Conferencia de Nazanin Armanian, na Biblioteca Municipal Ágora
O xoves 24 de outubro ás 20.00 horas, Nazanin Armanian impartirá a conferencia “La primavera árabe se marchitó para la mujer” na Biblioteca Municipal Ágora.
Nazanin, experta en temática árabe e columnista no diario dixital Público.es, falaranos sobre a chamada Primavera Árabe e as expectativas truncadas que supuxeron eses procesos de revolta política en relación coa situación da muller. A charla organízase dende Amnistía Internacional, en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña. Sobre Nazanin podedes descubrir moitas máis cousas e ben interesantes na súa páxina web.
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar unha gran variedade sobre a cultura e o mundo árabe, dende literatura, ensaio, música e banda deseñada ata cinema. Algúns destes materiais podedes velos na nosa galería fotográfica en Flickr sobre o Mundo Árabe.
Ao fío da conferencia destacamos especialmente as seguintes obras:
— Ben Jellou, Tahar. La primavera árabe: el despertar de la dignidad. Madrid: Alianza, [2011].
— Amin, Samir. ¿Primavera árabe?: el mundo árabe en la larga duración. [Barcelona]: El Viejo Topo, [2011].
Agardámosvos este xoves na biblio para escoitar a Nazanin, abofé que será unha charla moi interesante!
Posted on 21 Outubro, 2013, in Novas and tagged mundo árabe, Nazanin Armanian, primavera árabe, revolta democrática árabe, revuelta democrática árabe. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Hola. Me encantó la conferencia de Nazanin, el el Ágora.
La admiro por su valentía e inteligencia. Me llena de satisfacción su capacidad de transmitirnos a nosotros y a todo el mundo, este problema tan grave para las mujeres y en general a la población civil de los países, que por culpa de sus mandatarios, sufren en carne propia el terror de las guerras. Animo y sigue así, valiente.
Un saludo
Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña agradecemos moito a túa opinión e estamos encantados de que tivese tan boa acollida a conferencia de Nazanin, abofé que foi unha charla moi interesante.
A partir de mañá estarán dispoñibles na nosa conta en Flickr as fotos do evento e lembra que nas biblios temos unha ampla variedade de materiais sobre a cultura e o mundo árabe. Se che interesa especialmente a vida, obra e actividade de Nazanin tamén podes consultar a súa páxina web: http://www.nazanin.es/.
Recibe un cordial saúdo.