Author Archives: bertapicado
O poeta chileno Nicanor Parra, Premio Cervantes 2011
![]()
O escritor chileno Nicanor Parra, conocido como o creador da “antipoesía, gañou o Premio Cervantes 2011, considerado o máis importantes galardón das letras hispánica por “unha traxectoria moi ampla, toda unha vida dedicada á poesía”, según sinalu Margarita Salas (presidente do xurado)
Parra naceu en San Fabián (Chile) o 5 de setembro de 1914. Naceu no seno dunha modesta familia. Creceu nun ambiente artístico. A súa carreira literaria comenzou na época universitaria. Financiouse os seus estudos desempeñándose como inspector dun internado. Nese colexio comenzou a publicar xunto con Millas e Pedraza a Revista Nueva en 1935, donde apareceu o seu primeiro anticonto, Gato en el camino.
O seu primeiro libro foi publicado en 1937 co título Cancionero sin nombre. Pero co paso dos anos adoptou unha liña denominada por el mesmo como ANTIPOESÍA, que supuxo a introducción do linguaxe cotiaano na poesía tradicional. A principal mostra desta tendencia queda plasmada en Poemas y antipoemas, 1954.
Poeta, contista e ensayista, a súa obra foi traducida a numerosos idiomas. É membro da Academia Chilena da Língua.
Entre os candidatos figuraban asimesmo o colombiano Fernando Vallejo, o uruguayo Eduardo Galeano, o nicaragüense Ernesto Cardenal, a cubana Fina García Marruz e 0 arxentino Ricado Piglia.
Ten una ampla traxectoria, aquí unha mostra das súas obras:
Cancionero sin nombre, 1937.
Poemas y antipoemas, 1954.
La cueca larga, 1958.
Antipoemas, 1960.
Versos de salón, 1962.
Manifiesto, 1963.
Canciones rusas, 1967.
Obra gruesa, 1969.
Los profesores, 1971.
Artefactos,1972.
Sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1977.
Nuevos sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1979.
El anti-Lázaro, 1981.
Poema y antipoema de Eduardo Frei, 1982.
Cachureos, ecopoemas, guatapiques, últimas prédicas, 1983.
Chistes para desorientar a la poesía, 1983.
Coplas de Navidad, 1983.
Poesía política, 1983.
Hojas de Parra, 1985.
Poemas para combatir la calvicie, 1993.
Nicanor Parra tiene la palabra, prólogo y compilación de Jaime Quezada, Alfaguara, 1997
Páginas en blanco, 2001.
Lear Rey & Mendigo, 2004.
Obras completas I & algo +, 2006.
Discursos de Sobremesa, 2006
Obras completas II & algo +, 2011
Premio Nacional das Letras 2011, José Luis Sampedro
José Luis Sampedro (Barcelona 1917) é un escritor aclamado e unha referencia moral. O Ministerio de Cultura otorgou o Premio Nacional de las Letras en recoñecementos a súa extensa carreira na literatura de ficción, o ensaio, e o pensamento económico, destacando o aprecio que a súa obra mereceu ata o punto de ser “un dos ecritores máis importantes vivos en lingua castelá”
Intelectual de equerdas, novelista, economista e humanista. É catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, conciliou o desempeño de altos cargos administrativos e académicos na área económica cunha reconocida producción literaria.
Da economía…
O pensamento de Sampedro proxéctase sobre a natureza social da actividade económica e seus efectos sobre a realidade social na que se desenvolven “Deste modo, aboga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuir a desenvolver a dignidade dos pobos”
O galardoado é autor de obras económicas como Principios prácticos de localización industrial (1957), Realidad económica y análisis estructural (1959) ou Las fuerzas de nuestro tiempo (1967).
… Á literatura
A concepción humanista do profesor Sampedro “alenta tamén o máis destacado da súa producción literaria”, sinala Cultura, que destaca entre as súas obras algunhas consideradas “claves” da narrativa española de fin de siglo, como Octubre, octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), Real Sitio (1993), El amante lesbiano (2000), Escribir es vivir (2003), La senda del drago (2006), e La ciencia y la vida
Consultade no Catálogo das Bibliotecas Municipais as obras do autor dispoñibles
Premios Lazarillo 2011, Creación Literaria e Álbum ilustrado
La Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) acaba de dar a coñecer os gañadores do prestixioso Premio Lazarillo 2011.
