Category Archives: Club de los Lunes de Forum
23F, Día de Rosalía
Este ano conmemoramos por vez primeira o Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro e non o 24 como viña acontecendo. A nova data consagrouse tras unha reunión de todas as entidades e institucións implicadas na conmemoración da efeméride.
Até o de agora, coñecíase únicamente a partida bautismal de Rosalía, do 24 de febreiro de 1837, e ao ser esta a única proba documental acreditada, dábase por boa esta data para lla asignar ao nacemento da autora. En outubro do pasado ano, a investigadora Sagrario Abelleira fixo público o achado duns documentos que alteraban o que sabiamos sobre Rosalía de Castro: a data de nacemento da escritora situábase grazas a súa pescuda no día 23 de febreiro de 1837, e non no día 24, como até ese momento se pensaba.
Malia todo parece que xa existían algúns indicios que apuntaban ao día 23 de febreiro como a data real do nacemento da autora como por exemplo o de Manuel Murguía, quen no seu Diccionario de escritores gallegos, escribíu que Rosalía naceu en Santiago o 23 de febreiro de 1837.

Sexa como for, o pretexto da efeméride foi unha boa ocasión para que no Club dos Luns da Biblioteca Fórum nos achegásemos a vida da prolífica escritora a través da obra “A dama da noite” unha biografía novelada de Rosalía de Castro do escritor coruñés Xavier Seoane e publicada por edicións Laiovento.
A novela transcorre a base de capítulos curtos, e grazas á figura do narrador, Rosalía en primeira persoa, os lectores somos quen de adentrarnos en aspectos vitais e moi persoais da escritora. Ademais, Seoane bota man de recursos como as cartas da poeta e doutros personaxes, os diálogos e a continua sucesión de diferentes voces como outros escritores ou os propios familiares de Rosalía. Elementos narrativos que ao noso parecer conseguen o que pensamos que é a intención primeira do autor, aportar maior grao de verosimilitude aos feitos.
Para quen non a leu e á marxe dunha análise máis profunda, da lectura de “A dama da noite” podemos salientar que nos permitiu coñecer á Rosalía poeta pero tamén á Rosalía muller que soubo relacionarse de igual a igual cos homes nos acontecementos sociais e culturais da época que lle tocou vivir e a que non sempre se lle fai xustiza.
O autor:
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Conta no seu haber cunha extensa obra literaria que podedes consultar no noso catálogo.
En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.
E vós como ides celebrar o #DíadeRosalía? Como anuncian dende a Casa Rosalía de Castro hai centos de actos e iniciativas por todo o país e dende o Club dos Luns sumámonos á iniciativa de celebralo do xeito que máis vos preste: lendo a súa obra, facendo un #caldodegloria ou interpretando unha #AlboradaparaRosalía.
Club Luns Fórum: as nosas lecturas para despedir o ano
Despois dun 2020 onde a virtualidade estivo moi presente en moitas dos clubs de lectura do país xa que tiveron que reinventarse para poder continuar coas súas sesións semanais, o comezo deste outubro chegaba moi alentador e con el a volta ás tan ansiadas sesións presenciais.
Despois destes cases tres meses queremos compartir convosco as lecturas que partillamos no club de Lectura dos Luns de Fórum. Comezamos cunha lectura que tiñamos pendente do ano pasado, Arenas movedizas de Nella Larsen, publicada no ano 1928 e que se enmarca dentro do movemento chamado o «Renacemento de Harlem», un florecemento da arte negra que se dou nese barrio nos anos 20 do século pasado. Coñecemos a vida da mulata Helga Crane, cunha chea de puntos en común coa biografía da autora. Unha muller que busca un destino de liberdade e autorrealización entre dous mundos, o aínda axfisiante de Estados Unidos e a libre Dinamarca, que a condena para ser un paxaro exótico que admirar. Logo coñecerá o consolo doce, cómodo e anestesiante da relixión, a maternidade e a súa peripecia vital finalizará cun desenlace revelador e inapelable. É unha das mellores novelas dese período e que aborda como temáticas centrais a dobre opresión que sofren as mulleres negras estadounidenses, primeiro por ser negras e segundo, por ser mulleres.


