• Saltar á navegación
  • Saltar ao contido principal
  • Skip to primary sidebar
  • Skip to secondary sidebar
  • Skip to footer

Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

  • Inicio
  • Quen somos
  • Qué son os nosos Clubs de lectura
Twitter Facebook Feed RSS

Author Archives: Bibliotecas Municipais da Coruña

Anne Brönte, a pequena dos Bronte

28 Mai

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Anne_BronteHoxe, no aniversario do falecemento de Anne Brontë, lembramos e celebramos a vida e obra dunha das escritoras máis notables do século XIX. Anne, a menor das tres irmás Brontë, naceu o 17 de xaneiro de 1820 en Thornton, Yorkshire, Inglaterra, e faleceu o 28 de maio de 1849, á temperá idade de 29 anos. A pesar da súa curta vida, Anne deixou unha pegada imborrable na literatura inglesa.

No noso Club de lectura de clásicos hai un tempo leimos Agnes Grey, unha das dúas novelas desta poeta e escritora.

Ensombrecida pola prolífica carreira e irresistible personalidade de Charlotte e o éxito de Emily coa inesquecible Cumbres Borrascosas, a obra e personalidade de Anne, tan diferente das súas irmás, tenderon a pasar máis inxustamente desapercibidas.

Aos 16 anos Anne deixou a casa familiar por primeira vez para acudir como alumna á escola na que Charlotte estaba empregada como profesora. Pronto decidiu traballar como institutriz pero as primeiras familias coas que traballou só lle trouxeron decepcións e humillacións: pais despreocupados, nais consentidoras, nenos intratables. Nalgunhas das cartas que escribe ao seu mestre quedan reflectidas as penurias ás que se enfrontaba cada día tentando facer o seu traballo. Todas esas vivencias foron a inspiración para a súa novela Agnes Grey.

Por esa época parece que viviu o seu primeiro amor cun axudante da vigairía do seu pai, de feito, o encantador Mr Weston, de Agnes Grey parece estar inspirado neste mozo, William, e os sentimentos da moza institutriz Agnes por él, fannos pensar na atracción romántica que o coadjuntor exercía sobre a pequena Brontë.

Desgraciadamente pouco sabemos da vida persoal tanto de Anne como de Emily, pois as vivencias de ambas quedaron sempre difuminadas polas irresistibles e dominantes personalidades de Charlotte e de Branwell, o seu irmán.

Se William foi o amor da súa vida, Anne só o reflectiu nas súas novelas e poesía, pois a súa timidez e discrección impedíronlle dar un paso máis aló e vivir o romance que lle gustaría con ese home ideal. A súa dedicación, na súa curta vida, foron case a tempo completo para o seu traballo de institutriz, a súa obra literaria e o seu irmán Branwell.

Entre as tres irmás decidiron abrir unha pequena escola, para gañarse a vida como profesoras sen depender de ninguén máis que do seu propio traballo e, así, poder darlle un impulso ao seu talento literario. As dúas novelas de Anne foron as máis polémicas:

Agnes Grey por expresar con realismo desacostumbrado a vida chea de penurias das institutrices e os malos tratos psicolóxicos e humillacións ás que eran sometidas por moitas familias, os seus fillos e o resto do servizo.

A Inquilina de Tennant Wildfell Hall, foi mesmo censurada pola propia Charlotte: a violencia e a pervensión subxacente en toda a obra, o carácter agresivo e dominante, unido ao alcoholismo de Arthur Huntingdon e os conflitos psicolóxicos da protagonista Helen foron descritos con demasiada crueza para unha sociedade que, aínda coñecendo á perfección situacións como a que mostraba o libro, preferían pechar os ollos ante elas. Branwell morreu de tuberculose e aos poucos meses Emily tamén sucumbiu á enfermidade. Non moito despois seguiulles Anne, deixando a Charlotte sumida na desesperación de ver como os seus tres queridos irmáns deixábana soa, con poucos meses de diferenza.

A doce Anne tratou de reconfortar á súa irmá dedicándolle as súas últimas palabras:

Ten valor, Charlotte, ten valor….

 
Tumba de Anne Brontë en Scarborough, Gran Bretaña.
 

Publicado en Actividades do club, Club de clásicos, Clubes de lectura, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política

Deixar un comentario

Etiquetas: Hermanas Brontë

Día do libro 2023: un libro ao teu carón

17 Abr

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Chega abril e con el unha das nosas celebracións máis queridas: o Día do Libro. Este ano, máis que nunca, queremos ser o epicentro da festa nos barrios e poñer os libros ao teu carón, e para iso temos preparada unha proposta fantabulosa que se suma á nosa programación habitual, concentrada na semana previa ao 23 de abril: obradoiros creativos, roteiros e encontros literarios, lecturas en voz alta, agasallos… e libros, moitos libros!

Baixo o lema “Un libro ao teu carón: festa do libro 2023“, as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril, permitindo participar á veciñanza dos seus barrios en roteiros, obradoiros ou conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros.

Seguro que xa coñeces os nosos programas de contacontos e promoción lectora para crianzas de 0 a 7 anos, os clubs de lectura e de divulgación científica, os encontros para familias, etcétera. Se a iso sumamos todas as actividades extraordinarias da semana, xa temos a festa feita!

O calendario completarase con mostras de temática variadas en cada biblioteca, que teñen como denominador común achegar á cidadanía curiosidades literarias e a diversidade do libro, e coa solta de libros nos barrios, preto das bibliotecas, durante toda semana. Estes “libros libres” levarán unha tarxeta para que a persoa que os atope poida compartir o instante nas redes sociais, o que virá dar máis sentido, incluso, ao lema escollido: levar “un libro ao teu carón”. E é que, ao noso través, o libro, este abril, toma os barrios!

Festa Do Libro 2023: Un libro ao teu carón

Leer más publicaciones en Calaméo

Solta de libros

Queremos que os libros saian dos nosos andeis e paseen polos nosos barrios! Por iso, a partir do luns 17, cada biblioteca liberará lotes de libros variados nos seus arredores, que estarán identificados con etiquetas e tarxetas onde se explicará a dinámica desta solta simbólica das palabras, facendo do barrio enteiro unha biblioteca. Avisaremos a través de pistas nas nosas redes sociais de onde e cando buscalos.

Quen atope algún destes libros, pode quedar con el, levalo para a casa, lelo e despois volver deixalo en calquera lugar para que outra persoa o recolla e poida gozar con el. Animamos á veciñanza a compartir a súa foto co libro libre xunto co cancelo #unlibroaoteucarón e citando a @bibcoruna en Instagram ou Twitter.

