Arquivo do blog
“Viaxes de papel” na Biblioteca Ágora
Se queres organizar a túa viaxe de verán e aínda non escolliches destino…
Se sabes onde ir, pero queres ambientarte antes de partir…
Se na túa mochila son imprescindibles cando menos un par de libros…
Se o teu é viaxar desde o sofá, sen gastar un peso…
… Na biblioteca Ágora ofrecémosche esta selección de cerca de 150 libros que te poden interesar:

Libros de viaxes que chegan a todos os recunchos do mundo: dos territorios mais afastados e exóticos de Oriente ou Oceanía ás cidades máis modernas e trepidantes de Europa ou América do Norte; dos desertos máis agrestes de África ás altas e xélidas latitudes polares; das altas cumes do Everest á impenetrable selva amazónica…
[Podes facer clic nas portadas para +info]
Libros escritos por intrépidos homes e mulleres que lanzándose á aventura penetraron nos lugares máis recónditos e inexplorados do mundo. Novelas sobre grandes expedicións científicas, como a que partiu da Coruña para estender a vacina da varíola por todo o mundo. Relatos dalgúns dos mellores reporteiros do século XX que se achegaron a culturas alleas sempre dispostos a aprender delas…
Narracións de viaxes de recoñecidos escritores e escritoras ávidos de coñecer o mundo que te sorprenderán en outras facetas moi diferentes ás literarias; biografías de mulleres de gran carácter que romperon estereotipos da súa época e viaxaron a lugares moi afastados acadando grandes metas. Cómics que contribúen nas súas viñetas a paixón pola aventura e o afán de coñecer…
José Saramago, Ryszard Kapuscinsky, V.S. Naipaul, Stendhal,Paul Theroux, Agatha Christie, Robert Luis Stevenson, Arthur Conan Doyle, Paul Bowles, Javier Reverte, Beryl Markham, Karen Blixen, Javier Moro,Eduardo Galeano, Roger Casement… son algúns dos autores e autoras representados entre os títulos seleccionados, algúns dos cales poderás atopar na guía de lectura que aquí te ofrecemos
Guía de lectura “Viaxes de papel”
Xa Sabes! Este verán non te quedes sen viaxar:
Sen estrés nin apuros, colas, maletas, atascos… Sen sufrir o jetlag, nin as cancelacións de vós…
A uns minutos da túa casa. No que te leva achegarte á biblioteca podes ir aos lugares máis recónditos do mundo.
Non perdas esta oportunidade!
A nosa selección de historias de regalo: agasalla libros
Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.
Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos… Visita a biblioteca municipal de proximidade do teu barrio, pérdete na nosa exposición “Historias de regalo” e atopa ese libro, disco ou DVD co que sorprender nestas datas.
Esta guía de lectura conten as aportacións das bibliotecarias e bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña. Esta selección non pretende ser exhaustiva; tan só recolle aquilo que nos gustou especialmente entre o publicado nos dous últimos anos. Cremos que esta guía che axudará a atopar pequenos tesouros para agasallar nestas festas de Nadal.

Lembra, este Nadal parada obligada… AS BIBLIOTECAS! E se queres propoñer algunha lectura podelo facer nas redes sociais empregando #recomendamosBMC
O verán que se foi
Sabiades que este foi un verán especial para ‘ElClú’? Xa levabamos un par de aniños facendo quedadas informais, algunha actividade… pero este ano, por fin, decidimos darlle forma e nome as reunións realizadas en tempo de estío, e inauguramos os ‘Veráns con ElClú’.

Cartel ‘Veráns con ElClú’
Parecíanos interesante que toda a rapazada que quixese puidese coñecer o que facemos no noso club, axs clubeirxs, e outras formas de pasar o verán que lles podían resultar ben interesantes.
Qué fixemos? Pois programamos 3 quedadas, unha por mes:
En xullo puxémonos moi literarias, e ocorréusenos ir de librarías!
Primeiro a Moito Conto, onde nos recibiu Esther, que nos explicou un feixe de cousas sobre as librarías independentes, falamos dos libros que máis nos gustaban, esculcamos polos recunchos da libraría… desfrutamos moito. Ademáis Esther nos tiña preparada unha selección de libros xuvenís marabillosos.
Logo, e como sabemos que xs amigxs de ElClú son bos lectores de banda deseña, qué mellor que acercarnos a unha libraría especializada neste tipo de documentos. Sabedes de cal falamos? Claro! Non podía ser outra!
En Alita Cómics Coruña estaba Toño a esperarnos para contarnos moitísimas curiosidades sobre cómics, autorxs dos mesmos, as historias que hai tras eles…

