.
Este libro está escrito contra Todo Isto.
Todo Isto é descivilización.
Todo Isto é produción de medo para achicar a liberdade. E a produción de odio contra o diferente.
Todo Isto é subtracción do benestar e dos dereitos democráticos.
Todo Isto é a multiplicación de muros e fendas de desigualdades.
Todo Isto é o machismo como sistema.
Todo Isto é a guerra contra a natureza.
Todo Isto é domesticación intelectual.
Todo Isto é corrupción sistémica, paraísos fiscais, unha mestura de economía gris e criminal.
Todo Isto é desmemoria, ou peor aínda, contramemoria.
Este é un libro que non invita á fuxida, senón a correr cos brazos abertos cara ao mundo, cando o sentimento de vergoña abre paso a unha saudade rebelde, a unha loita para arrincar a esperanza dos brazos do conformismo.
Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira, que quere pór a liberdade no corpo da linguaxe.

Sinopse de Contra todo isto

Aínda que, como xa dixemos, nos clubs é máis coñecido polas súas novelas, o certo é que Manuel Rivas, nado na cidade herculina en 1957, comezou a súa carreira como xornalista aos 15 anos como meritorio en El Ideal Gallego. Posteriormente estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, remontándose os seus primeiros artigos á década de 1970. Tamén é colaborador en diversos medios de comunicación (El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia…). No ano 2013, xunto a Xosé Manuel Pereiro, fundou a revista Luzes.

No eido da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas, pero foi cun libro de narrativa, Que me queres amor?, co que gañou en 1996 o Premio Nacional de Narrativa despois de gañar o Premio Torrente Ballester.

Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, como A lingua das bolboretas (José Luis Cuerda, 1999), O lapis do carpinteiro (Antón Reixa, 2004) e Todo é silencio (José Luis Cuerda, 2012). En 2018 publicou Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, o segundo relato baséase na “idea orixinal” escrita polo autor para a serie de televisión Vivir sin permiso.

É membro de número da Real Academia Galega. Ingresou o 12 de decembro de 2009 a proposta de Luz Pozo Garza, Xosé Neira Vilas e Xosé Luís Axeitos.

Imaxe de Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB)

Publicado en A biblioteca recomenda, Club de lectura de autores galegos, Clubes de lectura, ensaio, Escritores, letras galegas, Novela social e política

Deixar un comentario

Etiquetas: #recomendamosbmc, club de lectura, Literatura galega, recomendacions

Sede en Ourense, de Uxía Casal

3 Out

Publicado por: antyaro

O curso pasado a escritora Uxía Casal fixo unha doazón ás bibliotecas municipais da Coruña do seu libro Sede en Ourense, para podermos desfrutar da súa lectura nos clubs.

A falta de auga, é o gran problema que transforma a vida dos ourensáns. A ausencia do prezado líquido provoca cambios de costumes e fai xurdir negocios clandestinos non exentos de riscos. Arredor dunha cervexaría de Ourense na que se tecen intrigas, amores, pescudas e fondas amizades enléase a trama desta novela que provoca sede… de lectura.

Sinopse de Sede en Ourense

Uxía Casal naceu en Santiago de Compostela en 1957. É licenciada en Xeografía e Historia e en Filoloxía Hispánica . En 1984 comezou a dar aulas en Ourense de Lingua e Literatura Galegas ata a suá xubilación en 2003. Entre as súas obras destacan Un ano de fábula en catro estacións (Sotelo Blanco, 1994), As ás de Xenoveva (Galaxia, 1996), O faro de Arealonga (Xerais, 2001), Sede en Ourense (Galaxia, 2005), Vidas exemplares (Xerais, 2006) e Saturno tamén é Deus, libro de relatos de medo reeditado recentemente por Urco Editora.

Imaxe da autoa por Eduardo Castro Bal. Arquivo da AELG.

A autora foi homenaxeada no VIII Día das Galegas nas Letras no ano 2021. O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. Ideouse en contraposición co Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración.