Continuamos cunha novela intimista, de familia e psicolóxica, porque todo iso é La casa del padre de Karmele Jaio quen define a súa obra como unha novela sobre as relacións humanas e sobre todo o invisible que rodea esas relacións. Unha novela triangular onde cada protagonista fai seu cada un dos capítulos: Ismael, escritor que atravesa unha crise tanto profesional como vital e que por diversas circunstancias lle toca coidar do seu pai, un proceso de tempo no que reflexionará sobre o modelo de home que tivo dende a infancia; Jasone, a muller de Ismael tamén escritora e agora reconvertida en bibliotecaria, ela é quen axuda ao seu marido coas correccións das súas novelas e chega a un momento da súa vida no que decide volver a escribir ou se cadra en realidade nunca deixou de facelo; Libe, a irmá de Ismael e amiga da infancia de Jasone que agora vive en Berlín pero que voltará para coidar do pai e con ela inevitablemente volverán os recordos e as vivencias de xuventude.
A través da novela vemos unha evolución, case un crecemento persoal de Ismael pero sobre todo somos capaces de ver a mesma realidade pero vivida dende o punto de vista dos tres personaxes onde inflúe a familia, o nivel cultural pero sobre todo o xénero.


E como non, co pretexto de que se lle concedeu o Premio Princesa de Asturias das Letras 2021, metémonos de cheo no universo do escritor e periodista francés Emmanuel Carrére de quen o xurado do galardón declarou:
«ha construido una obra personalísima generadora de un nuevo espacio de expresión que borra las fronteras entre la realidad y la ficción»
A acta reflexa, ademáis, que os seus libros:
«contribuyen al desenmascaramiento de la condición humana y diseccionan la realidad de manera implacable».
Seguindo as indicacións dos expertos de quen non coñece a Carrere non comece por Yoga, penso que non puidemos facer mellor elección ao decantarnos por De vidas ajenas. Falamos dunha novela real ou unha novela de non ficción a través da cal Carrere enfróntanos á dor pola perda, ao baleiro que deixa quen se vai e ás diversas formas de encarar esa dor. Trátase dun encargo dos protagonistas para que escriba unha historia onde relate os acontecementos da morte dun fillo para os seus pais e a morte dunha muller nova para os seus fillos e o seu marido. O resultado apréciase cunha escritura case xornalística, sen adornos, coas palabras xustas e un ambiente hiperrealista e na que case todas as integrantes do club coincidimos en clasificar como admirablemente ben descrito.


E seguimos e rematamos este primeiro trimestre de lecturas do 2021/22 con Yoga. Sen dúbida o cambio é máis que palpable e non sabemos ben se polo bo regusto que nos quedou no padalcon De vidas ajenas pero o certo é que tamén soubemos saborear aos poucos e sacarlle repouso a Yoga. De lectura máis densa e con momentos de altibaixos nos que as temáticas que nos introduce son moitas: a meditación, o retiro espiritual, o terrorismo, o atentado de Charlie Hebdo, os tratamentos psiquiatricos… e esa etapa de profesor de escritura nunha illa grega como parte dese tratamento antidepresivo do propio Carrére momento no que se entrecruza coas vidas dos numerososo refuxiados que van chegando e que correrán distintas sortes. Con Yoga estamos de novo ante un espléndido manexo da non ficción por parte de Carrére. O que nun principio ía ser un libro amable sobre esta disciplina oriental que o propio autor practica dende hai máis de trinta anos porque proporciona benestar, viuse truncado e acobou sendo unha crónica dun divorcio, dunha profunda depresión e en mil e unha historias máis que por veces pode chegar a despistar ao lector. En suma, poida que estemos de acordo en que Yoga non sexa para todos ou poida que simplemente haxa que atopar o momento para poder conectar con el pero para nós é tamén un si nos imprescindibles deste 2021 que remata xa.
“Ayuda a vivir ser conscientes de que todo momento es un tránsito, que el apogeo anuncia el declive y la derrota la victoria futura. Cuando la vida te sonríe es útil saber que va a propinarte una tunda, y que la luz volverá cuanto antes a tientas en las tinieblas. Eso enseña prudencia, infunde confianza. Ayuda a relativizar los estados de ánimo. Al menos debería hacerlo.”
