XXIX Premio Herralde de Novela
O escritor arxentino Martín Caparrós gañou o XXIX Premio Herralde de Novela, que concede a editorial Anagrama, cunha obra sobre a relación dos homes coa morte titulada “Los Living”.
O xurado estaba composto por Salvador Clotas, Paloma Díaz-Mas, Marcos Giralt Torrente, Vicente Molina Foix e o editor Jorge Herralde.
Los Living narra as vicisitudes dun home cuxa infancia queda marcada pola morte confusa do seu pai e do seu avó e convértese nun adulto fascinado polo tránsito entre a vida e o máis aló.
Martín Caparrós presentouse ao Premio Herralde de Novela, que está dotado con 18.000 euros, co pseudónimo de Alberto de Santos e mostrouse moi satisfeito de entrar a formar parte da “prestixiosa” lista de galardoados co mesmo.
Ocasión única para acercarse ás Bibliotecas Municpais da Coruña para ler algunhas das obras premiadas en anos anteriores e próximamente a obra de Caparrós que sairá á venda nas seguintes semanas.
Posted on 9 Novembro, 2011, in Escritores, Novas and tagged Martín Caparros, Premio Herralde, Premios. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0