Category Archives: Xeral
Os nosos lectores opinan
A vosa opinión é de interese para as Bibliotecas Municipais, xa que axudadesnos á hora de mercar libros.
Varios dos nosos lectores fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos títulos nas nosas bibliotecas:
- La marmota Carlota cuando tiene que dormir alborota / Carmen Villanueva. Fortuna, 2012
- El renacuajo Juanjo moja la cama y anda cabizbajo / Carmen Villanueva. Fortuna, 2012
- Maximilien Heller / Henry Cauvain. dÉpoca, 2015
- Cuentos del realismo y del naturalismo / edición de Francisco Muñoz Marquina. Edelvives, 2016
- Stories of ghost and mystery / Joseph Sheridan Le Fanu, Rudyard Kipling, Nathaniel Hawthorne. Vicens Vives, 2015
- Diario de Nikki. 9: una reina del drama con muchos humos / Rachel Renée Russell. RBA, 2016
- Las luces del Norte / Pemón Bouzas. Styria, 2008
- Martina con vistas al mar / Elísabet Benavent. Suma, 2015
- Martina en tierra firme / Elísabet Benavent. Suma, 2016
- Fortaleza emocional : toma distancia, piensa diferente y atrévete a actuar para adaptarte a los cambios / Tomás Navarro. Planeta : Zenith, 2015
- Preciada / Caragh M. O’Brien. Everest, 2012
- Prometidos / Caragh M. O’Brien. Everest, 2013
- Tú no eres como otras madres : historia de una mujer apasionada / Angelika Schrobsdorff. Periférica : Errata Naturae, 2016
Se che interesa, podes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas. Anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra

- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse a cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións
literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
A túa opinión tamén conta, os nosos usuarios importan
Os usuarios das nosas Bibliotecas Municipais tamén opinan e axúdannos a mercar libros. A túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores fixeron uso do servizo de suxestión de compra que tedes dispoñible dende a nosa web e grazas a eles, podedes gozar dos seguintes novos títulos nas nosas bibliotecas:
- El Pollo Pepe va al colegio / Nick Denchfield, Ant Parker. SM, 2015
- Americanah / Chimamanda Ngozi Adichie. Literatura Random House, 2015
- Camille / Pierre Lemaitre. Alfaguara, 2016
- Ada Goth y los aullidos misteriosos / Chris Riddell. Edelvives, 2015
- Para entender el TTIP: una vision crítica del acuerdo transatlántico de comercio e inversiones / Carlos Taibo. Catarata, 2016
- El elefante desaparece / Haruki Murakami. Tusquets, 2016
- Mujeres, raza y clase / Angela Y. Davis. Akal, 2016
- Cuentos completos: edición definitiva / Roald Dahl. Alfaguara: Penguin Random House, 2016
- El mundo amarillo / Albert Espinosa. DeBolsillo, 2009
- Río negro / Arnaldur Indridason. RBA, 2016
- Notebook Sketching / Sergi Cámara. Parramón, 2016
- Quémalo: qué comer cuando tienes que perder peso rápido / Haylie Pomroy, Eve Adamson. Grijalbo, 2015
- Cosmos: una ontología materialista / Michel Onfray. Paidós, 2016
- El profeta: la reina del cementerio / Amanda Stevens. Roca, 2015
Se queredes suxerir novos títulos para que os incorporemos nos fondos das nosas bibliotecas, anímadevos a suxerir a compra dos mesmos a través do servizo de petición de compra ou desiderata. Así, calquer libro, disco, película ou incluso revista que vos interese podedes solicitalo.
Recomendamos, que antes de formular calquera desiderata de compra, comprobedes que o que se solicita non esté xa no noso catálogo.

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
E ti, qué nos suxires mercar nos próximos meses?
Ademáis, os usuarios recomendan…
A través do Twitter, lembra tamén que, nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa co
nta @bibcoruna. E có hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
Estamos de volta!
Despois dun longo e merecido descanso estival no que recargamos as pilas, chegou o outono e con el os clubs da BIX se poñen en marcha. Canto votabamos en falta á rapazada!
E aínda que no verán fixemos algunha actividade como a de Agosto Creativo, todas as compis biblioclubeiras estabamos desexando xa poñernos máns á obra cos clubs de lectura, ver aos nosos/as clubeiros/as (porque un pouquiño nosos/as si que son), e, como non, coñecer a novos rapaces/as dispostos/as a unirse á aventura.