Mostras bibliográficas: a diversidade do libro

BIBLIOTECAMOSTRADESCRICIÓN
DURÁN LORIGALibros para aprenderLibro informativo atractivo
SAGRADA FAMILIALibros para ver e desfrutar da pinturaLibros de arte para todas as idades
CASTRILLÓNLibros que falan de librosLibros metaliterarios
FÓRUMLibros belidosLibros de edicións coidadas e de luxo
ESTUDOS LOCAISA Coruña, escenario literarioLibros ambientados na Coruña
ROSALESEmoción, intriga e dor de barrigaLibros de intriga e misterio
MONTE ALTOLibros con vidaLibros biográficos

Buscar en Flickr

Actividades nas bibliotecas (do luns 17 ao sábado 22)

Para nenos e nenas de +8 anos: 

  • Obradoiro de relato exprés con Andrea Barreira (Biblioteca Durán Lóriga, martes 18, 18:00 h)
  • Obradoiros de cómic con Santy Gutiérrez (Biblioteca Monte Alto, mércores 19, 18:00)
  • Obradoiro de cómic con Yago García Rodríguez ( Biblioteca Agora, venres 21, 18:00 h)
  • Obradoiro creativo “Contos, cubismo e artista do vangardismo” coa A.C. Mirlotil (Biblioteca Sagrada Familia, sábado 22 , 11:00 h)

Para a mocidade:

  • Obradoiro de escrita con Lúa Mosquetera (Biblioteca Durán, mércores 19,  18:00)
  • Obradoiro de escrita con Lúa Mosquetera (Biblioteca Os Rosales, venres 21, 18 h)

Para persoas adultas:

  • Lecturas en voz alta  con participación clubs de lectura (Biblioteca Ágora, martes 18 pola tarde)
  • Roteiro Literario polas figuras literarias da cidade (Biblioteca Durán Lóriga, xoves 20, 17:30 h)
  • A Coruña escenario literario: encontro con Manuel Rivas (adiada a data orixinal; anunciaremos nova data en breve)

Publicado en Efemérides, Novas, Xeral

Deixar un comentario

Etiquetas: dia del libro, dia do libro, un libro ao teu carón

Polo día da Poesía: campaña “Poesia con nome de Muller”

31 Mar

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, e dende as bibliotecas queremos render unha homenaxe ás nosas poetas como xa fixéramos outros anos.

Nas últimas semanas, dende cada unha das nosas bibliotecas da rede, cada día fomos compartindo  as verbas dunha escritora, entre as se atopan: Emilia Calé, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, María Lado, Antía Otero, Lúa Mosquetera, Alba Cid e Arancha Nogueira.

 

Emilia Calé (A Coruña, 1837 – 1908)

diadapoesia2023(post IG)Emilia Calé y Torres Sanjurjo naceu na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e foi unha escritora moi prolífica que cultivou varios xéneros: poesía, narrativa, teatro. Moi coñecida nos ambientes literarios, foi unha das fundadoras da sociedade “Galicia Literaria”, que se reunía no seu domicilio de Madrid, onde se trasladou entre 1871 e 1875. Colaborou nun gran número de publicacións periódicas dedicadas á muller, que asinaba tamén baixo o pseudónimo de “Esperanza”.
A súa obra poética atopa a inspiración no amor, na patria e na natureza. Tamén, como era usual nesa época, dedica poemas a outras mulleres, como Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, etc.

Reproducimos aquí o poema “A la Torre de Hércules de La Coruña” do seu libro Horas de inspiración, publicado en 1867.

Varias veces te vi, y en esa altura
Contemplé los destellos rutilantes
De tu faro, que ofrece en sus cambiantes
Del iris, el bellísimo color.
A tus pies vi tendido el ancho océano
Y escuché de sus ecos el murmullo,
Ya alzando las ondinas grato arrullo,
O chocando las olas con furor.
Y al compás del rugido que formaban
Esas aguas, que luchan ellas solas,
Miraba’desprendidas de sus olas
Nítidas perlas sobre un fondo azul;
Otras veces en medio la bonanza
Parecióme ese piélago un espejo,
Que copiaba con mágico reflejo
El poético mar del Stambul.

Y siempre te admiré cual un gigante
Que el espacio iluminas con tu faro,
Prodigando constante el fulgor claro
Que despide tu limpia y bella luz;
Pues lo mismo fulguras en la noche
Que se ostenta serena y plateada,
Como al rugir de la tormenta airada
Que al cielo envuelve -SH fúnebre capuz.
A tu amparo camina presuroso
El bagel que cercado de la bruma,
Va rompiendo la leve blanca espuma
Que á su paso la estela ha de formar.
Y el marino contento al divisarte
Entona su canción grata y sonora,
A esa luz que en su rula siempre adora,
Y á ese puerto que anhela saludar.
Sigue siendo del pueblo Brigantino
Firme coloso de esplendente gloria,
Que al formar una parte de su historia
Un recuerdo en sus páginas te envia.
Que el tiempo no destruya tu grandeza,
Ni nunca para tí llegue el ocaso;
Salúdente los siglos á su paso
¡Oh hermosa torre de la patriamia!

Luz Pozo (Ribadeo, 1922 – A Coruña 2020)

diadapoesia2023(post IG) (1)

Poeta primeira poeta galega proposta para un Premio Nobel e voz esencial das letras galegas da segunda metade do século XX.

Comezou o seu labor editorial en Nordés, revista de poesía e crítica da que era directora. Formou parte da Real Academia Galega (RAG) como membro numerario dende 1996 e tamén foi membro do Centro PEN de Galicia. Os premios de Ensaio Tomás Barros, González Garcés e Letras de Bretaña, así como o Premio da Crítica Española e a Medalla Castelao, son algunhas das distincións coas que foi recoñecida a súa traxectoria literaria.

A luz é unha señal da súa identidade cunha trayectoria poética colmada de amor, de recordos, do paso de tempo e da morte. Precisamente dúas mulleres deixaron unha pegada decisiva na súa formación: a súa tía que a iniciou no coñecemento do galego de tradición oral e a súa nai, unha muller que alimentou nela o amor pola poesía e as artes.

María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976)

diadapoesia2023(post IG) (2)Escritora, poeta e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Na actualidade é profesora titular na Facultade de Filoloxía da USC e ten publicados na súa traxectoria profesional libros de poemas, artigos, ensaios e participado tamén en obras colectivas. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio da Crítica á mellor obra poética no ano 2016 por “O deserto” ( 2015) e o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no ano 2022 por “Maternidades virtuosas: unha crítica aos modelos profesionais de crianza” (2022).

Dende a Biblioteca Ágora recomendanespecialmente o libro “A lentitude”, publicado no ano 2017 na editorial Chan da Pólvora.

 

María Lado (Cee, 1979)

diadapoesia2023(post IG) (3)A escritora e actriz galega orixinaria de Cee é a outra metade do proxecto poético-humorístico-musical @aldaolado.

Os seus inicios na escrita foron entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte. Posteriormente participou en volumes colectivos e antoloxías poéticas e colaborou no xornal dixital Vieiros e na revista Dorna. María tamén traduciu ao galego varios libros de literatura infantil.
Como poeta publicou, entre outros, A primeira visión, casa atlántica casa cabaret, Berlín, Nove ou Gramo Stendhal. 

 

 

Antía Otero (A Estrada, 1982)

diadapoesia2023(post IG) (4)Poeta e editora. Tras licenciarse en Historia da Arte e formarse como actriz, traballa arredor da práctica escénica e da escrita.

Como poeta gañou o VII Certame Francisco Añón co poemario De porta un Horizonte e publicou O Son da Xordeira en Espiral Maior no 2003, (Retro)visor no 2010 (Finalista nos premios AELG) e o Cuarto das abellas (2016) (Mellor libro de poesía na II Gala do Libro Galego), ámbolos dous en Xerais. No 2017 publica O branco non pinta!, a súa primeira obra para público infantil, editada por Apiario.

