Category Archives: Xeral

Un neno, unha montaña, un dictador

Este curso 2016/17 en ElClú quixemos empezar con forza, apostando por un título que sabiamos que non ia deixar indiferente a ninguén, e así foi. El niño en la cima de la montaña  recrea unha historia distinta, tenra, profunda, dura en ocasións, que ben puidera ser real. Unha desas historias na que os finais non sempre son doados, pero son bos finais.

libros

El niño en la cima de la montaña

John Boyne neste libro trata, unha vez máis, a lacra do nacismo dende o punto de vista dun neno, un rapaz inocente e indefenso que sofre unha tremenda transformación a medida que transcorre o tempo. A vida non trata excesivamente ben a Pierrot, que queda só con sete anos. Desamparado, e despois de pasar por un orfanato, acaba no Berghof, a residencia que Hitler ten nos Alpes. Imaxinádesvos como sería a convivencia có Führer? Toda unha vivencia que marcará a Pierrot de por vida.

Non queremos facervos ningún spoiler, así que vos invitamos a mergullarvos nesta lectura tan reveladora, tendes exemplares coma sempre nas nosas Bibliotecas.

Entrega do primeiro libro de ElClú do curso 2016/17

Entrega do primeiro libro de ElClú do curso 2016/17

Pero nas sesións non só lemos o libro. Visionamos anacos de películas como El gran dictador, La vida es bella, La ladrona de libros… que comentamos. Fixemos tamén un montón de procuras na rede sobre a Segunda Guerra Mundial, para situarnos no contexto histórico. Coñecimos termos como ‘gentil‘ para referirse aos non xudeos, as xuventudes hitlerianas que aparecen ao longo da historia en reiteradas ocasións,  führer para referirse a Hiltler, o significado do saudo dos nazis ‘sieg heil‘, ou que a casa de verán de Hiltler onde acontece gran parte da trama do libro se chamaba Berghof.

Ademais, na última sesión antes do Nadal, como sempre, desfrutamos da nosa sesión biscoito, esta vez, acompañada dun mannequin challenge que algún dos nosos clubeiros insistíu moito en facer, e non nos quedou tan mal, que opinades?

E para rematar de completar a lectura, ocorréusenos que sería unha boa ocasión para visitar un espazo da nosa contorna que nos podía ofrecer unha visión diferente da Segunda Guerra Mundial. Así que dito e feito, puxémonos en contacto co Museo Histórico Militar da Coruña que nos preparou unha visita guiada centrada principalmente nese contexto histórico. Dende aquí aproveitamos a ocasión para agradecer a disposición e o trato recibido polo persoal do centro.

E ata aquí o percorrido polo mundo de John Boyne dende ElClú (de momento). Recordarvos que temos un montón de lecturas deste autor nas nosas Bibliotecas:

Vémonos pronto con novas lecturas!

Deica logo!

Soldados de Salamina

O 30 de xaneiro de 1939, o escritor Rafael Sánchez Mazas, fundador e de Falange Española, amigo íntimo de Primo de Rivera, e mais tarde ministro sen carteira durante os primeiros gobernos de Franco,  sobrevivía a un fusilamento colectivo no Santuario de Collell, onde fora conducido xunto a outros prisioneiros do exército republicano, días antes de que as tropas rebeldes culminaran a ocupación de Cataluña. Este relato, ou versións similares do mesmo, circulou en periódicos, entrevistas e memorias durante os primeiros anos do franquismo, e foi recollido nunha filmación que apareceu nun dos primeiros noticiarios de posguerra

Este episodio, real, será o punto de partida de Soldados de Salamina, unha obra na que conflúen con harmonía diferentes modalidades narrativas: biografía, historia, reportaxe, relato oral, autoficción, novela… todas elas perfectamente engarzadas de tal xeito que é difícil saber ás veces onde termina a realidade e comeza a ficción.

Na súa “vertente” máis real, Soldados de Salamina fálanos da biografía  do escritor e fascista Rafael Sánchez Mazas, da súa obra literaria e do papel que desempeñou na fundación de Falange Española. E reflexiona sobre ós motivos que levan ós homes a violencia o más exactamente de los motivos que indujeron a un puñado de hombres cultos y refinados que fundaron Falange a lanzar a su país a una orgía de sangre”.

