Category Archives: Quérote+

Atopamos historias, creamos vivencias

Dicía Emily DickinsonPara viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro” e dende a Biblioteca Municipal Ágora animámosvos a viaxar con nós a través da lectura. Porque sempre hai algo novo por aprender, por descubrir … e que mellor maneira de facelo que compartindo historias, reflexións e experiencias nun club de lectura!

CLUB DE LECTURA XUVENIL QUÉROTE +

Club de lectura xuvenil queroteSe che gusta ler, tes entre 14 e 18 anos e queres formar parte dun grupo que aborda diferentes temas dende relacións saudables a sexualidade consciente, o #CLXQ+ é o teu club.

Comezamos no mes de outubro e reunirémonos os xoves pola tarde, cunha periodicidade quincenal.

Se che interesa participar podes apuntarte cumplimentando o formulario de inscrición na nosa páxina web, que estará operativo dende o 7 de setembro ata cubrir prazas.

Podes botar un vistazo ás fotos do curso pasado no noso perfil en Instagram ou en Flickr!!

CLUB DE LECTURA EN INGLÉS

Agora's Book Club

Se che gusta ler, queres practicar inglés e formar parte dun grupo que se reúne para compartir lecturas… este é o teu club!!

A actividade terá lugar todos os luns a partir de outubro, en horario de 18.00 a 19.15.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 7 ao 30 de setembro. Requírese un nivel pre-intermedio de inglés, xa que as sesións se desenvolverán íntegramente en lingua inglesa.

Se estás interesadx en participar, podes anotarte por calquera das seguintes vías:

-Achegándote á Biblioteca Municipal Ágora

-Chamándonos por teléfono 981 189 886

-Enviándonos un correo electrónico bagora@coruna.es 

Ademais …

Temos dous clubs de lectura de adultos, un que se reúne os martes pola tarde e outro o mércores tamén en horario de tarde. No grupo dos mércores todavía hai algunha praza vacante, así que se estás interesadx … pregunta na biblioteca!!

#CLXQ+: Presentes imperfectos e corazóns de futuro.

O #CLXQ+ é informe, en realidade informe e informal, en realidade nin queremos nin nos interesa ter forma nin formalidade –entendida no sentido máis tradicional da palabra, claro- . Gostamos de ler, como tódolos clubs, gostamos de compartir opinións, como calquera club, gostamos de falar e preguntarnos polos nosos propios intereses, como calquera club… mais non gostamos de ter que facelo coma sempre, ou máis ben como é habitual, gostamos de tirarnos no chan a ler en voz alta as nosas partes favoritas, e representar sin demasiado orde cada un dos párrafos que máis nos dixo de cada libro.

O #CLXQ+ embarcouse na lectura de O Corazón de Xúpiter (Costas, Ledicia. Xerais, 2011) hai un par de semanas e gostou bePOPST LEDICIA COSTAS 03n de achegarse a esta historia de amor, desamor, ciberamor e intriga, angustia ás veces e rabia outras. A historia de Isla comeza como moitas das historias personais que nos podemos atopar arredor de nós, unha mudanza de barrio, un adeus á vida de atrás, un novo insti… Cunha perspectiva de 17 anos e toda unha vida nun mesmo barrio dende logo, non é o mellor dos soños.

Se á novidade por desorientación engadimos a desorientación por ese conxunto de anomalías persoais provocadas polo amor e ademáis incluímos que o panorama do novo insti non é o mellor gracias a Marcos… Por sorte estaba Mar, “a súa mellor amiga. E tamén a súa salvadora. Desde que se trasladara cos seus pais a aquel lugar, fora a única que se molestara en entendela, en deterse  a contemplar o seu interior.” (11) Do resto, daredes mellor conta cada un·ha de vós abrindo o libro.POST LEDICIA COSTAS 01

POST LEDICIA COSTASESCARLATINALedicia Costas, que está a xirar sen parar presentando o seu último libro Escarlatina, a cociñeira defunta (Merlín,POST LEDICIA COSTAS 02 2014), tivo o detalle de achegarse ao #CLXQ+ hai xa unhas semanas. En realidade a súa visita foi virtual, pero a verdade é que puidemos desfrutar dela por medio de 150 caracteres grazas ao twitter das Bibliotecas Municipais, unha conversa que vedes reflexada  nas capturas de pantalla vos inserimos, mais tamén podedes ver a conversa completa pinchando aquí.