Publicado en A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Club Monte Alto, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política

Deixar un comentario

Etiquetas: #recomendamosbmc, club de lectura, Literatura galega

casa atlántica, casa cabaret, de María Lado

26 Set

Publicado por: antyaro

Outra das actividades encadrada dentro da programación do Primaletras foi a lectura do poemario casa atlántica, casa cabaret, de María Lado, por parte do club de lectura de autores e autoras galegas da biblioteca de Estudos Locais.

Aínda lle pesan as lembranzas daquela casa nova con boas vistas e o teito inzado de manchas de humidade; se cadra tece desde alí esta historia dos obxectos que compoñen a María Lado, esas cousas estúpidas e sinxelas que se apegan a ela para non abandonala nunca e que a perseguen de mudanza en mudanza nunha viaxe íntima e circular.

Sinopse de casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001).

María Lado naceu en 1979 en Cee (A Coruña). É titulada en Produción Audiovisual e cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte no ano 1996, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas.

En 1997 publica a súa primeira obra poética en solitario, A primeira visión. A partir de aí comeza unha carreira na que escribe sobre todo poesía, pero tamén cultiva outros xéneros como a narrativa, os guións para radio ou colabora en prensa (co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras). Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos (entre eles, Alicia no País das Marabillas de Lewis Carroll). Tamén é actriz, e desde 2005 comparte escenarios coa tamén poetisa Lucía Aldao co dúo poético-musical Aldaolado. Con el realizan unha mestura de poesía con humor e música de carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa co espectador. O seu primeiro espectáculo foi Onde estea un cubata que se quite un soneto.

Imaxe de María Lado de Adrián Estévez (Galipedia).

A escolla deste poemario veu motivada polo recital poético ofrecido polas poetas galegas Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro, Lucía Aldao e a propia María Lado, guiado pola poeta, xestora cultural, filóloga e editora Dores Tembrás co gallo do Primaletras 2022.

Publicado en A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Clubes de lectura, escritoras, letras galegas, Libros lidos, Obras

Deixar un comentario

Etiquetas: #recomendamosbmc, club de lectura, Literatura galega, Poesía

← Older Posts
Newer Posts →
  • A web de bibliotecas

    web bibliotecas municipais da coruña

    Web bibliotecas municipais da coruña

  • Clubs de lectura presenciais:

    Nas nosas bibliotecas dispoñemos de 15 clubs de lectura presenciais de lectura de tipoloxía xeral:

    • Club de Ágora (Martes tarde alternos)
    • Club de Castrillón (Xoves tarde)
    • Club de los lunes de Fórum (Luns mañás)
    • Club Forum (Martes mañás)
    • Club Forum (Mércores tarde alternos)
    • Club Mesoiro (Sábados mañás)
    • Club Monte Alto (Martes tarde alternos)
    • Club Os Rosales Café con libros (Martes tarde alternos)
    • Club Sagrada Familia (Luns mañás)
    • Club de Lectura Durán Lóriga (Mércores mañás)
    • Club de Lectura Durán Lóriga (Xoves mañás)

    E temos 6 clubs de lectura presenciais de temáticas especializadas:

    • Club de Lectura de autores galegos (Mércores tarde en Estudios Locais)
    • Club de Lectura Fácil - Fiando Historias (Un xoves mañá ao mes no Fórum)
    • Club de lecturas feministas - O cuarto propio (Un mércores tarde ao mes en Ágora)
    • Club de lectura QUEERuña (Un martes tarde ao mes en Estudos Locais)
    • Club de lectura cómics (Un mércores tarde ao mes no Fórum)
    • Club de lectura para a mocidade – La Tribu (Xoves á tarde en Ágora, quincenal)
  • Clubs de lectura virtuais:

    Contamos con clubs de lectura virtuais de temáticas xerais:

    • Club de lectura virtual de Ágora (Mércores tarde, quincenal)

    Contamos cun Club virtual de lectura que desenvolve toda a súa actividade sempre en liña sen necesidade de reunións presenciais.

  • Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

    Úneche a outros 444 subscritores
  • Categorías

    • A biblioteca recomenda
    • Actividades do club
    • Ágora's Book Club
    • Club Ágora
    • Club Castrillón
    • Club de clásicos
    • Club de lectura de autores galegos
    • Club de los Lunes de Forum
    • Club DL
    • Club Fórum mañás
    • Club Forum tardes
    • Club Mesoiro
    • Club Miúdo
    • Club Monte Alto
    • Club Os Rosales
    • Club Sagrada Familia
    • Club Xuvenil Monte Alto
    • Clubes de lectura
    • Efemérides
    • ElClú
    • ensaio
    • escritoras
    • Escritores
    • Ilustradores
    • letras galegas
    • Libro electrónico
    • Libros lidos
    • Libros para ver e mirar
    • Novas
    • Novela de aventuras
    • Novela de humor
    • novela erótica
    • Novela histórica e biográfica
    • Novela intriga y misterio
    • Novela por entregas
    • Novela romántica
    • Novela sobre a vida cotiá
    • Novela social e política
    • Obras
    • Para nenos de 2 a 5 anos
    • Para nenos de 6 a 8 anos
    • Quérote+
    • Recomendacións dos nosos lectores
    • Xeral
  • Etiquetas

    "Club dos Luns de Fórum" #bibliotecarioviaxeiro #CaféconLibros #corunaencasa #quedanacasaele #quedateencasa #recomendamosbmc Actividades amor filial bagora bforum Biblioteca Agora Biblioteca Os Rosales Bibliotecas binfantil bmontealto bsagradaf Café con libros centro agora club de lectura club de lectura agora mercores club de lectura agora miercoles comic contos cuentos desideratas Dia das Letras Galegas Dia Internacional de la Mujer Día del libro Día do libro ElClú Emilia Pardo Bazan encontros con autor encontros con autores encuentros con autor encuentros con autores feminismo guia de lectura guias de lectura homosexualidade inscripcion clubs Lecturas letras galegas lgtb libros libros en directo Literatura galega Literatura norteamericana Manuel Rivas Mario Vargas Llosa mostras muestras nieves abarca novela Novela de humor Novela histórica Novela intimista Novela policíaca novela social os mellores de pedro ramos peticions de compra Poesía Premios Premios literarios presentaciones literarias presentacións presentacións literarias recomendaciones recomendacions Saga familiar sugerencias de compra suxestións de compra Taller de escritura creativa teatro
  • Arquivo

  • Actividades nas Bibliotecas Municipais

    Actividades nas bibliotecas municipais
  • O noso Facebook

    O noso Facebook
  • As bibliotecas en imaxes

    QUEERuña: foto grupalQUEERuña: A esmorga, de Eduardo Blanco AmorQUEERuña: A esmorga, de Eduardo Blanco AmorQUEERuña: A esmorga, de Eduardo Blanco AmorQUEEERuña: Extraordinario, de Antón Lopo
    Máis fotos
  • Os nosos blogs

    • Bibliosons
    • Blog proxecto Suma Agora
    • Club de Ciencia e Investigación
    • Club de lectura Queeruña
    • Club virtual de lectura
    • Corto y cambio
    • Espazo infantil e xuvenil
    • Fancomic
    • Galicia Móvese
  • Sitios de interés

    • 365 días de libros
    • A Esperela
    • Alas y Balas
    • Babelia
    • Blog de Marta Rivera de la Cruz
    • Blog novela historica
    • Blogue de poesia
    • Bouvard e Pécuchet
    • Brétemas
    • Caderno da critica
    • Club de lectura El Grito
    • Criticalia
    • El Bibliofilo enmascarado
    • El lamento de Portnoy
    • El lector digit@l
    • El placer de la lectura
    • El poder de la palabra
    • From Isi
    • La medicina de Tongoy
    • Letra en obras
    • Libreros
    • Libros para soñar
    • Librosfera
    • Lo que Lucía ve
    • Nos gusta leer
    • O Cabaret Voltaire
    • O levantador de minas
    • Octaedro
    • Papel en blanco
    • Patrulla de salvación
    • Taller de lecturas Macuf
    • Un mes, un libro
    • Xerais blog
  • Busca no catálogo das Bibliotecas

    cascarilleiro

    Acceso ó catálogo das bibliotecas

  • Acceso

    • Crear conta
    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.com

Blog en WordPress.com.

  • Subscrición Subscrito
    • Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña
    • Úneche a outros 444 subscritores
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...