Pero o episodio que mais interesa a Cercas é o momento no que, tras escapar do fusilamento, agochado entre matogueiras, é descuberto por un soldado republicano que lle perdoa a vida, permitíndolle fuxir. Sobrevivirá no bosque durante varios días, axudado por tres desertores do esborrallado exército republicano, á espera da chegada do exército vencedor. Este momento dará paso á parte mais ficticia da novela, a que presenta a outros personaxes nin vitoriosos nin afortunados, pero que constitúen os verdadeiros heroes, os verdadeiros “soldados de Salamina”: os tres amigos do bosque, e moi especialmente Antonio Miralles, representante de todos aqueles que padecen as guerras ideadas por outros e que ó final son capaces dunha actitude moito mais digna e humana.

frame-soldados-trailer

Diego Luna, interpretando a Miralles, na película de David Trueba

Por outra banda, o aspecto quizais mais destacado da obra, o que a fai mais orixinal,  é a forma en que está construída a narración, a estratexia utilizada para facela avanzar: dende o momento en que Sánchez Ferlosio, revela a Javier Cercas (ou un escritor que comparte con Javier Cercas nome e apelido) o relato do fusilamento do seu pai, este emprende unha trepidante investigación na busca do soldado que no Collell salvou a vida do falanxista, responsable a fin de contas de tantas mortes anónimas, para poder preguntarlle por qué o fixo. Esta investigación, que avanza entre cartas, chamadas telefónicas, entrevistas, consultas en arquivos… arrastra ó escritor dende a curiosidade ata a obsesión, duda e desesperación, para acabar concluíndo que a pregunta non ten resposta, quizás porque o verdadeiro heroe non teña interese en ser recoñecido como tal

Para mais información, podes consultar o dossier Soldados de Salamina ou descargalo en pdf

portada-dossier-001

A túa opinión tamén conta, os nosos usuarios importan

A túa opinión conta…

Os usuarios das nosas Bibliotecas Municipais opinan e axúdannos a mercar libros.

Algúns dos nosos lectores  fixeron uso  do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos títulos nas nosas bibliotecas:

 

Se queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.

Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

catalogo1

 

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca

Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:

Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta,  tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.

No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.

 

E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?

 

 

Ademáis, os usuarios recomendan…

Recomendacións

A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións  literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcorunaE có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.

A Segunda Guerra Mundial na Biblioteca Ágora

A Segunda Guerra Mundial foi o maior conflito bélico da historia. Con mais de sesenta millóns de mortos, estivo marcada por feitos de enorme transcendencia, que incluíron o Holocausto (Shoah en hebreo) e a utilización por primeira vez na historia de armas nucleares.

Esta inmensa traxedia deixou unha fonda pegada no mundo da cultura. A bibliografía sobre o tema é inabarcable e non deixa de medrar: libros de historia, películas, obras literarias… saen constantemente ó mercado para tratar de entender este episodio tan terrible da historia da humanidade.

cartel-2gm-pequeno

Na Biblioteca Ágora, dende febreiro ata maio, no espazo Os mellores de … poderedes atopar unha selección de mais de 130  documentos dispoñibles nas nosas bibliotecas  que dende diferentes puntos de vista abordan o conflito

Estudos históricos: transcorridos máis de 70 anos dende o fin da guerra, esta continúa a ser obxecto da mirada dos historiadores, que abordan o tema dende novos puntos de vista, do cotiá, do día a día, ou ofrecen novas interpretacións de conxunto baseadas nas fontes documentais, agora accesibles, dos países do leste.

Testemuños das vítimas, que moitas veces en forma de diario deixaron por escrito os terribles acontecementos que truncaron as súas vidas, trasladándonos os seu medos, penurias, e tamén as súas ilusións e esperanzas. Todos eles son unha fonte imprescindible para coñecer o tema e achegarse a el dende o punto de vista das vítimas.

Narrativa: A transcendencia do conflito converteuno nun tema literario de primeira orde, ó que recorrerán unha e outra vez escritores de todo o mundo. Relatos sobre o derrubamento da orde social europea e o ascenso dun novo poder que acabará levando a Europa e a todo o mundo ó maior dos conflitos da historia. Historias sobre o holocausto, inquietantes, aterradores, que nos achegan ás zonas mais escuras da alma humana. Sempre flotando no aire a pregunta sen resposta de Como foi posible que sucedese todo isto? Nestes últimos anos, o nazismo e a Alemaña nazi convértense tamén no marco de novelas de intriga e aventura que, sen afondar nas razóns do conflito, veñen a confirmar o profunda pegada que estas páxinas da nosa historia deixaron na cultura occidental.

Documentais:  As melloras técnicas no mundo do cine, o interese dos exércitos con fins propagandísticos ou doutras persoas por deixar testemuña do horror, permitiron dispor de multitude de imaxes orixinais da que foi a primeira  guerra documentada en imaxes. O documental ofrécenos unha crónica dos acontecementos, pero tamén aporta unha análise que nos permite comprender eses feitos mellor e, especialmente, vivilos dun xeito máis real, case a través dos ollos dos protagonistas, nun formato entretido e fácil de seguir.

