Arquivo do blog
Polo día da Poesía: campaña “Poesia con nome de Muller”

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, e dende as bibliotecas queremos render unha homenaxe ás nosas poetas como xa fixéramos outros anos.
Nas últimas semanas, dende cada unha das nosas bibliotecas da rede, cada día fomos compartindo as verbas dunha escritora, entre as se atopan: Emilia Calé, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, María Lado, Antía Otero, Lúa Mosquetera, Alba Cid e Arancha Nogueira.
Emilia Calé (A Coruña, 1837 – 1908)
Emilia Calé y Torres Sanjurjo naceu na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e foi unha escritora moi prolífica que cultivou varios xéneros: poesía, narrativa, teatro. Moi coñecida nos ambientes literarios, foi unha das fundadoras da sociedade “Galicia Literaria”, que se reunía no seu domicilio de Madrid, onde se trasladou entre 1871 e 1875. Colaborou nun gran número de publicacións periódicas dedicadas á muller, que asinaba tamén baixo o pseudónimo de “Esperanza”.
A súa obra poética atopa a inspiración no amor, na patria e na natureza. Tamén, como era usual nesa época, dedica poemas a outras mulleres, como Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, etc.
Reproducimos aquí o poema “A la Torre de Hércules de La Coruña” do seu libro Horas de inspiración, publicado en 1867.
Varias veces te vi, y en esa altura
Contemplé los destellos rutilantes
De tu faro, que ofrece en sus cambiantes
Del iris, el bellísimo color.
A tus pies vi tendido el ancho océano
Y escuché de sus ecos el murmullo,
Ya alzando las ondinas grato arrullo,
O chocando las olas con furor.
Y al compás del rugido que formaban
Esas aguas, que luchan ellas solas,
Miraba’desprendidas de sus olas
Nítidas perlas sobre un fondo azul;
Otras veces en medio la bonanza
Parecióme ese piélago un espejo,
Que copiaba con mágico reflejo
El poético mar del Stambul.
Y siempre te admiré cual un gigante
Que el espacio iluminas con tu faro,
Prodigando constante el fulgor claro
Que despide tu limpia y bella luz;
Pues lo mismo fulguras en la noche
Que se ostenta serena y plateada,
Como al rugir de la tormenta airada
Que al cielo envuelve -SH fúnebre capuz.
A tu amparo camina presuroso
El bagel que cercado de la bruma,
Va rompiendo la leve blanca espuma
Que á su paso la estela ha de formar.
Y el marino contento al divisarte
Entona su canción grata y sonora,
A esa luz que en su rula siempre adora,
Y á ese puerto que anhela saludar.
Sigue siendo del pueblo Brigantino
Firme coloso de esplendente gloria,
Que al formar una parte de su historia
Un recuerdo en sus páginas te envia.
Que el tiempo no destruya tu grandeza,
Ni nunca para tí llegue el ocaso;
Salúdente los siglos á su paso
¡Oh hermosa torre de la patriamia!
Luz Pozo (Ribadeo, 1922 – A Coruña 2020)

Poeta primeira poeta galega proposta para un Premio Nobel e voz esencial das letras galegas da segunda metade do século XX.
Comezou o seu labor editorial en Nordés, revista de poesía e crítica da que era directora. Formou parte da Real Academia Galega (RAG) como membro numerario dende 1996 e tamén foi membro do Centro PEN de Galicia. Os premios de Ensaio Tomás Barros, González Garcés e Letras de Bretaña, así como o Premio da Crítica Española e a Medalla Castelao, son algunhas das distincións coas que foi recoñecida a súa traxectoria literaria.
A luz é unha señal da súa identidade cunha trayectoria poética colmada de amor, de recordos, do paso de tempo e da morte. Precisamente dúas mulleres deixaron unha pegada decisiva na súa formación: a súa tía que a iniciou no coñecemento do galego de tradición oral e a súa nai, unha muller que alimentou nela o amor pola poesía e as artes.
María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976)
Escritora, poeta e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Na actualidade é profesora titular na Facultade de Filoloxía da USC e ten publicados na súa traxectoria profesional libros de poemas, artigos, ensaios e participado tamén en obras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio da Crítica á mellor obra poética no ano 2016 por “O deserto” ( 2015) e o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no ano 2022 por “Maternidades virtuosas: unha crítica aos modelos profesionais de crianza” (2022).
Dende a Biblioteca Ágora recomendanespecialmente o libro “A lentitude”, publicado no ano 2017 na editorial Chan da Pólvora.
María Lado (Cee, 1979)
A escritora e actriz galega orixinaria de Cee é a outra metade do proxecto poético-humorístico-musical @aldaolado.
Os seus inicios na escrita foron entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte. Posteriormente participou en volumes colectivos e antoloxías poéticas e colaborou no xornal dixital Vieiros e na revista Dorna. María tamén traduciu ao galego varios libros de literatura infantil.
Como poeta publicou, entre outros, A primeira visión, casa atlántica casa cabaret, Berlín, Nove ou Gramo Stendhal.
