Arquivo do blog

Día das Letras Galegas en Primaletras

Á celebración do Día das Letras Galegas correspóndelle a recta final de Primaletras, e imos con todas este mes de maio! Actividades variadas para todas as idades, para achegarte ás biblios ou desfrutar desde casa, para xogar, para aprender, para gozar e danzar.

Para saber máis polo miúdo de que falamos, só tes que seguir lendo! Toma nota!

EXPOSICIÓN DIXITAL “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: CONEXIÓN ATLÁNTICA”

CANDO E ONDE: Desde o 1 de maio na web das bibliotecas municipais da Coruña.

Este ano, o homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán, verba galega*, poeta, activista cultural, editor de palabras, exiliado en terras mexicanas desde o seu Córgomo natal, corgomófilo infindo**.

O recoñecemento a Florencio Delgado Gurriarán “non se limita a un autor literario ou a unha figura do galeguismo, nin sequera ao exilio mexicano, senón a todos aqueles que, mentres comezaban unha nova vida lonxe da súa terra, se dedicaron a (re)construír a identidade de Galicia como cultura, como pobo e como país” (fragmento da exposición dixital “Conexión Atlántica”).

Ao longo do mes, poderás visitar de forma virtual a exposición dixital “Florencio Delgado Gurriarán: Conexión Atlántica”. Se vas ás bibliotecas, verás un panel co código de acceso, pero desde xa podes acceder picando na ligazón que achegamos:

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: CONEXIÓN ATLÁNTICA

Exposición dixital “Florencio Delgado Gurriarán: Conexión Atlántica”

*Verba galega era parte do título dunha das revistas que editou, e ben podía definilo a el mesmo.

**O pseudónimo Korgomófilo foi empregado por Florencio D. G., e neste binomio quixemos unilo á súa obra Galicia infinda.

ESCAPE ROOM “O LADRÓN DOS LIBROS DE FLORENCIO”

CANDO E ONDE

Para rapazas e rapaces a partir dos 8 anos e ata os 16 (comproba as idades, porque dependen de cada biblioteca), quixemos que coñecer máis a Florencio fose tamén unha aventura.

“O ladrón dos libros de Florencio” é un Escape Room que, da man de Clue Hunter, presenta un reto, e só unha hora, que obrigará a pór a proba a agudeza mental e os coñecementos sobre o autor de Córgomo para acadalo. Poderemos descubrir, entre a lista de terribles sospeitosos, quen robou os libros de Florencio?

O xogo de Escape Room está producido por Clue Hunter

CONVERSA CON MARÍA REI VILAS ARREDOR DE “FLORES DE FERRO”

CANDO E ONDE: 10 maio, 18:30 h. / Biblioteca Rosales

Tras a lectura de “Flores de ferro” de María Rei Vilas, novela gañadora do Premio García Barros 2020, os clubs de lectura “Café con libros” terán unha conversa coa escritora arredor do libro, das múltiples historias que contén e do seu proceso creativo, nun encontro aberto a calquera persoa interesada no tema.

María Rei Vilas (A Laracha, 1964) é profesora de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Agra de Leborís, da súa localidade natal. Autora de libros de texto e guías didácticas relacionadas co ensino da bioloxía e a xeoloxía, “Flores de ferro” é a súa primeira novela.

Capas da novela “Flores de ferro” editada por Galaxia

CONFERENCIA “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN NO EXILIO GALEGO EN MÉXICO”, POR RAMÓN VILLARES

CANDO E ONDE: 11 maio, 19 h. / Biblioteca de Estudos Locais

O historiador Ramón Villares estará connosco para impartir a conferencia “Florencio Delgado Gurriarán no exilio galego en México”, na que profundará na figura do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e no exilio propiciado pola represión franquista.

Tras a conferencia, desfrutaremos dunha regueifa na que rivalizarán en enxeño Xurxo Souto e Manuel Maseda a partir do poema de Gurriarán Galicia infinda.

Co gallo das Letras Galegas para Florencio D.G., reeditouse a súa obra “Galicia infinda”, onde podemos ler o poema do mesmo nome.

