A túa opinión tamén conta, os nosos usuarios importan
A túa opinión conta…
Os usuarios das nosas Bibliotecas Municipais opinan e axúdannos a mercar libros.
Algúns dos nosos lectores fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos títulos nas nosas bibliotecas:
- Cuando llega la luz / Clara Sánchez. Destino, 2016
- Lo mejor de nuestras vidas / Lucía Galán Bertrand. Planeta, 2016
- Prométeme que serás delfín / Amelia Noguera. Suma, 2016
- Sin límites / Jussi Adler-Olsen. Maeva, 2016
- El grupo: 1964-1974 / Soledad Puértolas. Anagrama, 2016
- El libro de la espalda / Francisco Kovacs. Temas de Hoy, 2015
- La casa del reloj / Álvaro Pombo. Destino, 2016
- El amor en el jardín de las fieras / Juan Eslava Galán. Espasa, 2016
- El anarquista que se llamaba como yo / Pablo Martín Sánchez. Acantilado, 2012
- O inspector chumbo / Xosé Lois Ripalda. Ir Indo, 2015
- Jules / Didier van Cauwelaert. Alianza, 2016
- Los poderosos lo quieren todo / José María Guelbenzu. Siruela, 2016
- La tierra dormida / Joaquín M. Barrero. Ediciones B, 2015
- Falcó / Arturo Pérez-Reverte. Alfaguara, 2016
- Silber: el tercer libro de los sueños / Kerstin. B de Blok, 2016
Se queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra.
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
Posted on 3 Marzo, 2017, in Recomendacións dos nosos lectores, Xeral and tagged #recomendamosbmc, desideratas, peticions de compra, recomendacions, sugerencias de compra, suxestións de compra. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0