Antía Otero (A Estrada, 1982)
Poeta e editora. Tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballa arredor da práctica escénica e da escrita.
Como poeta gañou o VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte e publicou O Son da Xordeira en Espiral Maior no 2003, (Retro)visor no 2010 (Finalista nos premios AELG) e o Cuarto das abellas (2016) (Mellor libro de poesía na II Gala do Libro Galego), ámbolos dous en Xerais. No 2017 publica O branco non pinta!, a súa primeira obra para público infantil, editada por Apiario.
O seus textos poden lerse tamén en multitude de publicacións colectivas e revistas. Dende 2014 codirixe Apiario.
Leva anos dedicada a coordinar cursos de arte, poesía e escrita creativa tanto para entidades públicas como privadas.
Lúa Mosquetera (Miño, 1988)
Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre moitas outras cosas.
Ten un club de bordado (ademais de bordar fotografías profesionalmente), imparte obradoiros de escritura creativa, ten una tenda de roupa de segunda e terceira man, organiza o Festival Loro Facu de Miño pero, ante todo, é poeta e escritora.
Poderedes atopala recitando algún dos seus versos en bares e librarías, habitualmente acompañada de música en directo. Se non, sempre poderedes asomarvos ás súas redes sociais, nas que tamén a atoparedes recitando e compartindo anacos da súa vida e da súa alma. Fálanos de maneira natural e crúa da infancia, da familia, da liberdade, do baile, da música, do reggaeton, da literatura, da nudez dos corpos e, sobre todo, da perda. A morte da súa nai cando ela era nova está sempre presente nos seus versos e tamén na súa vida.
[…]
Creo que tan sólo quería
decirme
que morirse es un asco,
quería ponerse un piercing,
tener un perro,
aprender a conducir,
empezar a envejecer
y no marcharse
sin saber
que su boca
ha sido revolución
para todos los que la hemos conocido.
Alba Cid (Ourense, 1989)
Estuda Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde tras realizar a tese doutoral empeza a dar clases.
Obtén varios recoñecementos e galardóns dende moi nova cos seus traballos. Participa en obras colectivas como “Poética dá casa” (2006) ou a antoloxía de “No seu despregar’ (2016). Tamén publica textos e recensións en revistas e medios de prensa.
Os seus poemas foron traducidos a varios idiomas e, actualmente, encárgase do Centro John Rutherford de Estudos Galegos da Universidade de Oxford.
Recomendamos o libro “Atlas” co que gaña o Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández” (2020). Atlas é unha reflexión poética de como a literatura elabora mapas da realidade, e o seu valor moral para reflectir os problemas do mundo.
Arancha Nogueira (Ourense, 1989)
Licenciouse en Xornalismo, fixo un mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural e outro de Educación.
O seu nome artístico en homenaxe á súa avoa, ela mesma descríbese como “cantiga de amigo con patas / poeta / cantante de ducha / louca dos afectos”, pero tamén moi lectora e moi curiosa.
Dende ben pequena escribe, baila e debuxa (aínda que di que isto último non moi ben 😊).
Participa na Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega, onde ademais de aprender de forma colectiva fai con moito gozo crítica literaria abertamente feminista.
Espera da poesía que nos sacuda coma un lóstrego, e para acadalo reflexiona sobre a propia identidade: o que somos, o que queremos ser e o que os demais ven de nós.
A relación nai-filla é outro tema moi presente nos seus poemas, dado que as nais son o noso primeiro modelo do que queremos ser.
E cun poema da novísima Arancha Nogueira pechamos esta campaña de Poesia con nome de Muller:
Na sesta
mamá pousa os dedos sobre o peito
téndeme a manta
(unha flexión),
decide prescindir do frío
como se houber algo de propio na humildade.
O bico pecho,
non colle un só descoido.
Síntome nena no seu peito de ollos tristes.
E case me abonda con isto.
Case.
</3
casa atlántica, casa cabaret, de María Lado
Outra das actividades encadrada dentro da programación do Primaletras foi a lectura do poemario casa atlántica, casa cabaret, de María Lado, por parte do club de lectura de autores e autoras galegas da biblioteca de Estudos Locais.
Aínda lle pesan as lembranzas daquela casa nova con boas vistas e o teito inzado de manchas de humidade; se cadra tece desde alí esta historia dos obxectos que compoñen a María Lado, esas cousas estúpidas e sinxelas que se apegan a ela para non abandonala nunca e que a perseguen de mudanza en mudanza nunha viaxe íntima e circular.
Sinopse de casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001).
María Lado naceu en 1979 en Cee (A Coruña). É titulada en Produción Audiovisual e cursou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a escribir no núcleo do Batallón Literario da Costa da Morte no ano 1996, onde publicou os seus primeiros textos en tres libros colectivos: Nós, Mar por medio e Rumbo ás illas.
