Manuel Rivas e Ana Romaní levan os premios de narrativa e poesía

Todo é silencio de Manuel Rivas en Narrativa, e Estremas de Ana Romaní en Poesía impuxéronse nos premios que a Asociación de Escritores en Lingua Galega entregou o pasado sábado. No transcurso da Cea das Letras premiáronse ademais O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, como mellor Libro infanto-xuvenil, O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo de Pilar García Negro na categoría de Ensaio e mais Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo como gañadora entre as obras de teatro. Canda a isto, os socios da AELG seleccionaron a tradución Randea do alento que realizou Marga do Val, o blog O levantador de minas de Alfredo Ferreiro e mais a traxectoria xornalística de Ramón Nicolás como mellores de 2011.
Posted on 4 Maio, 2011, in Escritores, Novas and tagged Ana Romani, Manuel Rivas, Premios. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0