A nosa selección de historias de regalo: agasalla libros
Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.
Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos… Visita a biblioteca municipal de proximidade do teu barrio, pérdete na nosa exposición “Historias de regalo” e atopa ese libro, disco ou DVD co que sorprender nestas datas.
Esta guía de lectura conten as aportacións das bibliotecarias e bibliotecarios das Bibliotecas Municipais da Coruña. Esta selección non pretende ser exhaustiva; tan só recolle aquilo que nos gustou especialmente entre o publicado nos dous últimos anos. Cremos que esta guía che axudará a atopar pequenos tesouros para agasallar nestas festas de Nadal.
Lembra, este Nadal parada obligada… AS BIBLIOTECAS! E se queres propoñer algunha lectura podelo facer nas redes sociais empregando #recomendamosBMC
Posted on 7 Decembro, 2017, in A biblioteca recomenda, Libros para ver e mirar and tagged #recomendamosbmc, guias de lectura. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0