En 1997 publica a súa primeira obra poética en solitario, A primeira visión. A partir de aí comeza unha carreira na que escribe sobre todo poesía, pero tamén cultiva outros xéneros como a narrativa, os guións para radio ou colabora en prensa (co xornal dixital Vieiros, coa revista Dorna e coa revista portuguesa Comentário, entre outras). Traduciu ó galego varios libros de literatura infantil publicados por Edicións do Cumio, editorial na que traballou durante cinco anos (entre eles, Alicia no País das Marabillas de Lewis Carroll). Tamén é actriz, e desde 2005 comparte escenarios coa tamén poetisa Lucía Aldao co dúo poético-musical Aldaolado. Con el realizan unha mestura de poesía con humor e música de carácter transgresor, nun exercicio de comunicación directa co espectador. O seu primeiro espectáculo foi Onde estea un cubata que se quite un soneto.
A escolla deste poemario veu motivada polo recital poético ofrecido polas poetas galegas Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro, Lucía Aldao e a propia María Lado, guiado pola poeta, xestora cultural, filóloga e editora Dores Tembrás co gallo do Primaletras 2022.
Historias de regalo 2020
Cada ano nestas datas as Bibliotecas Municipais da Coruña publicamos a guía de lectura “Historias de regalo”, que recolle unha selección de títulos para axudarche a elixir o mellor agasallo de Nadal.
Esta escolma, realizada con ilusión e afecto polas bibliotecarias e bibliotecarios para vós, inclúe desde música e cine ata literatura ou libros de divulgación de diversas áreas temáticas (LGTB e feminismos ou biblioteca verde, entre outras).
Hoxe presentámosvos nesta entrada os materiais da guía que recomendamos nas seccións “literatura para adultos” e “voces poéticas”. Cinco títulos de narrativa e cinco de poesía que vos convidamos a descubrir nas nosas bibliotecas e entre os que agardamos atopedes a vosa lectura de regalo para este Nadal.
Narrativa
La buena suerte , de Rosa Montero
Alfaguara, 2020. Premio Nacional das Letras Españolas.
Pablo baixa dun tren en Pozonegro, antigo centro mineiro, lugar maldito e con xente luminosa, incompleta e algo tola como Raluca, que pinta cadros de cabalos e ten un segredo, coma todas as persoas de alí, algúns máis escuros e perigosos que outros, ou simplemente ridículos. Tamén hai humor nesta vila triste, porque a vida ten moito de comedia e a xente finxe ser quen non é ou oculta o que planea. É o gran xogo das falsidades.
Rewind, de Juan Tallón
Anagrama, 2020.
Un venres de maio, con trazas de ser un día perfecto, prodúcese unha explosión estraña nun edificio de Lyon. Nun dos pisos do inmoble, que queda reducido a entullos, viven un grupo de estudantes de distintos países que esa noite celebraban unha festa. A través de cinco narradores, vítimas e testemuñas, coñecemos que aconteceu esa noite, así como as súas consecuencias a longo prazo.
O libro da filla, de Inma López Silva
Galaxia, 2020.
Helena Sánchez é unha recoñecida xornalista cuxa traxectoria profesional sempre a levou a cubrir temas da política e sociedade. Ao coñecer a noticia dun empresario que foi condenado por violar á súa filla pero que leva once anos negando o crime, entende que necesita contar esa historia. Unha historia que ten que ver coa súa propia familia e co seu pasado, que intentara esquecer consciente ou inconscientemente.
Los chicos de la Nickel, de Colson Whitehead
Penguin Random House, 2020. Premio Pulitzer.
De pouco serve ser un bo estudante na Academia Nickel para mozos. Elwood -pobre, orfo e de raza negra- non tarda en descubrilo cando, por un malentendido, o pechan neste reformatorio. Coa axuda dun bo amigo, este adolescente descubrirá como sobrevivir neste lugar que esconde un brutal segredo e unha realidade corrupta, apoiada por moitos e obviada por todos.
Un lume azul, de Pedro Feijóo
Xerais, 2019.
Existe una maldade excesiva e grotesca. Non deixa gretas e arrastra toda posibilidade de expiación ou perdón. O responsable da Brigada de Investigación Criminal a comisaría central de Vigo aínda non o sabe, pero enfróntase a ese tipo de maldade.
Voces poéticas
La sombra del otro mar , de Joan Margarit
Nórdica Libros, 2016. Premio Cervantes 2019.
Libro cunha selección de poemas en edición bilingüe xunto á recoñecida obra pictórica de Subirachs. Joan Margarit diríxise a Josep Maria Subirachs cuns primeiros versos dun poema en memoria da amizade que uniu a ambos os artistas até os últimos días do escultor.
Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes
Galaxia, 2018. Premio Gala do Libro 2019 a mellor libro de poesía do ano.
Esta Memoria do corpo é un tempo de investigación para o autor. Dentro de si mesmo, como debe facer o poeta. É, sen dúbida, o seu mellor logro. E a frase non é arriscada. Así o sente o creador, que viaxa desde o barro por corpos, iniciacións eróticas e camiños ue, como todos os periplos, nos devolven ao punto de partida.
Todo isto antes era noite, de Lucía Aldao
Apiario, 2018.