Así que xa sabedes, temos todo preparado, estamos cheas de enerxía para pasalo en grande compartindo lecturas, bos momentos, encontros con autores, saídas pola cidade… e esa maxia que se crea nos grupos e que fai que os nosos clubs sexan únicos. Agora só nos faltades vos para dar comezo da andadura.
Se tendes entre 9 e 11 anos podedes anotarvos no Club Miúdo que dará comezo o próximo 3 de novembro. E se a vosa idade está entre os 12 e 16 anos o voso club e ElClú que arrancará o vindeiro 10 do mesmo mes.

Agardámosvos!
Arrincamos, queeruñxs!

Xa volo adiantábamos en xuño cunha “presentación en sociedade” na Biblioteca do Forum Metropolitano. As Bibliotecas Municipais propuxémonos camiñar da man dun novedoso proxecto: O Club de lectura Queeruña, o primeiro club LGTBI de Galicia. Un club que, como ben manifestan desde o seu propio blogue, “nace do afán dun grupúsculo que pensamos -como Jeanette Winterson, autora da nosa primeira lectura- que hai libros que salvaron as nosas vidas, e por iso é necesario compartilos”. Só apto para esxs lectorxs (queers e non queers, claro está) amigxs do diferente: novelas, poesías, cómics e películas que rebasan o discurso binario e chegan dispostas a abrir liñas de debate tan alternativas como necesarias.
Os encontros comezan este mércores 26 de outubro ás 18:30 h na Biblioteca Ágora. As primeiras conversas partirán da lectura dunha obra que nos marabilla: El azul es un color cálido, cómic no que se baseou a adaptación cinematográfica La vida de Adèle.

El azul es un color cálido é unha fermosa novela gráfica que narra a historia de amor entre dúas rapazas a través de viñetas cargadas de emocións, paixón e desasosego.
Para os seguintes encontros (os últimos mércores de cada mes) e antes de despedir o 2016, traballaranse outros dous títulos de calidade: A Esmorga (todo un clásico da literatura galega) e Ten o seu punto a fresca rosa, unha novela da nosa paisana Mª Xosé Queizán tan controvertida como trepidante.

