Author Archives: bertapicado

Eduardo Mendoza, Xulia Alonso y Colm Tóibín, premios San Clemente

Eduardo Mendoza, Xulia Alonso, y Colm Tóibín han sido los ganadores de la XVII Edición del Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, que ha sido fallado en Santiago por los alumnos de siete institutos.
En gallego el jurado otorgó el premio al trabajo titulado Futuro imperfecto, de Xulia Alonso, publicado por Editorial Galaxia, mientras que el galardón en lengua castellana fue para la obra Riña de gatos, de Eduardo Mendoza, publicado por Editorial Planeta. El premio para lengua extranjera lo obtuvo Colm Tóibín por su obra Brooklin, editada por Lumen.
El jurado que otorgó los premios estaba formado por alumnos de otros institutos de Melide (A Coruña), A Carballeira (Ourense), Aquis Celines de Caldas de Reis (Pontevedra), Enrique Murais, de A Ponte Nova (Lugo); Ramiro de Maeztu, de Madrid; Santa Comba Dao (A Coruña) y el propio IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela.
El autor sueco Henning Mankel, Inma López (gallego) e Ignacio M. Pisón (castellano) fueron los galardonados en la anterior edición de estos premios.

Xerais editará o primeiro libro sobre o Novo Cinema Galego

Xerais editará o primero libro sobre o cinema galego

Os autores intelectuais do Novo Cinema Galego, en tanto etiqueta, a medio camiño entre o activismo e o exercicio crítico, preparan xa a primeira monografía dedicada ao fenómeno. Xerais publicará contra o final do ano un traballo de Martin Pawley, José Manuel Sande e Xurxo González, os tres críticos vinculados ao blog Acto de primavera, no que se combinarán entrevistas cos principais creadores e unha análise exhaustiva do movemento.

Un ano despois da participación de Oliver Laxe no Festival de Cannes coa súa primeira película, Todos vós sodes capitáns, o que se deu en chamar Novo Cinema Galego segue a confirmar as expectativas depositadas polos seus promotores e a gañar espazos de visibilidade. A pasada semana, o prestixioso Festival Internacional de Documental de Marsella (FIDMarseille) confirmaba que Vikingland, a primeira longametraxe de Xurxo Chirro –alcume artístico do propio Xurxo González– entraría este ano a concurso.

A falta de definir o novo papel de Xurxo González, os promotores coinciden: a publicación da monografía redunda na consolidación dos cineastas, os produtos e os modos de produción que acharon acubillo no paraugas do Novo Cinema Galego. A este proceso tampouco son alleos os ciclos dedicados a estes títulos polo CGAI, a Universidade de Vigo, o Culturgal 2010 e máis recentemente o CGAC, nunha iniciativa que terá continuidade o ano vindeiro.

A estrea de Vikingland en FIDMarseille, que se celebrará entre o 6 e o 11 de xullo, é a xuízo de Pawley o terceiro fito máis importante na historia do cinema galego tras a participación de Peque Varela en Sundance (1977) e de Oliver Laxe en Cannes (Todos vós sodes capitáns).

Domingo Villar é un dos finalistas ao premio Dagger no Reino Unido

A versión inglesa de A praia dos afogados, de Domingo Villar, é unha das sete novelas finalistas para o premio Dagger. Este prestixioso galardón británico recoñece anualmente as mellores obras de xénero negro. Co galego compiten autores como Fred Vargas, Jean-François Parot, Andrea Camilleri, Valerio Varesi, Roslund-Hellstrom e Ernesto Mallo. Death on a Galician shore é o título en ingles da novela de Villar. A novela tamén recibía o pasado venres o galardón Frei Martín Sarmiento na caetegoría de adultos, que escollen os pais e as nais de escolares de todo o país. 
A Praia dos Afogados

A praida dos afogados é  unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, título desta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. O cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de Auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.

O Consello da Cultura presenta a edición facsimilar de Loia

Os catro números da revista Loia, que acolleu os primeiros textos de Lois Pereiro, saen á luz agora nunha edición facsimilar da man do Consello da Cultura Galega.
A institución segue así a súa tradición de homenaxear con este tipo de publicacións os protagonistas do Día das Letras.
A edición inclúe un estudo crítico da revista coordinado por Xosé Manuel Pereiro no que se poden atopar artigos del mismo, Ramón Villares, Helena González, Antón Patiño e Manuel Rivas. A edición completa está dispoñible na rede para a libre descarga.

Manuel Rivas e Ana Romaní levan os premios de narrativa e poesía

Todo é silencio de Manuel Rivas en Narrativa, e Estremas de Ana Romaní en Poesía impuxéronse nos premios que a Asociación de Escritores en Lingua Galega entregou o pasado sábado. No transcurso da Cea das Letras premiáronse ademais O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, como mellor Libro infanto-xuvenil, O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo de Pilar García Negro na categoría de Ensaio e mais Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo como gañadora entre as obras de teatro. Canda a isto, os socios da AELG seleccionaron a tradución Randea do alento que realizou Marga do Val, o blog O levantador de minas de Alfredo Ferreiro e mais a traxectoria xornalística de Ramón Nicolás como mellores de 2011.

