Estamos de volta!
Despois dun longo e merecido descanso estival no que recargamos as pilas, chegou o outono e con el os clubs da BIX se poñen en marcha. Canto votabamos en falta á rapazada!
E aínda que no verán fixemos algunha actividade como a de Agosto Creativo, todas as compis biblioclubeiras estabamos desexando xa poñernos máns á obra cos clubs de lectura, ver aos nosos/as clubeiros/as (porque un pouquiño nosos/as si que son), e, como non, coñecer a novos rapaces/as dispostos/as a unirse á aventura.
Así que xa sabedes, temos todo preparado, estamos cheas de enerxía para pasalo en grande compartindo lecturas, bos momentos, encontros con autores, saídas pola cidade… e esa maxia que se crea nos grupos e que fai que os nosos clubs sexan únicos. Agora só nos faltades vos para dar comezo da andadura.
Se tendes entre 9 e 11 anos podedes anotarvos no Club Miúdo que dará comezo o próximo 3 de novembro. E se a vosa idade está entre os 12 e 16 anos o voso club e ElClú que arrancará o vindeiro 10 do mesmo mes.
Agardámosvos!
Posted on 26 Outubro, 2016, in Club Miúdo, Clubes de lectura, ElClú, Novas, Xeral and tagged inscripcion clubs. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0