Arquivo do blog
Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013
O pasado xoves 10 de outubro, a Academia Sueca daba a coñecer o nome da persoa galardoada co Premio Nobel de Literatura 2013. Nesta ocasión a gañadora foi a escritora canadense Alice Munro, definida pola Academia como “mestra do relato curto contemporáneo” e aclamada polo seu “harmonioso estilo de relatar, caracterizado pola súa claridade e realismo psicolóxico”.
Nada en Whingham (Ontario) un 10 de xullo de 1931, Munro é considerada unha das autoras máis importantes da literatura en lingua inglesa. De feito, no ano 2009 xa recibira o Premio Booker Internacional pola súa traxectoria literaria e a súa influencia noutros escritores/as e lectores/as ao redor do mundo.
Cabe destacar que Munro é a primeira escritora canadense en recibir tan importante galardón dende a súa creación no ano 1901 e a décimo terceira muller premiada co Nobel de Literatura en 112 anos de historia. ¡Dende aquí, os nosos parabéns!
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar moitas das súas obras:
Munro, Alice. Demasiada felicidad. Barcelona: Lumen, 2010.
Munro, Alice. El amor de una mujer generosa. Barcelona: RBA, 2009.
Munro, Alice. El progreso del amor. Barcelona: RBA, 2009.
Munro, Alice. Escapada.Barcelona: RBA, 2006.
Munro, Alice. Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio. Barcelona: RBA, 2007.
Munro, Alice. La vida de las mujeres. Barcelona: Lumen, 2010.
Munro, Alice. La vista desde Castle Rock. Barcelona: RBA, 2008.
Munro, Alice. Las lunas de Júpiter. Barcelona: Debolsillo, 2012.
Munro, Alice. Mi vida querida. Barcelona: Lumen, 2013.
Píntame un año
– Píntame un año! -Peguei un brinco como se me ferise un raio, refreguei os ollos, mirei ben arredor de min e vin un rapaciño extraordinario que me ollaba gravemente. Velaí tedes o mellor retrato que, máis adiante, conseguín facer del.
Hai un s días saiu do prelo a viséxima edición en galego de ‘O Principiño’, obra que na editorial Galaxia se publicou no ano 1972 en tradución de Carlos Casares. Co gallo deste acontecemento a Editorial Galaxia botou a andar un concurso en twitter que animaba aos tuiteiros a que explicaran por que lles gusta ‘O Principiño’. A través do hastag #gustameoprincipiñopor trasladáronse as opinións, textos, emocións e sensacións que, en 140 caracteres, O Principiño de Saint-Exupéry segue a provocar nos seus lectores. O concurso gañouno Patricia Blanco co tuit #gustameoprincipiñopor porque mo imaxino así conversando coa súa flor.
O xurado achou que os traballos de Patricia Blanco, pola súa variedade, carga poética e relación con ‘O Principiño’ eran os merecentes do premio, consistente nun exemplar do libro en capa dura e un exemplar de todas e cada unha das obras literarias de Carlos Casares, tradutor no ano 1972 do libro cando se publicou por vez primeira na editorial Galaxia. Parabéns!
Aínda con todo o tarde que cheguei ao twitter, o concurso fixo que O Principiño caese de novo nas miñas mans. A primeira vez que o lin, coido que era moi pequena xa que non entendín nada. Que lío de historia, non ten sentido! E non quería pensar, e non quería deixarme envolver, e non quería, e non quería… Sen embargo, lino outras veces e xa había un lugar na miña mente para esta historia. Ás veces as historias atópannos a nós, e aínda non tivemos tempo de prepararnos para coñecelas. Máis temos a tranquilidade de saber que están aí, esperando a ser lidas.
Aunque non gañei o concurso, escribín tuits igualmente, algúns publiqueinos e outros simplemente os imaxinei, mentres camiñaba, mentres durmía, no baño, ollando a neveira… podo compartir con vós algún, aunque vos confeso que vergoña me dá abrir a fiestra dos meus pensamentos. Pensádeo vós tamén #gustameoprincipiñopor
#gustameoprincipiñopor voltar á esencia das cousas
#gustameoprincipiñopor que ler na miña lingua nai é un pracer
#gustameoprincipiñopor ir cansa de sumar, restar, multiplicar…
#gustameoprincipiñopor que eu tamén vivo nun asteroide
#gustameoprincipiñopor agardar sempre resposta ás preguntas.
