Arquivo do blog

Día das Escritoras 2022

Helena Villar Janeiro, Mª do Carme Kruckenberg, Marina Mayoral, Uxía Casal, Luísa Villalta, Ursula Heinze, Concha Blanco, Marica Campo e Marilar Aleixandre son as 9 escritoras que este ano eliximos para celebrar o Día das Escritoras.

Durante toda a semana pasada, fumos publicando a través das nosas redes sociais recomendacións literarias destas nove mulleres das nosas letras.

  • Helena Villar Janeiro: De Becerreá (Lugo), foi ensinante e na súa formación, sobre todo no aspecto literario, foron decisivas as clases que recibiu traballando cos seus pais na xastrería ancaresa. Alí descubríu a narración oral e os referentes de moitos personaxes que alimentan a súa obra. Ser escritora élle un xeito de “ser” e de “estar” no mundo, permítelle observar a vida dun xeito ricaz, inventar mundos e camiñar neles polos vieiros da ironía e do humor. Valora o papel que desde a escrita se pode xogar perante a sociedade, patentizando o compromiso cunha serie de causas: o seu xénero, o seu pobo, o seu país, a súa lingua e a súa cultura.

1665476393149

52402667183_fc60c6ae63_c (1)

  • Marina Mayoral: Catedrática de Literatura, novelista, articulista e investigadora, é Académica de Honra da Real Academia Galega desde 2017. Entre o centenar dos seus traballos de investigación destacan as súas obras sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, análise de poesía e prosa contemporáneas, así como os estudos sobre a problemática da escritura feminina ao longo da historia.

Día das escritoras (4)

  • Uxía Casal: é unha escritora lenta, no mellor sentido da palabra. Licenciada en Xeografía Historia e Filoloxía Hispánica, ten impartido clases de francés e de literatura nas Aulas da Terceira Idade e de español durante dous cursos de verán para estranxeiros na USC. En 1984 marchou para Ourense onde deu aulas de Lingua e Literatura Galegas. A afección polas historias vénlle de cativa e xa desde mociña sentiu o desexo de idear personaxes e tramas no seu maxín. Daqueles primeiros balbucidos non conserva nada, destruíunos un día no que a enchía a febre limpadora.

Día das escritoras (5)

  • Luísa Villalta: Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, dedicou parte da súa vida á docencia da Lingua e literatura Galegas no ensino secundario. Deixounos textos poéticos, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e artigos xornalísticos. A súa experiencia musical influíu na súa creación literaria, como deixa constancia nalgúns ensaios e artigos, falando da relación entre a palabra e a música. Desenvolveu  unha intensa actividade cultural e implicouse socialmente en defensa da lingua galega: formou parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística, participou no Foro Negro, no Foro da Cultura Galega, etc.
    A morte sorprendeuna prematuramente, con tan só 46 anos, e desde ese momento sucedéronse numerosas iniciativas na súa memoria, como O Certame Literario “Luisa Villalta” e o Premio “Luisa Villalta”.

52403133457_0d02440a3b_c

  • Úrsula Heinze: nada en Colonia (Alemaña) no 1941 é licenciada en Filoloxía Inglesa e Filoloxía Alemá na Universidade de Colonia. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán na Universidade de Valladolid. Fundou a sección de Galicia do PEN Club Internacional, do que foi presidenta entre 1991 e 1995. Autora de moitas novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil e poesía en galego e alemán. Traduciu obras do alemán para o galego e o castelán.

52387837101_422923cf45_c

  • Concha Blanco:  Nada en Lires (Cee) en 1950, é unha das primeiras autoras de material didáctico para o ensino en galego. Profesora de colexios e institutos e impartiu e coordinou cursos de galego e proxectos de formación do profesorado. A maioría da súa obra literaria encádranse na área da literatura infantil e xuvenil. Tamén escribiu obras no campo da didáctica, dos libros de texto e da narrativa.

    Obtivo varios recoñecemento pola súa obra literaria, foi galardoada co Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, recibiu o terceiro premio do Concurso Nacional de Contos Infantís Ou Facho, en 1983; foi finalista do Premio Merlín en tres ocasiones (1996, 1999 e 2003) e foi galardoada co Premio Lecturas de Gálix no 2002, entre outros.