Cine: Poucos eventos históricos teñen sido tratados con tanta frecuencia e con tanta calidade polo cinema. Dende as primeiras películas, realizadas en plena guerra, cunha forte carga propagandística, ata o presente, foron moitos os grandes directores que dende os máis variados puntos de vista nos deixáron a súa visión do conflito. Películas sobre o Holocausto, as grandes batallas, submarinos, a vida na retagarda, espías, as orixes… Nesta mostra e guía, tés unha escolma do que podes atopar nunha biblioteca

Cómic: Un fito importante na historia do cómic foi a publicación de Maus. Por primeira vez se aborda nun medio popular o tema mais solemne que deixou o século XX: a Segunda Guerra Mundial.  Algo estaba cambiando na consideración desta forma de escritura, e moitos outros autores están aí para aproveitalo. Nós ofrecémosche algúns exemplos

E por úlitimo, conscientes da enorme atracción que este capítulo tan gris da historia exerce sobre a público xuvenil, seleccionamos tamén algúns títulos especialmente recomendados para estes lectores. Algúns deles, protagonizados por rapaces ou rapazas ós que lle tocou  vivir este tráxico momento, e que se converteron có paso do tempo en auténticos clásicos do xénero.

Na guía de lectura que aquí te presentamos, podes atopar unha selección dalgúns dos títulos mais significativos desta mostra 

Guía de Lectura da Segunda Guerra Mundial

portada-guia

Aquí podes desargar a Guía en pdf

E se queres saber mais  sobre a guerra e a Shoah, podes consultar as seguintes páxinas webs que ofrecen unha información detallada e contrastada:

Memorial de la Shoah = Muséee, Centre de Documentation Juive Contemporaine

United States Holocaust Memorial Museum = Museo Nacional de la Memoria del Holocausto de Estados Unidos.

Yad Vashem: Centro Mundial de Conmemoriación de la Shoa: Museo do Holocausto en Israel.

USC Shoah foundation (University of Southern California Shoah Foundation)

Museo de Ana Frank = Museo de Ana Frank (Amsterdam).

 

Xa sabes!! Achégate a Biblioteca Ágora, de febreiro a maio, para levar en préstamo os libros da Mostra sobre a Segunda Guerra Mundial. E non deixes de consultar a nosa Guía de Lectura na que están representados os títulos mais representativos desta mostra.

Os nosos lectores opinan

A túa opinión conta….

Algúns dos lectores  das nosas  Bibliotecas Municipais fixeron uso  do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos títulos nas nosas bibliotecas:

 

 

Queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos aos fondos das nosas bibliotecas?Anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.

É recomendable, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

catalogo1

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca

Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:

Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta,  tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.

No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.

E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?

 

 

Ademáis,Recomendacións os usuarios recomendan…

A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións  literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcorunaE có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.

 

 

 

Luis Pousa visita el Club de la Sagrada Familia

Por Fátima Elías 

LUNES , 30 DE ENERO

10:30 H

Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Más información :  981184392

luis-pousa

Luis Pousa, Jefe de Opinión de la Voz de Galicia

 

Luis Pousa regresa de comprobar que no queda rastro de los Plumachos de la Pampa en las lindes de la Iglesia de San Francisco. Con su flequillo desordenado y su aire de distracción permanente, me cuenta que de eso trata su Crónica Coruñesa semanal. Antes de seguir con las obligaciones de la cotidianía tenemos tiempo de tomar una cerveciña, porque como Pousa se expresa en las distancias cortas con el embrujo del diminutivo patrio y  esa modulación tan dulce, sé que con él no se pimpla cerveza; gustosamente se bebe cerveciña, cafeciño o aceitiño de ricino.

Pousa es lucense pero se crió en la ciudad en Coruña. Se pasó la infancia leyendo cómics y para él sigue siendo un género vital. Se define como un hijo de Bruguera, así que compartió sofá con Carpanta, Rompetechos, Mortadelo y Sir Tim O´Theo . Además se pirraba por Asterix, Mafalda, Don Miki y Spirou. Se inició en la novela con el pícaro Huckleberry Finn y fue aprendiz de pirata en la Isla del Tesoro , pero también recuerda con gran cariño a Tolkien y a Ende.   Matemático de titulación,  empezó a afilar sus dientes como periodista en 1996. No le ha ido mal; recibió el premio de Xornalismo Fernández del Riego.

Veinte años de profesión le han valido para escribir en ese ejercicio de contención que son sus artículos  : lejos del columnista que vomita palabras engreídas para lectores finolis, Pousa, en sus artículos, crónicas y reseñas escribe para todos. En su aparente sencillez y con gran sentido del humor, desgrana verdades que son como bofetadas en las que ni falta cara ni sobra mano.

Con o sin cerveza , Pousa es encantador e ingenioso, y se expresa despacio, en tonos suaves, los de alguien que está acostumbrado a contar historias de la vida y las personas.  Luis habla en forma de relatos orales, enlazando actualidad y memoria . Y se calla para escuchar con atención.  Resulta magnético.  A veces, cuando conversa,  sus ojos claros miran algo en el horizonte y  no sé si, como yo, el resto del mundo se pregunta si está volviendo al origen del mundo, rumiando el teorema de Fermat o pariendo otro poema.

Porque desde que leyó  a Bukowski y  su “Dinosauria, We”  Pousa, además de los artículos, la novela y los cuentos, encontró otro medio para explicarse. Y cómo escribe poesía Luis Pousa:

“Aférrase un a literatura

Porque non pode aferrarse a outra cousa,

Como di Kafka.

Escríbese por necesidade, por urxencia, por desexo.

Escríbese en celo, como dixo alguén.

Un cadáver que redacta a súa obra póstuma,

Un esqueleto que fai renxer as súas articulacións

Ao teclear estas páxinas masturbatorias, terminais”.

 

Por todo esto y más , no deberíais perderos el lunes 30 el encuentro matinal con este autor que, como Carol Joyce Oates toca todos los palos y que como ella, todo lo hace bien.

 

Bibliografía:

O embigo do mar (2008)

La noche de las palabras (2009) – Premio literario Fernando Arenas

Breviario del bus (2013)

El libro del voyeur (2010) – Obra colectiva-

España Negra (2013) – Obra colectiva-

Escrito en el agua (2015) – Obra colectiva-

                                                                                                                               Fátima Elías B.

 

 

A túa opinión tamén conta, os nosos usuarios importan

Para as nosas Bibliotecas Municipais a túa opinión é moi importante, xa que vós como lectores coas vosas suxestións, axudadesnos a mercar libros. A túa opinión conta….

Varios dos nosos lectores  fixeron uso  do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos materiais nas nosas bibliotecas:

 

 

Podedes suxerir, se vos interesa novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.

Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

catalogo1

 

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca

Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:

Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta,  tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.

No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.

E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?

 

Ademáis, os usuarios recomendan…

A trRecomendaciónsavés do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións  literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcorunaE có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.

Xabier Quiroga e A Ruta das ratas

O longo destes últimos anos algúns autores galegos, como Antón Riveiro Coello,  Francisco X. Fernández Naval, ou mais recentemente Ledicia Costas e  Alberto Canal,  publicaron novelas moi intensas, desoladoras ás veces, sobre grandes traxedias vividas no contexto da Segunda Guerra Mundial e a atrocidade do nazismo:  Laura no desertoA noite branca, Un animal chamado néboaO amor nos escuros días de Birkenau

Outros, como  Pedro Feijóo, en Os fillos do mar ou  Carlos Reigosa, en A vinganza do defunto investigaban nas súas publicacións a presenza dos nazis en Galicia. É o caso da úlitma novela de Xabier Quiroga, Izan o da saca, Premio San Clemente 2016 na categoría de Lingua Galega, que tivemos oportunidade de compartir no Club de Lectura do Ágora do Mércores.

composicion2   izan-con-marco

 

A partir da investigación que un político e empresario galego encarga a Reina, taxista  e investigador privado que aparecera xa en O cabo do mundo, Xabier Quiroga constrúe unha narración trepidante sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a “Ruta das ratas”, o entramado organizado polos xerarcas do Terceiro Reich para permitir a fuga de nazis desde Europa a América do Sur, no seu paso polo noroeste da Península Ibérica, en concreto pola Ribeira Sacra.

A novela móvese entre dous tempos diferentes: o momento actual, no que Reina leva a cabo a investigación, e a posguerra, na que tiveron lugar certos acontecimentos verídicos nos que se enmarca a acción, e  que vinculan a Galicia coa Alemania de Hitler. A forte presenza dos alemáns nas explotacións mineiras de volframio e ferro utilizados para a fabricación de armamento; a instalación das Torres do Arneiro, que facilitaban a localización dos submarinos alemáns; a utilización dos portos galegos, especialmente Vigo, como punto de saída dos U-Boot, ou o constatado refuxio dalgúns dirixentes nazis, como Walter Kutschmann en Galicia na súa fuxida cara a Arxentina… son algúns dos datos cós que Reiniña se vai atopando no desenvolvemento da súa procura.

volframio

Moitos elementos fan desta novela unha lectura altamente recomendable: O desenvolvemento da trama, que atrapa desde o primeiro momento;  a elaborada caracterización dos personaxes, algún deles engaloiantes de principio a fin (Loliña, o mestre Armando, Lelia…); o dominio da linguaxe nos diferentes rexistros utilizados; as reflexións do protagonista sobre os movementos sociais e o panorama político actual, ou a propia estructura da obra, composta a partir de varias pezas que encaixan ó final para darlle sentido ó conxunto.

No escuro todo é pecho. Abres os ollos e non ves, queres falar e non das, intentas moverte e non podes. Unha mordaza tapa a túa boca e estás atado de pés e maos. Por riba, sabendo como sabes que non hai nada que poidas facer, tés a alma, ou ese inefábel hálito que te envolve, agarrada como por unha man de anguria…

Xabier Quiroga (Saviñao, 1961), deuse a coñecer como autor de narrativa con Atuado na braña, unha obra extensa pola que recibiu o Premio Losada  Diéguez 2002. Reapareceu cunha novela de formato máis breve Era por setembro, 2004, a que seguirán (2006),  O Cabo do Mundo, (2009), e Zapatillas rotas (2014) polas que obtivo o Premio da Crítica 2010 e 2014. Izán o da saca (2015) é a súa última novela.

No dossier que adxuntamos podes atopar mais información sobre o autor e a súa obra:

portada-izan

Aqui podes descargar o pdf

Presentación do libro “Verdades creadas” de Rodrigo Costas

"Verdades creadas" de Rodrigo Costas

O próximo martes 20 de Decembro ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano a presentación do novo libro de Rodrigo Costas, “Verdades creadas”, publicado por Ediciones Oblicuas. Presenta o acto Alberto Trinidad, director da editorial.

Os catro textos que compoñen este libro (un relato que non é un relato, a historia dun personaxe atrapado nas súas palabras, a viaxe dun pai coas súas fillas e a autopsia dun proceso xudicial) e que o converten nun falso volume de relatos, comparten, ademais de numerosos motivos que se estenden e entrelazan duns a outros, tres trazos comúns: unha mesma e peculiar estrutura narrativa na que o tempo non xoga ningún papel; o feito de que todos eles aludan a outra obra, real ou ficticia; e que os catro abordan a cuestión do que entendemos por verdade e o seu engarce co real. O resultado é un volume formado por pezas autónomas que cobran todo o seu sentido como conxunto.

rodrigo-costasRODRIGO COSTAS FREIJEIRO:

Nacido en Vigo no 1977, publicou ata a data a novela “En las afueras” (Ediciones Oblicuas, 2015), o relato “Entre Palabras” (finalista do II Certame de Relatos de El Bistró de La Central del Callao, 2013), o poemario De Valera (accésit de poesía nos Premios Minerva, 1995) e numerosos post, artigos, recensións artísticas, crónicas de talleres editoriais e narracións curtas aos que se pode acceder a través da súa web.

Presentación do libro “O penalti de Djukic” de Carlos Taibo

carlos-taibo-o-penalti-de-djukic-publicado-por-atraves-editora

O próximo xoves 15 de Decembro ás 19:30 h. temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano a presentación do novo libro de Carlos Taibo, “O penalti de Djukic”, publicado por Através Editora.

Estarán na presentación do libro o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o xornalista e director de “Galicia por diante“, na Radio Galega, Kiko Novoa; o editor de AGAL, Valentim Fagim; e o directivo do Deportivo, Enrique Calvete.

O penalti de Djukic, editado por Através Editora

Dous profesores, un lisboeta e outro galego-madrileño, afeccionados polo mesmo equipo: o Deportivo da Coruña. Pola súa correspondencia virtual repasan a historia do Deportivo, a condición dos seus afeccionados, as glorias e as miserias do club, a propia cidade da Coruña, a rivalidade co Celta ben como o fútbol na súa versión máis tranquila e sociable. Este libro é, antes de nada, un texto amable no que non falta o humor e a ironía.

CARLOS TAIBO

Profesor de Ciencia Política na Universidad Autónoma de Madrid, onde dirixiu no pasado o programa de estudos rusos. Traballou durante anos en cuestións vinculadas coas relacións internacionais e publicou monografias sobre a globalización, a hexemonía dos Estados Unidos, os movementos de resistencia ou o decrecemento.