As mellores aventuras ocorren…
Non podíamos deixar marchar o ano, sen contarvos que andabamos a facer estas semanas, ¿pensabades que a rapazada de ElClú estaba a descansar da lectura? Nada mais lonxe da realidade, estivemos ben atarefados cun libro de aventuras “A illa de todas as illas” dos autores Xabier P. Docampo e Xosé Cobas, escritor e ilustrador respectivamente.
Como podedes ver no booktrailer, a historia transcorre nunha illa na que 3 nenos se adentran. Os pobriños pérdense no medio dun neboeiro e a partir de ahí comezan a acontecer situacións extrañas protagonizadas polos persoaxes dalgunhas obras clásicas da literatura relacionadas con illas.
Foi por iso, que cando repartimos os exemplares do libro, para sorpresa dos nosos “clubeiros” había un paquetiño a maiores, ¿lembrades?. Pois cada un dos rapaces levou un título diferente destas obras.
O principio, costounos recoñecer situacións e lugares, máis ben poderiamos dicir que mais que recoñecer, DESCUBRIMOS da man dos autores, personaxes clásicas como por exemplo: Jon Silver, Capitán Nemo, Robinson Crusoe, Karana…. Este descubrimento viuse afianzado pola visita, recibida na Biblioteca por parte de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.
A verdade é que pasamos unha tarde do mais entretida con estes dous autores que nos falaron da obra “A illa de todas as illas”, de como se xestou, como traballaron codo a codo, como imaxinaron xuntos para que o final xurdira esta historia ante nós.
A teima de Xabier e Xosé foi precisamente a de proporcionar aos rapaces e rapazas lectores a posibilidade de descubrir todo un imaxinario clásico. ¿Por qué o tema central elexido foi unha illa? Porque en palabras de Xabier P.Docampo:
“as melloras aventuras ocorren no mar”
Agora, toca desfrutar duns días de descanso, de enchentas, agasallos, reencontros, festas e demais historias típicas destas datas.
Dende “ElClú” recomendámosvos unhas lecturas para estes días, para ler pola noite, moi tarde ou pola mañá quentiños na cama.
As nosas recomendaciós son as seguintes:
- A illa de todas as illas. Xabier P. Docampo
- Brujarella. Iban Barrenetxea
- No hace mucho tiempo. Jimmy Liao
- Quedaos en la trinchera y luego corred. Jhon Boyne
- PLneta Extremo. Lonely Planet
- Las brujas. Roal Dhal
E antes de despedirnos, desexarvos Boas Festas e lembrade que no vinveiro ano “ElClú” retoma a actividade, nos vos esquezades, comezamos o xoves 15 de xaneiro as 18:30 horas na Biblioteca Infantil e Xuvenil.
O Club de Lectura Xuvenil Quérote+ quece motores…
Lembrades o #CLXQ+ –Club de Lectura Xuvenil Quérote+ ? Pois ben, mañá día 18 comezamos co reparto do primeiro
libro para a sesión do día 8 de Xaneiro, trátase de Kitchen, de Banana Yoshimoto, unha historia de soidades colectivas e encontros por azar entre personaxes coma nós, ás veces máis contentos, ás veces menos, pero sempre dispostxs a apostar polas cousas que merecen a pena ser vividas. Xa o temos esperando na estantería a que veñades recollelo a partir de mañá xoves.
Se aínda non vos apuntastes, todavía estades a tempo, quedan plazas e estamos agardando pola vosa presencia. Para facelo, só tedes que cubrir o formulario ao que chegaredes facendo clic aquí.
Se tedes entre 14 e 18 anos, achegádevos polo Club e compartide as vosas voces con nós!
A opinión dos lectores conta
Nas nosas Biblioteca Municipais a túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Biblioteca Municipal Os Rosales, Monte Alto, Sagrada Familia, Ágora, Forum Metropolitano, Castrillón, que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- A rateira / Agatha Christie
- Abajo el régime/ Pablo Iglesias
- Al infierno se llega deprisa / José Antonio Vázquez
- Annual: un cementerio sin tumbas / Luis Miguel Guerra
- Apocalipsex : los 10 mandamientos de la seducción / Mario Luna
- Así empieza lo malo / Javier Marías
- Ciudad del fuego celestial (Cazadores de sombras 6) / Cassandra Clare
- Crónicas del cáncer : desentrañando el misterio mas profundo de la medicina / George Johnson
- Destino / Alyson Noel
- Diario de Greg : mala suerte / Jeff Kinney
- El Conde Lucanor / Don Juan Manuel
- El mundo que viene : descubre por qué las próximas décadas serán las más apasionantes de la Historia de la Humanidad / Juan Martínez-Barea
- El último muerto / Fernando Lalana
- Medicamentos que matan y crimen organizado: cómo las grandes farmacéuticas han corrompido el sistema de salud / Peter C. Goetzsche
- El umbral de la eternidad / Ken Follet
- Hijos de la anarquía / Christoper Golden y Damian Couceiro
- La cura mortal /James Dashner
- La merienda / Kveta Pacovska
- La mujer del diplomático / Isabel San Sebastián
- Las amigas de ojos oscuros / Judith Lennox
- Las hermanas Grimes / Richard Yates
- Las pruebas / James Dashner
- Mi escuela sabe a naranja estar y ser en la escuela / Mari Carmen Díez Navarro
- Mercedes / Stephen King
- Muchachas 2 / Khaterine Pancol
- Ningún amante sabe conducir / Rosalía Fernández Rial
- O achado do Castro / Manue Núñez Singala
- Persiguiendo a Silvia / Elísabet Benavent.