52418823053_05eb0f9d9d_c

  • Marica Campo: natural de Val de Mao, no Incio, lembra ós seus pais como as persoas que lle achegaron á literatura galega. Foi una nena soñadora e rebelde ata que descubriu que quería ser misioneira. Pasou cinco anos nun convento, onde aproveitou para estudar Maxisterio e Teoloxía, e cando marchou traballou como mestra ata a súa xubilación. Escribe poesía, narrativa, teatro e libros infantís, e ademáis traduce, escribe artigos de opinión na prensa e participa en obras colectivas. Recibiu premios como o da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, e tamén o de Poesía no ano seguinte. No 2018 foi a protagonista do Día das Galegas nas Letras.

    leoautoras

  • Marilar Aleixandre: nada en Madrid en 1947 é unha feminista convencida que presume de recibir unha educación rockera escoitando o locutor Ángel Álvarez mentres se licenciaba en Bioloxía na UCM. Estableceuse como profesora de secundaria en Vigo onde, como di ela, se fixo galega. Será Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentalas na USAL. Adoptou o galego no só como lingua literaria, senón tamén como lingua científica e dende 2017 é membro da Real Academia Galega.​

Día das escritoras (8)

Ademais, tamen lembramos a mulleres escritoras fora da nosa contorna:

Día das Escritoras: Maria do Cebreiro, Rexina Vega, Fina Casalderrey, Teresa Moure, Emma Pedreira, María Xosé Queizán, Maria Reimóndez,

Maria do Cebreiro, Rexina Vega, Fina Casalderrey, Teresa Moure, Emma Pedreira, María Xosé Queizán, Maria Reimóndez e Ledicia Costas son as 8 escritoras que este ano eleximos para celebrar o Día das Escritoras.

Durante toda a semana pasada, fumos publicando a través das nosas redes sociais recomendacións literarias destas oito mulleres das nosas letras.

  • María do Cebreiro: poeta e profesora/investigadora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Destacamos de maneira especial “O deserto“, que recibiu no ano 2015 o Premio da Crítica de Poesía Galega e “A lentitude“, un poemario con mensaxe esperanzadora que nos convida a reflexionar sobre a capacidade de reconstrución das persoas, publicado no ano 2017 en Libraría Chan da Pólvora.

Maria do Cebreiro nas Bibcoruna

  • Rexina Vega: especialista na obra de Álvaro Cunqueiro e Premio Xerais 2007 coa súa obra Cardume. Destacamos tamén a súa segunda obra Dark Butterfly onde describe o proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á marxinación e a exclusión e critica o “fracaso do sistema sanitario”.

Rexina Vega nas Bibcoruna

  • Fina Casalderrey: mestra e escritora, publicou máis de cincuenta títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís aos que lles hai que sumar máis de vinte historias recollidas en volumes colectivos. Destacamos de maneira especial “O misterio dos fillos de Lúa“, polo que lle foi concedido o #PremioNacionaldeLiteratura no 1996, un dos tantos que recibiu ao longo da súa vida literaria.  Dende o 2013 é membro numerario da RAG (Real Academia Galega).

Fina Casalderrey nas Bibliotecas Municipais da Coruña

  • Teresa Moure: doutora en Lingüística. Gañou o Premio Lueiro Rey da novela curta en 2004 e o Premio Arcebispo San Clemente pola novela “A xeira das árbores“, ademáis do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio en 2004 por “Outro idioma é posible“, Premio Xerais de novela, Premio Aelg. Premio Rafael Dieste de Teatro en 2007 pola súa obra “Unha primavera para Aldara” e o Premio da Crítica de narrativa galega por Herba Moura, unha das obras que limos nos nosos Clubs de Lectura.

Teresa Moure nas Bibliotecas Municipais da Coruña

  • Emma Pedreira: poeta e narradora coruñesa encadrada na Xeración dos 90. Entre outros premios, recibiu o Premio Xerais de Novela 2018 pola súa obra “Besta do seu sangue“. O Premio Literatura Erótica 2016 Narrativas Quentes por “Corazón e demais tripas“. O Premio da Crítica Española de Narrativa Galega por “Bibliópatas e fobólogos”. E o Premio Internacional de Poesía Jovellanos 2017, “El Mejor poema del mundo”, con su poema “Lista da compra da viúva”. Forma parte da Plataforma de crítica feminista A Sega, que dende 2014 celebra o “Día das Galegas nas Letras”.

Emma Pedreira nas Bibliotecas Municipais da Coruña

  • Maria Xosé Queizán: escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista. É unha das autoras máis relevantes e influentes das nosas letras. No ano 2016 A Sega adicoulle o III Día das Galegas nas Letras, tanto polo seu forte compromiso feminista, como polo valor do conxunto da súa obra. Animámosvos a lela sempre porque é unha delicia.

