Centro de interese “Os mellores de…”
Na Biblioteca Municipal Ágora acabamos de poñer en marcha un novo centro de interese “Os mellores de…”, unha selección de calidade dos mellores libros, películas e música dun determinado tema ou xénero. Cada catro meses os fondos deste centro de interese renovaranse e xirarán en torno a unha temática diferente.
Comezamos cos “Mellores da literatura levada ao cine”, unha selección desas xoais da literatura levadas ao cine da man tamén de excelentes intérpretes e directores. Libro e máis película co mesmo título para degustar, comparar, gozar e compartir.
Temos dispostos os packs libro + película que podedes levar en préstamo: historias de amor, de aventuras, de terror, de drama… en definitiva, unha chea de historias para amantes do cine e da literatura. A continuación, podedes ver algunhas das obras que atoparedes neste novo centro de interese:
Ademais, elaboramos unha guía de lectura que recolle as obras que forman parte dos mellores libros de cine agrupados en infantil, xuvenil, adultos, cómic e teatro. Podedes ver as reseñas tanto ao carón das obras colocadas na estantería como no Slideshare das Bibliotecas Municipais de A Coruña, a través do seguinte enlace: Guía de lectura “Os mellores… libros de cine”.
A miúdo a adaptación cinematográfica non soe superar á obra literaria, pero como todo nesta vida ten excepcións… levade o pack e contádenos se vos gustou máis o libro ou a peli! E se botades algo en falta na selección… non dubidedes en comentárnolo!!
Posted on 27 Maio, 2013, in Novas, Obras and tagged cine, literatura, os mellores. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0