Presentación de O poder de Amabel e Xildas, na Biblioteca Municipal Ágora
Este xoves 7 de novembro terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación de dúas obras dirixidas especialmente ao público infantil e xuvenil. Trátase de “O poder de Amabel”, de Érica Esmorís e “Xildas”, de Antonio Manuel Fraga Allegue.
Ambos títulos forman parte do catálogo de Sushi Books, editorial galega de recente creación e especializada en literatura infantil e xuvenil. Na presentación intervirán tanto Érica como Antonio e desvelarán algún que outro segredo de Amabel que busca o seu superpoder en “O poder de Amabel” e do trasno protagonista de “Xildas”.
Ademáis da presentación haberá tempo tamén para a firma de exemplares por parte de Érica e Antonio. Será unha tarde moi entretida, volo ides perder?
Agardámosvos na Biblioteca Municipal Ágora, o 7 de novembro ás 19.00 horas!
Posted on 3 Novembro, 2013, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas, Obras and tagged Antonio Fraga Allegue, encontros con autores, encuentros con autores, Erica Esmoris, O poder de Amabel, presentacións literarias, presentaciones literarias, Sushi Books, Xildas. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Pingback: CONVERSAS CON… Érica Esmorís | Suma Ágora