Di Lucía Aldao “Todo isto antes era noite é un libro que abre tantas cousas como pecha, que ilumina e ensombrece a partes iguais. Nel trázase o mapa da aprendizaxe sentimental e hai unha ruta nocturna que atravesa o mellor e o peor das relación coas demais e comigo mesma. Todo isto antes era noite é un paseo pola intimidade, é entrar e saír.”
Atlas, de Alba Cid
Galaxia, 2019. Premio Nacional de Poesía Xove Miguel Hernández 2020.
Un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas… Os poemas e as fotografías fan calas nos cinco continentes e desprázanse adiante e atrás na historia na procura de encrucilladas luminosas. Unha nova cartografía. Un novo planeta.
No interior do abandono, de Carlos Lorenzo e Baldo Ramos
Figurando Recuerdo(s), 2020.
Este libro articula un feliz encontro entre as fotografías de Carlos Lorenzo e as creacións poéticas de Baldo Ramos, que nos convida á reflexión sobre o abandono do rural galego, a través dunha viaxe emocional por aqueles espazos físicos do rural que están a esmorecer. O proxecto tamén conta cunha peza de vídeo que se pode ver premendo aquí.
E ata aquí as nosas propostas de novela e poesía para agasallar nestas datas tan especiais. Acercádevos a descubrir estes e outros títulos nas nosas bibliotecas e a botar unha ollada ao resto de recomendacións da guía “Historias de regalo 2020”. Bo Nadal!!
Despedímonos da campaña “Mulleres de carne e verso”, mais non da poesía!
Decretado xa o estado de alarma pola crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, desde as Bibliotecas Municipais lanzabamos nos nosos canais corporativos a proposta “Mulleres de carne e verso”. Unha iniciativa que naceu para celebrar a poesía e render homenaxe ás nosas poetas co gallo do Día Mundial da Poesía, que se conmemora o 21 de marzo.
Cada biblioteca da rede foi compartindo durante estas dúas semanas as verbas da escritora homenaxeada, entre as se atopan: Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Eli Ríos, Luísa Villalta, Dores Tembrás, Olga Patiño, Emma Pedreira, Pilar Pallarés e Estíbaliz Espinosa.

- Pincha na imaxe para ver o fío de tweets da campaña #poesíaconM
Nun post anterior, “Mulleres, poetas e galegas”, recollíamos unha breve entrada descritiva das poetas cuxos versos compartiramos ata ese momento polas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Dedicamos agora unhas liñas ás poetas homenaxeadas que completan a nosa campaña.
Luísa Villalta (A Coruña, 1957 – 2004)
Recoñecida como unha das voces máis destacadas da cultura galega contemporánea, Luísa Villalta foi unha escritora prolífica e versátil, abarcando xéneros como a poesía, a narrativa, o ensaio, teatro e o texto xornalístico.
Estudou Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa, dedicando parte da súa vida profesional á docencia de Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario. Tamén era titulada en violín e formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela.
A súa escrita foi premiada en numerosas ocasións, entre as que destacan “A taberna do holandés”, galardoada co Premio Modesto R. Figueiredo (1990) ou “En concreto”, poemario que recibiu o XIII Premio Espiral Maior (2004) e -postumamente- o Premio Galego da Crítica á Creación Literaria (2005).
Dores Tembrás (Bergondiño, 1979)
Poeta e doutora en Filoloxía pola Universidade da Coruña (UCD), Dores Tembrás é especialista ademais na obra de Alejandra Pizarnik.
Publica no ano 2009 o seu primeiro poemario, “O pouso do fume” –finalista dos premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) 2010 na categoría de poesía- e no ano 2012 o álbum infantil“O peizoque Roque”, ilustrado por Xosé Tomás. En 2013 recibe o galardón Premio da Poesía Concello de Carral pola obra “Cronoloxía da urxencia”, editado en Espiral Maior.
No ano 2014 funda, xunto a Antía Otero, o proxecto literario editorial Apiario.
Olga Patiño (A Coruña, 1949)
Docente no ensino secundario, poeta, actriz e directora de teatro, ademais de colaboradora en xornais como La Voz de Galicia ou El Progreso e en revistas literarias como Luzes de Galiza, Xanela, Clave Orión e Anuario Brigantino.
A súa obra poética abrangue: “Latexos fragmentados” (2002), “Atmosferas” (2007)-poemario ilustrado polo gravador José Valentín, “Tempo en desuso ” (2008), “Natureza Haiku“ (2010)- proxecto conxunto coa pintora Isabel Pintado e a escultora Soledad Penalta , “Silencio habitado” (2013), “Territorio acoutado” (2017) -creación poética levada a cabo co fotógrafo Carlos Lorenzo.
Emma Pedreira (A Coruña, 1978)
Filóloga, poeta e narradora, Emma Pedreira participa tamén moi activamente na plataforma de crítica feminista A Sega.