Non queremos desvelar mais pero si lembrarvos que calquera destas lecturas pode ser un bo agasallo para este nadal, xunto coas recomendacións que sempre traemos para vós na nosa xa tradicional guía de “Historias de regalo”.
Rewind, última lectura da tempada do Club dos Luns Fórum
Para rematar o curso tan atípico que resultou ser o 2019/2020 por mor da aparición da COVID-19 e que supuxo o truncamento das sesións presencias, no Club dos Luns de Fórum eliximos como lectura final Rewind do ourensán Juan Tallón – podedes consultar a guía de lectura aquí-. Foi unha elección totalmente influenciada neste caso pola opinión pública e as boas críticas que a obra non deixa de recibir e que despois da súa lectura no Club dos Luns constatamos que son totalmente certas. A lectura foi a través da Plataforma de Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia e os encontros coma todos os do da época do confinamento a través da plataforma zoom. Unha experiencia ben distitna ás tertulias presencias de cada luns pero que nos brindou a maneira de estar conectadas durante o tempo de distanciamento social.

O autor: Juan Tallón
Nado en Vilardevós en 1975, é un xornalista e escritor galego.
Licencious en Filosofía e exerceu como xornalista en medios como El Progreso, Jot Down e El País, entre outros.
A autopsia da novela (2007) é a súa primeira obra longa de ficción, un xénero xa frecuentado dende o relato curto. Participou en diversas publicacións colectivas, gañando coa súa primera novela o IV Premio Nicomedes Pastor Díaz. Publicou obras tanto en galego como en castelán e moveuse na non ficción —Mientras haya bares—, o ensaio —Libros peligrosos— e a novela —El váter de Onetti, Fin de poema, Salvaje Oeste e Rewind—, ademais de escribir relatos.
Entre os recoñecementos que recibiu Tallón atópanse premios como o Francisco Fernández del Riego, o Pastor Díaz de Novela e o Manuel Lueiro Rey, por destacar algúns.

A obra: Rewind
Pouco máis que engadir ao que xa se dixo sobre a nova novela de Tallón, pero dende o Club dos Luns Fórum non queriamos deixar pasar por alto a nosa humilde análise.Tallón aborda en Rewind un suceso traumático, unha explosión moi extraña nun edificio da cidade francesa de Lyon un venres de primavera calquera que nun comezo se presentaba coma un día perfecto. O acontecemento acaba coa vida de Luca, Ilka e Emma estudantes moi diferentes entre sí e de distintas nacionalidades pero que compartían piso e as ansias de vida propias da xuventude. O único supervivinte é Paul Madiot un estudante de Belas Artes que se salva grazas á urxencia de acudir ao lavabo situado ao final do corredor. A partir dese suceso prodúcese a acción de rebobinar a través do punto de vista de cinco personaxes que fan de narradores intentando atopar o momento exacto no que mudou todo.

Cunha prosa aparentemente sinxela, escasa de diálogo, pero cargada de detalles, sumado a uns personaxes moi ben caracterizados, Tallón consegue que o lector se introduza totalmente na historia e consegue facelo sentir unha chea de sensacións por veces totalmente reais. Un bo exemplo é o nó que se atragoa na gorxa durante a escena na que os pais de Emma acoden á morgue para identificar o cadáver da súa filla. A pesares de que en palabras do propio Tallón nunha entrevista con Europa Press decía:
“A estas alturas, donde son tantas ya las imágenes que nos han conmocionado y la muerte está tan presente a lo largo de nuestra vida, que ésta ya no sorprende a nadie: es difícil sorprenderse a uno mismo pensando en la muerte como algo que le va a afectar”,
pero a través da novela, o lector volve conmocionarse como a primeira vez ante os acontecementos tan ben narrados da historia.
Sen dúbida, non puidemos facer mellor elección á hora de escoller Rewind como peche de tempada do Club dos Luns de Fórum porque foi un ano atípico pero con este libro despois de todo o acontecido reflexionamos aínda máis sobre temas como a destrución, o amor ou a indiferencia. De Rewind podemos dicir que foi unha novela que nos sorprendeu a todas máis do esperado e que nos fixo permanecer expectantes ata o final. Un libro ao que coincidimos en voltar despois desta primeira lectura no dixital para retomala con papel e lápis porque as súas citas e reflexións son para anotar e voltar a elas unha e outra vez.