- Psicotrampas : identifica las trampas psicológicas que te amargan la vida y encuentra las psicosoluciones para vivir mejor / Giorgio Nardone
- Qué puedo hacer cuando refunfuño demasiado / Huebner
- Que puedo hacer para vencer mismanias / Jaime Pereña
- Reo / Xesús Fraga
- Septimus y el fuego eterno / Angie Sage
- Sociedad del conocimiento, tecnología y educación / Ana Sacristán (compiladora)
- Un sábado con los amigos / Andrea Camilleri
- Ursúa / William Ospina
- Venganza/ Benjamin Black
- Vivir bien sin dolor de espalda / María Isabel Heraso
Audiovisual
- El culo del mundo (video)
- Galiza (CD)
Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca 
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
- Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, película
Presentación da novela xuvenil Reo de Xesús Fraga na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil
.: Luns, 15 dec | 19:00h na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil :.
Encontro con Xesús Fraga para falarnos da súa última novela xuvenil “Reo” da Editorial Galaxia. Esta novela foi gañadora do Premio Raíña Luga de Literatura Xuvenil 2013
A dito encontro virá acompañada polo grafiteiro GarOne protagonista deste Booktrailer
Sinopse:
Reo é unha novela que trata de pescudar nas razóns que poden levar a un adolescente de hoxe a investir horas e horas do seu tempo na actividade ilegal de escribir o seu nome no maior número de lugares da sua cidade. A historia dun rapaz e a súa teima secreta, na que canaliza o seu extraordinario talento natural para o debuxo. Pero tamén é a historia dun rapaz que ten dúbidas sobre o seu futuro, que quere axudar aos seus amigos en dificultades e que vive os efectos da crise no corazón do fogar. Porque aínda que Reo sexa, para os grafiteiros, o rei da cidade, no fondo é un rapaz calquera dun barrio calquera. Podería ser o voso veciño.
Ademáis da presentación haberá tamén tempo para a firma de exemplares por parte de Xesús Fraga. Será unha tarde xenial e cargada de sorpresas!!!
Agardámosvos a todos e todas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o luns, 15 de decembro ás 19:00 horas!!!
Libros en directo: Gonzalo Moure
O próximo martes 16 de decembro teremos a oportunidade de escoitar no Ciclo Libros en Directo ao recoñecidísimo escritor de literatura infantil e xuvenil Gonzalo Moure.
O encontro co autor terá lugar ás 20.00 no Centro Ágora e será presentado, como é habitual, por Pedro Ramos.
Moure naceu en Valencia no ano 1951, pero reside actualmente en Asturias. Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid e traballou como periodista no período comprendido entre 1973 e 1989, fundamentalmente na radio pero tamén en prensa, en televisión como guionista e en publicidade como creativo.
A súa primeira obra publicada foi Geranium, novela de ciencia ficción que figurou na Lista de Honra do Internacional Board on Books for Young People (IBBY) no ano 1994. Escribiu máis de vintecinco libros e foi galadornado con numerosos premios:
– Premio Barco de Vapor, por Lili, Libertad (1996)
– Premio Jaén por A la mierda la bicicleta (1993) e El bostezo del puma (1999)
– Premio Ala Delta, por Maíto Panduro (2001)
– Premio da Crítica de Asturias, por Yo, que maté de melancolía al pirata Francis Drake (2001)
– Premio Gran Angular, pola novela El síndrome de Mozart (2003)
– Premio Primavera, por En un bosque de hoja caduca (2006)
– Premio á Creación Literaria 2012 da Feira do Libro, a Lectura e as Industrias Culturais de Castela-A Mancha.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar estas obras e outras moitas de Gonzalo Moure. Consultade no noso catálogo a súa dispoñibilidade:
Cabe destacar ademais da súa obra, a labor de cooperación de Moure a través da Asociación de Escritores polo Sáhara-Bubisher, que manteñen unha rede de bibliobuses e bibliotecas nos campamentos de refuxiados Saharauis dende o ano 2008. O proxecto recibe o nome dun pequeno paxaro do deserto, que soporta altas temperaturas e que coa súa chegada anuncia as boas novas.
