Category Archives: Novas
#LeConOrgullo nos clubs de lectura
O 28 de xuño é o Día do Orgullo LGBT (lesbiana, gai, bisexual e transexual), tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, é unha serie de eventos que cada ano os colectivos LGBT celebran de forma pública para instar pola tolerancia e a igualdade dos gais, lesbianas, bisexuais e transexuais.
Dende xa hai uns anos as Bibliotecas Municipais da Coruña vólcanse nunha serie de actividades que esta semana iremos adiantando.

AS MUNICIPAIS ENTENDEN:
Os fondos das bibliotecas son (e deben ser) un fiel reflexo da sociedade e moi especialmente das comunidades ás que prestan servizo de proximidade. Como bibliotecas, e como bibliotecarixs, debemos ser partícipes, e mesmo impulsorxs, dos procesos de erradicación de toda manifestación excluínte, optando sempre por unha vía integradora da diversidade.
Calquera persoa que se achegue a unha biblioteca pública buscando información sobre o feito homosexual, bisexual e transexual require de nós unha resposta eficiente. Esta resposta debe traducirse nunha integración total de materiais que toquen a temática LGTB nas nosas estanterías e, ademais, no ciberespazo.
É por isto último que nace esta wiki de cores: para contribuír e apoiar á comunidade LGTB na súa loita polo respecto.
OS CLUBS DE LECTURA:
Son moitas as persoas que participan nos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais, moitas e con moi diversos intereses. E precisamente por esa diversidade, a experiencia resulta enriquecedora e satisfactoria. Intercambio de opinións, vivencias, puntos de vista en torno ás vidas ficticias de personaxes que salen do papel e viven fora da ficción, e que no fondo son reflexos ficcionais de personaxes que, en maior ou menor medida, crúzanse nas nosas vidas no día a día.
Dende as Bibliotecas Municipais queremos invitarvos a participar dunha sesión especial do Clubs de Lectura o mércores 25 de xuño na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña, a obra elexida para a ocasión será El azul es un color cálido de Julie Maroh, editado en España por Dibbuks:

El azul es un color cálido, Julie Maroh:
Clementine é unha adolescente sen problemas. Chega do campo para integrarse nun instituto no que sente a gusto. Un día crúzase na rúa cunha parella de mozas. Unha leva o pelo tinguido de azul, e sorrille, mentres Clementine baixa a vista. A partir deste preciso momento todo vai cambiar para ela: a súa relación cos seus novos amigos, o seu sitio na familia, as súas prioridades? e sobre todo a súa sexualidade. É difícil saber que aspecto ten o amor. Ás veces doe e sempre hai obstáculos no camiño. Pero unha calor inabarcable instálase no estomago, que che fai vibrar e empúxache a superarche.
A autora conseguiu cativar ao público e á crítica, conseguindo varios premios como os de Mellor Obra por votación popular e Autor Novel no Festival de Angoulême e o de Mellor Autor Novel no Salón do Cómic e das Artes Gráficas de Roubaix, (Francia).
No noso blog especializado en Cómics, Fancomic.es, temos una reseña propia.
Para participar na sesión especial dos Clubs de Lectura o mércores 25 de xuño na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña, tes que confirmar asistencia antes do venres 20 de xuño, no email bforum@coruna.es
Día das Letras Galegas 2014
O vindeiro 17 de maio, como cada ano, celébrase o Día das Letras Galegas e nas Bibliotecas Municipais xa temos preparada toda unha programación arredor deste festexo.
A figura homenaxeada este ano é o poeta Xosé María Díaz Castro, sobre o que podedes consultar mais información sobre a súa vida e a súa obra na Guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais.
Ademais de distintas mostras bibliográficas organizadas nas nosas bibliotecas que abarcan a obra do autor homenaxeado, contamos coa wiki “Os mellores da lingua”, na que recollemos unha selección da nosa literatura en base a criterios de calidade e diversidade. A selección tamén a podedes consultar na guía de lectura Os Mellores da Lingua, que acompaña á mostra e podedes consultala e/ou descargala da nosa conta en Calameo. Animámosvos a que compartades con nós os vosos imprescindibles para ir enriquecendo a nosa selección.