O seus textos poden lerse tamén en multitude de publicacións colectivas e revistas. Dende 2014 codirixe Apiario.

Leva anos dedicada a coordinar cursos de arte, poesía e escrita creativa tanto para entidades públicas como privadas.

 

Lúa Mosquetera (Miño, 1988)

diadapoesia2023(post IG) (5)Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre moitas outras cosas.

Ten un club de bordado (ademais de bordar fotografías profesionalmente), imparte obradoiros de escritura creativa, ten una tenda de roupa de segunda e terceira man, organiza o Festival Loro Facu de Miño pero, ante todo, é poeta e escritora.

Poderedes atopala recitando algún dos seus versos en bares e librarías, habitualmente acompañada de música en directo. Se non, sempre poderedes asomarvos ás súas redes sociais, nas que tamén a atoparedes recitando e compartindo anacos da súa vida e da súa alma. Fálanos de maneira natural e crúa da infancia, da familia, da liberdade, do baile, da música, do reggaeton, da literatura, da nudez dos corpos e, sobre todo, da perda. A morte da súa nai cando ela era nova está sempre presente nos seus versos e tamén na súa vida.

[…]
Creo que tan sólo quería
decirme
que morirse es un asco,
quería ponerse un piercing,
tener un perro,
aprender a conducir,
empezar a envejecer
y no marcharse
sin saber
que su boca
ha sido revolución
para todos los que la hemos conocido.

Alba Cid (Ourense, 1989)

diadapoesia2023(post IG) (6)Estuda Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde tras realizar a tese doutoral empeza a dar clases.

Obtén varios recoñecementos e galardóns dende moi nova cos seus traballos. Participa en obras colectivas como “Poética dá casa” (2006) ou a antoloxía de “No seu despregar’ (2016). Tamén publica textos e recensións en revistas e medios de prensa.

Os seus poemas foron traducidos a varios idiomas e, actualmente, encárgase do Centro John Rutherford de Estudos Galegos da Universidade de Oxford.

Recomendamos o libro “Atlas” co que gaña o Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández” (2020).  Atlas é unha reflexión poética de como a literatura elabora mapas da realidade, e o seu valor moral para reflectir os problemas do mundo. 

Arancha Nogueira (Ourense, 1989)

diadapoesia2023(post IG) (7)Licenciouse en Xornalismo, fixo un mestrado en Literatura comparada e Crítica Cultural e outro de Educación.

O seu nome artístico en homenaxe á súa avoa, ela mesma descríbese como “cantiga de amigo con patas / poeta / cantante de ducha / louca dos afectos”, pero tamén moi lectora e moi curiosa.

Dende ben pequena escribe, baila e debuxa (aínda que di que isto último non moi ben 😊).

Participa na Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega, onde ademais de aprender de forma colectiva fai con moito gozo crítica literaria abertamente feminista.

Espera da poesía que nos sacuda coma un lóstrego, e para acadalo reflexiona sobre a propia identidade: o que somos, o que queremos ser e o que os demais ven de nós.

A relación nai-filla é outro tema moi presente nos seus poemas, dado que as nais son o noso primeiro modelo do que queremos ser. 

E cun poema da novísima Arancha Nogueira pechamos esta campaña de Poesia con nome de Muller:

Na sesta
mamá pousa os dedos sobre o peito
téndeme a manta
(unha flexión),
decide prescindir do frío
como se houber algo de propio na humildade.
O bico pecho,
non colle un só descoido.
Síntome nena no seu peito de ollos tristes.
E case me abonda con isto.
Case.
</3

Publicado en Efemérides, escritoras

Deixar un comentario

Etiquetas: #poesiaconM, Alba Cid, Antía Otero, Arancha Nogueira, Día mundial da poesía, Emilia Calé, Lúa Mosquetera, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, María Lado, Mulleres de carne e verso, Poesía, poetas galegas, Poetry

Día das Escritoras 2022

17 Out

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Helena Villar Janeiro, Mª do Carme Kruckenberg, Marina Mayoral, Uxía Casal, Luísa Villalta, Ursula Heinze, Concha Blanco, Marica Campo e Marilar Aleixandre son as 9 escritoras que este ano eliximos para celebrar o Día das Escritoras.

Durante toda a semana pasada, fumos publicando a través das nosas redes sociais recomendacións literarias destas nove mulleres das nosas letras.

  • Helena Villar Janeiro: De Becerreá (Lugo), foi ensinante e na súa formación, sobre todo no aspecto literario, foron decisivas as clases que recibiu traballando cos seus pais na xastrería ancaresa. Alí descubríu a narración oral e os referentes de moitos personaxes que alimentan a súa obra. Ser escritora élle un xeito de “ser” e de “estar” no mundo, permítelle observar a vida dun xeito ricaz, inventar mundos e camiñar neles polos vieiros da ironía e do humor. Valora o papel que desde a escrita se pode xogar perante a sociedade, patentizando o compromiso cunha serie de causas: o seu xénero, o seu pobo, o seu país, a súa lingua e a súa cultura.

1665476393149

  • Mª do Carme Kruckenberg: nada en Vigo no 1926 (falecida en 2015) é autora de contos, poeta e tradutora, colaborou en prensa e radio, e foi vicepresidenta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Foi recoñecida co Premio Alecrín en 1997, a Medalla de Galicia en 1998, a Medalla Castelao en 2002 e o Premio Laxeiro en 2011.

52402667183_fc60c6ae63_c (1)

  • Marina Mayoral: Catedrática de Literatura, novelista, articulista e investigadora, é Académica de Honra da Real Academia Galega desde 2017. Entre o centenar dos seus traballos de investigación destacan as súas obras sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, análise de poesía e prosa contemporáneas, así como os estudos sobre a problemática da escritura feminina ao longo da historia.

Día das escritoras (4)

  • Uxía Casal: é unha escritora lenta, no mellor sentido da palabra. Licenciada en Xeografía Historia e Filoloxía Hispánica, ten impartido clases de francés e de literatura nas Aulas da Terceira Idade e de español durante dous cursos de verán para estranxeiros na USC. En 1984 marchou para Ourense onde deu aulas de Lingua e Literatura Galegas. A afección polas historias vénlle de cativa e xa desde mociña sentiu o desexo de idear personaxes e tramas no seu maxín. Daqueles primeiros balbucidos non conserva nada, destruíunos un día no que a enchía a febre limpadora.

Día das escritoras (5)

  • Luísa Villalta: Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa, dedicou parte da súa vida á docencia da Lingua e literatura Galegas no ensino secundario. Deixounos textos poéticos, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e artigos xornalísticos. A súa experiencia musical influíu na súa creación literaria, como deixa constancia nalgúns ensaios e artigos, falando da relación entre a palabra e a música. Desenvolveu  unha intensa actividade cultural e implicouse socialmente en defensa da lingua galega: formou parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística, participou no Foro Negro, no Foro da Cultura Galega, etc.
    A morte sorprendeuna prematuramente, con tan só 46 anos, e desde ese momento sucedéronse numerosas iniciativas na súa memoria, como O Certame Literario “Luisa Villalta” e o Premio “Luisa Villalta”.

