Author Archives: nmartinezrey
Presentación da obra “La agenda de Héctor”, de Álex Oviedo
Este mércores 19 de marzo terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación da novela “La agenda de Héctor”, de Álex Oviedo.
Editada en febreiro de 2014 por Verbum, esta novela da vida cotiá fala, en palabras do seu propio autor, de
“amores primeirizos, de decepcións, de ilusións perdidas, de amigos aos que un segue case a cegas, de búsquedas obsesivas dun amor que nunca é como imaxinas. Tamén de soños, de universidade, de profesores que non aportan nin un gramo de sabedoría dende os seus púlpitos, de compañeiros que buscaban aprobar por riba de todo. E de recordos, fundamentalmente de recordos dun tempo que xa non é por moito que intentemos que volva”.
No acto de presentación da obra intervirán Francisco Castro e Álex Oviedo, autor da novela, quen lerá pasaxes da mesma e explicará con detalle a intencionalidade da súa literatura.
Álex Oviedo -nado en Bilbao no ano 1968- é escritor, periodista e deseñador gráfico. Dende o ano 2007 dirixe o blog literario Escritores Vascos e conta xa na súa traxectoria con catro obras publicadas: El unicornio azul (Hiria, 2005), Las hermanas Alba (Bassarai, 2009), El sueño de los hipopótamos (Libros de Pizarra, 2011) e La agenda de Héctor (Verbum, 2014).
Se queredes descubrir un chisquiño máis sobre o autor e sobre a súa obra, acercádevos á Biblioteca Municipal Ágora.
Agardámosvos o mércores 19 de marzo ás 19.00 horas!
Carmen Amoraga, Premio Nadal 2014
O pasado luns 6 de xaneiro a escritora valenciana Carmen Amoraga foi galardoada co Premio Nadal 2014, pola súa novela La vida era eso, unha obra sobre o amor e a pérdida, o valor do vivido e do que queda por vivir. En palabras da propia autora:
“Aprender a perder es también aprender a vivir, y esto es lo que hace la protagonista de esta historia tras la muerte de su marido. Giuliana encuentra refugio en un mundo virtual, el que brindan las nuevas herramientas de comunicación y relaciones sociales”.
Con motivo da celebración este ano do 70 aniversario do premio, fíxolle entrega do galardón Ana María Matute, gañadora da edición do ano 1959, en representación de todos os premiados anteriores.
Dende aquí, os nosos parabéns a Carmen Amoraga!!
E lembrade que nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar as seguintes obras da autora:
- Amoraga, Carmen. El rayo dormido. Barcelona: Destino, 2012.
- Amoraga, Carmen. El tiempo mientras tanto. Barcelona: Planeta, 2010.1350357
- Amoraga, Carmen. Todo lo que no te contarán sobre la maternidad. Barcelona: Destino, 2009.
- Amoraga, Carmen. Algo tan parecido al amor. Barcelona: Destino, 2007.
- Amoraga, Carmen. Para que nada se pierda: una saga de mujeres atrapadas por su destino. Sevilla: Algaida, 1997.
Presentación de O poder de Amabel e Xildas, na Biblioteca Municipal Ágora
Este xoves 7 de novembro terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación de dúas obras dirixidas especialmente ao público infantil e xuvenil. Trátase de “O poder de Amabel”, de Érica Esmorís e “Xildas”, de Antonio Manuel Fraga Allegue.
Ambos títulos forman parte do catálogo de Sushi Books, editorial galega de recente creación e especializada en literatura infantil e xuvenil. Na presentación intervirán tanto Érica como Antonio e desvelarán algún que outro segredo de Amabel que busca o seu superpoder en “O poder de Amabel” e do trasno protagonista de “Xildas”.
Ademáis da presentación haberá tempo tamén para a firma de exemplares por parte de Érica e Antonio. Será unha tarde moi entretida, volo ides perder?
Agardámosvos na Biblioteca Municipal Ágora, o 7 de novembro ás 19.00 horas!
Conferencia de Nazanin Armanian, na Biblioteca Municipal Ágora
O xoves 24 de outubro ás 20.00 horas, Nazanin Armanian impartirá a conferencia “La primavera árabe se marchitó para la mujer” na Biblioteca Municipal Ágora.