Ramón Villares Paz (Cazás-Xermade, 1951) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e Membro Numerario da Real Academia Galega. Pertence aos patronatos do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane, da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Juana de Vega. Foi Presidente do Consello da Cultura Galega, desde 2006 a 2019. Entre as súas publicacións destacan Identidade e afectos patrios (Galaxia, 2017), Premio Mondoñedo 10 ao Mellor Ensaio da Década, ou Exilio republicano y pluralismo nacional: España, 1936-1982 (Marcial Pons, 2021).

CONCERTO AGORASÓN PRIMAVERA CON LUAR NA LUBRE

CANDO E ONDE: 21 maio, 21 h. / Auditorio do Centro Ágora

Organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, o Concerto AgoraSón Primavera con Luar na Lubre poñerá o ramo perfecto, coa fabulosa música do grupo coruñés, a un marabilloso Primaletras que achegou á cidade o mellor da literatura local e galega na actualidade.

Luar na Lubre protagoniza o AgoraSón Primavera desta edición

Os convites para asistir repartiranse nas bibliotecas a partir do luns 16 de maio. Entregaranse un máximo de dous convites por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo.

Faranse dúas quendas de reparto: en horario de mañá e horario de tarde.

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h, salvo na Biblioteca de Durán Loriga, que será a partir das 12.00 horas.
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h, agás no Punto de Servizo de Mesoiro, que será a partir das 17.30 horas.

Mentres escribimos estas liñas na recta final de Primaletras xa comezamos a atesourar os momentos vividos! Ademais, para revivilos, sempre podemos repasar a guía de lectura do festival, a un só clic de distancia.

Guía de lectura en Calaméo

Felices Letras Galegas en Primaletras!

En la habitación

En 1928 a Virginia Woolf le pidieron dar una charla sobre la escritura y la mujer. Ella se planteo la cuestión desde un punto de vista realista ¿quén necesita una mujer para escribir? una habitación propia: es decir independencia económica y personal. Esto se podría extrapolar también al varón.

Nos ocuparemos durante dos semanas de este ensayo que nos llevará a hablar de los roles de genero, profesionales y sociales.

“Las circunstancias materiales suelen estar en contra. Los perros ladran, la gente interrumpe, hay que ganar dinero, la salud falla. La notoria indiferencia del mundo acentúa además estas dificultades… El mundo no le pide a la gente que escriba poemas, novelas, ni libros de historia, no los necesita…”

“Es notable el cambio de humor que unos ingresos fijos traen consigo. Ninguna fuerza en el mundo puede quitarme mis quinientas libras. Tengo asegurados para siempre la comida, el cobija y el vestir. Por tanto no solo cesan el esforzarse y el luchar, sino también el odio y la amargura. No necesito odiar a ningún hombre, no puede herirme. No necesito halagar a ningún hombre, no tiene nada que darme”

Biblioteca do Fórum: ciclo de conferencias “Para saber +”, todos os luns de febreiro ás 19:30 h.

Todos Forum para blogos luns do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de “Biblioteca do Fórum: estamos de volta“, terán lugar estas conferencias, baixo o título xenérico de “Para saber +”, todas elas dirixidas a público adulto e con entrada libre até completar capacidade:

Luns 7. 19:30 h.: “A granxa agrícola de Monelos”, por Tino Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses. A “Granxa Agrícola Experimental”, creada en 1888 e con actividade en Monelos ata 1964, foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas creado en Galícia e Asturias. Asemade, a Granxa formou parte da cidade da Coruña, dos seus espazos e da vida social.

Luns 14. 19:30 h.: “Ser pai e nai na internet”, por Jorge Castro Ruso. Abórdanse as maneiras en que os pais e nais poden interactuar cos seus fillos en relación ás novas tecnoloxías.

– Luns 21. 19:30 h.: “Territorios literarios. A Coruña de Luísa Villalta“, por María Casar. As relacións entre o mundo da creadora e o mundo representado na súa obra. Faremos un percorrido pola Coruña reflectida na obra poética de Luísa Villalta tratando de atopar as claves que, como lectores, podemos anovar desde a nosa perspectiva.

– Luns 28. 19:30 h.: “Mulleres galegas e ciencia”, por Iolanda Fernández Casal. Cada vez son máis as mulleres dedicadas con éxito a todos os campos da investigación e Investigadoras galegas pretende visibilizar isto a través do testemuño de cen expertas nos seus respectivos campos. Porén, os atrancos que atopan as mulleres na carreira científica seguen sendo moitos.