Os premios da edición
O gremio editorial galego celebrou este venres día 9 en Compostela a VII Noite da Edición de Galicia-Premios Ánxel Casal, unha gala na que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido do libro, a súa creación, edición e comercialización. No acto entregáronse os Premios da Edición correspondentes ó ano 2011.
Premiados:
- Premio Francisco Fernández del Riego, Xesús Couceiro e a súa emblemática librería.
- Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción, Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, editado por Xerais.
- Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción, Obra Gráfica de Conde Corbal, de Varios, editado por Nova Galicia Edicións.
- Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou teatro, Poesía completa. de Loís Pereiro, editado por Edicións Xerais.
- Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil, Xa me tardan eses magos, de Mamá Cabra, editado por Editorial Galaxia.
- Premio Lois Tobío ao Libro traducido, Shakespeare, traducido por Ramón G. Izquierdo, editado por Edicións Xerais.
- Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado, Contos por teléfono, de Pablo Otero, editado por Kalandraka Editora.
- Premio Xosefa Iglesias Vilarelle ó libro educativo, As mulleres en Galicia no século XX, de Jesús de Juana e outros, editado por Ir Indo.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora, Xavier Queipo.
- Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial, Transformacións de álbums ilustrados en series de animación audiovisual: Os contos do camiño e caracois.
- Premio Edición Histórica 2012 . XXV aniversario de Andavira Editora.
Podedes ampliar información da nova nas edicións electrónicas do Praza.com e La voz de Galicia
Posted on 10 Marzo, 2012, in Escritores, Novas, Obras and tagged Premios. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0