Foto de grupo en Alita Cómics con Toño, o seu libreiro
Foi unha mañá moi agradable, e levamos para casa moreas de información destes grandes profesionais libreiros.
En agosto, e para que a rapazada coñecera outros clubs, pensamos en ir a un co que de seguro iamos atinar, O Club de lectura de cómics da Biblioteca do Fórum Metropolitano. O compañeiro Iván tiña preparada unha sesión ben completa para que as rapazas e rapaces desfrutasen aprendendo. Debuxamos, estudamos as ilustracións, metémonos en materia cos tipos de cómics… e… armouse a festa: concursos de mazás, disfraces… As/os clubeiras/os viñeron encantadas/os. Ademáis Iván preparou unha recopilación de banda deseñada xuvenil, e nos ensinou algún dos títulos que se leran xa no club de cómic.
En setembro, quedamos na biblioteca, para coñecernos mellor, falar e rememorar as saídas anteriores, e tamén, como non podía ser doutro xeito, comer biscoito!
Ademais, nas anteriores quedadas propuxémoslle á rapazada que fixesen unha foto dunha lectura de verán que lles deixase bo sabor de boca. Co resultado, creamos unha mostra das recomendacións dos ‘amigos de ElClú‘ no panel de entrada da biblioteca.
E isto foi todo o que deixou tras de si os ‘Veráns con ElClú 2017’. Queremos agradecer sinceramente ás librarías Moito Conto e Alita Cómics pola cálida acollida, por facilitarnos en todo momento a irrupción no seu traballo, polo trato, e porque fan unha labor literaria esencial nesta cidade. Longa vida ás librarías!
Por suposto, mil grazas á Biblioteca do Fórum por cedernos o espazo, e as compañeiras e compañeiros, especialmente ao biblioclubeiro Iván, por facernos partícipes de todo o seu saber e por conseguir que gozásemos duns momentos divertidísimos e cheos de sorpresas. Es un fenómeno compañeiro!
E como non podía ser doutro xeito, graciñas tamén ás nais e pais destas rapazas e rapaces estupendas/os por deixar que as amigas e amigos de ElClú formasen parte dunha experiencia coma esta. Para eles e para todos vós, aquí queda un vídeo resumo deste verán clubeiro excepcional.
Agora só nos queda convidar a toda a rapazada de entre 12 e 16 anos a embarcarse nesta aventura clubeira. O prazo de inscrición está aberto na páxina web das Bibliotecas, e agardamos con emoción a intrépidos novxs clubeirxs dispostxs a desfrutar de lecturas, compañía e moita maxia neste próximo curso 2017-18. Vémonos os xoves cada 15 días de 18,30 a 20 h. Esperámosvos!
P.D.: E, por certo, se vedes que xa só quedan prazas libres na lista de agarda, anotádevos igualmente, nunca se sabe o que ElClú está a maquinar…
Café con libros: curso novo, logo novo
Esta semana comezamos un curso novo nos clubs de lectura da Biblioteca Os Rosales. Café con libros dos luns comeza o seu quinto curso e as compañeiras dos martes, as nosas veteranas, comezan xa a séptima andaina xuntas, e as que quedan por vir!
E, ademáis de retomar as nosas lecturas coas ganas de sempre, este ano, as coordinadoras estamos especialmente orgullosas de estrear logo novo de Café con libros. E non é un logo calquera, senón que tiñamos moi claro que queriamos una imaxe que nos identificase e que estivese feita por una ilustradora da nosa cidade, e é que a nosa implicación co mundo de Coruña Gráfica é total, e así o plasma marabillosamente Paula Esteban.
Irémosvos dando conta das nosas lecturas ao logo do curso: novelas de todos os xéneros e procedencias, cómics, lecturas en lingua galega por suposto, e como pídennos sempre outros xéneros, leremos algo de correspondencia, teatro, poesía e non sei se nos atreveremos co ensaio tamén! Animádevos a seguirnos, comentar e compartir opinións no noso blog e nas redes sociais cos cancelos #CaféConLibros e #recomendamosbmc
Impórtanos, e moito, a túa opinión!
Os usuarios das Bibliotecas Municipais , cas súas suxerencias e opinións, axúdannos a poder ofrecervos os libros, películas … que máis vos interesan. Sodes moi importantes para nós!
Se estás interesado nalgún título en especial, podes facer uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web , coma moitos usuarios, aos que temos que agradecer que que xa estean á vosa disposición as seguintes obras:
- Recursos inhumanos / Pierre Lemaitre ; traducción del francés de Juan Carlos Durán Romero.– Barcelona : Penguin Random House, 2017
- Mujeres / Isabel Ruiz Ruiz.– 4ª ed.– [Madrid] : Ilustropos, 2017
- Camiños na auga / Manuel Núñez Singala.– Vigo : Galaxia, 2016
- Animales fantásticos y dónde encontrarlos: guión original de la película / J.K.Rowling; cubierta y diseño del libro de Minalima.– Barcelona : Salamandra, 2017
- Cartas de amor a los muertos / Ava Dellaira ; traducción del inglés I.C. Salabert.– Madrid : Nocturna, 2015
- El oficio del mal / Robert Galbraith; [traducción, Gemma Rovira Ortega].– Barcelona : Salamandra, 2016
- La sociedad gaseosa/ Alberto Royo; prólogo de Enrique Moradiellos.– Barcelona : Plataforma, 2016
- Treblinka / Chil Rajchman; epílogo de Vasili Grossman ; traducción del yidish por Jorge Salvetti. Barcelona: Seix Barral, 2014
- Diez años y divorciada / una película de Khadija Al Salami.— Madrid : Karma, D.L. 2016
- Utopía para realistas / Rutger Bregman; [traducción del inglés de Javier Guerrero Gimeno].– Barcelona : Salamandra, 2017
- Alimenta tu cerebro : el poder de la flora intestinal para curar y proteger tu cerebro… de por vida / David Perlmutter y Kristin Loberg. Barcelona : Grijalbo, 2016
Se queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.


Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
Camino de sirga, de Jesús Moncada
Camino de sirga é unha das novelas máis destacadas da lingua catalá do século XX. Gañadora do Premio Nacional de la Crítica de Narrativa catalana, e Premio Ciutat de Barcelona en 1988, e finalista ao Premio Nacional de literatura en 1990, foi traducida a mais de dez idiomas, entre eles o galego, e obtivo un amplo recoñecemento entre o público lector.
O seu autor, Jesús Moncada (Mequinenza 1941-Barcelona 2005) foi que de crear un universo literario recorrente na súa obra literaria, ao redor da súa vila natal, Mequinenza, e do río Ebro que baña as súas terras. Río e vila quedaron unidos e atrapados para sempre coa construción do encoro de Mequinenza, o Mar de Aragón, entre 1955 e 1963. Baixo as augas do pantano desaparecerán as rúas, prazas, muros, casas, e lugares de traballo e diversión da vila.
A través da avalancha de recordos que asaltan ós habitantes do pobo durante a súa demolición, Moncada rescata do esquecemento gran parte da historia de Mequinenza. A historia dun pobo mineiro e comercial que viviu da extracción do lignito e do seu transporte a través do Ebro en laúdes, barcos de vela que, cando o vento era desfavorable, eran arrastrados por homes que tiraban deles con fortes cordas de esparto – sirgas – desde a beira do río. Un pobo que, comos tantos outros, vivirá os grandes acontecementos que sacudiron a España e o mundo enteiro durante o século XX: a Primeira Guerra Mundial, a instauración da Segunda República, a Guerra Civil e posterior represión do franquismo…

Pero mais alá da reconstrución da historia desta vila ameazada de morte, Moncada recompón a memoria colectiva dos seus habitantes. Combinando pasado e presente, memoria e destrución, realidade e ficción… Moncada fai desfilar polas páxinas do seu libro multitude de anécdotas, nostálxicas, cómicas, e ás veces amargas, vividas polos veciños da vila: Arquimedes Quintana, navegante republicano, personaxe mítico que paga todos os anos unha misa para a salvación da alma do musulmán ó que deu morte na Batalla de Tetuán; Aleix de Segarra, o pintor que escapando dun futuro incerto atopa un destino cruel; Carlota de Torres, representante da alta burguesía e do poder; Honorat del Café, a viúva de Segarras… e tantos outros homes e mulleres que nalgúns casos existiron na vida real, e noutros poden ser un bo reflexo dos verdadeiros habitantes da vila.
Unha novela, en definitiva, rica e ben construída, que nese deambular entre o real e o fantástico, a algúns recorda o realismo máxico de García Márquez.
Para ampliar información sobre Jesús Moncada e a súa obra podes consultar este dossier
A túa opinión tamén conta, os nosos usuarios importan
Os usuarios das nosas Bibliotecas Municipais tamén opinan e axúdannos a mercar libros. A túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar nas nosas bibliotecas destes novos materiais:
- La espada de la venganza / Jack Ludlow. Algaida, 2010
- El dolor del parto / Verena Schmid. OB STARE, 2012
- Los herederos de la tierra / Ildefonso Falcones. Grijalbo, 2016
- Código rojo / Luis Gonzalo Segura. Destino, 2015
- Todo el mundo adora nuestra ciudad: una historia oral del grunge / Mark Yarm. Es pop, 2015
- El invierno en tu rostro / Carla Montero. Plaza & Janés, 2016
- Tu nombre después de la lluvia / Victoria Álvarez. Lumen, 2014
- La carne / Rosa Montero. Alfaguara, 2016
- Las mellizas O`Sullivan / Enid Blyton. RBA Molino, 2014
- El día del libro de las Galaxias / Jaume Copons y Liliana Fortuny. Combel, 2016
- Curso de verano Torres de Malory / Enid Blyton. RBA, 2016
- Brújula / Mathias Enard. Literatura Random House, 2016
- Botas de lluvia suecas / Henning Mankell. Tusquets, 2016
Se queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalment
e, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra.
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.












