Mª José Queizán nas Bibliotecas Municipais da Coruña

  • María Reimóndez: escritora, feminista e doutora en tradución e interpretación. A súa obra componse tanto de poesía, como de narrativa (infantil, xuvenil e de adultos), ensaio e teatro. Tamén destaca o seu traballo como tradutora, especialmente na literatura infantil.

Maria Reimondez nas Bibliotecas Municipais da Coruña

  • Ledicia Costas: escritora de imprescindible pegada na nosa literatura infantil e xuvenil e máis alá (un dos seus títulos máis recoñecidos, “Escarlatina, a cociñeira defunta“, ven de ser traducido, entre outros idiomas, ao coreano), sen esquecer que ten algunha marabilla orientada para público adulto, v.g. “Un animal chamado néboa“. Ademais, leva acumulados unha restra de premios pola súa narrativa, e inclusive polos seus versos! Entre eses galardóns destacan o #PremioNacionaldeLiteratura Infantil e Xuvenil 2015 ou o Premio Lazarillo 2017 por “A balada dos unicornios“, novidade novísima xa dispoñible nos nosos andeis!

Ledicia Costas nas Bibcoruna

Son todas as que están pero non están todas as que son, o ano que ven outras oito serán as elexidas, mentres, aproveitade para ler algo das homenaxeadas este ano, as súas obras atópanse nas nosas bibliotecas.

Ademais, tamen lembramos a mulleres escritoras fora da nosa contorna:

Día das escritoras

Día de las Escritoras

Dia de las escritorasEl Día de las Escritoras es una conmemoración promovida por la Biblioteca Nacional de España junto a la Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) y la Asociación Clásicas y Modernas que, desde el año 2016, busca reivindicar la labor y el legado de las escritoras a lo largo de la historia a partir de la lectura de fragmentos representativos de sus obras.

Las Bibliotecas Municipales de A Coruña nos sumamos a la iniciativa homenajeando a aquellas mujeres de las letras que merecen una especial mención.

Destacaremos cada día a una escritora gallega en nuestra página de Facebook, y recomendaremos sus libros en nuestra cuenta de Instagram. Pero además, aunaremos esfuerzos para dedicar publicaciones en nuestros blogs temáticos sobre:

  • Mujeres en el mundo del cómic
  • Escritoras que destacan por su labor reivindicativa de los derechos del colectivo LGTBI
  • Escritoras Nobel del siglo XXI

Exeria está considerada la primera mujer escritora de toda la Hispania romana y dicen que era gallega. Pero a quien todo el mundo conoce es a Rosalía de Castro, Concepción Arenal y Emilia Pardo Bazán, quienes  son quizá las escritoras gallegas más importante del s.XIX. Publicar en aquella época, y más para una mujer, era una auténtica gesta. Por el aquel momento las mujeres eran 6 veces más analfabetas que los hombres y las escritoras que llegaban a superar la censura para publicar debían hacerlo con un pseudónimo la mayor parte de las veces.

Hemos querido destacar los nombres de aquellas mujeres cuya obra literaria podéis encontrar entre los fondos de nuestras bibliotecas, pero somos muy conscientes de que la lista está viva y debe seguir ampliándose, por lo que iremos aumentándola con vuestras propuestas.

Dia de las escrtitoras

An Alfaya · Ana Romaní · Andrea Maceiras · Antía Otero · Ánxela Gracián · Arantza Portabales · Aurora Marco · Begoña Caamaño · Begoña García-Alén · Berta Dávila · Dolores Vilavedra · Dores Tembras · Eli Ríos · Emma Pedreira · Emma Ríos · Estibaliz Espinosa · Eva Moreda · Felicia Estevez Salazar · Filomena Dato · Fina Casalderrey · Helena Villar Janeiro · Inma Lopez Silva · Iolanda Zuñiga · Ledicia Costas · Luisa Villalta · Luz Pozo · Margarita Ledo · Maria Canosa · Maria do Cebreiro · Maria Reimondez · Maria Yañez Anllo · Marica Campo · Marta Dacosta · Mercedes Queixas · Rexina Vega · Rosa Aneiros · Rosario Alvarez · Rosalia Fernandez Rial · Teresa Moure · Úrsula Heinze · Xohana Torres · Xulia Pisón · Xulia Vicente · Yolanda Castaño · y muchas tantas….

Dia de las escritoras