Consulta a dispoñibilidade dos materiais propostos polo Club no Cascarilleiro, o catálogo das Bibliotecas Municipais de A Coruña.
Para 2017 barállanse varios títulos, pero xa que este club nace como algo familiar e vivo que evoluciona coas persoas que o conforman, as suxestións sempre son benvidas. Ben polo twitter @clubqueerunha ou vía mail clubdelecturaqueerunha@gmail.com podes enviarlles as túas preferencias ou ampliar a información sobre a súa andaina.
Semella que a cousa empeza ben, non? Pois ainda estás a tempo de anotarte e comprobar o que estas xuntanzas poden dar de si. Preme aquí se ademais dunha boa lectura, queres facer amigxs, divertirte e compartir opinións e experiencias. O libro, coma sempre, só é o punto de partida. Esperámosche!
Forever Young
O 14 de outubro saía en prensa unha noticia que causou gran sorpresa no mundo das letras e da música: A Academia Sueca concedía o Nobel de Literatura ao cantautor estadounidense Bob Dylan “por crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción”, segundo expuxo a secretaria permanente da Academia Sueca, Sara Daniues.
Dende ese momento moitos foron os comentarios en redes sociais, diarios, e blogs, sobre a conveniencia ou non de outorgar o galardón literario de maior prestixio a nivel internacional a un autor máis coñecido pola súa faceta musical que literaria. E aínda que houbo algunhas voces críticas, os parabéns ao autor e á academia por abrirse a novas formas de literatura non se fixeron esperar
“Para min é como poñer unha medalla ao monte Everest, á montaña mais alta”.
Parabéns a un dos meus poetas favoritos, Bob Dylan, por un ben merecido Nobel”.
Desde ayer, nuestro mundo ha quedado elevado a la categoría de alta cultura, y eso está bien
Nos Clubs de Lectura da Biblioteca Ágora escollimos algúns dos seus poemas para achegarnos a este gran autor. Non foi fácil a selección, porque hai moito, moi variado, e sobre todo moi fermoso na extensa obra de Dylan: os himnos protesta dos primeiras 60, a rabiosa denuncia da discriminación racial de Hurricane, as cancións de amor e desamor, o lirismo simbólico de Desolation Row, o surrealismo de Mr. Tambourine Man… Cada un dos seguidores de Dylan terá a súa propia e interminable lista de cancións imprescindibles. Para nós o importante era achegarnos á súa faceta de poeta. E seguro que a partir de agora acabaremos tamén confeccionando as nosas propias listas de títulos imprescindibles.
Neste dossier que adxuntamos podedes atopar máis información, e ler algúns dos temas escollidos
E recordade que nas Bibliotecas Municipais da Coruña poderedes atopar ós seus discos, as súas letras, biografías, libros infantís, documentais e películas de ficción sobre o autor.
Club de lectura Queeruña: o privilexio de ler sen etiquetas
Para moitos as siglas LGTBQ non significarán nada. Para outros tantos son un símbolo de identidade, liberdade, dereitos e respecto. Dende o meu parecer, tamén de amor e valentía. Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais. ” E o Q do final, que diantres…?” Queer, of course. Unha palabra que en inglés significa raro, invertido, desviado. Comezou sendo un termo de estigmatización que se empregaba para falar dun xeito despectivo da comunidade LGTB e de toda sexualidade que non estivera dentro da “normalidade” heterosexual. Foi a principios dos noventa cando certo sector da poboación LGBT sentía que a dirección que tomara o movemento non os incluía e só daba visibilidade a certo tipo de persoas gai. Entón decidiron apropiarse da palabra queer e convertela naquela que identificaría unha nova corrente do movemento na que o sexo e o xénero son unha construción. Un termo común para todas aquelas persoas que non se senten incluídas na forma tradicional coa que se definen as relacións (LGBT, pansexuais, intersexuais, asexuais, poliamorosos…)
Así o define Judith Butler, unha das “nais” do movemento:
“O meu entendemento da palabra Queer é o dun termo que desexa que non teñas que presentar un cartón de identidade antes de entrar nunha reunión. Os heterosexuais poden unirse ao movemento queer. Os bisexuais poden unirse ao movemento queer. Queer non é ser lesbiana, non é ser gai. É un argumento contra a especificidade: se son lesbiana teño que ser de tal modo. Ou se son gai teño que desexar de certa maneira. Queer é un argumento en contra de certa normativa, do que unha adecuada identidade lesbiana ou gai constitúe”.
A teoría parécenos fantástica, vale… pero… e a práctica? Que podemos facer desde a nosa esquiñina para visibilizar realidades? As bibliotecas somos quen de darlle un empurrón á corrente crítica? Somos, claro. As municipais tamén “entenden”. Non se trata de institucionalizar movementos, senón de que as institucións se movilicen. Esquecer os códigos establecidos e facer o posible para queimar etiquetas, xerar diálogo e crear comunidade.

Este martes 28 de xuño preséntase o primeiro club de lectura LGTBI de Galicia: o Club de lectura Queeruña. Un club que nace como imán para esxs lectorxs que buscan algo diferente: novelas, poesías, cómic e películas que rebasan o clásico discurso binario, dispostas a abrir liñas de debate tan alternativas como necesarias.
A presentación e primeira sesión terá lugar mañá na biblioteca do Fórum Metropolitano ás 18:30 h. Un encontro informal para falar da dinámica do club de cara ao seu comezo (setembro-outubro) e comentar a primeira das lecturas propostas: ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeanette Winterson. A primeira dunha escolma de calidade na que se inclúen libros que son pura controversia, como Testo Yonqui, ou películas tan humanas como La vida de Adèle, baseada na ultracoñecida novela gráfica “El azul es un color cálido”.