E a ti? Gústache O Principiño?
Premios Xerais

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados. Os ditames déronse a coñecer na Illa de San Simón nunha cerimonia, conducida por Celia Torres, na que actuou como mantedora literaria a escritora Marilar Aleixandre e Xurxo Souto como músico convidado.
Os membros do xurado do Premio Xerais de novela 2012, no ditame que elaboraron sobre Tonas de laranxa salientaron que «sen menoscabo para as excelentes novelas presentadas a este premio, tivemos moi clara a escolla desde o primeiro momento, feito que deu como resultado unha rapida elección por unanimidade. Non hai dúbida de que os membros do xurado quedamos engaiolados polo sensitivo perfume a laranxa desta obra na que o lírico, o onírico e o simbólico se conxugan de xeito maxistral para dar lugar a unha novela fermosa».
A obra de Marcos Calveiro, premiada co Premio Merlín, narra a aventura iniciática de Amadou, un rapaz suahili que pertence a un clan de nómades. A obra, sólida e perfectamente estruturada, está construída a través de continuos flashbacks que van artellando a historia. Segundo os membros do xurado «os pulmóns de África respiran nas follas deste libro coa forza de todo o continente. A inclemencia do sol, a busca desesperada da auga, a sorte do alimento… E as mulleres, pedra angular das tribus africanas, e que nesta obra representan o sólido capaz sobre o cal descansa toda responsabilidade da supervivencia».
Tedes máis información da nova na renovada web da Editorial Xerais.
Os premios da edición
O gremio editorial galego celebrou este venres día 9 en Compostela a VII Noite da Edición de Galicia-Premios Ánxel Casal, unha gala na que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido do libro, a súa creación, edición e comercialización. No acto entregáronse os Premios da Edición correspondentes ó ano 2011.
Premiados:
- Premio Francisco Fernández del Riego, Xesús Couceiro e a súa emblemática librería.
- Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción, Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, editado por Xerais.
- Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción, Obra Gráfica de Conde Corbal, de Varios, editado por Nova Galicia Edicións.
- Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro, Poesía completa. de Loís Pereiro, editado por Edicións Xerais.
- Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil, Xa me tardan eses magos, de Mamá Cabra, editado por Editorial Galaxia.
- Premio Lois Tobío ao Libro traducido, Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo, editado por Edicións Xerais.
- Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado, Contos por teléfono, de Pablo Otero, editado por Kalandraka Editora.
- Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ó libro educativo, As mulleres en Galicia no século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora, Xavier Queipo.
- Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial, Transformacións de álbums ilustrados en series de animación audiovisual: Os contos do camiño e caracois.
- Premio Edición Histórica 2012 . XXV aniversario de Andavira Editora.
Podedes ampliar información da nova nas edicións electrónicas do Praza.com e La voz de Galicia
Imma Monsó gaña o Premio Ramón Llull
A escritora Imma Monsó gañou a XXXII edición do Premio das Letras Catalás Ramon Llull coa novela La dona veloç. O galardón outórgano Editorial Planeta e a Fundación Ramon Llull.
A obra premiada é unha orixinal mirada ao gran “dano” contemporáneo: a tiranía da inmediatez na maioría de ámbitos das nosas vidas e as dificultades que temos en distinguir o que é “importante” do que é “urxente” .
Imma Monsó publicou a primeira novela en 1996 e que obtivo gran éxito de público e de crítica. A versión castelá, Nunca se sabe, foi galardoada co Premio Tigre Juan 1997. A súa segunda obra, Como unas vacaciones, obtivo en 1998 o Premio Prudenci Bertrana e tamén o Premio Cavall Verd, ao ser elixida pola Asociación de Escritores en Lingua Catalá como a mellor novela de 1998. A terceira novela, Todo un carácter (2001), consolidouna como autora. Publicou os libros de contos Mejor que no me lo cuentes (Premio Ciudad de Barcelona 2003) e Vamos papá, aquí no nos quieren (2004). En 2006 escribiu Un hombre de palabra, obra extraordinaria que mereceu os premios Salambó, Terenci Moix e Maria Àngels Anglada á mellor novela en catalán do ano. En 2009 publicou Una Tormenta.
