Maite Carranza, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2011
Maite Carranza foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2011 pola súa obra escrita en catalán Paraules emmetzinades (Palabras envenenadas).
O Ministerio de Cultura concede este premio para distinguir unha obra de autor español escrita en cualquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano 2010. Está dotado con 20.000 euros.
Maite Carranza (Barcelona, 1958) é licenciada en Antropoloxía. Escribe narrativa infantil e xuvenil, é guionista de televisión e imparte cursos de escritura de guións. En 1992 abandoa a docencia para dedicarse á escritura e publica numerosas obras de literatura infantil e xuvenil entre as que destacan: Ostres, tu, quin cacau!, Frena, Cándida, Frena!, la trilogía fantástica de La Guerra de les Bruixes, Màgia d’una nit d’estiu o Paraules enmetzinades. Foi galardoada cos Premios da Crítica Serra d’Or, Folch i Torres, Joaquim Ruyra y el Premio Edebé.
Nas Bibliotecas Municipais podedes desfrutar, entre outras, das seguintes obras desta autora:
- El topo Timoteo y Susana Noseñor
- O deserto de xeo
- O clan da loba
- Magia de una noche de verano
- Palabras envenenadas
- ¿Quieres ser el novio de mi hermana?
- Frena, Cándida, frena
- A maldición de Odi
Posted on 23 Novembro, 2011, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas, Obras and tagged Maite Carranza, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, Premios. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0