José Ramón Fernández, Premio Nacional de Literatura Dramática 2011
O dramaturgo José Ramón Fernandez foi condecorado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Literatura Dramática pola súa obra “La colmena científica o el café Negrín” .
A obra, estreada, baixo a dirección de Ernesto Caballero, en outubro do ano pasado como encargo do Centro Dramático Nacional (CDN) para conmemorar o centenario da Residencia de Estudiantes, céntrase no laboratorio de Fisioloxía desa institución e na anécdota de que o seu director, Juan Negrín, facía café e ó seu redor organizábase unha tertulia.
Un dos obxetivos de Fernández era contar que a Residencia era “moito máis” que Lorca, Buñuel ou Dalí, e mostrar quenes estudaban alí .
O galardoado, licenciado en Filoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e membro do Centro de Documentación Teatral do Ministerio de Cultura, comenzou a súa carrera literaria no campo da narrativa, para dedicarse posteriormente á escritura teatral.
Fernández, que imparte cursos de escritura dramática no Laboratorio William Layton de Madrid e é membro fundacional do Teatro El Astillero, escribeu , entre outras, “Para quemar la memoria” (1993, Premio Calderón da Barca), “El silencio de las estaciones” (1995), “La tierra” (1998), “Nina” (2003, Premio Lope de Vega) o “Las mujeres fragantes” (2007)
As súas obras traducíronse ó inglés, francés, italiano, árabe, polaco, rumano e grego, firma tamén os guións cinematográficos de “El cielo de París” (2000) “Los demonios del mediodía” (2000).
Di que lóxicamente alégrase de recibir o galardón e os 20.000 euros de dotación, pero que o maior placer ven do feito de que é un proxecto que vai máis aló de escribir unha obra.
“Moitas veces pénsase que este premio é pola traxectoria do autor, e non é así, é por unha obra do ano anterior, para min El café de Negrín é moi importante, polo que significa como elemento para dar a coñecer algo fundamental na historia española do século XX. ”
Posted on 10 Novembro, 2011, in Escritores, Novas, Obras and tagged José Ramón Fernández, La colmena cientifica o el cafe Negrin, Premio Nacional de Literatura Dramática, Residencia de Estudiantes. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0