52403133457_0d02440a3b_c

  • Úrsula Heinze: nada en Colonia (Alemaña) no 1941 é licenciada en Filoloxía Inglesa e Filoloxía Alemá na Universidade de Colonia. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán na Universidade de Valladolid. Fundou a sección de Galicia do PEN Club Internacional, do que foi presidenta entre 1991 e 1995. Autora de moitas novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil e poesía en galego e alemán. Traduciu obras do alemán para o galego e o castelán.

52387837101_422923cf45_c

  • Concha Blanco:  Nada en Lires (Cee) en 1950, é unha das primeiras autoras de material didáctico para o ensino en galego. Profesora de colexios e institutos e impartiu e coordinou cursos de galego e proxectos de formación do profesorado. A maioría da súa obra literaria encádranse na área da literatura infantil e xuvenil. Tamén escribiu obras no campo da didáctica, dos libros de texto e da narrativa.

    Obtivo varios recoñecemento pola súa obra literaria, foi galardoada co Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, recibiu o terceiro premio do Concurso Nacional de Contos Infantís Ou Facho, en 1983; foi finalista do Premio Merlín en tres ocasiones (1996, 1999 e 2003) e foi galardoada co Premio Lecturas de Gálix no 2002, entre outros.

52418823053_05eb0f9d9d_c

  • Marica Campo: natural de Val de Mao, no Incio, lembra ós seus pais como as persoas que lle achegaron á literatura galega. Foi una nena soñadora e rebelde ata que descubriu que quería ser misioneira. Pasou cinco anos nun convento, onde aproveitou para estudar Maxisterio e Teoloxía, e cando marchou traballou como mestra ata a súa xubilación. Escribe poesía, narrativa, teatro e libros infantís, e ademáis traduce, escribe artigos de opinión na prensa e participa en obras colectivas. Recibiu premios como o da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, e tamén o de Poesía no ano seguinte. No 2018 foi a protagonista do Día das Galegas nas Letras.

    leoautoras

  • Marilar Aleixandre: nada en Madrid en 1947 é unha feminista convencida que presume de recibir unha educación rockera escoitando o locutor Ángel Álvarez mentres se licenciaba en Bioloxía na UCM. Estableceuse como profesora de secundaria en Vigo onde, como di ela, se fixo galega. Será Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentalas na USAL. Adoptou o galego no só como lingua literaria, senón tamén como lingua científica e dende 2017 é membro da Real Academia Galega.​

Día das escritoras (8)

Ademais, tamen lembramos a mulleres escritoras fora da nosa contorna:

  • O papel das mulleres no mundo do cómic
  • Autoras LGTB
  • Escritoras Nobel do S. XXI

Publicado en Efemérides, Escritores

Deixar un comentario

Etiquetas: Dia das Escritoras, Dia de las Escritoras, Leo Autoras

Día das Letras Galegas en Primaletras

Día das Letras Galegas en Primaletras

9 Mai

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Á celebración do Día das Letras Galegas correspóndelle a recta final de Primaletras, e imos con todas este mes de maio! Actividades variadas para todas as idades, para achegarte ás biblios ou desfrutar desde casa, para xogar, para aprender, para gozar e danzar.

Para saber máis polo miúdo de que falamos, só tes que seguir lendo! Toma nota!

—EXPOSICIÓN DIXITAL “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: CONEXIÓN ATLÁNTICA”

CANDO E ONDE: Desde o 1 de maio na web das bibliotecas municipais da Coruña.

Este ano, o homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, verba galega*, poeta, activista cultural, editor de palabras, exiliado en terras mexicanas desde o seu Córgomo natal, corgomófilo infindo**.

O recoñecemento a Florencio Delgado Gurriarán “non se limita a un autor literario ou a unha figura do galeguismo, nin sequera ao exilio mexicano, senón a todos aqueles que, mentres comezaban unha nova vida lonxe da súa terra, se dedicaron a (re)construír a identidade de Galicia como cultura, como pobo e como país” (fragmento da exposición dixital “Conexión Atlántica”).

Ao longo do mes, poderás visitar de forma virtual a exposición dixital “Florencio Delgado Gurriarán: Conexión Atlántica”. Se vas ás bibliotecas, verás un panel co código de acceso, pero desde xa podes acceder picando na ligazón que achegamos:

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: CONEXIÓN ATLÁNTICA

Exposición dixital “Florencio Delgado Gurriarán: Conexión Atlántica”

*Verba galega era parte do título dunha das revistas que editou, e ben podía definilo a el mesmo.

**O pseudónimo Korgomófilo foi empregado por Florencio D. G., e neste binomio quixemos unilo á súa obra Galicia infinda.

—ESCAPE ROOM “O LADRÓN DOS LIBROS DE FLORENCIO”

CANDO E ONDE

  • Martes 11 maio, 18:30 h. / Sagrada Familia / 8 a 12 anos.
  • Mércores 18 maio, 19 h. / Durán Loriga / 9 a 16 anos.
  • Xoves 19 maio, 17 h. / Castrillón / 8 a 12 anos.
  • Xoves 19 maio, 19 h. / Ágora / 14 a 16 anos.

Para rapazas e rapaces a partir dos 8 anos e ata os 16 (comproba as idades, porque dependen de cada biblioteca), quixemos que coñecer máis a Florencio fose tamén unha aventura.

“O ladrón dos libros de Florencio” é un Escape Room que, da man de Clue Hunter, presenta un reto, e só unha hora, que obrigará a pór a proba a agudeza mental e os coñecementos sobre o autor de Córgomo para acadalo. Poderemos descubrir, entre a lista de terribles sospeitosos, quen robou os libros de Florencio?

O xogo de Escape Room está producido por Clue Hunter

—CONVERSA CON MARÍA REI VILAS ARREDOR DE “FLORES DE FERRO”

CANDO E ONDE: 10 maio, 18:30 h. / Biblioteca Rosales

Tras a lectura de “Flores de ferro” de María Rei Vilas, novela gañadora do Premio García Barros 2020, os clubs de lectura “Café con libros” terán unha conversa coa escritora arredor do libro, das múltiples historias que contén e do seu proceso creativo, nun encontro aberto a calquera persoa interesada no tema.

María Rei Vilas (A Laracha, 1964) é profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Agra de Leborís, da súa localidade natal. Autora de libros de texto e guías didácticas relacionadas co ensino da bioloxía e a xeoloxía, “Flores de ferro” é a súa primeira novela.

Capas da novela “Flores de ferro” editada por Galaxia

—CONFERENCIA “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN NO EXILIO GALEGO EN MÉXICO”, POR RAMÓN VILLARES

CANDO E ONDE: 11 maio, 19 h. / Biblioteca de Estudos Locais

O historiador Ramón Villares estará connosco para impartir a conferencia “Florencio Delgado Gurriarán no exilio galego en México”, na que profundará na figura do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e no exilio propiciado pola represión franquista.

Tras a conferencia, desfrutaremos dunha regueifa na que rivalizarán en enxeño Xurxo Souto e Manuel Maseda a partir do poema de Gurriarán Galicia infinda.

Co gallo das Letras Galegas para Florencio D.G., reeditouse a súa obra “Galicia infinda”, onde podemos ler o poema do mesmo nome.