Nazanin, experta en temática árabe e columnista no diario dixital Público.es, falaranos sobre a chamada Primavera Árabe e as expectativas truncadas que supuxeron eses procesos de revolta política en relación coa situación da muller. A charla organízase dende Amnistía Internacional, en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña. Sobre Nazanin podedes descubrir moitas máis cousas e ben interesantes na súa páxina web.
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar unha gran variedade sobre a cultura e o mundo árabe, dende literatura, ensaio, música e banda deseñada ata cinema. Algúns destes materiais podedes velos na nosa galería fotográfica en Flickr sobre o Mundo Árabe.
Ao fío da conferencia destacamos especialmente as seguintes obras:
— Ben Jellou, Tahar. La primavera árabe: el despertar de la dignidad. Madrid: Alianza, [2011].
— Amin, Samir. ¿Primavera árabe?: el mundo árabe en la larga duración. [Barcelona]: El Viejo Topo, [2011].
Agardámosvos este xoves na biblio para escoitar a Nazanin, abofé que será unha charla moi interesante!
Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013
O pasado xoves 10 de outubro, a Academia Sueca daba a coñecer o nome da persoa galardoada co Premio Nobel de Literatura 2013. Nesta ocasión a gañadora foi a escritora canadense Alice Munro, definida pola Academia como “mestra do relato curto contemporáneo” e aclamada polo seu “harmonioso estilo de relatar, caracterizado pola súa claridade e realismo psicolóxico”.
Nada en Whingham (Ontario) un 10 de xullo de 1931, Munro é considerada unha das autoras máis importantes da literatura en lingua inglesa. De feito, no ano 2009 xa recibira o Premio Booker Internacional pola súa traxectoria literaria e a súa influencia noutros escritores/as e lectores/as ao redor do mundo.
Cabe destacar que Munro é a primeira escritora canadense en recibir tan importante galardón dende a súa creación no ano 1901 e a décimo terceira muller premiada co Nobel de Literatura en 112 anos de historia. ¡Dende aquí, os nosos parabéns!
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar moitas das súas obras:
Munro, Alice. Demasiada felicidad. Barcelona: Lumen, 2010.
Munro, Alice. El amor de una mujer generosa. Barcelona: RBA, 2009.
Munro, Alice. El progreso del amor. Barcelona: RBA, 2009.
Munro, Alice. Escapada.Barcelona: RBA, 2006.
Munro, Alice. Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio. Barcelona: RBA, 2007.
Munro, Alice. La vida de las mujeres. Barcelona: Lumen, 2010.
Munro, Alice. La vista desde Castle Rock. Barcelona: RBA, 2008.
Munro, Alice. Las lunas de Júpiter. Barcelona: Debolsillo, 2012.
Munro, Alice. Mi vida querida. Barcelona: Lumen, 2013.
Grupos de lectura fácil, na Biblioteca Municipal Ágora
Na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer en marcha a través do programa de voluntariado dous grupos de Lectura Fácil. A idea é reunirse semanalmente para a lectura e análise de textos diversos que propicien unha progresiva mellora da comprensión lectora das persoas con dificultades de acceso á lectura.
Os contidos a traballar nas sesións serán tanto textos literarios como informativos ou ensaísticos sinxelos, de forma que se posibilite a perda do medo á hora de acceder a diferentes tipos de textos
A actividade dará comezo o 7 de outubro e os horarios de cada un dos grupos será o que segue:
- Quenda de mañá: martes e xoves de 11.00 a 12.00.
- Quenda de tarde: martes e xoves de 17.00 a 18.00.
O programa de Lectura Fácil está especialmente pensado para aquelas persoas que na súa infancia non puideron estudar moito ou teñen problemas de comprensión lectora. Así que se desexas entender mellor todo tipo de textos este é o teu taller. O prazo de inscrición está xa aberto e para anotarse só cómpre pasar pola Biblioteca Municipal Ágora.
Día Mundial do Alzheimer 2013
O 21 de setembro é o Día Internacional do Alzheimer, unha doenza dexenerativa que afecta a máis de 3.5 millóns de persoas en España entre os que a padecen directamente e os seus familiares e coidadores, segundo datos da Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA).