O Premio Lazarillo 2011 de Creación Literaria foi para o escrito extremeño José Antonio Ramírez Lozano pola súa obra Lengua de gato, relato no que recrea o ambiente oriental e máxico de Estambul, no que se conxugan elementos da literatura fantástica. Os protagonistas da historia son un gato sabio e unha texedora de alfombras.
A categoría do premio de Álbum Ilustrado, recaeu na adaptación do clásico El flaustita de Hamelín da man da narradora Margarita del Mazo e da ilustradora Ángela Cabrera.

Maite Carranza, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2011
Maite Carranza foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2011 pola súa obra escrita en catalán Paraules emmetzinades (Palabras envenenadas).
O Ministerio de Cultura concede este premio para distinguir unha obra de autor español escrita en cualquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano 2010. Está dotado con 20.000 euros.
Maite Carranza (Barcelona, 1958) é licenciada en Antropoloxía. Escribe narrativa infantil e xuvenil, é guionista de televisión e imparte cursos de escritura de guións. En 1992 abandoa a docencia para dedicarse á escritura e publica numerosas obras de literatura infantil e xuvenil entre as que destacan: Ostres, tu, quin cacau!, Frena, Cándida, Frena!, la trilogía fantástica de La Guerra de les Bruixes, Màgia d’una nit d’estiu o Paraules enmetzinades. Foi galardoada cos Premios da Crítica Serra d’Or, Folch i Torres, Joaquim Ruyra y el Premio Edebé.
Nas Bibliotecas Municipais podedes desfrutar, entre outras, das seguintes obras desta autora:
- El topo Timoteo y Susana Noseñor
- O deserto de xeo
- O clan da loba
- Magia de una noche de verano
- Palabras envenenadas
- ¿Quieres ser el novio de mi hermana?
- Frena, Cándida, frena
- A maldición de Odi
Francisca Aguirre, Premio Nacional de Poesía 2011
A escritora Francisca Aguirre (Alicante, 1930) concedéuselle, hoxe xoves, o Premio Nacional de Poesía 2011 otorgado polo Ministerio de Cultura pola súa obra “Historia de una anatomía”.
O premio está dotado con 20.00 euros e o galardón pretende distinguir á mellor obra de poesía publicada en España ó longo do ano 2010, tanto en castelán , en galego, euskera ou catalán.
A galardoada xa obtivo o Premio Miguel Hernández 2010 por este mesmo libro, no que recorda a súas vivencias, entre elas a morte do seu pai, o pintor Lorenzo Aguirre, quen compartiu celda con Miguel Hernández e quen foi fusilado polo réximen de Franco en 1942.
Francisca Aguirre tras coñecer o fallo do xurado, sinalou que este poemario era un dos máis importantes da súa vida.
Ademáis é autora de libros como “La otra música”, o libro de relatos “Que planche Rosa Luxemburgo ” (Premio Galiana 2004) e o libro de recordos “Espejito, espejito”
Da súa obra e do seu premio Francisca Aguirre sinala:
“Es un recorrido por mis vivencias y emociones -dice-, pero en el que también circula algo de humor negro; y, sobre todo, es una defensa del cuerpo humano”. “Incluyo en el libro –continúa la autora– una cita muy expeditiva del premio Nobel Coetzee que es muy significativa y que dice: ‘un cuerpo dice la verdad. No siempre, ni a la primera, pero siempre es el cuerpo el que dice la verdad”
Ouvirmos lanza unha colección de libros de cociña para nenos
Cociña infantil e familiar é o título da nova colección que acaba de lanzar Ouvirmos. O proxecto pretende favorecer o achegamento dos máis novos á arte culinaria e arrinca cun título dedicado a bocadillos e sandwiches e outros centrado nas sobremesas. Desde a editora, ata o de agora centrada na temática musical, adiantan que o proxecto continuará con oito novos títulos que abordarán os temas pasta e pizza, festas, arroz, peixes, chocolate e xeados, carnes, internacional e zumes e combinados. Cada un dos volume inclúe 20 receitas, elaboradas polos cociñeiros Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, da Escola de Hostelaría de Sober, e fotografadas por Tono Arias.
