O Consello da Cultura presenta a edición facsimilar de Loia

Os catro números da revista Loia, que acolleu os primeiros textos de Lois Pereiro, saen á luz agora nunha edición facsimilar da man do Consello da Cultura Galega.
A institución segue así a súa tradición de homenaxear con este tipo de publicacións os protagonistas do Día das Letras.
A edición inclúe un estudo crítico da revista coordinado por Xosé Manuel Pereiro no que se poden atopar artigos del mismo, Ramón Villares, Helena González, Antón Patiño e Manuel Rivas. A edición completa está dispoñible na rede para a libre descarga.
Posted on 7 Maio, 2011, in Escritores, Novas and tagged Lois Pereiro. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0