“Siempre hay un segundo cuando el mundo te espanta, porque alguien a quien amas fallece, o enferma, o simplemente caes enfermo tú, en el que adquieres conciencia de la fragilidad de la vida,, incluso de su extrema transitoriedad, y vislumbras que las cosas trascendentales son otras diferentes a las que regularmente persigues.”
Dende logo Rewind é un libro cunha gran carga vital, así o manifesta o propio autor nunha entrevista á ABC Cultura,
“No es una novela triste, sino una novela de cómo la vida nos da la espalda y cómo nos giramos sobre nosotros mismos y seguimos adelante. Se trata de continuar. Las cosas ya no van a ser como eran antes: no vas a volver a la casilla de salida. Tienes que inventarte un nuevo cero a partir del que crecer. Vas a ser otra persona, pero vas a seguir siendo persona. Y las personas no estamos hechas para la derrota, como decía Hemingway. Nos caemos, pero nos levantamos”
E sen querer desvelar máis, con esa mensaxe nos quedamos porque nos parece o broche perfecto para poñer peche a esta tempada de lecturas que sen dúbida non esqueceremos. Agardamos poder vernos moi pronto nas tertulias presencias con novas lecturas, namentras desfrutade do verán e da vida porque todo pode cambiar nun segundo.
Seguen as lecturas dende o confinamento
No Club de Lectura dos Luns de Fórum continuamos compartindo lecturas e debatendo en torno a elas a través das sesións virtuais que tanto nos uniron durante a etapa de confinamento e que nestas últimas semanas xa de curso nos siguen alentando. Animadas polas lecturas compartidas do Club de Lectura LGTB , despois do relato de María Reimóndez “A esencia da cidade” (do que xa tedes dispoñible o vídeo do encontro por se non o vistes) continuamos con “A cabeza de Medusa” obra gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008 da académica Marilar Aleixandre.

Do primeiro libro lido da autora no club sorprendeunos a súa prosa áxil e directa narrada en terceira persoa onde conxuga descrición, narración e diálogo. A través dos seus personaxes principais (Sofía, Lupe, Rubén, Elvira, Nicolás, Jessica, Teresa…) a historia pon enriba da mesa valores tan fundamentais como a dignidade, o respeto, a igualdade de xénero, a xustiza, a madurez ou a amizade cun carácter ao noso entender moi didáctico para o público ao que vai dirixido. Podedes consultar a guía de lectura sobre a obra e á autora.
Para continuar animámonos co novo libro de Lorenzo Silva “Y te irás de aquí” que o autor asinou baixo o seudónimo de Patricia Kal e editou ‘ Zenda’, de descarga gratuita na web da revista XLSemanal durante o periodo da corentena. Segundo o propio autor confesou, enviou o manuscrito da novela baixo o nome dunha suposta autora de nome descoñecido, fíxoo para comprobar como unha novela dun autor descoñecido, rexéitase sistematicamente, ás veces sen lela. Outras editoriais valorárona, pero finalmente, non consideraron oportuno incluíla no seu catálogo.
Lorenzo Silva comenta que volveu experimentar o mesmo rexeitamento que tivo 25 anos antes cando enviou a varias editoriais a súa primeira obra “La flaqueza del bolchevique”. E que estaba disposto a pagar o prezo por comprobar como o sistema de selección de orixinais segue funcionando igual desde entón.
Digamos que era un experimento, y también una necesidad. La de confrontar a los editores primero, y a los lectores después, con una novela que fuera sólo el texto, sin ninguna indicación acerca de la persona que lo escribió, más allá de su lugar de nacimiento. Quería despojar a la historia de la losa de la autoría, que en mi caso es una marca ya consolidada y por tanto fuente de todo tipo de prejuicios, tanto positivos como negativos.