Tamén organizamos unha serie de actividades para celebrar as Letras Galegas nas nosas bibliotecas e que complementan as mostras e a wiki:
— XOGOS LITERARIOS interactivos a cargo do colectivo Tinta Bacanal, na Biblioteca Municipal Os Rosales, o 13 de maio ás 19.00.
— RECITAL POÉTICO “Con dez poemas por barba” da man de Lucía Aldao e María Lado, na Biblioteca Municipal Ágora o venres 16 de maio ás 19.00.
— SESIÓN DE CONTACONTOS “O neno e a estrela” da man de Fabaloba, na Biblioteca Municipal Ágora o luns 19 de maio ás 18.30. A sesión está orientada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 9 anos e para asistir é preciso inscribirse previamente, hai un total de 30 entradas que se reparten de forma presencial no mostrador da biblioteca ata esgotar prazas.
— PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “Os camiños esquencidos” realizado polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, na Biblioteca Municipal Ágora o martes 20 de maio ás 16.30. Contaremos coa presencia do alumnado que elaborou o documental, así como tamén alumnos e alumnas de institutos convidados.
E ademais…
— PHOTOCALL #m8mepresta na Biblioteca Municipal Ágora. Os días 14, 15 e 16 de maio en horario de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 podedes fotografiarvos cos libros e os lemas literarios que mais vos presten. Animámosvos tamén a que compartades con nós en redes sociais os motivos polos que vos presta ler na nosa lingua e os vosos lemas literarios preferidos, baixo o hashtag #m8mepresta.
— SORTEO DE LIBROS EN GALEGO na Biblioteca Municipal do Fórum. Do 8 ao 19 de maio con cada préstamo dun libro en lingua galega entregarase un boleto para participar nun sorteo dun lote de libros da literatura galega que terá lugar o luns 19 de maio ás 17.00. Temos preparado un lote de libros para os lectores adultos e dous para os máis pequenos, así que… animádevos a participar!!!
Actividades para o Día do Libro 2014
Un ano máis as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos deixar que pase o 23 de Abril sen honrar como se merece ó libro e a lectura. Este ano, ademáis de adicar un especial á literatura en galega, onde recomendamos libros e autores contemporáneos que podedes atopar nas nosas bibliotecas, imos volver demostralo coas seguintes actividades que se desenvolverán nas nosas bibliotecas.
Tomade nota:
-
21 de Abril (12-12.40 h. en Twitter): Tuit-encontro con Laura Freixas: a escritora Laura Freixas (@LauraFreixas en twitter) estará ó outro lado da pantalla, dende a conta de Twitter de Bibliotecas Municipais @bibcoruna lideraremos o encontro que pode seguirse a través dos hashtag #tuitencontros e #laurafreixasbmc. O encontro estará aberto a calquera persoa que queira interactuar e trasladarlle á escritora as reflexións, dudas ou preguntas das súas obras. Unha oportunidade única para charlar en torno á obra Madres e hijas así como dalgún dos últimos libros desta escritora como son Los otros son más felices ou Una vida subterránea.
- 22 de Abril 19.00 horas na Biblioteca do Forum Metropolitano: Recital de Poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba: Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias, momentos de reflexión…

Lucia Aldao e Maria Lado. Imaxe tomada do blog de Xoán Crespo
- 23 de Abril na Biblioteca do Forum: Atreveste a ler El Quijote? Gozaremos coa lectura da obra de Cervantes, no seu contexto histórico e literario coma unha homenaxe á novela.

-
23 de Abril entre ás 11.30 e ás 18.30 horas nas Estacións de Tren e Buses: As bibliotecas agasallan libros nas estacións de tren, buses e aeroporto
Disfrutade deste 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor o cal desde a súa declaración pola UNESCO en 1995, aglutina moitas vontades, como a da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova quen, na súa mensaxe para este ano 2014 afirma:
«…A nosa finalidade está clara: alentar aos autores e artistas e velar por que a alfabetización e os formatos accesibles cheguen a máis mulleres e homes, porque os libros son as nosas ferramentas máis poderosas para erradicar a pobreza e construír a paz.»
Presentación do libro “Historias desde el geriátrico”, de Manuel Jacobo González Outes
Este venres 28 de marzo ás 19:30 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Forum a presentación da novela“Historias desde el geriátrico”, de Manuel Jacobo González Outes.
“Historias desde el geriátrico” está editada por Atlantis. A obra está composta por ducias e ducias de historias curtas, divertidas, inconexas e esperpénticas cuxo único fío condutor é un vello ferroviario xubilado da renfe en Monforte e natural da Costa Morte, que acaba de ingresar nun xeriátrico e que di aos seus compañeiros de asilo que dende que se xubilou el adícase a ser “Contador de historias” que acumulou ao longo dos anos. Contalle así tódolos días aos seus compañeiros de asilo unhas cantas historias que forman cada capítulo da obra (cada capítulo é un día do protagonista no xeriátrico) e ao mesmo tempo narra a historia das reflexións do xubilado ao que lle acaba de morrer a muller e separano do seu neto ao que queria legar as historias que sabe.
A novela pretende ser amena e divertida ao tempo que quere denunciar que se aparte á xente maior para dar paso ao relevo xeracional cando en moitos casos deberiamos aprender unha chea de cousas dos nosos maiores, posto que viviron cousas das que non temos nin idea.
Manuel Jacobo Outes naceu en Caldebarcos (Carnota) o 27 de febreiro de 1969, onde viviu coa súa avoa e as súas tías até os cinco anos, cando os seus pais, que volveran da emigración en Inglaterra, marchan a vivir á cidade da Coruña, onde reside desde entón. Formouse sobre todo en actividades dirixidas a profesións técnicas, aínda que non deixou nunca de fomentar os seus coñecementos sobre todo o relacionado coa Historia, Literatura ou coa Arte en xeral, do que se considera un autodidacta.
No ano 2000 tivo un grave accidente que lle impediu volver traballar na súa profesión, dedicándose na actualidade por completo a súa vocación de escritor. Na Coruña é coñecido nesta faceta pola súa colaboración en distintos periódicos con artigos de diversos temas profesionais e algúns relatos literarios. Posúe a rebeldía propia que caracteriza a súa condición perfeccionista, sensible e revolucionaria, procurando incluír nas súas obras estilos que leven ao lector e lectora a atopar amenidade, cultura, humor e romanticismo.
Aínda que prolífico autor de diversas obras de distintos xéneros literarios, Diario dunha noiteboa é a súa primeira obra publicada e podes atopala nas nosas Bibliotecas Municipais.
Así que se queres saber máis do autor e da súa obra achégate á Biblioteca Forum Metropolitano. Lembra que a cita é este venres 28 de marzo ás 19:30, agardámoste!
Valerie Tasso, nos Encontros con autor de Libros en Directo
O ciclo Libros en Directo volta ao Centro Ágora o vindeiro mércores 26 de marzo , ás 20:30 horas coa controvertida e televisiva sexóloga Valerie Tasso.
Unha vez máis os membros dos nosos Clubs de lectura , acudirán a cita de Libros en Directo: encontros con autor , para participar con Valerie Tasso e o seu estilo directo, agudo e desenfadado do que augura ser unha tarde de confidencias, secretos e revelacións.
Valerie Tasso: de executiva a escritora , pasando por prostituta
Escritora de varios libros de éxito, está francesa nada en 1969 e actualmente afincada en Barcelona, é Licenciada en Ciencias Económicas e Línguas Extranxeiras Aplicadas, ten un Máster en Dirección de empresas pola universidade de Estrasburgo, un postgrado de sexoloxía pola Universidade Alcalá de Henares de Madrid, e fala cinco idiomas con fluidez. Traballou como alta executiva en varias empresas multinacionais ata que o sexo petou na súa porta. Descubreu o sexo moi cedo, convertíndose no centro da súa vida; A bibliotecaria do seu barrio abreulle as portas do “inferno”, para logo dunha década dedicarse a prostitución de luxo, coma un xeito de coñecerse a sí mesma. Actualmente centra a súa vida profesional nas súas colaboracións televisivas e sobre todo na súa faceta de escritora.
A súa obra literaria
Nas súas obras relata a súa experiencia sexual con diferentes enfoques , pero cun nexo común no que pretende desmitificar as prácticas sexuais. Diario de una ninfómana e París la nuit son prácticamente unha autobiografía da autora donde explica as súas experiencias e a importancia da condición humana máis lonxe do sexo.
O encontro con Valerie Tasso centrarase no seu último libro El método Valerie, un tratado sobre as artes amatorias onde intenta liberarnos dos falsos clichés en torno ao sexo, nun tono divulgativo e humorístico. Nel anima ás mulleres a deixar de fantasear con Christian Grey e perder o medo a tomar a iniciativa cos homes para recuperar a seguridade perdida
“Se acabaron los cuentos y las novelas. Ha llegado la hora de convertirnos en las protagonistas de nuestra propia historia de pasión.”
Nas Bibliotecas Municipais podes encontrar os seguintes libros de Valerie Tasso:
- Diario de una ninfómana
- Antimanual del sexo
- El otro lado del sexo
- Sabré cada uno de tus secretos
- Diario de una mujer pública
- El método Valerie sexo y seducción : secretos para ser infalible
Consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo de Bibliotecas municipais
o próximo autor en visitar Libros en Directo é Eloy Tizón, o 21 de abril
Presentación da obra “La agenda de Héctor”, de Álex Oviedo
Este mércores 19 de marzo terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación da novela “La agenda de Héctor”, de Álex Oviedo.
Editada en febreiro de 2014 por Verbum, esta novela da vida cotiá fala, en palabras do seu propio autor, de
“amores primeirizos, de decepcións, de ilusións perdidas, de amigos aos que un segue case a cegas, de búsquedas obsesivas dun amor que nunca é como imaxinas. Tamén de soños, de universidade, de profesores que non aportan nin un gramo de sabedoría dende os seus púlpitos, de compañeiros que buscaban aprobar por riba de todo. E de recordos, fundamentalmente de recordos dun tempo que xa non é por moito que intentemos que volva”.
No acto de presentación da obra intervirán Francisco Castro e Álex Oviedo, autor da novela, quen lerá pasaxes da mesma e explicará con detalle a intencionalidade da súa literatura.
Álex Oviedo -nado en Bilbao no ano 1968- é escritor, periodista e deseñador gráfico. Dende o ano 2007 dirixe o blog literario Escritores Vascos e conta xa na súa traxectoria con catro obras publicadas: El unicornio azul (Hiria, 2005), Las hermanas Alba (Bassarai, 2009), El sueño de los hipopótamos (Libros de Pizarra, 2011) e La agenda de Héctor (Verbum, 2014).
Se queredes descubrir un chisquiño máis sobre o autor e sobre a súa obra, acercádevos á Biblioteca Municipal Ágora.
Agardámosvos o mércores 19 de marzo ás 19.00 horas!
Eduardo Punset estará nos encontros con autor de Libros en Directo
O ciclo Libros en Directo volta ó Centro Ágora luns , 24 de febreiro, ás 20:30 horas cun invitado de luxo, Eduardo Punset.
Como é de costume os membros dos nosos Clubs de Lectura estarán presentes nesta nova cita con Libros en Directo: encontros con autor para compartir con Punset as impresión das súas obras así como a súa intervención en programas de televisión como Redes. A entrada é libre e gratuita.
Eduardo Punset: escritor, avogado, economista y comunicador científico
Foi militante do Partido Comunista e, máis tarde, político na Transición democrática de España, figurando nas filas de UCD e despois no CDS. Máis adiante exerceu a súa actividade na área da divulgación científica, sendo autor de varios libros sobre o tema e colaborador en varios medios. Dende 1996 dirixeu o programa Redes de TVE, onde se tratan diversos temas científicos, como socioloxía, medicina, psicoloxía, bioloxía ou astronomía, entre outros.
Economista e asesor tecnolóxico
Foi redactor económico da BBC, director económico da edición para América Latina do semanario The Economist e economista do Fondo Monetario Internacional nos Estados Unidos e en Haití.
Como especialista en temas de impacto das novas tecnoloxías, foi asesor de COTEC, profesor conselleiro de Mercadotecnia Internacional en ESADE, presidente do Instituto Tecnolóxico Bull, profesor de Innovación e Tecnoloxía do Instituto de Empresa (Madrid), presidente de Enher e Coordinador do Plan Estratéxico para a Sociedade da Información en Cataluña
Actualmente, é profesor de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade na Facultade de Economía do Instituto Químico de Sarrià (UniversidadeRamon Llull), presidente da produtora de contidos audiovisuais científicos Grupo Punset Producciones
A súa obra literaria
É autor de diversos libros sobre análise económica e reflexión social no que o principal obxectivo é a divulgación do coñecemento científico. Ten case unha veintena de libros publicados sobre estas temáticas.
Os membros do noso Clube de Lectura dos Luns de Forum escolleron esta obra, El Viaje a la Felicidad: nuevas claves científicas para comentar nestas últimas sesión, ademáis trasladar o diólo co autor a Twitter @bibcoruna @epunset #punsetbmc #tuitencontros
El Viaje a la Felicidad: las nuevas claves científicas
A busca da felicidade é unha das grande aventuras humanas.
Tal como explica Eduardo Punset no prólogo, a viaxe á felicidade acaba de empezar e o seu final é incerto:
“Fai un pouco máis dun século a esperanza de vida seguía sendo de trinta anos: o xusto para aprender a sobrevivir, se se contaba coa sorte, e culminar o propósito evolutivo de reproducirse. Non había futuro, nin polo tanto, a posibilidade de formularse un obxectivo tan insospeitado como o de ser felices”
Esta era unha cuestión que se aparcaba para despois da morte e dependía dos deuses. A revolución científica desatou o cambio máis importante de toda a historia da evolución: a prolongación da esperanza de vida que xerou máis de corenta anos redundantes -en termos evolutivos-.
“Por primeira vez a humanidade ten futuro e formúlase, loxicamente, como ser feliz aquí e agora. A xente somerxeuse nesas augas descoñecidas, practicamente, sen a axuda de ninguén. Agora a comunidade científica intenta iluminar o camiño“.
Nas nosas Bibliotecas Municipais podedes atopar, entro outros, os seguintes libros de Eduardo Punset:
- Cara a cara con la vida, la mente y el universo
- El viaje a la felicidad : las nuevas claves científicas
- El alma está en el cerebro : radiografía de la máquina de pensar
- El viaje al amor : las nuevas claves científicas
- El templo de la ciencia : los científicos y sus creencias
- Por qué somos como somos
- El viaje al poder de la mente : los enigmas más fascinantes de nuestro cerebro
- Viaje a las emociones : las claves que mueven el mundo
- Excusas para no pensar : cómo nos enfrentamos a las incertidumbres de nuestra vida
- Viaje al optimismo : las claves del futuro
- Adaptarse a la marea : cómo tener éxito gracias a la selección natural
Consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo de Bibliotecas Municipais
Próxima autora en visita Libros en Directo
Valerie Tasso será a próxima escritora en visitar os encontros con autor Libros en Directo, o vindeiro 26 de marzo
L3mos con María Canosa e Dani Padrón
Co novo ano, voltan os encontros con autores, baixo o lema L3MOS, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, para este encontro que terá lugar o martes 11 de febreiro ás 18:30h teremos a sorte de contar con María Canosa e Dani Padrón que nos presentarán o seu álbum Viaxes de Inverno.
O obxectivo desta programación é dar a coñecer autores locais de literatura infantil e xuvenil, así como presentar novidades editoriais que vaian dirixidas a este público dende as Bibliotecas Municipais da Coruña.
Viaxes de Inverno é o título do álbum editado por Everest Galicia froito do tandem de xóvenes talentos que forman a escritora María Canosa e o ilustrador Dani Padrón, que xa traballaron xuntos en “Acuario” de edicións Émbora e viñeron tamén á esta biblioteca a presentárnolo, e no “O papaventos de Laura”, obra coa que acadaron o VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez” da Deputación de Ourense no ano 2011.
Inverno, unha pinga de auga. Narra como son ás suas aventuras dende o nacemento ata chegar ao mar, onde todo volve a empezar.
Ademáis do lirismo poético dos textos de María no que tan importante é a presencia do mar, a historia ten unha clara aplicación didáctica xa que fala do amor á Natureza e do ciclo da auga dun xeito sinxelo para a comprensión dos primeiros lectores cun estilo tenro e unhas ilustracións que acaen a historia coa finura e a delicadeza de Dani Padrón.
Se queredes coñecer máis obras destes dous artistas non tedes máis que consultar o catálogo das nosas bibliotecas municipais.






