Nesta data, elixida porla Organización Mundial da Saúde e a Federación Internacional de Alzheimer, preténdese dar a coñecer a enfermidade e difundir información ao respecto, solicitando o apoio e a solidariedade da poboación en xeral, de institucións e de organismos oficiais. A nivel nacional, a CEAFA decidiu promocionar este día tan importante co lema “Alzheimer. Cuestión de Estado“.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos unha ampla variedade de recursos sobre o Alzheimer, que podedes consultar e levar en préstamo. Dende aquí, reseñamos unha pequena selección de libros de narrativa e cómic, libros de materias e material audiovisual, tanto películas que abordan o tema como documentais.
Narrativa e cómic
Collazos, Óscar. En la laguna más profunda. Madrid: Siruela, 2011.
Ibrahim, Ghaleb Jaber. Regalo de memoria. Santiago de Compostela: Teófilo, 2011.
Laso Lorenzo, Rafael. Memoria contra Alzheimer. Vigo: Xerais, 2008.
Roca, Paco. Arrugas. Bilbao: Astiberri, 2007.
Rodríguez Pérez, Remedios. Madre de mi madre por el Alzheimer. Madrid: Edición Personal, 2004.
Libros de non ficción
Acarín Tusell, Nolasc. Alzheimer: manual de instrucciones. Barcelona: RBA, 2010.
Boada i Rovira, Mercè. Alzheimer: vivir cuando dos y dos ya no son cuatro. Barcelona: Oxigen Viena, 2008.
Lokvig, Jytte. El alzheimer de la A a la Z: todo lo que necesita saber sobre el Alzheimer. Barcelona: Oniro, 2006.
Martínez, Ana. El Alzheimer. Madrid : Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2009.
Peyronnet, Mireille. Prevenir el alzheimer: cómo prevenir y tratar la enfermedad. Barcelona: Editorial Hispano Europea, 2011.
Zeisel, John. Todavía estoy aquí: una nueva filosofía para el cuidado de las personas con Alzheimer. Madrid: Edaf, 2011.
Películas e documentais
Amanecer de un sueño / Dirixida por Freddy Mas Franqueza. Barcelona: Savor, 2011.
Arrugas / Dirixida por Ignacio Ferreras. Barcelona: Cameo, 2012.
Bicicleta, cuchara, manzana / Dirixida por Carles Bosch. Barcelona: Cromosoma, 2011.
Bucarest: la memoria perdida / Dirixido por Albert Solé. Barcelona: Cameo, 2008.
Cuidadores / Dirixido por Oskar Tejedor. [S.l.] : Moztu Filmak, 2010.
Por último, lembrar que na cidade da Coruña, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias Afíns da Coruña (AFACO) organiza varias actividades encamiñadas a sensibilizar á sociedade sobre esta doenza. A programación de AFACO pódese consultar en Actividades Día Mundial Alzheimer.
Presentación da obra “Girasoles en Venecia”, de Jesús Serna Quijada
O vindeiro martes 17 de setembro, terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro de relatos “Girasoles en Venecia“, de Jesús Serna Quijada.
Recentemente publicada pola editorial Círculo Rojo, esta obra composta de vintenove relatos curtos, que incluso poderíamos definir como microrrelatos, non deixará indiferente a ningún lector.
Lunes otra vez
Mientras duermes
La balsa de la Medusa
La invención de Custo
Son algúns exemplos dos microrrelatos incluídos en “Girasoles en Venecia“, unha obra literaria que como podedes intuír non se axusta a moldes ou esquemas. Un mosaico singular que invita ao lector a surcar os sendeiros da memoria, a nostalxia, a cristalizar sensacións e anhelos recónditos.
Se queredes averiguar un pouco máis sobre a obra e o autor, podedes consultar a páxina da editorial do libro, a web de Jesús Serna Quijada, ou o booktrailer de “Girasoles en Venecia”. Pero a mellor forma de descubrir que se esconde tralo autor e trala súa obra é acudindo á presentación de “Girasoles en Venecia” o martes 17 de setembro ás 20.00 horas, na Biblioteca Municipal Ágora. ¡¡Agardámosvos na biblio!!