Podedes ler a entrevista en El Semanal
A obra:
(Sinopse)
Rosa, unha profesional madrileña na corentena, coñece nunha festa á que a arrastra contra a súa vontade a súa muller, Elena, a unha perturbadora rapaza Milena, da que cae prendada de maneira fulminante. Podería quedar aí a cousa, nun cegamento nocturno sen consecuencias, pero a fortuna non está ao lado de Rosa, ou si: a moza non só a corresponde, senón que a convida a verse ás costas das súas respectivas parellas. A decisión de Rosa conducirá ao final do seu matrimonio con Elena, a perda da súa casa, o descubrimento dunha paixón nunca antes experimentada e o exame profundo dos danos do seu ser e da súa biografía. Tamén a levará a comprender e apreciar o que a sostén e fai forte, e a percorrer con novos ollos a súa cidade natal, Madrid, e parte dos seus arredores, para mostrarllos baixo a calor asfixiante do verán de 2019 á barcelonesa atenta e curiosa que é Milena. A experiencia así compartida co seu mozo amante faralle exporse, en fin, o valor da propia existencia, que só emerxe de maneira completa e cabal no instante e no acto do sacrificio.

(Crítica)
“Y te irás de aquí” non é unha novela romántica aínda que sí conta unha historia de amor entre dúas mulleres pero na que nos resultou case imposible meternos no papel de Rosa, a protagonista. Un personaxe cargado de demasiados estereotipos masculinos que nos impedían ao longo da historia ver unha relación entre dúas mulleres.
Tampouco estamos ante unha novela de crítica social pero sen embargo Silva, que non a evita nas súas historias, aquí, como non pode ser menos, volve estar presente. Silva é un escritor comprometido e podéndose estar máis ou menos de acordo coas súas opinións o que non se pode negar é que nunca as esconde.
“Y te irás de aquí “ten máis que ver coa levedade do ser nunha vida que só chega a ser plenamente auténtica no momento do Sacrificio, película do cineasta Tarkovski á que se fai referencia durante o relato. Facendo un percorrido por lugares moi coñecidos de Madrid Lorenzo Silva fai tamén un repaso dos últimos acontecementos deste país e toca temas moi de actualidade.
O autor:

Lorenzo Silva Amador. (Madrid, 7 de xuño de 1966). Autor de artigos e relatos, ensaísta e novelista. Licénciase en Dereito na Universidade Complutense de Madrid e traballa como avogado de empresa de 1992 a 2002. En 1997 é finalista do Premio Nadal por “La flaqueza del bolchevique” (1997), novela que foi adaptada ao cinema polo director Manuel Martín Cuenca no ano 2003 baixo o mesmo nome.
En 1998 recibe o Premio Ojo Crítico pola súa novela “El lejano país dos estanques” (1998). Destaca polas súas novelas policiacas, ás que dedicou gran número de libros, entre os seus máis coñecidos a serie protagonizada polos Gardas Civís Bevilacqua e Chamorro. No ano 2000 recibe o Premio Nadal por “El alquimista impaciente” (2000), segundo libro da devandita serie.
En 2004 recibe o Premio Primavera de Novela por “Carta Blanca” (2004), novela que narra o período histórico desde a Guerra de Marrocos ata a Guerra Civil, centrándose na perspectiva do protagonista Juan Faura.
No ano 2010 foi nomeado Garda Civil Honorario por fomentar a imaxe do Corpo nas súas novelas.
Ademais de novelas é autor de narrativa infantil con obras como “La lluvia de Paris” (2000) ou “El videojuego al revés” (2009) entre outros. Tamén cultivou o xénero de non ficción en obras como “Del Rif a Yebala” (2001) ou “Sereno en el peligro”(2010) pola que recibe o Premio Algaba 2010.
Colaborou na publicación de artigos en revistas como a Revista de Cultura, Revista del Cine Español, Nueva revista de política, cultura y arte, entre outras.
En 2017 é galardoado coa Gran Cruz da Orde do Dous de Maio outorgada pola Comunidad de Madrid por ser considerado un dos “heroes dos nosos días”.
De Lorenzo Silva podedes consultar outras obras dispoñibles nas nosas bibliotecas a través do catálogo ou de calquera outro título que teñades en mente porque xa está en marcha a petición de préstamo por teléfono, correo ou formulario web e que poderedes recoller a partir do 1 de xuño con cita previa.
Lecturas dende o confinamento: Mujeres errantes
Van aló xa 50 días de confinamento, dende que o goberno decretara o Estado de Alarma. É agora cando empezamos a ver algo de luz e parece que a apertura das bibliotecas está cada vez máis preto pero mentras eso non aconteza moitos dos Clubs de Lectura da Rede non deixamos de ter actividade en todo este tempo.