A súa obra foi galardoada con numerosas premios literarios e participa ademais en infinidade de antoloxías colectivas. Algúns dos galardóns recibidos na súa traxectoria como poeta: Premio Johán Carballeira 1999 por “Diario bautismal dunha anarquista morta”, Premio Johán Carballeira 2001 por “Velenarias”, Premio Johán Carballeira 2002 por “Os cadernos d’amor e os velenos”, Premio Fiz Vergara Vilariño 2006 por “Casa de orfas”, Premio Poesía Concello de Carral 2012 por “Libro das mentiras” e Premio Gonzalo López Abente 2015 por “s/t”, entre outros moitos.
Pilar Pallarés (Culleredo, 1957)
Poeta renovadora da poesía galega, licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa en Santiago de Compostela e columnista en diversos medios de comunicación.
O seu primeiro libro publicado, “Entre lusco e fusco” (1979) gañou o Premio de Poesía Novoa do Facho e en 1983 o seu seguinte traballo, “Sétima soidade” é galardoado co Premio Esquío. Posteriormente publica, entre outros, os libros de poemas: “Livro das devoracións” (1996), “Poemas” (2000), “Leopardo son” (2011), polo que recibe o premio da AELG; e “Tempo Fósil” (2018), Premio da Crítica 2018 e Premio Nacional de Poesía 2019.
No ano 2019 recibe, ademais, réndeselle a homenaxe na Coruña “A escritora na súa terra”, impulsada pola AELG.
Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974)
Licenciada en Socioloxía e Filoloxía Hispánica pola UDC, Estíbaliz Espinosa desenvolve a súa actividade como escritora, creadora e tradutora. Compaxina a súa carreira profesional no eido literario coa música -é mezzosoprano- , ademais de definirse como astrónoma afeccionada.
Publicou numerosos poemarios, entre eles: “Pan (Libro de ler e de desler)” , Premio Esquío de Poesía 1999; “Número e”, Premio de Poesía Espiral Maior 2001; “…as neuronas irmás…”, Premio de Poesía Afundación 2017. Recentemente -xaneiro 2020-recibiu o Premio Modesto Rodríguez Figueiredo polo seu texto titulado “23 xeitos de inventar unha constelación”.
A proposta “Mulleres de carne e verso“ chega ao seu fin, mais o noso compromiso de promover a lingua e cultura galegas, de celebrar a poesía e de difundir e dar visibilidade ás nosas autoras segue adiante!!
Lembrámosvos que na nosa canle en Youtube podedes desfrutar dos versos a viva voz dalgunha destas marabillosas poetas na lista de reprodución “Mulleres de carne e verso“.
Despedímonos cun convite. A invitación a descubrir, para aquelas persoas que aínda non a coñecen, á poeta coruñesa Claudia González Caparrós (1993), con dúas obras xa publicadas que podedes atopar no noso catálogo: “Si la carne es hierba (Sully Morland)” (2015) e “Te miro como quien asiste a un deshielo” (2018).
Forza e azos nestes días para todxs e cuidemos a linguaxe, porque as palabras configuran o noso mundo!!
Mulleres, poetas e galegas
Cada 21 de marzo, desde a súa aprobación pola UNESCO na 30ª Conferencia Xeral en París no ano 1999, celébrase a nivel mundial o Día da Poesía co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar oportunidade ás linguas ameazadas de ser vehículo de comunicación artística nas súas comunidades.
“A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar da maneira sempre renovada a forma en que utilizamos as palabras e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade”. (Nacións Unidas, 2019)
Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña, dentro do noso compromiso de promover a nosa cultura e a lingua galega, sumámonos á celebración desta efeméride tan fermosa coa campaña “Mulleres de carne e verso” coa que procuramos achegarvos a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram) unha escolma de versos das nosas poetas nuns días especialmente difíciles por mor do Covid-19.
A proposta lanzouse a comezos desta semana nos nosos canais corporativos co propósito de celebrar a poesía e honrar ás mulleres poetas. Cada día unha biblioteca da rede foi compartindo as verbas da escritora homenaxeada e ata o momento puidemos gozar dos versos de…
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977)
Escritora e xestora cultural ademais de creadora e coordinadora dunha das citas poéticas máis importantes na cidade: o ciclo Poetas Di(n)versos, que se desenvolve con carácter mensual no Centro Ágora.
Muller polifacética (guionista, presentadora de television, comisaria de mostras de arte e poesía, tradutora) e creadora recoñecida, entre outros, cos seguintes galardóns: Premio da Crítica e Premio Johán Carballeira por “Vivimos no ciclo das Erofanías” (1998), Premio Espiral Maior por “Profundidade de campo” (2007), Premio de Poesía Afundación por “A segunda lingua” (2014).
Lucía Aldao (A Coruña, 1982)
Poeta coruñesa que desenvolve a súa carreira tamén como cantante, guitarrista, guionista e animadora cultural. Xunto á escritora María Lado forma equipo para desenvolver proxectos como o espectáculo poético “Onde estea un cubata que se quite un soneto” ou a exitosa proposta poética, humorística e musical denominada “Aldaolado”.
Publica con Luis Walter Muñoz Fontenla a obra “Unha ducia máis un” (2005) e no ano 2018 sae á luz o seu primeiro libro de poemas en solitario “Todo isto antes era noite”.