Centro de interese “Os mellores de…”
Na Biblioteca Municipal Ágora acabamos de poñer en marcha un novo centro de interese “Os mellores de…”, unha selección de calidade dos mellores libros, películas e música dun determinado tema ou xénero. Cada catro meses os fondos deste centro de interese renovaranse e xirarán en torno a unha temática diferente.
Comezamos cos “Mellores da literatura levada ao cine”, unha selección desas xoais da literatura levadas ao cine da man tamén de excelentes intérpretes e directores. Libro e máis película co mesmo título para degustar, comparar, gozar e compartir.
Temos dispostos os packs libro + película que podedes levar en préstamo: historias de amor, de aventuras, de terror, de drama… en definitiva, unha chea de historias para amantes do cine e da literatura. A continuación, podedes ver algunhas das obras que atoparedes neste novo centro de interese:
Ademais, elaboramos unha guía de lectura que recolle as obras que forman parte dos mellores libros de cine agrupados en infantil, xuvenil, adultos, cómic e teatro. Podedes ver as reseñas tanto ao carón das obras colocadas na estantería como no Slideshare das Bibliotecas Municipais de A Coruña, a través do seguinte enlace: Guía de lectura “Os mellores… libros de cine”.
A miúdo a adaptación cinematográfica non soe superar á obra literaria, pero como todo nesta vida ten excepcións… levade o pack e contádenos se vos gustou máis o libro ou a peli! E se botades algo en falta na selección… non dubidedes en comentárnolo!!
Letras Galegas 2013
O 17 de maio está ao caer e nas Bibliotecas Municipais de A Coruña xa temos todo preparado para a celebración das Letras Galegas 2013. Como cada ano, nesta data organízanse varios eventos culturais de homenaxe arredor da figura escollida pola Real Academia Galega (RAG). En palabras da propia Academia, o 17 de maio é:
Unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua.
¿E por que cada 17 de maio? Precisamente porque nesta data conmemórase o centenario da primeira edición en 1863 da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, primeira homenaxeada nas Letras Galegas 1963.
Volvendo ao 2013, este ano está adicado á figura de Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 – Santiago de Compostela, 2002), autor, director e actor de teatro. Sen dúbida algunha, unha figura imprescindible para coñecer a dimensión do teatro galego e o dramaturgo máis prolixo da historia da lingua galega.
Para coñecer a súa obra, podedes botar man da Guía de Lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais, así como tamén da páxina da Asociación Roberto Vidal Bolaño, entidade que nace en novembro de 2012 co obxectivo de promover a figura do autor dez anos despois da súa desaparición. Asómesmo, podedes consultar a selección de recursos web sobre Vidal Bolaño no noso Delicious. Abofé que atoparedes páxinas con información ben interesante!
E para rematar, un pequeno resumo da programación nas nosas bibliotecas en homenaxe a Vidal Bolaño:
- Luns 13 de maio // 20.00 horas. Lectura dramatizada na Biblioteca de Estudos Locais, da man de Comba Campoy con Picaversos, co acompañamento musical de Bernardo Martínez.
- Martes 14 de maio // 20.00 horas. Charla “Apuntamentos sobre Vidal Bolaño” na Biblioteca Municipal Ágora, da man de Rubén Ruibal e despois da charla, lectura dramatizada da obra “A burla do galo” polos alumnos e alumnas da Aula de Teatro da UDC – Teatro normal.
- Luns 20 de maio // 17.00 horas. Sorteo dun lote de libros en galego na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano. O prazo para participar será do 3 ao 20 de maio e entrarán en sorteo aqueles usuarios e usuarias que se leven en préstamo 3 documentos en lingua galega e cubran o boleto.
![]() |
![]() |
![]() |
Asómesmo, nas nosas biblios haberá mostras bibliográficas sobre a vida e obra de Vidal Bolaño e o teatro galego, e incluso obras de outros homenaxeados nas Letras Galegas en anos anteriores. Acercádevos e descubrídeas!




