O Club dos Luns de Fórum trasladamos as nosas reunións semanais ao entorno virtual e salvando as distancias co momento presencial os encontros sérvennos para seguir debatendo en torno ás lecturas e sobre todo a manternos en contacto, un acto de moito valor neste tempo tan longo de distanciamento social.
Cando entramos no periodo de confinamento estabamos en plena lecutra de La Habana en un espejo da periodista, profesora, bailarina e escritora mexicana, afincanda en Colombia, Alma Guillermoprieto. A novela trata de América Latina, da súa historia, da súa evolución e da súa Revolución. Alma Guillermoprieto preséntanos a vida de Latinoamerica a través dunha obra autobiográfica. La Habana en un espejo é a historia da reivindicación desta artista e unha reflexión acerca dun réxime, e o resultado é un relato cargado de paixón e de ira no que a autora consegue desentrañar os seus recordos cun pulso áxil e minucioso. Para unha reseña máis completa podedes consultar o post do noso compañeiro Enrique.
Xusto para o remate presentousénos a oportunidade da lectura do maravilloso relato da escritora madrileña Marta Sanz, Sherezade en el búnker, (de descarga libre e gratuíta), creado polo autora durante a pandemia e sobre o confinamento. Xa se falou do encontro que os clubs da rede mantiveron con Marta nun post anterior, que por se alguén no o leu recomendamos novamente que visitedes
Para a seguinte lectura houbo que tirar tamén de recursos dispoñibles na rede e decantámonos por Mujeres errantes de Pilar Sánchez Vicente, que a editorial Roca no seu día puxo a disposición dos lectores como descarga gratuíta.
A novela:
Greta Meier, famosa escritora Suiza afincada en Londres, volta á súa terra natal no último intento por deter a deriva dos seus días. Sorprendida pola repentina enfermidade da súa nai decide compensar as súas ausencias e numerosos enfrentamentos permanecendo os últimos días ao seu carón.
Sen embargo as últimas palabras sembran en Greta unha dúbida que deberá resolver, ¿quen é aquela muller se non é a súa verdadeira nai?. A única pista é unha foto na que aparece ata a que agora consideraba a súa nai xunto a outras mulleres na súa localidade natal, o barrio de Cimadevilla en Xixón. Polo que para descubrir a verdade, coas cinsas da defunta, Greta emprende viaxe a miles de quilómetros para descubrir as súas verdadeiras orixes nun pequeno pobo do norte de España.
Ao longo da novela podemos distinguir que trascorren tres tramas. A da investigación da propia protagonista para descubrir a súa verdadeira identidade onde toma un protagonismo especial o personaxe de Julia, unha pescadeira amiga da infancia da súa nai e chave para descubrir a verdade. A través dos recordos de Julia descubrimos o pasado do pequeno barrio de pescadores en torno aos anos cincuenta. Un barrio pobre, mariñeiro, no que cada un sobrevivía como podía, do que moitos tiveron que emigrar para sobrevivir como lle pasou á propia Julia e á nai impostora de Greta. Unha trama moi ben ambientada influencia das historias que á propia autora Pilar Sánchez Vicente lle contaba a súa avoa.
A segunda trama é a da propia infancia e vivencias de Greta en Zermat (Suíza) un precioso pobo suizo onde os ricos pasan as súas vacacións e a súa nai rexentaba unha tenda de recordos. Relata tamén en detalle como vive unha adolescencia rebelde que a conduce a súa fuxida a Londres onde se rodea de malas compañías, se adentra no mundo das drogas e roza o éxito como escritora pero non consegue manterse na cima polo seus malo hábitos, ata que finalmente se rehabilita.
E a terceira trama sitúase tamén no pasado, dentro dos recordos que Julia lle revela a Greta e que inclúe as lecturas das cartas entre esta e o seu amigo da infancia Guillermo convertido en Sacerdote e destinado en Nicaragua. Cartas nas que se detalla o xeito de vida do país sudamericano en torno aos anos sesenta, a réxime sandinista, os asasinato, etc.
Mujeres errantes fálanos de amor, difícil, complicado e destrutivo ás veces, do perdón e de algo moi importante: a procura das nosas orixes, sobre todo cando estamos perdidos no mundo. É en denitiva unha novela que resalta o papel das mulleres traballadoras e loitadoras e o papel que xogaron na emigración.