Eli Ríos (Londres, 1976)
Autora prolífica que ten publicado obras de poesía, ensaio, narrativa infantil e xuvenil e novela para adultos . Galardoada, entre outros moitos, cos seguintes premios dentro do eido da poesía: XII Premio de Poesía Concello de Carral por “Nós escoitando o badalo de marienplatz” (2009), I Premio Rosalía de Castro por “Café intenso” (2015), XXVIII Premio Torrente Ballester por “Luns” (2016), IV Premio de Poesía González López Abente por “Culpable” (2017).
Realiza ademais obradoiros de escrita, contacontos para público infantil e colabora na revista dixital de crítica literaria feminista “A Sega”.
Desde o noso Club de Lectura Virtual se sumaron á proposta “Mulleres de carne e verso”, realizando no seu blog un percorrido pola vida e obra da poeta e membro da Real Academia Galega Luz Pozo. Convídovos á pasar tamén por aí e gozar da lectura desta entrada: “Luz Pozo, la poetisa de Ribadeo”.
Estade atentas e atentos ás nosas redes, a vindeira semana compartiremos con vós o nome e as verbas doutras cinco poetas galegas ás que desde as Bibliotecas Municipais rendemos homenaxe. Mentres tanto, despídome cunhas palabras de Audrey Azoulay -Directora Xeral da UNESCO- máis necesarias ca nunca:
“Cada forma de poesía é única, pero cada unha reflicte a universalidade da experiencia humana, o anhelo de creatividade que transcende todos os límites e fronteiras, tanto do tempo como do espazo, na afirmación constante de que a humanidade forma unha única e soa familia. Este é o poder da poesía!“
As chaves do tempo. Arredor de Luísa Villalta
As Chaves do Tempo é unha iniciativa arredor da escritora coruñesa Luísa Villalta, que organizan a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Língua Galega entre os días 18 e 27 de novembro. Trátase dunha ocasión para reler a obra da escritora que se sentiu identificada no acubillo da Cidade: O meu nome é o da Cidade Alta.
Poemas para reconstruír os pasos de Luísa Villalta a través dos vasos comunicantes que transcenden o pulso da súa Música Reservada, á harmonía versificadora do Ruído, ao habitar desta Cidade En Concreto, ao desacougo vital dos despoxos do Papagaio…
Libro das colunas que son alicerces que nos acompañan. Lecturas sosegadas porque xa sabedes, precisamos Siléncio, ensaiamos e teorías existen moitas máis só unha Teoría de xogos.
Uns días, do 18 ao 27 de novembro de 2017, para lembrar a amiga escritora aquela que deixou escrito d´ O outro lado da música, a poesía… e nós buscaremos o acubillo da música, da poesía, da reflexión sobre a memoria e a cidade…
Nas Chaves do Tempo queremos construír un espazo que sexa gozo e camiño, memoria e reflexión, reencontro.
Precisámosvos!
PROGRAMA
Do 18 ao 27 de novembro de 2017.
Sábado, 18
Sobre o espello do mar e do vento, roteiro ás 12h con María Casar. Sairemos dos xardíns de Méndez Núñez (diante da estatua de Emilia Pardo Bazán) e faremos un percorrido polos espazos da Coruña que Luísa Villalta poetizou porque na súa obra a Cidade faise palabra e re-constrúe como lugar mítico, actualizando a súa inclusión no inventario dos TERRITORIOS literarios do noso país.
Desde o martes, 21
Exposicións no Monty (Rúa Papagaio)
O Papagaio: A poesía de Luísa Villalta e as fotografías de Maribel Longueira.
Eu en nós: Soledad Penalta, Xurxo Gómez-Chao, Julia Ares e Ana Pillado reinterpretan a poesía de “En concreto”.
Venres, 24 e sábado, 25
O meu nome é o da Cidade Alta, un paseo en bicicleta pola Coruña. A poesía de Luísa percorrerá os espazos da cidade os días 24 e 25 de 19 a 20h.
Venres, 24
A memoria da cidade… da Coruña. Entender o pasado, abordar o presente, venres 24 ás 20h no Monty. Nesta palestra achegaremos algunhas chaves interpretativas do crecemento urbanístico da nosa cidade no século pasado con José María Cardesín Díaz, profesor na Facultade de Socioloxía da UdC.
Sábado, 25
Revolta Literaria. Ás 13:30 para loitar contra o vento de olvido ateigado de orgullo percorremos a Cidade coa lectura da obra de Luísa.
E pola tarde no Monty:
Escultura ao vivo con Olalla Franco, a partir das 16h.
Concerto para un home só, ás 18.30h, eis a música que brota como o rio da existencia. Dramatización de textos con Nacho Pena.
Recital poético ás 19.30h, @s poetas amigos a recitala… outra vez, sempre o vento dos ventos // rodeando este ponto no mundo:// Cabeza, Garda, Chave, Forza e Antemural no reino renacido.
