Encontro con Miguelanxo Prado e David Aceituno na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil

.: Xoves, 11 dec | 19:30h na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil :.
Encontro con Miguelanxo Prado e David Aceituno para falarnos do seu último libro “O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba” de El Patito Editorial.
Dito encontro estará conducido polo ilustrador e editor, Fausto Isorna.
Sinopse:
O dragón sentiu un formigueo no fociño, pechou as pálpebras, colleu aire coma se fose a soprar as velas dun pastel de aniversario e… -¡ACHÍSSSS! E tan forte foi o seu esbirro que o dragón despeiteou a princesa, arrancou os pétalos da flor, tropezou co cabaleiro e, facendo unha gran pirueta, saíu daquel libro aberto sen dicir nin adeus…
Ademáis da presentación haberá tempo tamén para a firma de exemplares por parte de Miguelanxo e David. Será unha tarde moi entretida, volo ides perder?
Agardámosvos a todos e todas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o martes, 11 de decembro ás 19:30 horas!!!
Posted on 9 Decembro, 2014, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0