Ramón Villares Paz (Cazás-Xermade, 1951) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e Membro Numerario da Real Academia Galega. Pertence aos patronatos do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane, da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Juana de Vega. Foi Presidente do Consello da Cultura Galega, desde 2006 a 2019. Entre as súas publicacións destacan Identidade e afectos patrios (Galaxia, 2017), Premio Mondoñedo 10 ao Mellor Ensaio da Década, ou Exilio republicano y pluralismo nacional: España, 1936-1982 (Marcial Pons, 2021).

—CONCERTO AGORASÓN PRIMAVERA CON LUAR NA LUBRE​

CANDO E ONDE: 21 maio, 21 h. / Auditorio do Centro Ágora

Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, o Concerto AgoraSón Primavera con Luar na Lubre poñerá o ramo perfecto, coa fabulosa música do grupo coruñés, a un marabilloso Primaletras que achegou á cidade o mellor da literatura local e galega na actualidade.

Luar na Lubre protagoniza o AgoraSón Primavera desta edición

Os convites para asistir repartiranse nas bibliotecas a partir do luns 16 de maio. Entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo.

Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h, salvo na Biblioteca de Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h, agás no Punto de Servizo de Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.

Mentres escribimos estas liñas na recta final de Primaletras xa comezamos a atesourar os momentos vividos! Ademais, para revivilos, sempre podemos repasar a guía de lectura do festival, a un só clic de distancia.

Guía de lectura en Calaméo

Felices Letras Galegas en Primaletras!

Publicado en Efemérides, letras galegas, Xeral

Deixar un comentario

Etiquetas: #recomendamosbmc, Concertos, Conferencias, Encontros literarios, Escape Room, Florencio Delgado Gurriarán, Flores de ferro, letras galegas, Luar na Lubre, Manuel Maseda, María Rei Vilas, Primaletras, Ramón Villares, Xurxo Souto

Día do Libro en Primaletras

Día do Libro en Primaletras

20 Abr

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Abril é o mes do libro por excelencia. Comeza o día 2, coa celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil, e remata o 23, coa festa do Libro. Pero, como é sabido, este ano na Coruña celebramos unha primavera enteira dos libros e das letras, de marzo a maio: Primaletras!

Con todo, cada celebración concreta ten o seu espazo na programación xeral e velaquí que o Día do Libro reclama o seu lugar nesta estación literaria.

Comezamos animando as rúas e bibliotecas o venres 22 e o sábado 23 de abril co Batallón Literario, e seguiremos coa presentación do libro “Azucre”, de Bibiana Candia, o 26 de abril na Biblioteca Rosales. O ramo ao Día do Libro será o encontro con Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa, o 4 de maio no auditorio do Centro Ágora.

Pero lembra que Primaletras non remata aquí! Aínda queda moita primavera…

Folleto de programación en Calaméo

E de que vai cada un deses eventos programados para o Día do Libro?

BATALLÓN LITERARIO

Cando e onde: 22-23 abril / Todas as bibliotecas

O Batallón Literario da man de Nelson Quinteiro Producciones percorrerá os barrios e as rúas da cidade co seu espectáculo para celebrar o Día do Libro. 

Trátase dun espectáculo a modo de pasarrúas itinerante con música en directo que une unha posta en escena moi coidada cunha interpretación que reivindica a exaltación poética, a partir de textos coidadosamente escollidos presentes na literatura galega e na tradición oral de Galicia.

Seis actores e actrices caracterizados de escritor@s acompañados por un acordeonista percorrerán as rúas e prazas a golpe de versos, facendo improvisacións, agasallando poemas, recitando, escribindo versos no chan, bailando e interactuando cos  e coas viandantes.

Horas e lugares por onde pasará o Batallón Literario

Atopa a música de Nelson Quinteiro nas bibliotecas.

ENCONTRO CON BIBIANA CANDIA

Cando e onde: 26 abril, 18:30 h. / Biblioteca Rosales

Encontro coa xornalista e escritora coruñesa Bibiana Candia, quen recibiu varios premios polo seu labor xornalístico, arredor da súa obra “Azucre”.

“Azucre”, de Bibiana Candia

Azucre é o relato novelado da auténtica historia de mil setecentos mozos que viaxaron a Cuba para traballar e terminaron vendidos como escravos por obra de Urbano Feijóo de Sotomayor, un galego afincado na illa que, aproveitando a situación de necesidade dos seus compatriotas, promoveu unha campaña de colonización branca e substitución da man de obra levada desde África.

Atopa o libro “Azucre” nas bibliotecas.

ENCONTRO CON XESÚS FRAGA

Cando e onde: 04 maio, 18:30 h. / Auditorio do Ágora

Encontro con Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa 2021 por “Virtudes (e misterios”), cos clubs de lectura das bibliotecas municipais e todas as persoas interesadas. Modera o acto Lorena Gómez e acompañan ao autor Antía Yáñez e Luisa Lis.

“Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga

En 1955, un pobre zapateiro emigra a Venezuela coa ilusión de regresar transformado nun rico indiano. Pero, tras varios anos sen novas del, a súa muller decide emigrar tamén, pero en dirección oposta: a Inglaterra. Xesús Fraga, neto dese malogrado matrimonio de emigrantes, reconstrúe as súas vidas e a convivencia coa soidade, o desarraigo e a inquedanza das preguntas sen resposta.

Atopa o libro “Virtudes (e misterios)” nas bibliotecas.

Bota un ollo á guía de lectura do Festival Primaletras se quedas con ganas de que che recomendemos máis libros!

Guía de lectura en Calaméo

Publicado en Efemérides, Xeral

Deixar un comentario

Etiquetas: Azucre, Batallón literario, Bibiana Candia, Día do libro, Encontros literarios, Primaletras, Virtudes (e misterios), Xesús Fraga

PrimaLetras: o festival dos libros e das letras

18 Mar

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

As Bibliotecas queremos ver florecer as letras esta primavera, por iso organizamos o Festival literario e cultural “PrimaLetras” para celebrar na cidade da Coruña todas as efemérides relacionadas co libro e a lectura que se aglutinan nos meses da primavera (marzo/maio), con especial atención ao 23 de abril (día do Libro).

  • 21 de marzo: día da poesía
  • 27 de marzo: día do teatro
  • 02 de abril: día do libro infantil e xuvenil
  • 23 de abril: día do libro
  • 01 de maio: día da banda deseñada
  • 17 de maio: día das letras galegas

Esta primavera encheremos as bibliotecas municipais da Coruña de actividades e eventos como homenaxe ás distintas efemérides que en relación aos libros e as letras teñen lugar de marzo a maio.

O noso obxectivo de dar visibilidade ao talento literario e á efervescencia cultural que vivimos na actualidade e, ao tempo, ofrecer actividades de calidade para as persoas usuarias das bibliotecas municipais que confían no noso traballo e o demostran participando en todas as propostas que lles facemos.

Unha programación dirixida a aprender e pasalo en grande entre libros e historias para poder participar da efervescencia creativa que nos arrodea.

Tomade nota de toda a programación.

Folleto Programación Primaletras
Leer más publicaciones en Calaméo

Publicado en Actividades do club, Efemérides, letras galegas, Xeral

Deixar un comentario

Etiquetas: Diadolibro, Primaletras

Despedimos o especial temático #LemosParaTi dedicado a Dona Emilia

Despedimos o especial temático #LemosParaTi dedicado a Dona Emilia

16 Dec

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921), desde as Bibliotecas Municipais da Coruña sumamos ao catálogo de #LemosParaTi unha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses.