Animámoste a que te acerques ou consultes o catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña para descubrir os nosos libros adicados á cociña e poidamos cociñar xuntos
Fonte: Culturagalega
José Ramón Fernández, Premio Nacional de Literatura Dramática 2011
O dramaturgo José Ramón Fernandez foi condecorado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Literatura Dramática pola súa obra “La colmena científica o el café Negrín” .
A obra, estreada, baixo a dirección de Ernesto Caballero, en outubro do ano pasado como encargo do Centro Dramático Nacional (CDN) para conmemorar o centenario da Residencia de Estudiantes, céntrase no laboratorio de Fisioloxía desa institución e na anécdota de que o seu director, Juan Negrín, facía café e ó seu redor organizábase unha tertulia.
Un dos obxetivos de Fernández era contar que a Residencia era “moito máis” que Lorca, Buñuel ou Dalí, e mostrar quenes estudaban alí .
O galardoado, licenciado en Filoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e membro do Centro de Documentación Teatral do Ministerio de Cultura, comenzou a súa carrera literaria no campo da narrativa, para dedicarse posteriormente á escritura teatral.
Fernández, que imparte cursos de escritura dramática no Laboratorio William Layton de Madrid e é membro fundacional do Teatro El Astillero, escribeu , entre outras, “Para quemar la memoria” (1993, Premio Calderón da Barca), “El silencio de las estaciones” (1995), “La tierra” (1998), “Nina” (2003, Premio Lope de Vega) o “Las mujeres fragantes” (2007)
As súas obras traducíronse ó inglés, francés, italiano, árabe, polaco, rumano e grego, firma tamén os guións cinematográficos de “El cielo de París” (2000) “Los demonios del mediodía” (2000).
Di que lóxicamente alégrase de recibir o galardón e os 20.000 euros de dotación, pero que o maior placer ven do feito de que é un proxecto que vai máis aló de escribir unha obra.
“Moitas veces pénsase que este premio é pola traxectoria do autor, e non é así, é por unha obra do ano anterior, para min El café de Negrín é moi importante, polo que significa como elemento para dar a coñecer algo fundamental na historia española do século XX. ”
Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración 2011
Emilio Urberuaga foi galardonado este luns co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2011, dotado con 20.00 euros, polo conxunto da súa obra.
O Ministerio de Cultura concede este galardón co obxectivo de recoñecer e ditinguir o coxunto da labor realizada por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas.
Emilio Urberuaga (Madrid, 1954) comenzou a traballar na islutración en 1982. Experimentado en diferentes campos das artes plásticas como grafismo, gravado ou estampación. Foi creador da imaxen de Manolito Gafotas.
A sua obra puidose ver no Gabinete de Estampas da Biblioteca Nacional, na Fundación Juan March, na Caixa de Aforros de Granada, no Museo del Dibujo Castillo de Larres, no Museo do Milenario de Sofía (Bulgaria). É o único ilustrador español que a súa obra está representada no Chihiro Art Museum de Tokio.
Urberuaga afirma que el sigue traballando en soporte papel e non usa para nada os ordeadores. O seu xuicio, as novas tecnoloxías son “marabillosas para moitas cousas, pero non para outras, e aínda sen estar en contra”, non as usa
Convidámosvos a visitar as Bibliotecas Municipais para desfrutar das obras deste autor.
