Category Archives: Escritores

Premios Lazarillo 2011, Creación Literaria e Álbum ilustrado

La  Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) acaba de dar a coñecer os gañadores do prestixioso Premio Lazarillo 2011.

O Premio Lazarillo 2011 de Creación  Literaria foi para o escrito extremeño José Antonio Ramírez Lozano pola súa obra Lengua de gato, relato no que recrea o ambiente oriental e máxico de Estambul, no que se conxugan elementos da literatura fantástica. Os protagonistas da historia son un gato sabio e unha texedora de alfombras.
A categoría do premio de Álbum Ilustrado, recaeu  na adaptación do clásico El flaustita de Hamelín da man da narradora Margarita del Mazo e da ilustradora Ángela Cabrera.

Maite Carranza, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2011

Maite Carranza foi galardoada co  Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente a 2011 pola súa obra escrita en catalán Paraules emmetzinades (Palabras envenenadas).
Ministerio de Cultura concede este premio para distinguir unha obra de autor español escrita en cualquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano 2010. Está dotado con 20.000 euros.

Maite Carranza (Barcelona, 1958) é licenciada en Antropoloxía. Escribe narrativa infantil e xuvenil, é guionista de televisión e imparte cursos de escritura de guións.  En 1992 abandoa a docencia para dedicarse á escritura e publica numerosas obras de literatura infantil e xuvenil entre as que destacan: Ostres, tu, quin cacau!, Frena, Cándida, Frena!, la trilogía fantástica de La Guerra de les Bruixes, Màgia d’una nit d’estiu o Paraules enmetzinades. Foi galardoada cos Premios da Crítica Serra d’Or, Folch i Torres, Joaquim Ruyra y el Premio Edebé.

Nas Bibliotecas Municipais podedes desfrutar, entre outras, das seguintes obras desta autora:

  • El topo Timoteo y Susana Noseñor
  • O deserto de xeo
  • O clan da loba
  • Magia de una noche de verano
  • Palabras envenenadas
  • ¿Quieres ser el novio de mi hermana?
  • Frena, Cándida, frena
  • A maldición de Odi

Francisca Aguirre, Premio Nacional de Poesía 2011

A escritora Francisca Aguirre (Alicante, 1930) concedéuselle, hoxe xoves, o Premio Nacional de Poesía 2011 otorgado polo Ministerio de Cultura pola súa obra “Historia de una anatomía”.
O premio está dotado con 20.00 euros e o galardón pretende distinguir á mellor obra de poesía publicada en España ó longo do ano 2010, tanto en castelán , en galego, euskera ou catalán.

A galardoada xa obtivo o Premio Miguel Hernández  2010 por este mesmo libro, no que recorda a súas vivencias, entre elas a morte do seu pai, o pintor Lorenzo Aguirre, quen compartiu celda con Miguel Hernández e quen foi fusilado polo réximen de Franco en 1942.
Francisca Aguirre tras coñecer o fallo do xurado, sinalou que este poemario era un dos máis importantes da súa vida.
Ademáis é autora de libros como “La otra música”, o libro de relatos “Que planche Rosa Luxemburgo (Premio Galiana 2004) e o libro de recordos “Espejito, espejito”

Da súa obra e do seu premio Francisca Aguirre sinala:

“Es un recorrido por mis vivencias y emociones -dice-, pero en el que también circula algo de humor negro; y, sobre todo, es una defensa del cuerpo humano”. “Incluyo en el librocontinúa la autora una cita muy expeditiva del premio Nobel Coetzee que es muy significativa y que dice: ‘un cuerpo dice la verdad. No siempre, ni a la primera, pero siempre es el cuerpo el que dice la verdad”

Premio Goncourt 2011

O escritor francés Alexis Jenni gañou coa súa primeira obra “L’Art français de la guerre” o Premio Goncourt de literatura 2011.
De 48 anos de idade e profesor de bioloxía na cidade francesa de Lyon, Jenni era un dos grandes favoritos para recibir este ano o que é o premio literario máis prestixioso de Francia. Na súa obra, Jenni ofrece un fascinante fresco que cuestiona o legado das guerras coloniais en Indochina e Arxelia.

Jenni sucede ao polémico escritor Michel Houellebecq, quen recibiu o ano pasado o Goncourt pola súa quinta novela, “La Carte et le territoire”.