Domingo, 26
Música reservada, ás 12h na igrexa das Capuchinas (r/ Panadeiras). Grupo Instrumental Siglo XX / Florian Vlashi: “Adagio” (Samuel BARBER), “Preludio” (P. PEREIRO) e “Arte de Fuga” selección (J.S. BACH). Con Florian Vlashi e Caroline Bournaud, violín; Arben Llozi, viola; Rediana Lukaçi, violonchelo; e a palabra de Yolanda Castaño.
Luns, 27
Encontro c@s amig@s, ás 19h, para ler, reler, lembrar… Conducen Flor Maceiras, Teruca Queiro e Xurxo Souto.
Vén ao Monty e poderás percorrer a súa obra, pararte na que máis che guste, saborear, gozar con toda ela…
No Monty:
A súa obra exposta Para ler
Exposición de obxectos persoais nas vitrinas do Monty
Agasallo da edición Antoloxía poética para @s participantes. Foto fixa de Luísa desde o día 23…
Colaboran nesta iniciativa:
Monty
Deputación da Coruña
Concello da Coruña
Bibliotecas Municipais da Coruña
Podes descargar desde aquí o PROGRAMA COMPLETO en PDF.
Luis Pousa visita el Club de la Sagrada Familia
Por Fátima Elías
LUNES , 30 DE ENERO
10:30 H
Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Más información : 981184392
Luis Pousa regresa de comprobar que no queda rastro de los Plumachos de la Pampa en las lindes de la Iglesia de San Francisco. Con su flequillo desordenado y su aire de distracción permanente, me cuenta que de eso trata su Crónica Coruñesa semanal. Antes de seguir con las obligaciones de la cotidianía tenemos tiempo de tomar una cerveciña, porque como Pousa se expresa en las distancias cortas con el embrujo del diminutivo patrio y esa modulación tan dulce, sé que con él no se pimpla cerveza; gustosamente se bebe cerveciña, cafeciño o aceitiño de ricino.
Pousa es lucense pero se crió en la ciudad en Coruña. Se pasó la infancia leyendo cómics y para él sigue siendo un género vital. Se define como un hijo de Bruguera, así que compartió sofá con Carpanta, Rompetechos, Mortadelo y Sir Tim O´Theo . Además se pirraba por Asterix, Mafalda, Don Miki y Spirou. Se inició en la novela con el pícaro Huckleberry Finn y fue aprendiz de pirata en la Isla del Tesoro , pero también recuerda con gran cariño a Tolkien y a Ende. Matemático de titulación, empezó a afilar sus dientes como periodista en 1996. No le ha ido mal; recibió el premio de Xornalismo Fernández del Riego.
Veinte años de profesión le han valido para escribir en ese ejercicio de contención que son sus artículos : lejos del columnista que vomita palabras engreídas para lectores finolis, Pousa, en sus artículos, crónicas y reseñas escribe para todos. En su aparente sencillez y con gran sentido del humor, desgrana verdades que son como bofetadas en las que ni falta cara ni sobra mano.
Con o sin cerveza , Pousa es encantador e ingenioso, y se expresa despacio, en tonos suaves, los de alguien que está acostumbrado a contar historias de la vida y las personas. Luis habla en forma de relatos orales, enlazando actualidad y memoria . Y se calla para escuchar con atención. Resulta magnético. A veces, cuando conversa, sus ojos claros miran algo en el horizonte y no sé si, como yo, el resto del mundo se pregunta si está volviendo al origen del mundo, rumiando el teorema de Fermat o pariendo otro poema.
Porque desde que leyó a Bukowski y su “Dinosauria, We” Pousa, además de los artículos, la novela y los cuentos, encontró otro medio para explicarse. Y cómo escribe poesía Luis Pousa:
“Aférrase un a literatura
Porque non pode aferrarse a outra cousa,
Como di Kafka.
Escríbese por necesidade, por urxencia, por desexo.
Escríbese en celo, como dixo alguén.
Un cadáver que redacta a súa obra póstuma,
Un esqueleto que fai renxer as súas articulacións
Ao teclear estas páxinas masturbatorias, terminais”.
Por todo esto y más , no deberíais perderos el lunes 30 el encuentro matinal con este autor que, como Carol Joyce Oates toca todos los palos y que como ella, todo lo hace bien.
Bibliografía:
O embigo do mar (2008)
La noche de las palabras (2009) – Premio literario Fernando Arenas
Breviario del bus (2013)
El libro del voyeur (2010) – Obra colectiva-
España Negra (2013) – Obra colectiva-
Escrito en el agua (2015) – Obra colectiva-
Fátima Elías B.
Emma Pedreira, galardonada por “Corazón e demais tripas”.
Con moita ledicia recibimos cada novo libro (e cada novo premio) que a nosa querida Emma Pedreira publica, como un agasallo. Nesta ocasión triunfou na VII Edición do Premio Narrativas Quentes organizada por Edicións Positivas.
Co gallo do Día Mundial da Poesía, que se celebra cada 21 de marzo, a CRTVG emitiu unha entrevista gravada na biblioteca Monte Alto, onde Emma foi, durante moitos anos, coordinadora do club de lectura. A súa obra “S/T“, (que tamén foi galardoada, neste caso co Premio López Abente) fálanos das súas lembranzas na pequena aldea do Eume onde viviu a súa infancia.
