O Club de Lectura Xuvenil Quérote+ quece motores…
Lembrades o #CLXQ+ –Club de Lectura Xuvenil Quérote+ ? Pois ben, mañá día 18 comezamos co reparto do primeiro libro para a sesión do día 8 de Xaneiro, trátase de Kitchen, de Banana Yoshimoto, unha historia de soidades colectivas e encontros por azar entre personaxes coma nós, ás veces máis contentos, ás veces menos, pero sempre dispostxs a apostar polas cousas que merecen a pena ser vividas. Xa o temos esperando na estantería a que veñades recollelo a partir de mañá xoves.
Se aínda non vos apuntastes, todavía estades a tempo, quedan plazas e estamos agardando pola vosa presencia. Para facelo, só tedes que cubrir o formulario ao que chegaredes facendo clic aquí.
Se tedes entre 14 e 18 anos, achegádevos polo Club e compartide as vosas voces con nós!
Posted on 17 Decembro, 2014, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0