Novidades en galego nos vindeiros meses
Xerais publicará máis de 30 novidades impresas, nos eidos da edición literaria, infantil e xuvenil e referencia. Entre eles estará un groso Dicionario xurídico galego, coeditado coa SXPL e Rexurga; unha novidosa Xeografía de Galicia de máis de medio milleiro de paxinas; un volume doutras tantas que reúne todos os contos de Manuel Rivas ou as novidades narrativas de Agustín Fernández Paz, Fran Alonso, Pere Tobaruela,Luís Rei Núñez, María Xosé Queizán e Xavier Queipo co seu agardadísimo Extramunde, Premio Xerais de novela.

Estas apostas literarias completan, no eido narrativo, o importante capítulo de traducións dos clásicos contemporáneos que vén sendo seña identitaria do selo editorial dende hai moito tempo. Así, na primeira semana de outubro sairá ao mercado a terceira entrega de 1Q84, de Haruki Murakami. Igualmente, continuaremos coas traducións da obra do Nobel turco Orhan Pamuk con O libro negro. Recentes, aínda, as publicacións de A verdade sobre Marie, de Jean-Philippe Toussaint, e C, de Tom McCarthy.
Rinoceronte aposta por formatos electrónicos coa presentación dunha colección de audiolibros en formato CD, con títulos como Seda de Alessandro Baricco ou A casa de Mango Street de Sandra Cisneros.
Posted on 22 Setembro, 2011, in Novas, Obras and tagged Literatura galega. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0