Se queredes descubrir máis detalles da vida, obra e proxectos de Gonzalo Moure, lembrade…
tendes unha cita o martes 16 no Centro Ágora!!!
Encontro con Miguelanxo Prado e David Aceituno na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil

.: Xoves, 11 dec | 19:30h na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil :.
Encontro con Miguelanxo Prado e David Aceituno para falarnos do seu último libro “O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba” de El Patito Editorial.
Dito encontro estará conducido polo ilustrador e editor, Fausto Isorna.
Sinopse:
O dragón sentiu un formigueo no fociño, pechou as pálpebras, colleu aire coma se fose a soprar as velas dun pastel de aniversario e… -¡ACHÍSSSS! E tan forte foi o seu esbirro que o dragón despeiteou a princesa, arrancou os pétalos da flor, tropezou co cabaleiro e, facendo unha gran pirueta, saíu daquel libro aberto sen dicir nin adeus…
Ademáis da presentación haberá tempo tamén para a firma de exemplares por parte de Miguelanxo e David. Será unha tarde moi entretida, volo ides perder?
Agardámosvos a todos e todas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o martes, 11 de decembro ás 19:30 horas!!!
La caída del Museo Británico
Había momentos de felicidad en la sala de lectura del Museo Británico, pero el cuerpo le llamaba. (Grahan Greene)
La frase está en el inicio del primer capítulo de la novela. De alguna manera el autor a través de ella nos da la pista por donde va a transcurrir. Nos va a contar un día en la vida de Adam Appleby, 25 años, casado, padre de tres hijos, que se apaña con una corta beca concedida para hacer su tesis doctoral que versará sobre la novela victoriana. Esta ocupación le lleva a la biblioteca del nombrado Museo todos los días del año en los que permanece abierta. Allí y a lo largo de la jornada, se sienta en el mismo sillón en que lo hacía Karl Marx y sin descanso ni desanimo intenta, como muchos otros, dar fin a la mencionada tesis. Ah, me olvidaba, tanto él como su esposa Barbara son católicos practicantes y se rigen por las austeras normas sexuales que impone el Vaticano, sobre todo en lo que se refiere al tema de la concepción. Nada de métodos no naturales. Todo ha de hacerse de forma que promueva la natividad.
El día en que da comienzo la reseña que nos transmite Mr. Lodge, Barbara, a preguntas de su esposo, pone en su conocimiento que lleva tres días de retraso en lo que a la venida de la regla se refiere. Esto asusta a Adam. El dinero de la beca se está acabando y un nuevo vástago al rebaño que tienen formado puede ser la puntilla financiera. Son momentos angustiosos que como lector agradezco ya que al describirlos forman una retahíla de frases y situaciones que como mínimo hacen sonreír y desde luego nos condicionan para leer gustosamente todos los avatares que van describiéndose a lo largo de las páginas del libro.
A lomos de su vieja moto Vespa parte nuestro erudito hacía su destino, el sillón antes aludido, donde llevar a buen puerto la aventura en la que se encuentra inmerso. Y comienzan una serie de situaciones desquiciadas, que con buena dosis de ironía y comicidad nos van retratando los personajes que pueblan ese mundo bibliotecario, de forma especial los propios funcionarios de la Biblioteca y los universitarios que hacen uso de lo que esta ofrece para sus fines académicos.
Todos sueñan con ser famosos, con lograr la obra que les encumbre, que les de méritos, fama y dinero. Todos sueñan con lo que harían si fuesen Ministros de Educación, por ejemplo, o incluso Papa. Porque Adam se da ese gusto para arreglar sus problemas de coyunda. Y vaya si los arreglaría. Soñar es la forma que tienen animarse y llevar con optimismo la tarea que tienen pendiente
Porque allí conviven los que se inician con aquellos que el comienzo de su tesis se pierde en la memoria del tiempo.La Biblioteca es su vida, la darían gustosos por dar cima al trabajo que realizan, la tesis; y esa ansia queda reflejada en las palabras de una de estas adictas, cuando al tener que despejar las salas por un aviso de incendio ruega a un ordenanza que “sin importarle lo que a ella le pase salve su tesis doctoral”. (Abajo, sala de lectura de dicho museo)

La gran aspiración es conseguir descubrir un manuscrito especial que solucione de golpe la situación. Adam está empeñado en algo parecido, dar a conocer la obra de un escritor católico menor, ya fallecido, lo que le lleva a contactar con una joven que le ofrece una novela inédita y picante del apostólico literato a cambio de que le haga perder su virginidad. La situación ya es de por sí cómica, pero lo que sucede cuando este accede a tal sacrificio, es delirante.