O segundo premio literario de Francia, o Renaudot, que se anuncia todos os anos na mesma cerimonia do Goncourt, no restaurante Drouant, foi atribuído ao escritor, guionista e realizador Emmanuel Carrere polo seu libro “Limonov”.  Nesa obra, Carrere fai o retrato de Eduard Limonov, quen foi vagabundo en Nova York, escritor de moda en París e fundador do partido ultranacionalista en Rusia.

Na Biblioteca Forum Metropolitano aproveitamos esta ocasión para destacar os autores premiados co Goncourt en edicións anteriores. Imos dende autores como Houellebecq, Druon, Rahimi,  Jonathan Littell ata Marcel Proust.

José Ramón Fernández, Premio Nacional de Literatura Dramática 2011

O dramaturgo José Ramón Fernandez foi condecorado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Literatura Dramática pola súa obra “La colmena científica o el café Negrín” .

A obra, estreada, baixo a dirección de Ernesto Caballero, en outubro do ano pasado como encargo do Centro Dramático Nacional (CDN) para conmemorar o centenario da Residencia de Estudiantes, céntrase no laboratorio de Fisioloxía desa institución e na anécdota de que o seu director, Juan Negrín, facía café e ó seu redor organizábase unha tertulia.

Un dos obxetivos de Fernández era contar que a Residencia era “moito máis” que Lorca, Buñuel ou Dalí, e mostrar quenes estudaban alí .

O galardoado, licenciado en Filoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e membro do Centro de Documentación Teatral do Ministerio de Cultura, comenzou a súa carrera literaria no campo da narrativa, para dedicarse posteriormente á escritura teatral.

Fernández, que imparte cursos de escritura dramática no  Laboratorio William Layton de Madrid e é membro fundacional do Teatro El Astillero, escribeu , entre outras, “Para quemar la memoria” (1993, Premio Calderón da Barca), “El silencio de las estaciones” (1995), “La tierra” (1998), “Nina” (2003, Premio Lope de Vega) o “Las mujeres fragantes” (2007)

As súas obras traducíronse ó inglés, francés, italiano, árabe, polaco, rumano e grego, firma tamén os guións cinematográficos de “El cielo de París” (2000)   “Los demonios del mediodía” (2000).

Di que lóxicamente alégrase de recibir o galardón e os 20.000 euros de dotación, pero que o maior placer ven do feito de que é un proxecto que vai máis aló de escribir unha obra.

“Moitas veces pénsase que este premio é pola traxectoria do autor, e non é así, é por unha obra do ano anterior, para min El café de Negrín é  moi importante, polo que significa como elemento para dar a coñecer algo fundamental na historia española do século XX. ”

XXIX Premio Herralde de Novela

O escritor arxentino Martín Caparrós gañou o XXIX Premio Herralde de Novela, que concede a editorial Anagrama, cunha obra sobre a relación dos homes coa morte titulada “Los Living”.

O xurado estaba composto por Salvador Clotas, Paloma Díaz-Mas, Marcos Giralt Torrente, Vicente Molina  Foix e o editor Jorge Herralde.

Los Living narra as vicisitudes dun home cuxa infancia queda marcada pola morte confusa do seu pai e do seu avó e convértese nun adulto fascinado polo tránsito entre a vida e o máis aló.

Martín Caparrós presentouse ao Premio Herralde de Novela, que está dotado con 18.000 euros, co pseudónimo de Alberto de Santos e mostrouse moi satisfeito de entrar a formar parte da “prestixiosa” lista de galardoados co mesmo.

Ocasión única para acercarse ás Bibliotecas Municpais da Coruña para ler algunhas das obras premiadas en anos anteriores e próximamente a obra de Caparrós que sairá á venda nas seguintes semanas.

Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración 2011

Emilio Urberuaga foi galardonado este luns co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2011, dotado con 20.00 euros, polo conxunto da súa obra.
O Ministerio de Cultura concede este galardón co obxectivo de recoñecer e ditinguir o coxunto da labor realizada por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas.

Emilio Urberuaga (Madrid, 1954) comenzou a traballar na islutración en 1982. Experimentado en diferentes campos das artes plásticas como grafismo, gravado ou estampación. Foi creador da imaxen de Manolito Gafotas.

A sua obra puidose ver no Gabinete de Estampas da Biblioteca Nacional, na Fundación Juan March, na Caixa de Aforros de Granada, no Museo del Dibujo Castillo de Larres, no Museo do Milenario de Sofía (Bulgaria). É o único ilustrador español que a súa obra está representada no Chihiro Art Museum de Tokio.

