A túa opinión tamén conta, os nosos usuarios importan
Para as nosas Bibliotecas Municipais a túa opinión é moi importante, xa que vós como lectores coas vosas suxestións, axudadesnos a mercar libros. A túa opinión conta….
Varios dos nosos lectores fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos materiais nas nosas bibliotecas:
- Me llamo Noyud, tengo 10 años y estoy divorciada / Noyud Alí. Martínez Roca, 2009
- El azar y viceversa / Felipe Benítez Reyes. Destino, 2016
- Axente Riciños / El Hematocrítico. Xerais, 2016
- El libro de los relatos perdidos de Bambert / Reinhardt Jung. Vicens Vives, 2013
- Theodore Boone el acusado / John Grisham. Montena, 2013
- Gulliver´s travel – Jonathan Swift. Pearson Education, 2008
- A cidade dos Nenos / Francesco Tonucci. Kalandraka, 2015
- Los ángeles de hielo / Toni Hill. Grijalbo, 2016
- Avaricia: los pecados capitales de la historia de España / Juan Eslava Galán. Destino, 2015
- El detective ecológico: reflexiones sobre historia natural / Alejandro Martínez Abraín. Rodeno, 2014
- La conjura de los ignorantes: de cómo los pedagogos han destruido la enseñanza / Ricardo Moreno Castillo. Pasos perdidos, 2016
- El oro blanco: historia de una obsesión / Edmund de Waal. Seix Barral, 2016
- El sonido de los cuerpos / Fernando J. López. Dos Bigotes, 2016.
- Los descendientes. La isla de los perdidos / Melissa de la Cruz. Planeta, 2015
- Los 100: sobrevivirás a lo desconocido / Kass Morgan. Alfaguara, 2014
- Eso no estaba en mi libro de historia de España / Francisco García del Junco. Almuzara, 2016
- Re-generación. Antología de poesía española (2000-2015) / José Luis Morante. Valparaíso, 2016
- El secreto del espejo / Ana Alcolea. Anaya, 2016
Podedes suxerir, se vos interesa novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
Posted on 6 Xaneiro, 2017, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0