Momento ideal para desfrutar algunha das súas novelas nas Bibliotecas Municipais da Coruña:

Convócase o Premio Xerais de Novela
Edicións Xerais de Galicia convoca a 29ª edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros, para obras orixinais e inéditas, en lingua galega. De cada orixinal presentaranxe seis copias en papel antes do 10 de abril de 2012. O Xurado, composto por 5 persoas, fará público o seu fallo o día 9 de xuño de 2011. A convocatoria do premio réxese por estas bases.

Maite Carranza, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2011
Maite Carranza foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2011 pola súa obra escrita en catalán Paraules emmetzinades (Palabras envenenadas).
O Ministerio de Cultura concede este premio para distinguir unha obra de autor español escrita en cualquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano 2010. Está dotado con 20.000 euros.
Maite Carranza (Barcelona, 1958) é licenciada en Antropoloxía. Escribe narrativa infantil e xuvenil, é guionista de televisión e imparte cursos de escritura de guións. En 1992 abandoa a docencia para dedicarse á escritura e publica numerosas obras de literatura infantil e xuvenil entre as que destacan: Ostres, tu, quin cacau!, Frena, Cándida, Frena!, la trilogía fantástica de La Guerra de les Bruixes, Màgia d’una nit d’estiu o Paraules enmetzinades. Foi galardoada cos Premios da Crítica Serra d’Or, Folch i Torres, Joaquim Ruyra y el Premio Edebé.
Nas Bibliotecas Municipais podedes desfrutar, entre outras, das seguintes obras desta autora:
- El topo Timoteo y Susana Noseñor
- O deserto de xeo
- O clan da loba
- Magia de una noche de verano
- Palabras envenenadas
- ¿Quieres ser el novio de mi hermana?
- Frena, Cándida, frena
- A maldición de Odi
Marcos Giralt Torrente, Premio Nacional de Narrativa 2011
Mar
cos Giralt Torrente, nieto del escritor Gonzalo Torrente Ballester, ha sido galardonado con el Premio Nacional de Narrativa 2011, gracias a “Tiempo de Vida”, libro publicado el año pasado por Anagrama cuyo doloroso motor es la muerte de su padre, el pintor Juan Giralt, fallecido en el 2007, y en el que reflexiona sobre su identidad, su pasado, el desgarro por la pérdida y la maltrecha relación paterno filial que reconstruyó con la palabra.
Para su autor este galardón supone «un felicísimo broche en la todavía corta vida de un libro autobiográfico que surgió del dolor; “Tiempo de vida” es un libro muy especial, porque es autobiográfico y nace de una experiencia dolorosa, del reencuentro con mi padre. Pero, además, es especial -ha subrayado- , porque siempre uno tiene esa incertidumbre de cómo va a ser la respuesta de los lectores y ha sido muy buena, y proporcional al esfuerzo y dolor que me llevo el escribirlo».
XXIX Premio Herralde de Novela
O escritor arxentino Martín Caparrós gañou o XXIX Premio Herralde de Novela, que concede a editorial Anagrama, cunha obra sobre a relación dos homes coa morte titulada “Los Living”.
O xurado estaba composto por Salvador Clotas, Paloma Díaz-Mas, Marcos Giralt Torrente, Vicente Molina Foix e o editor Jorge Herralde.
Los Living narra as vicisitudes dun home cuxa infancia queda marcada pola morte confusa do seu pai e do seu avó e convértese nun adulto fascinado polo tránsito entre a vida e o máis aló.
Martín Caparrós presentouse ao Premio Herralde de Novela, que está dotado con 18.000 euros, co pseudónimo de Alberto de Santos e mostrouse moi satisfeito de entrar a formar parte da “prestixiosa” lista de galardoados co mesmo.
Ocasión única para acercarse ás Bibliotecas Municpais da Coruña para ler algunhas das obras premiadas en anos anteriores e próximamente a obra de Caparrós que sairá á venda nas seguintes semanas.








