L3mos con María Canosa e Dani Padrón
Co novo ano, voltan os encontros con autores, baixo o lema L3MOS, na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, para este encontro que terá lugar o martes 11 de febreiro ás 18:30h teremos a sorte de contar con María Canosa e Dani Padrón que nos presentarán o seu álbum Viaxes de Inverno.
O obxectivo desta programación é dar a coñecer autores locais de literatura infantil e xuvenil, así como presentar novidades editoriais que vaian dirixidas a este público dende as Bibliotecas Municipais da Coruña.
Viaxes de Inverno é o título do álbum editado por Everest Galicia froito do tandem de xóvenes talentos que forman a escritora María Canosa e o ilustrador Dani Padrón, que xa traballaron xuntos en “Acuario” de edicións Émbora e viñeron tamén á esta biblioteca a presentárnolo, e no “O papaventos de Laura”, obra coa que acadaron o VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Pura e Dora Vázquez” da Deputación de Ourense no ano 2011.
Inverno, unha pinga de auga. Narra como son ás suas aventuras dende o nacemento ata chegar ao mar, onde todo volve a empezar.
Ademáis do lirismo poético dos textos de María no que tan importante é a presencia do mar, a historia ten unha clara aplicación didáctica xa que fala do amor á Natureza e do ciclo da auga dun xeito sinxelo para a comprensión dos primeiros lectores cun estilo tenro e unhas ilustracións que acaen a historia coa finura e a delicadeza de Dani Padrón.
Se queredes coñecer máis obras destes dous artistas non tedes máis que consultar o catálogo das nosas bibliotecas municipais.
Posted on 7 Febreiro, 2014, in Escritores, Novas and tagged #recomendamosbmc, dani padrón, encontros con autores, l3mos, maría canosa, viaxes de inverno. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Pingback: Papá, qué son os sorrisos?. Presentación do libro na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña