Forever Young
O 14 de outubro saía en prensa unha noticia que causou gran sorpresa no mundo das letras e da música: A Academia Sueca concedía o Nobel de Literatura ao cantautor estadounidense Bob Dylan “por crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción”, segundo expuxo a secretaria permanente da Academia Sueca, Sara Daniues.
Dende ese momento moitos foron os comentarios en redes sociais, diarios, e blogs, sobre a conveniencia ou non de outorgar o galardón literario de maior prestixio a nivel internacional a un autor máis coñecido pola súa faceta musical que literaria. E aínda que houbo algunhas voces críticas, os parabéns ao autor e á academia por abrirse a novas formas de literatura non se fixeron esperar
“Para min é como poñer unha medalla ao monte Everest, á montaña mais alta”.
Parabéns a un dos meus poetas favoritos, Bob Dylan, por un ben merecido Nobel”.
Desde ayer, nuestro mundo ha quedado elevado a la categoría de alta cultura, y eso está bien
Nos Clubs de Lectura da Biblioteca Ágora escollimos algúns dos seus poemas para achegarnos a este gran autor. Non foi fácil a selección, porque hai moito, moi variado, e sobre todo moi fermoso na extensa obra de Dylan: os himnos protesta dos primeiras 60, a rabiosa denuncia da discriminación racial de Hurricane, as cancións de amor e desamor, o lirismo simbólico de Desolation Row, o surrealismo de Mr. Tambourine Man… Cada un dos seguidores de Dylan terá a súa propia e interminable lista de cancións imprescindibles. Para nós o importante era achegarnos á súa faceta de poeta. E seguro que a partir de agora acabaremos tamén confeccionando as nosas propias listas de títulos imprescindibles.
Neste dossier que adxuntamos podedes atopar máis información, e ler algúns dos temas escollidos
E recordade que nas Bibliotecas Municipais da Coruña poderedes atopar ós seus discos, as súas letras, biografías, libros infantís, documentais e películas de ficción sobre o autor.
Posted on 24 Outubro, 2016, in A biblioteca recomenda, Club Ágora, Clubes de lectura, Xeral and tagged #recomendamosbmc, Biblioteca Agora, Bob Dylan, club de lectura agora mercores, Premio Nobel de Literatura, Premios, Premios literarios. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0