Lemos para ti é unha proposta que naceu no ano 2020 durante o confinamento por mor da crise sanitaria Covid-19, co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía. Para ampliar información sobre a mesma, consulta o post en Bibliosons “Lemos para ti, lectura en voz alta para adultos“.

De maio a decembro deste ano 2021 sumáronse lecturas de fragmentos de distintas obras cunha periodicidade mensual ao noso podcast Lemos Para Ti. Nunha entrada anterior, que se publicou o 16 de setembro neste blog coincidindo coa data de nacemento de Dona Emilia (16 de setembro de 1851), deuse difusión aos audios publicados ata o momento nas nosas canles de Ivoox e Spotify: “La cocina española antigua”, “Rodando”, “Al pie de la torre Eiffel”, “Revista de Galicia” e “Cuesta abajo”.

Hoxe compartimos con vós as últimas tres lecturas que completan este especial temático de #LemosParaTi dedicado á figura dunha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria: “Movendo os marcos do patriarcado”, “Miquiño mío: cartas a Galdós” e “Las frases frágiles”.

Movendo os marcos do patriarcado (Galaxia, 2021)

Fragmento de lectura do ensaio “Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán”, de Marilar Aleixandre e María López Sández.

Unha obra que analiza de forma pormenorizada as ideas centrais do feminismo de Emilia Pardo Bazán, quen xa no ano 1914 se refire a si mesma como unha radical feminista. O libro foi publicado pola Editorial Galaxia en febreiro deste ano 2021, dentro da súa colección Feminismos.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-movendo-os-marcos-do-patriarcado_md_77116146_wp_1.mp3 Ir a descargar

Miquiño mío: cartas a Galdós (Turner, 2020)

Fragmento de lectura da obra “Miquiño mío: cartas a Galdós”, que recompila as cartas enviadas por Pardo Bazán a Galdós ordenadas cronoloxicamente e acompañadas dunha aproximación á figura da escritora coruñesa e o relato esencial do amor e a amizade entre ambos autores.

Unhas cartas nas que a personalidade apaixonada, clara, guerreira e maternal de Dona Emilia brilla tanto como o seu dominio da linguaxe, a súa graza e a súa orixinalidade. Editado por Turner no ano 2020, con prólogo e notas de Isabel Parreño e Juan Manuel Hernández.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-miquino-mio-cartas-a-galdos_md_78410358_wp_1.mp3 Ir a descargar

Las frases frágiles (La Bella Varsovia, 2021)

Lectura dos poemas “Fantasía”, “La aurora” e “Una cazata”, incluídos na antoloxía “Las frases frágiles”, publicada no ano 2021 na editorial La Bella Varsovia.

Esta obra, edición da autora e editora Elena Medel, recompila unha escolma de poemas escritos fundamentalmente nas primeiras décadas de vida de Dona Emilia Pardo Bazán, desde a súa adolescencia ata o triunfo como novelista.

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-las-frases-fragiles_md_79528253_wp_1.mp3 Ir a descargar

E ata aquí o especial temático “Lemos para ti… a Dona Emilia”, agardamos desfrutedes escoitando estes fragmentos de lectura nesta mesma entrada e tamén nos nosos perfís corporativos de Ivoox e Spotify e convidámosvos a compartilos!!

Destacado #EPB100 na web das BMC
Guía de lectura #EPB100

Publicado en A biblioteca recomenda, Efemérides

Deixar un comentario

Etiquetas: #EPB100, #LemosParaTi, #recomendamosbmc, Centenario Emilia Pardo Bazán, Emilia Pardo Bazan, ivoox, Lemos para ti, podcast, spotify

“Lemos para ti” a Emilia Pardo Bazán.

16 Set

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Lemos para ti é unha iniciativa das Bibliotecas Municipais da Coruña que xorde en pleno confinamento coa idea de achegar fragmentos de textos de diferentes autores e autoras.

Con motivo do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán quixemos aproveitar para dar tamén a coñecer a súa variada e extensa obra seleccionando pezas de diferentes xéneros que abordou a escritora coruñesa. Esta é unha das moitas actividades e iniciativas levadas a cabo nas bibliotecas para render homenaxe á autora, dentro dun marco máis amplo levado a cabo polo Concello xunto a outras institucións.

Cada terceiro xoves de mes publicamos un podcast lido polos bibliotecarios e bibliotecarias da rede. O pistoletazo de saída démolo co fragmento do prólogo de “La cocina española antigua”. Esta obra, de 1913 inclúese dentro da colección “Biblioteca de la mujer” nada coa intención de divulgar en España as ideas sobre feminismo que circulaban polo resto de Europa. O prólogo permite ler entrelíneas a intencionalidade da autora que deixa patente que un libro de cociña pode ser algo máis que unha lista de receitas:

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-la-cocina-espanola-antigua_md_70291467_wp_1.mp3 Ir a descargar

Pero se por algo foi famosa Emilia Pardo Bazán foi pola súa produción de novela curta. Colaborou frecuentemente nas coleccións máis populares deste xénero co fin de achegar a lectura aos petos máis modestos. “Rodando”, novela breve ambientada en Marineda, a cidade inventada por Dona Emilia e que representa á cidade da Coruña, foi a última delas, publicándose en 1920:

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-rodando_md_71547092_wp_1.mp3 Ir a descargar

“Ao pé da Torre Eiffel”, dá boa mostra doutra das facetas de Emilia Pardo Bazán: a literatura de viaxes. Dona Emilia foi unha gran viaxeira que deixou testemuño da crónica do momento nas súas innumerables viaxes. En 1889 foi enviada a París para cubrir a Gran Exposición Universal que ademais coincidiría coa inauguración de La Torre Eiffel:

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-al-pie-torre_md_72590144_wp_1.mp3 Ir a descargar

A xulgar polos que estudan a súa figura, Emilia Pardo Bazán foi unha das primeiras xornalistas profesionais da súa época. Fundou en 1880 a “Revista de Galicia” que dirixirá e na que publicará tamén moitos artigos. Aquí podemos escoitar dous poemas incuidos nela: “En el abanico de Emilia Pardo Bazán” [firmado por Rosalía de Castro] e “Lectura de Os Lusiadas a orillas del Tajo” [da mesma Emilia Pardo Bazán]:

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-revista-galicia_md_74293691_wp_1.mp3 Ir a descargar

O teatro foi outra dos paus que tocou a coruñesa, nas súas propias palabras:

“Hay en el teatro infinitos elementos ajenos a la literatura, que le prestan interés humanísimo. Es un estudio, más viviente y sangrante que el de los libros. Es vida en que el artificio y la realidad, combinándose, dan por resultado un poco más de experiencia”.

A continuación podemos escoitar un fragmento de “Cuesta abajo”, comedia dramática dividida en 5 actos, escrita e estreada en 1906 que trata sobre a decadencia e a situación da muller na sociedade, tema éste último que copará gran parte da temática da obra de Emilia:

https://www.ivoox.com/lemos-para-ti-cuesta-abajo_md_75519333_wp_1.mp3 Ir a descargar

Ata aquí o publicado máis convidámosvos a seguir escoitando máis fragmentos de obras que vos descubrirán máis facetas desta incríble muller. Esperámosvos!!