E  nestas datas de celebración do Día  Libro Infantil e Xuvenil, Romeo e Xulieta caeu nas nosas mans, e William Shakespear trouxo con él aos Capuleto e os Montesco para pasearen o seu paradigma de amor romántico polo #CLXQ+, e declamamos, e clamamos, ao amor e ao desamor, mais tamén a manter a cordura nun mundo que tolea por ideales de amor en lugar de desfrutar as realidades de cariño.

O #CLXQ+ despedíndose de @lediciacostas

O #CLXQ+ despedíndose de @lediciacostas

Enfiando o noso último título – Futuro Imperfecto, de Xulia Alonso, 2010 – invitámosvos a seguir atentxs ás redes sociais – Instagram, Fb, Twitter – e buscar o que se agocha tras do hastag #CLQX+.

Saúde!

Un club en tons cálidos.

Un fotocol  é unha maneira como outra calquera no noso tempo de amosar a nosa propia identidade, nun sentido máis amplo, é Fotocol do CLXQ+unha forma de amosarnos cara o mundo, de existir, como decía Hannah Arendt no seu libro La existencia humana. Esta forma de amosarno diante do espello que somos cada un-ha de nós permítenos sorrir, abrazar, ou amosar ledicia ao compartir tempo con quen queremos facendo unha determinada actividade. No noso fotocol facémolo, amosamos as nosas identidades como son, diversas, diferentes.

Mais non sempre é así, e o cómic El azul es un color cálido, de Julie Maroh, xa nolo amosou na súa historia e nos comentarios que xerou unha historia cun trasfondo que por tráxico parece inverosímil e por habitual case pode ser da vida cotiá. A LGTBfobia segue a xerar dramas personais, infernos do día a día que non permiten acadar a felicidade plena, e polo tanto, no #CLXQ+ decidimos sobrevoar as diferentes formas de achegarse a un tema que na idade das nosas clubeiras é tan importante que pode marcar unha vida. O dereito a ser visible, a definir a nosa propia identidade, sair de armarios diversos, rachar con etiquetas e estereotipos e autodeterminarnos coma persoas.

Así, como parte de dous ámbitos diferentes da mediación, as Bibliotecas Municipais como mediadores culturais e os Centros Quérote+ como mediadores sociais, tivemos onte unha sesión do noso Club de Lectura Xuvenil Quérote+ na que empregando material da FELGT e as historias de Carol e Guille, material da nosa propia experiencia e todas as ideas preconcebidas que sobra mencionar na sociedade, fixemos do noso espazo na biblioteca un  lugar libre de homofobia esperando que da análise dun cómic, cheguemos a un cambio no mundo real.

O #CLXQ+ non descansa na ponte.

MARCAPÁXINAS CLXQ+ B copyNestes días festivos de axetreo atroz nas rúas, calor sofocante nos centros comerciales de hipnóticas luceciñas e músicas infames, choiva a rabiar non é mal momento para aproveitar e lembrar que o prazo para inscribirse no Club de Lectura Xuvenil Quérote+ leva aberto dende o luns pasado.

Tedes entre 14 e 18 anos e queredes participar dun grupo onde trascenderemos da ficción a realidade e do público ao persoal? Pois só tedes que premer aquí, cubrir o formulario para inscribirvos e estar atentxs ás datas chave de todo esto…a seguinte, a nosa sesión de presentación o día 18 de Decembro.

Avisadxs estades!