Mostramos algúns exemplos do noso catálogo:
Tres cuentos de Olivia / Elvira Lindo ; ilustraciones Emilio Urberuaga. SM. 2010
Manolito on the road / Elvira Lindo ; ilustraciones de Emilio Urberuaga. Alfaguara, 2008
Discorso dell’orso / Julio Cortázar ; illustrazioni di Emilio Urberuaga. Kalandraka, 2008
Quiquiricosas / texto Juan Clemente Gómez ; ilustraciones Emilio Urberuaga. Editilde, 2008
La sal de la vida / Anna Gavalda ; ilustraciones de Emilio Urberuaga. Seix Barral, 2010
El niño gol / Ramón García Domínguez ; ilustraciones, Emilio Urberuaga. Edelvives, cop. 2010
Una cosa negra / Emilio Urberuaga. — Madrid. Narval, 2011
Novidades en galego nos vindeiros meses
Xerais publicará máis de 30 novidades impresas, nos eidos da edición literaria, infantil e xuvenil e referencia. Entre eles estará un groso Dicionario xurídico galego, coeditado coa SXPL e Rexurga; unha novidosa Xeografía de Galicia de máis de medio milleiro de paxinas; un volume doutras tantas que reúne todos os contos de Manuel Rivas ou as novidades narrativas de Agustín Fernández Paz, Fran Alonso, Pere Tobaruela,Luís Rei Núñez, María Xosé Queizán e Xavier Queipo co seu agardadísimo Extramunde, Premio Xerais de novela.

Estas apostas literarias completan, no eido narrativo, o importante capítulo de traducións dos clásicos contemporáneos que vén sendo seña identitaria do selo editorial dende hai moito tempo. Así, na primeira semana de outubro sairá ao mercado a terceira entrega de 1Q84, de Haruki Murakami. Igualmente, continuaremos coas traducións da obra do Nobel turco Orhan Pamuk con O libro negro. Recentes, aínda, as publicacións de A verdade sobre Marie, de Jean-Philippe Toussaint, e C, de Tom McCarthy.
Rinoceronte aposta por formatos electrónicos coa presentación dunha colección de audiolibros en formato CD, con títulos como Seda de Alessandro Baricco ou A casa de Mango Street de Sandra Cisneros.
Fran Alonso publica tres ebooks
O escritor Fran Alonso está de aniversario, e para celebralo iniciou onte a publicación nos seus sitios web dunha serie de libros electrónicos. O primeiro xa está dispoñible nas webs de Fran Alonso. Contesta ou disparo é un libro que publica 34 entrevistas breves a persoeiros da cultura e da política galega 34 persoas da cultura e da política galega, desde Isaac Díaz Pardo ata O Mago Antón ou Luma Gómez. A súa descarga é libre e baixo licenza Creative Commons coa que outro usuario, sen ánimo de lucro, pode reproducilo ou imprimilo sen permiso previo do autor-. Será o primeiro volume da serie. Logo do verán e ata decembro. Un deles terá a Vigo, a cidade do escritor, como eixe temático central, e nutrirase dos moitos artigos de opinión que Fran Alonso xa ten publicados en prensa.
Marcas e persoas dixitais
É a autoedición electrónica unha alternativa para os escritores?
“Está claro que é unha tendencia de futuro”, contesta Fran Alonso, “as novas tecnoloxías dan moitas posibilidades neste sentido e está claro que para determinado tipo de libros hai que buscar alternativas”. Alonso está a publicar directamente no seu web oficial os libros, en formato ePUB e PDF. “Nestes momentos hai algunhas plataformas que ofrecen edición dixital para autores, pero non deixan de ser cantidades ridículas as que se venden. Esas cifras poden ser facilmente superables polos propios autores”, sinala Fran Alonso, que apunta unha idea ao respecto: “é posible que hoxe por hoxe o escritor teña máis credibilidade que as propias plataformas dixitais de distribución. No futuro, estas plataformas terán que xogar a baza da súa propia imaxe, porque hoxe esas marcas difumínanse na rede”.
O escritor está imbuido da cultura dixital. O seu vindeiro libro (para papel), que xa se atopa en fase de revisión, é un conxunto de relatos nos que os hoax, os bulos cibernéticos, constitúen un elemento central. “Son relatos que nuclean unha reflexión entorno os límites e a realidade”, sinala Fran Alonso, “e neles tamén hai unha reflexión sobre Internet”. Fonte: Cultura Galega