S/T podería significar sen título, sen terra, e nesta entrevista Emma fálanos sobre a importancia que teñen para ela a memoria, a orixe e a xenealoxía. Como sempre, unha delicia escoitala. Noraboa!
Presentación do poemario “Si la carne es hierba (Sully Morland)” de Claudia González Caparrós na Biblioteca Infantil
Estar solo es tan terrible que no sé bien cómo empezar a redactarlo, cómo construir un
edificio (pienso
todo el tiempo en el Panteón de Roma, en ese círculo, en ese aire abierto como una herida
por donde entra la luz)
Comezamos o ano apostando pola Poesia, un xénero tan denostado como amado e facemolo da man de Claudia González Caparrós, que xa obtivo un accésit no VIII Premio de Poesía Xove “Pablo García Baena“.
Este Martes 12 ás 20.00 na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Lóriga, a poeta coruñesa presentará o seu primeiro poemario “Si la carne es hierba (Sully Morland)”
Claudia González Caparrós nació en A Coruña en 1993. Actualmente reside en Barcelona, donde ha realizado el grado en Estudios Literarios. Si la carne es hierba (Sully Morland), que obtuvo el accésit del VIII Premio de Poesía Joven “Pablo García Baena”, es su primer poemario.
Porque en cada acto y porque en cada gesto hay algo / que se rompe / hay algo que no vuelve / hay algo que es asesinado / (y esto no es lo mismo que morir) (…) Pero está bien, está bien, está bien // Este dolor, Sully Morland, me permite la vida, / este dolor del cuerpo, / este dolor tan físico y profundo, // estas posibilidades de verlo todo —de quererlo todo— / de sentirlo todo»
Versos en movemento na Biblioteca Forum
…que es la poesía. ¿Es poesía lo que me eriza los pelos en la nuca? ¿Lo que me produce ese escalofrío que me sube por la columna? ¿Un vuelco, en el estómago?¿El rapto de un instante en el que la respiración y el tiempo desaparecen?¿Un vislumbre de la verdad?¿Los ojos girados hacia dentro y los párpados bajados como un denso telón para que nada pueda distorsionar la verdad súbitamente revelada? ¿Es la compañía perfecta? ¿Es un puñetazo en el alma?…
…La poesía es, así pues, un interruptor que enciende la luz interior, una oda cuya energía acciona un secreto resorte en la mente, activando una recepción en nuestro decimonónico sentido.
…¿Es la canción poesía?
Unos dicen que sin la muleta de la música el texto de una canción no se aguanta por sí solo en una página en blanco, mientras otros sostienen que el elemento mágico de una canción es precisamente la poesía. Probablemente, al igual que la poesía, que es más que la suma de sus partes, la canción también lo sea, es decir, más que música y letras juntas. No queda más que leer el texto, precisamente, para sentenciar si participa del propósito y principio fundamental de la poesía, es decir, establecer una calidad de comunicación y albergar una verdad como pura experiencia personal
Alberto Manzano
Dende 13 de Xaneiro ao 31 de Marzo na Biblioteca Forum Metropolitano a Poesía será a protagonista das súas actividades.
“Mostra Bibliográfica”
A Música e a poesía son cómplices e amantes e constitúen o alimento da nosa alma, e por isto, nesta mostra bibliográfica imos nutrirnos dunha selección de poemas feitos cancións, cancións feitas con poesía e poemas que sen dúbida están cheos de melodía.
Obradoiro: “Grúa poética”
Mércores, 27 de xaneiro ás 18:30 h
Inscrición previa dende o 20 de xaneiro na web: http://www.coruna.es/bibliotecas
Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos, coa colaboración de Celia Parra, no que se unirá a arte de atopar as palabras para crear poemas, coa arte do origami para confeccionar grúas de papel onde os nenos e nenas farán voar os seus versos. Deste xeito celebraremos todos xuntos o Día Internacional da non violencia e da Paz.
Recital de poesía: “Cocíñame”: poemario erótico-culinario
Mércores, 17 de febreiro ás 19:30 h.
Entrada libre ata completar capacidade
Celia Parra vainos presentar un recetario de poemas nos que o verbo amar e o verbo comer seguen a mesma conxugación. Un menú completo no que cada plato é unha invitación ao goce, a amar-comer cos ollos e coas mans.
Coñece este proxecto de poesía, cociña e fotografía que vai fervendo a lume lento.
Recital de poesía e música: “A forza da palabra no ritmo do silencio”
Luns, 21 de marzo ás 19:30 h.
Entrada libre ata completar capacidade
Xulio Valcárcel, Olga Patiño, Miguel Mato, Diana Varela, Xosé Taboada e Martín Marticorena invitánnos a compartir con eles a súa música verbal, o xogo de resonancias, en definitiva, o seu xeito de percibir o mundo, de tentar expresar a fonda realidade humana.


























