Sede en Ourense, de Uxía Casal


O curso pasado a escritora Uxía Casal fixo unha doazón ás bibliotecas municipais da Coruña do seu libro Sede en Ourense, para podermos desfrutar da súa lectura nos clubs.

A falta de auga, é o gran problema que transforma a vida dos ourensáns. A ausencia do prezado líquido provoca cambios de costumes e fai xurdir negocios clandestinos non exentos de riscos. Arredor dunha cervexaría de Ourense na que se tecen intrigas, amores, pescudas e fondas amizades enléase a trama desta novela que provoca sede… de lectura.

Sinopse de Sede en Ourense

Uxía Casal naceu en Santiago de Compostela en 1957. É licenciada en Xeografía e Historia e en Filoloxía Hispánica . En 1984 comezou a dar aulas en Ourense de Lingua e Literatura Galegas ata a suá xubilación en 2003. Entre as súas obras destacan Un ano de fábula en catro estacións (Sotelo Blanco, 1994), As ás de Xenoveva (Galaxia, 1996), O faro de Arealonga (Xerais, 2001), Sede en Ourense (Galaxia, 2005), Vidas exemplares (Xerais, 2006) e Saturno tamén é Deus, libro de relatos de medo reeditado recentemente por Urco Editora.

Imaxe da autoa por Eduardo Castro Bal. Arquivo da AELG.

A autora foi homenaxeada no VIII Día das Galegas nas Letras no ano 2021. O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. Ideouse en contraposición co Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración.

About antyaro

Ás veces escribo. E aquí poño o resultado

Posted on 3 Outubro, 2022, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Club Monte Alto, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: