Presentación do libro “Verdades creadas” de Rodrigo Costas
O próximo martes 20 de Decembro ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano a presentación do novo libro de Rodrigo Costas, “Verdades creadas”, publicado por Ediciones Oblicuas. Presenta o acto Alberto Trinidad, director da editorial.
Os catro textos que compoñen este libro (un relato que non é un relato, a historia dun personaxe atrapado nas súas palabras, a viaxe dun pai coas súas fillas e a autopsia dun proceso xudicial) e que o converten nun falso volume de relatos, comparten, ademais de numerosos motivos que se estenden e entrelazan duns a outros, tres trazos comúns: unha mesma e peculiar estrutura narrativa na que o tempo non xoga ningún papel; o feito de que todos eles aludan a outra obra, real ou ficticia; e que os catro abordan a cuestión do que entendemos por verdade e o seu engarce co real. O resultado é un volume formado por pezas autónomas que cobran todo o seu sentido como conxunto.
Nacido en Vigo no 1977, publicou ata a data a novela “En las afueras” (Ediciones Oblicuas, 2015), o relato “Entre Palabras” (finalista do II Certame de Relatos de El Bistró de La Central del Callao, 2013), o poemario De Valera (accésit de poesía nos Premios Minerva, 1995) e numerosos post, artigos, recensións artísticas, crónicas de talleres editoriais e narracións curtas aos que se pode acceder a través da súa web.
Posted on 16 Decembro, 2016, in Escritores, Novas, Xeral and tagged Biblioteca Municipal Forum Metropolitano, Ediciones Oblicuas, presentacións literarias, Rodrigo Costas, Verdades creadas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0