Ana María Matute recibe o Premio Cervantes

Matute: ” O que non inventa non vive”

A escritora e académica Ana María Matute (Barcelona, 1925), que recibiu onte o Premio Cervantes 2011, subliñou a súa “entrega total” á invención ao longo da súa vida. “San Juan dixo: ‘O que non ama está morto’ e eu atrévome a dicir: ‘O que non inventa, non vive”, indicou a autora. No seu discurso de recepción, poboado de referencias autobiográficas e que foi precedido por unhas palabras en recordo do poeta chileno recentemente falecido Gonzalo Rojas, a escritora centrouse nos seus primeiros contactos coa ficción, que comezaron con tan só cinco anos, pouco antes da guerra que partiu en dous a súa infancia. “O tempo en que eu inventaba era un tempo moi neno e moi fráxil, no que eu me sentía distinta: era tatexa, máis por medo que por defecto físico. A proba diso é que esa forma de falar desapareceu durante os bombardeos. Ou así o creo”, explicou a autora catalá.

Recital de Estíbaliz Espinosa na Biblioteca do Forum

Este xoves, 28 de abril na Sala de Adultos da Biblioteca do Forum Metropolitano Estíbaliz Espinosa ofrecerá un recital e coloquio literario con proxeccións en vídeo “Entre o universo e tinta”. A conferencia dará comezo as 19:30 horas, con entrada libre. Para máis información  Biblioteca Forum Metropolitano Rúa Río Monelos 1, e no teléfono 981 184298

A obra completa de Pereiro sae en edición bilingüe galego-castelán

Libros del Silencio, editora barcelonesa dirixida polo galego Gonzalo Canedo, acaba de presentar a súa edición da Obra completa de Lois Pereiro, que inclúe tanto os poemas como os escritos en prosa do homenaxeado no Día das Letras. O libro, que conta cun prólogo de Pere Gimferrer foi traducido para ao castelán por Daniel Salgado e inclúe unha introdución de Xosé Manuel Pereiro ao mundo creativo do seu irmán.

Manuel Lourenzo González gaña O Barco de Vapor

Manuel Lourenzo González obtivo o Premio de Literatura infantil O Barco de Vapor, no seu vixésimo sexta edición. Dotado con 6.000 euros e convocado pola Fundación SM, o premio pretende potenciar a creación de literatura infantil e xuvenil en galego que fomenten o gusto pola lectura e transmita valores humanos, sociais, culturais e relixiosos que axuden a construír un mundo máis digno. O xurado, formado por Manuel Figueiras, especialista en literatura infantil e xuvenil; Isabel Soto López, crítica literaria e tradutora; e Xavier Senín, catedrático de bacharelato, considera que a novela gañadora é “unha narración chea de imaxinación e fantasía, que destaca polo acertado deseño do mundo no que transcorre, co uso dunha linguaxe propia que dá conta de todas as súas peculiaridades”. Os organizadores informaron nun comunicado de que o premio se converte este ano en bienal, polo que a próxima edición se fallará en 2013

Manuel Guede Oliva gaña o Premio de Teatro Rafael Dieste

A obra A función do Tequila, do dramaturgo Manuel Guede Oliva, é a gañadora do Premio de Teatro Rafael Dieste, que outorga dende hai quince anos a Deputación da Coruña. O fallo fíxose público onte na sede da institución polo seu presidente, Salvador Fernández Moreda, que declarou que o traballo de Guede foi seleccionado “por unanimidade” entre 27 candidatos. O xurado do premio, integrado por Antonio Simón, Elena Luaces, Henrique Rivadulla Corcón, Manuel Manquiña, Santiago Cortegoso e Eduardo Alonso declarou, a través de Manquiña, que seleccionou A función do tequila por ser unha obra “áxil e sinxela, que propón un espazo escénico moi atractivo e un xogo entre a realidade e a ficción que pode ser moi atractiva para o espectador”. Asemade, o actor afirmou que a experiencia profesional de Manuel Guede –que dirixiu durante 15 anos o Centro Dramático Galego– “nótase, e demostra que é un factor moi importante”.
A función do tequila é unha peza baseada nun feito real, que conta a historia de María do Campo, a suposta secretaria de Castelao en Nova York, en 1938, cando este se atopaba recadando apoios para a causa republicana. Non obstante, esta muller resultará ser unha axente da CIA destinada a espiar o intelectual galeguista.
Nas Bibliotecas Municipais podense atopar unha escolma de obras deste autor:
As doce e sereno / Manuel Guede Oliva
As alegres casadas / William Shakespeare; versión de Eduardo Alonso e Manuel Guede Oliva
Calígula / Albert Camus ; [adaptación , dramaturxía e dirección, Manuel Guede Oliva
O enfermo imaxinario / Molière ; versión de Eduardo Alonso e [traducida por] Manuel Guede
Vísperas de Claudia / Manuel Guede Oliva
O colaborador / Friedrich Dürrenmatt ; [dirección de Manuel Guede Oliva ; estudio crítico, Carlos Buján].
Fonte: Xornal