Podes atopar todo o material proposto polo Club Queeruña no Cascarilleiro, o catálogo das Bibliotecas Municipais de A Coruña
Paréceme unha parvada aclarar que o feito de que a temática queer sexa un fío condutor non debe facer pensar axs lectorxs que é un club só para LGTBI, pero haberá que puntualizalo por se alguén xa ten pensado que vai dirixido a un público concreto e non vai ser quen de disfrutalo (xa mencionei liñas máis arriba que as etiquetas só serven para ser queimadas).
Para rematar, non me queda máis que animar a todxs xs que nos len a que deixen os prexuízos na casa e formen parte desta interesante iniciativa. Para saber máis detalles sobre o como, cando e onde, visita o seu blog ou segue os seus chíos en Twitter. Fuck normality!
ElClú recomenda
En ElClú decidimos, que xa que lemos unha morea de libros, vemos moitísimas pelis e escoitamos música sempre que podemos, sería unha boa idea compartir as nosas opinións sobre eles con tod@s vós. Así que nos puxemos á tarefa da recomendación.
Creamos unhas tarxetas molonas, personalizámolas un pouco para os nosos clubeiros e ¡TACHÁNNNNNN! Que vos parecen?, A que nos quedaron chulas?
Pois o mellor é o contido! unha chea de recomendacións dos nosos rapaces, aos que lles encantou a idea e non paran de recomendar.
Comezamos a nosa proba piloto hai xa algúns meses sacando unha pequena mostra de “ElClú recomenda”, e, para a nosa sorpresa, os libros prestáronse moitísimo, así que pensamos que podiamos colgar tamén as recos dos rapaces na rede, e que mellor maneira que mediante pínterest, que ademais nos permitía poñer a foto do libro que nos estaban recomendando. Aquí vos deixamos a ligazón das primeiras recomendacións no Pinterest.
Neles Martín recomendounos a saga de manga One Piece, de Eiichiro Oda porque lle resultaba moi divertido. Itziar decantouse por El coleccionista de relojes extraordinarios, de Laura Gallego pola intriga que lle causou. Simón elixiu Maus, de Art Spiegelman pola historia de supervivencia que narra. Mariña, decidiuse por O neno can, de Francisco Castro e Fina Casalderrey porque coñeceu con el outras culturas (lebrades que Fina e Francisco nos viñeron a visitar hai un tempo?). Clara enganchouse á saga de Enid Blyton Torres de Malory pola súa protagonista. Lucía tamén elixiu para a súa primeira recomendación un libro de Laura Gallego, neste caso a triloxía de Memorias de Idhún pola súa orixinalidade. E finalmente nosotrxs, decidimos que recomendariamos La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick por ser un dos primeiros libros que leimos en ElClú, polas súas fantásticas ilustracións e porque a todos os nosos chic@s encantáralles.
E como isto promete, imos a seguir publicando recomendacións tanto no noso recunchiño de ElClú recomenda, como no noso taboleiro de Pinterest. Esperamos as vosas visitas!
Recordade que tendes todos os libros, pelis, etc. nas nosas bibliotecas!
Herba Moura
E chegamos ó final do club de lectura cunha última proposta, dirixida especialmente ás mulleres dos clubs, principais protagonistas desta aventura literaria compartida durante todos estes meses no espazo das nosas bibliotecas. Falamos de Herba moura, da autora monfortina Teresa Moure
A través da historia de tres mulleres que viven en diferentes épocas e lugares, Teresa Moure vai construíndo esta novela que ofrece múltiples lecturas: o devir das mulleres na historia, a filosofía, a paixón , o coñecemento, a rebeldía… son algúns dos temas abordados con mestría por esta autora.

Tres mulleres “de armas tomar” que non dubidan en renunciar ó éxito e ó poder a cambio de continuar sendo elas mesmas e de facer o que consideran que deben facer. O nexo de unión entre estas tres mulleres non é outro que Descartes, o filósofo racionalista do século XVII, có que as nosas protagonistas manteñen unha diferente relación.
A raíña Christina de Suecia, amante da lectura, das artes e das ciencias e gobernante eficaz, admira o racionalismo descartiano, que continúa impulsando trala morte do filósofo; a entrañable Helene Jans, o personaxe mellor traballado e mais querido da autora, afín ao empirismo humanista. E Einés Andrade, estudante galega da nosa época, que dá forma a todo o ese conxunto de receitas e conxuros, poemas, cartas, correos electrónicos, fragmentos de diarios… que conforman a narración.
Pero probablemente o que mais nos fascinou a moitas das que participamos desta lectura conxunta foron as últimas páxinas do libro, as que falan das mulleres que rodean a Einés , esa rapaza que naceu, sen que ninguén soubese que tiña que nacer, o día en que o home chegou a lúa, e que medrou a carón das verdadeiras protagonistas da historia: as mulleres invisibles que día a día fan posible quea vida siga adiante. A elas é a quen dirixe Héléns Jans o seu “Livro de mulleres”, impulsándolles a vivir e a gozar da vida:
E, xa que logo, fermoseádevos, mellorade, restaurádevos de toses e bágoas, emendade o que é emendable, e gozade do que trae cada día, que a outra, a negra, a innomeable agárdavos impaciente e chegará, seguro, sen que receuta, nen apócema, nin lavativa poida librarvos da súa vinda
Para mais información, como é habitual, podedes consultar o noso dossier en liña ou descargalo en pdf
Dossier “Herba moura” en pdf
E de momento máis nada! Grazas a todxs pola vosa atención… e ata o día 9 en Outeiro de Rei!!







Así o define