Lodge hace una parodia del mundo académico y bibliotecario. También hacia los católicos y sus rígidas normas. Todo envuelto en un halo de cariño y respeto, lo que hace que lo escrito guste por igual a unos y a otros. A mi modo de ver todo un éxito.
David John Lodge, nació en Londres el 28 Enero de 1935
Hizo sus estudios en la University College London (UCL) , en donde obtuvo su Licenciatura en Letras, con honores, en 1955. Cuatro años después, en 1959, obtuvo la Maestría en Artes de la UCL. En ese mismo año se casó con Mary Frances Jacob. Se doctoró en la Universidad de Birmigham y trabajó en el Departamento de Inglés de esa casa de estudios desde 1960 hasta 1987, haciéndose conocido por sus conferencias sobre la ficción victoriana. En 1987 se retiró de su actividad laboral en la citada Universidad de Birminham para dedicarse enteramente a la creación literaria, reteniendo el título de Profesor Honorario de Literatura Inglesa Moderna de dicha Universidad y siguiendo domiciliado en la ciudad de Birmingham. Sus escritos se encuentran depositados en la recopilación Colecciones Especiales de la Universidad de Birmingham.
Su primera novela publicada, The Picturegoergs (1960) ilustra sus primeras experiencias en “Brickley” (basado en Brocley, sudeste de Londres), que también describió en su posterior novela Terapia. La Segunda Guerra Mundial obligó a Lodge y a su madre a trasladarse a Surrey y Cornwall.
Es, sin duda, uno de los grandes maestros del humor inglés de nuestro tiempo, y en sus obras suele mostrarse tan agudo como divertido. Satiriza con frecuencia al medio académico en general y a las humanidades en particular. Habiendo recibido una crianza católica, aunque se ha descrito a si mismo como un “católico agnóstico“, muchos de sus personajes son católicos romanos y el catolicismo es además uno de sus temas, especialmente en la que nos ocupa, en “How far can you go?” (publicada en Estados Unidos como Cuerpos y almas) y en “Noticias del paraiso“.
Es creador de la ciudad de ficción “Rummidge“, remedo de Birmingham y del también imaginario Estado norteamericano de “Euforia” que sitúa entre California del Norte y California del Sur. La capital de dicho Estado es “Plotinus” tenue disfraz de Berkeley, California.
Varias de sus novelas han sido adaptadas a series de televisión, algunas por el mismo autor.
En 1997 recibió del Ministerio de Cultura de Francia la Orden de las Artes y las Letras en grado de Caballero y en 1998 se le designó Comandante de la Orden del Imperio Británico por sus servicios a la literatura.
O #CLXQ+ non descansa na ponte.
Nestes días festivos de axetreo atroz nas rúas, calor sofocante nos centros comerciales de hipnóticas luceciñas e músicas infames, choiva a rabiar non é mal momento para aproveitar e lembrar que o prazo para inscribirse no Club de Lectura Xuvenil Quérote+ leva aberto dende o luns pasado.
Tedes entre 14 e 18 anos e queredes participar dun grupo onde trascenderemos da ficción a realidade e do público ao persoal? Pois só tedes que premer aquí, cubrir o formulario para inscribirvos e estar atentxs ás datas chave de todo esto…a seguinte, a nosa sesión de presentación o día 18 de Decembro.
Avisadxs estades!
Agora’s Book Club
Na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer en marcha un novo club de lectura, nesta ocasión, en lingua inglesa. Reunirémonos todos os luns, de xaneiro a maio, en horario de 18.30 a 19.45.
Se che gusta ler, queres practicar inglés e formar parte dun grupo que se reúne para compartir lecturas… este é o teu club!!
O prazo de inscrición estará aberto dende o 4 de decembro ata o 10 de xaneiro e para anotarse é preciso ter un nivel intermedio de inglés, xa que a actividade se desenvolverá íntegramente en lingua inglesa.
Se estás interesadx en participar, podes anotarte por calquera das seguintes vías:
- Achegándote á Biblioteca Municipal Ágora
- Chamándonos por teléfono 981 189 886
- Enviándonos un correo electrónico bagora@coruna.es
Yo no podría ser feliz a costa de una injusticia cometida contra otra persona. ¿Que clase de vida cabría edificar sobre tales cimientos?. (Edith Wharton).






