Publicado en Efemérides, escritoras

1 comentario

Etiquetas: #LemosParaTi, #recomendamosbmc, Centenario Emilia Pardo Bazán, Emilia Pardo Bazan, Lemos para ti

Emilia Pardo Bazán e a literatura culinaria.

Emilia Pardo Bazán e a literatura culinaria.

10 Mai

Publicado por: Bibliotecas Municipais da Coruña

Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña en 1851 e faleceu o 12 de maio de 1921. Este ano, por tanto, celébrase o centenario da morte dunha muller que foi unha gran novelista, narradora, ensaísta, poeta, dramaturga e xornalista, e que é considerada por moitos como a mellor escritora española do século XIX.

Anuncio dun aceite de oliva protagonizado por dona Emilia.
Anuncio dun aceite de oliva protagonizado por dona Emilia.

A temática culinaria supón quizais unha parte pouco coñecida  da súa produción literaria, con todo, a esta dedicou varios e importantes textos do mesmo xeito que outros ilustres escritores galegos como Álvaro Cunqueiro ou Julio Camba.

A condesa de Pardo Bazán escribiu dous libros de cociña, publicados en 1913 e 1914 na colección “Biblioteca da Muller”, fundada e dirixida por ela coa intención de divulgar en España as ideas sobre feminismo que circulaban no resto de Europa. Con todo, os seus inicios nesta temática da literatura remóntanse a 1905 cando escribiu o prólogo ao libro do seu amigo Manuel María Puga e Parga, ”Picadillo”.

Nel cabe destacar, para o que aquí nos interesa, a súa definición da literatura culinaria “é profundamente humana, de maior contido humano que ningunha (…)”  comentario este por tanto que se contextualiza e hai que entender dentro do movemento literario ao que se adscribe a autora, o naturalismo. Aquí a autora aínda non se adentrará en cuestións prácticas, que si veremos nos seus seguintes libros, senón que a súa atención estará posta máis na cuestión literaria derivada da súa condición de escritora.

“La cocina española antigua” foi o primeiro dos seus receitarios e un dos primeiros libros que fundamentaron a gastronomía española como elemento de identidade nacional e obxecto de estudo cultural. No prólogo, a escritora proclama cuestións como que

“la cocina es a mi entender uno de los documentos etnográficos importantes. […] Cada época de la historia modifica el fogón y cada pueblo come según su alma, antes tal vez que según su estómago. Hay platos de nuestra cocina nacional que no son menos curiosos ni menos históricos que una medalla, un arma o un sepulcro”.

Neste primeiro volume recóllense as receitas tradicionais de distintas rexións de España, reivindicando o valor dos nosos pratos, do mesmo xeito que propugnaba Picadillo, por encima daqueles, foráneos e franceses, convertidos no estándar do bo gusto durante o século  XIX.

“Hay que apresurarse a salvar las antiguas recetas. ¡Cuántas vejezuelas habrán sido las postreras depositarias de fórmulas hoy perdidas! En las familias, en las confiterías provincianas, en los conventos, se transmiten reflejos del pasado pero diariamente se extinguen algunos”.

“La cocina española moderna”, tamén publicado na Biblioteca da Muller, resulta un paso máis na súa evolución ideolóxica. Neste novo libro vai adaptar guisos europeos á mesa española porque segue pensando que a base da nosa cociña ten que ser nacional, destacando cómo en España cómese xa con máis refinamento e elegancia. O que pretende a autora con este libro é ofrecer á ama de casa un receitario para comer con fundamento pero coidando a presentación, a elegancia na cociña e tamén na mesa. Novamente fai unha defensa da lingua española pero esta vez fronte á introdución masiva de vocábulos estranxeiros, sobre todo vindos do inglés e do francés, así como a revalorización da comida rexional e nacional, principalmente fronte á francesa, co emprego do aceite español e a manteiga de porco fronte á manteiga dos franceses.

Insiste pois na elaboración de boa comida económica pero ben presentada: “la comida más corriente y barata admite escenografía”, di, incidindo na comida tamén como nutrición.

“El comer se humaniza cada día más. Ya no es el engullir de la bestia hambrienta. También en la mesa puede el espíritu sobreponerse a lo material”.

Dona Emilia evolucionou pois no seu discurso desde que escribise o seu primeiro prólogo a Picadillo, refinándose e afastándose da función meramente nutricional e primitiva, netamente corporal da comida.

En total, recompila máis de mil receitas que pretenden conservar a nosa gastronomía e transmitila ás seguintes xeracións. Foi, que dúbida cabe, unha gran defensora da nosa cociña e do uso do noso léxico gastronómico. Ademais, o seu espírito viaxeiro fíxoa coñecedora doutros pratos e por iso defendeu tamén a sofisticación dos mesmos, tanto polos seus ingredientes (xa entón incluía no seu receitario un “bacalao a la gallega con jengibre”) como pola súa presentación. Consideraba a cociña como parte do noso patrimonio cultural.

Recolle Carmen Bravo Villasante no seu libro sobre Emilia Pardo Bazán unha carta da escritora ao director da Voz de Galicia na que di:

“Por mi parte siempre anduve en guisar, y hasta le tengo afición a estos quehaceres y siento no disponer de tiempo para practicarlos. No soy doctora en el arte de Muro, Dumas, Rossini, Brillat-Savarin y Picadillo, pero jamás vi incompatibilidad entre él y las letras. Es cuanto puedo alegar para que el público disculpe mi conducta. Y espero que mis fórmulas salgan un poco más castizas que las definiciones de cocina del Diccionario de nuestra amiga la Academia, no de los Cinocéfalos, sino de la Lengua, para lo cual no necesito ciertamente ser Cervantes, ni Fray Luis”

Tamén a súa obra literaria está impregnada de referencias gastronómicas, como no festín de honra ao patrón do seu pobo ao que fai referencia en “Os pazos de Ulloa”. “La monumental sopa de pan rehogada en grasa, con chorizo, garbanzos y huevos cocidos cortados en ruedas, circulaba ya en gigantescos tarterones y se comía en silencio, jugando bien las quijadas”.

Do seu gusto e importancia pola arte da cociña temos testemuño a través do  manuscrito do Menú de celebración do 17 de maio de 1916, con motivo do seu nomeamento como catedrática de linguas neolatinas da Universidade Central de Madrid, e que consistía en suculencias tales como:

  • consumado frío,
  • ovos Vatel,
  • salmón en salsa holandesa, 
  • áspic de fuágras (como ela escribiu da súa propia man), 
  • espárragos de Aranxuez,
  • solombo ao mollo.
  • Como doce broche final: xeado de crema real, Chester-cakes, froitas do tempo e doces regados con viños entre os que cabe destacar un Ribeiro da terra.

Toda a cidade da Coruña envórcase neste o seu centenario con diversos eventos, así que as bibliotecas tamén queremos sumarnos, no que a gastronomía refírese, cunha exposición de libros na Biblioteca Municipal de Monte Alto, co título “Emilia Pardo Bazán e a literatura culinaria”, e con este vídeo realizado por Frabisa, autora do coñecido blogue de cociña de La Voz de Galicia, que nos deleita cuns Célebres mantecados de las Torres de Meirás, receita  incluída no seu libro, “La cocina española antigua”.