Urberuaga afirma que el sigue traballando en soporte papel e non usa para nada os ordeadores. O seu xuicio, as novas tecnoloxías son “marabillosas para moitas cousas, pero non para outras, e aínda sen estar en contra”, non as usa

Convidámosvos a visitar as Bibliotecas Municipais para desfrutar das obras deste autor.

Mostramos algúns exemplos do noso catálogo:

Tres cuentos de Olivia / Elvira Lindo ; ilustraciones Emilio Urberuaga. SM. 2010
Manolito on the road / Elvira Lindo ; ilustraciones de Emilio Urberuaga. Alfaguara, 2008
Discorso dell’orso / Julio Cortázar ; illustrazioni di Emilio Urberuaga.  Kalandraka, 2008
Quiquiricosas / texto Juan Clemente Gómez ; ilustraciones Emilio Urberuaga. Editilde, 2008
La sal de la vida / Anna Gavalda ; ilustraciones de Emilio Urberuaga. Seix Barral, 2010
El niño gol / Ramón García Domínguez ; ilustraciones, Emilio Urberuaga. Edelvives, cop. 2010
Una cosa negra / Emilio Urberuaga. — Madrid. Narval, 2011

Manuel Rivas reúne no libro «O máis estraño» relatos coñecidos e outros inéditos

o maisvestrañoManuel Rivas reúne en “O máis estraño” publicado por  Xerais, o seu novo libro, unha colección de contos nos que inclúen algúns dos relatos que acadaron identidade fóra dos libros, como A lingua das bolboretas, e outros textos que aínda non viran a luz dos lectores.  Rivas presentou en Madrid a tradución ao castelán deste mesmo volume (Lo más extraño, publicado por Alfaguara).

<Segundo o autor, os contos incorporados a esta recompilación de textos non están «reescritos», pero si que se presentan aos lectores «cunha revisión estilística» para que vaian cos tempos. En calquera caso, Rivas, segundo explica, non quixo volver escribilos. «Tamén resistín a tentación de deixar de lado aqueles que xa non me gustan como cando os escribín», afirmou o escritor.

Julian Barnes gaña o Man Booker Prize

O escritor Julian Barnes gañou este martes o prestixioso galardón literario británico Man Booker Prize coa súa última novela The Sense of an Ending.

Nesta edición impúxose aos británicos Carol Birch (Jamrach’s Menagerie), Stephen Kelman (Pigeon English) e AD Milker (Snowdrops) e aos canadenses Patrick deWitt (The Sisters Brothers) e Esi Edugyan (Half Blood Blues), autores das seis novelas finalistas entre un total de 138 presentadas.

O popular escritor nado en Leicester (centro de Inglaterra) e formado na Universidade de Oxford figurara tres veces anteriormente entre o seis autores preseleccionados para o premio con “El papagayo de Flaubert” (1984), “Inglaterra, Inglaterra” (1998) e “Arthur & George” (2005).

Na Biblioteca do Forum Metropolitano destacamos os libros de Barnes e facemos unha pequena selección dos gañadores de anos anteriores:

       

Lembramos ao Premio Nobel de Literatura a Gabriel García Marquez

Tal día coma hoxe en 1982 gañaba o Nobel de Literatura o precursor do realismo máxico, Gabriel García Márquez, «por sus novelas e historias cortas, en las que lo fantástico y lo real se combinan en un mundo ricamente compuesto de imaginación, lo que refleja la vida y los conflictos de un continente».

Dende as bibliotecas convidamosvos a releer algunha das súas obras mais coñecidas “Cien años de soledad“, “Del amor y otros demonios“, “El coronel no tiene quien le escriba“, “Diatriba de amor contra un hombre sentado“, “Relato de un naufrago“, “Crónica de una muerte anunciada” … e para ir abrendo boca un extracto de “Memorias de mis putas tristes“:

…Descubri que mi obsesión de que cada cosa estuviera en su puesto, cada asunto en su tiempo, cada palabra en su estilo, no era el premio merecido de una mente en orden,sino al contrario, todo un sistema de simulación inventado por mi para ocultar el desorden de mi naturaleza. Descubrí que no soy disciplinado por virtud, sino como reacción contra mi negligencia; que parezco generoso por encubrir mi mezquindad, que me paso de prudente por mal pensado, que soy conciliador para no sucumbir a mis cóleras reprimidas, que sólo soy puntual para que no se sepa cuán poco me importa el tiempo ajeno. Descubrí, en fin, que el amor no es un estado del alma sino un signo del zodíaco…”.