Tamén o Concello, a través da concellería de Turismo, levará a cabo unhas Xornadas Gastronómicas que elaborarán e reinterpretarán receitas pardobazianas. Algúns restaurantes xa ofrecen estas reinterpretacións. Boas lecturas e bo proveito!!!

Publicado en Efemérides, escritoras, Novas

Deixar un comentario

Etiquetas: cocina, Emilia Pardo Bazan, escritoras, Frabisa, La cocina de Frabisa, mantecados Torre de Meirás, Manuel María Puga e Parga, naturalismo, Picadillo

← Older Posts
  • A web de bibliotecas

    web bibliotecas municipais da coruña

    Web bibliotecas municipais da coruña

  • Clubs de lectura presenciais:

    Nas nosas bibliotecas dispoñemos de 15 clubs de lectura presenciais de lectura de tipoloxía xeral:

    • Club de Ágora (Martes tarde alternos)
    • Club de Castrillón (Xoves tarde)
    • Club de los lunes de Fórum (Luns mañás)
    • Club Forum (Martes mañás)
    • Club Forum (Mércores tarde alternos)
    • Club Mesoiro (Sábados mañás)
    • Club Monte Alto (Martes tarde alternos)
    • Club Os Rosales Café con libros (Martes tarde alternos)
    • Club Sagrada Familia (Luns mañás)
    • Club de Lectura Durán Lóriga (Mércores mañás)
    • Club de Lectura Durán Lóriga (Xoves mañás)

    E temos 6 clubs de lectura presenciais de temáticas especializadas:

    • Club de Lectura de autores galegos (Mércores tarde en Estudios Locais)
    • Club de Lectura Fácil - Fiando Historias (Un xoves mañá ao mes no Fórum)
    • Club de lecturas feministas - O cuarto propio (Un mércores tarde ao mes en Ágora)
    • Club de lectura QUEERuña (Un martes tarde ao mes en Estudos Locais)
    • Club de lectura cómics (Un mércores tarde ao mes no Fórum)
    • Club de lectura para a mocidade – La Tribu (Xoves á tarde en Ágora, quincenal)
  • Clubs de lectura virtuais:

    Contamos con clubs de lectura virtuais de temáticas xerais:

    • Club de lectura virtual de Ágora (Mércores tarde, quincenal)

    Contamos cun Club virtual de lectura que desenvolve toda a súa actividade sempre en liña sen necesidade de reunións presenciais.

  • Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

    Úneche a outros 444 subscritores
  • Categorías

    • A biblioteca recomenda
    • Actividades do club
    • Ágora's Book Club
    • Club Ágora
    • Club Castrillón
    • Club de clásicos
    • Club de lectura de autores galegos
    • Club de los Lunes de Forum
    • Club DL
    • Club Fórum mañás
    • Club Forum tardes
    • Club Mesoiro
    • Club Miúdo
    • Club Monte Alto
    • Club Os Rosales
    • Club Sagrada Familia
    • Club Xuvenil Monte Alto
    • Clubes de lectura
    • Efemérides
    • ElClú
    • ensaio
    • escritoras
    • Escritores
    • Ilustradores
    • letras galegas
    • Libro electrónico
    • Libros lidos
    • Libros para ver e mirar
    • Novas
    • Novela de aventuras
    • Novela de humor
    • novela erótica
    • Novela histórica e biográfica
    • Novela intriga y misterio
    • Novela por entregas
    • Novela romántica
    • Novela sobre a vida cotiá
    • Novela social e política
    • Obras
    • Para nenos de 2 a 5 anos
    • Para nenos de 6 a 8 anos
    • Quérote+
    • Recomendacións dos nosos lectores
    • Xeral
  • Etiquetas

    "Club dos Luns de Fórum" #bibliotecarioviaxeiro #CaféconLibros #corunaencasa #quedanacasaele #quedateencasa #recomendamosbmc Actividades amor filial bagora bforum Biblioteca Agora Biblioteca Os Rosales Bibliotecas binfantil bmontealto bsagradaf Café con libros centro agora club de lectura club de lectura agora mercores club de lectura agora miercoles comic contos cuentos desideratas Dia das Letras Galegas Dia Internacional de la Mujer Día del libro Día do libro ElClú Emilia Pardo Bazan encontros con autor encontros con autores encuentros con autor encuentros con autores feminismo guia de lectura guias de lectura homosexualidade inscripcion clubs Lecturas letras galegas lgtb libros libros en directo Literatura galega Literatura norteamericana Manuel Rivas Mario Vargas Llosa mostras muestras nieves abarca novela Novela de humor Novela histórica Novela intimista Novela policíaca novela social os mellores de pedro ramos peticions de compra Poesía Premios Premios literarios presentaciones literarias presentacións presentacións literarias recomendaciones recomendacions Saga familiar sugerencias de compra suxestións de compra Taller de escritura creativa teatro
  • Arquivo

  • Actividades nas Bibliotecas Municipais

    Actividades nas bibliotecas municipais
  • O noso Facebook

    O noso Facebook
  • As bibliotecas en imaxes

    Club de lectura do 13, Biblioteca Ágora: Saída á Fundación María José JoveClub de lectura do 13, Biblioteca Ágora: Saída á Fundación María José JoveClub de lectura do 13, Biblioteca Ágora: Saída á Fundación María José JoveClub de lectura do 13, Biblioteca Ágora: Saída á Fundación María José JoveClub de lectura do 13, Biblioteca Ágora: Saída á Fundación María José Jove
    Máis fotos
  • Os nosos blogs

    • Bibliosons
    • Blog proxecto Suma Agora
    • Club de Ciencia e Investigación
    • Club de lectura Queeruña
    • Club virtual de lectura
    • Corto y cambio
    • Espazo infantil e xuvenil
    • Fancomic
    • Galicia Móvese
  • Sitios de interés

    • 365 días de libros
    • A Esperela
    • Alas y Balas
    • Babelia
    • Blog de Marta Rivera de la Cruz
    • Blog novela historica
    • Blogue de poesia
    • Bouvard e Pécuchet
    • Brétemas
    • Caderno da critica
    • Club de lectura El Grito
    • Criticalia
    • El Bibliofilo enmascarado
    • El lamento de Portnoy
    • El lector digit@l
    • El placer de la lectura
    • El poder de la palabra
    • From Isi
    • La medicina de Tongoy
    • Letra en obras
    • Libreros
    • Libros para soñar
    • Librosfera
    • Lo que Lucía ve
    • Nos gusta leer
    • O Cabaret Voltaire
    • O levantador de minas
    • Octaedro
    • Papel en blanco
    • Patrulla de salvación
    • Taller de lecturas Macuf
    • Un mes, un libro
    • Xerais blog
  • Busca no catálogo das Bibliotecas

    cascarilleiro

    Acceso ó catálogo das bibliotecas

  • Acceso

    • Crear conta
    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.com

Blog en WordPress.com.

  • Subscrición Subscrito
    • Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña
    • Úneche a outros 444 subscritores
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Report this content
    • View site in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...