A autora:
Pilar Sánchez Vicente
Naceu en Xixón, en 1961. É historiadora de formación e traballa como profesional da información no Goberno do Principado de Asturias desde 1986. Tivo a honra de recibir o Premio “Adolfo Pousada” ás Iniciativas Innovadoras na Administración, no ano 2005. Actualmente desempeña funcións como arquiveira do Tribunal Superior de Xustiza de Asturias.
No ano 2011, o Consello Comarcal das Mulleres da Comarca da Sidra outorgoulle o Premio 8 de Marzo pola súa traxectoria persoal, profesional e humana. Tamén foi presidenta da Asociación Asturiana de Arquiveiros, Documentalistas e Museólogos ( AABADOM) da Asociación Profesional de Especialistas en Información ( APEI) e da Asociación de Escritores de Asturias ( AEA). Actualmente forma parte da Xunta Directiva da Federación de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía e Documentación ( FESABID).
Comadres (KRK, 2001) foi a súa primeira novela. Despois virían Gontrodo la hija de la luna (KRK, 2004) (ambas as dúas dispoñibles de forma gratuita); La diosa contra Roma (Roca, 2008) e Operación Drácula (KRK, 2010), a súa primeira novela negra, tamén dispoñible para a súa descarga en pdf. No ano 2013 publicou en Amazon Luciérnagas en la memoria, unha historia de exilio a cabalo entre Arxentina e Asturias. No ámbito da non ficción destaca a Breve historia de Asturias/ Historia Breve d’Asturies (Ayalga, 1986-VTP, 2006). Tamén publicou un cómic, El fantásticu viaxe de Selene (VTP, 2015) n’asturianu e inglés, onde comparte autoría no guión con Luz Pontón e conta cunhas magníficas ilustracións obra de Alba F. Starczewska. A súa última novela é Mujeres errantes (Roca Editorial, 2018) unha historia sobre a emigración e a identidade convertida nun best seller. En outubro de 2021 sairá á rúa La muerte es mía, publicada por Roca Editorial.
Agardamos poder voltar canto antes á normalidade, volver aos encontros presenciais na biblioteca dun xeito seguro, namentras seguiremos compartindo as nosas lecturas dende o confinamento.
De Posiciones geográficas a Formas de estar lejos
Proseguimos as lecturas no Club dos Luns de Fórum, desta vez con Posiciones geográficas de Suzana Tratnik
Suzana Tratnik (Eslovenia, 1963) é escritora, tradutora, publicista e activista lesbiana. Publicou seis libros de relatos, dúas novelas e unha obra infantil ilustrada, así como un monodrama, unha radionovela e dous ensaios: un sobre o movemento lésbico en Eslovenia e outro sobre literatura lésbica. Recentemente, publicou a autobiografía Lezbičnin aktivizem po korakih (Activismo lésbico paso a paso, 2013) e unha recompilación de ensaios socio-políticos. En 2007, recibiu o premio nacional “Preš eren Foundation Award” de Literatura. Os seus libros e relatos foron traducidos a vinte idiomas.
Posiciones geográficas é “Una antología de relatos que permite descubrir a una de las grandes escritoras europeas contemporáneas”.
Son relatos que cuestionan os costumes, os roles establecidos, as relacións entre mulleres e a violencia en situacións cotiás. A través da narración queda moi latente a formación de Suzana Tratnik, en socioloxía e antropoloxía que nos convida a reflexionar sobre todas estas temáticas e faino ademáis entrelazando tradición e modernidade.
Non deixedes de ler a entrevista que lle fixeron dende o Club de Lectura LGTB Queeruña
Foi, sen dúbida, o perfecto enlace para chegar a Formas de estar lejos de Edurne Portela.
Alicia, unha muller vasca que emigra a Estados Unidos e alí coñece a Matty, co que emprende unha relación e co que rematará casando. A relación non chega a ser nunca de todo idílica, pero a medida que avanza á monotonía e aos quefaceres dunha vida aparentemente normal vaise sumando a incerteza e o desasosego que rematan por converterse en medo, porque a violencia comeza a manifestarse na maneira na que máis nos costa recoñecela, de xeito psicolóxico.
Este é o argumento de Formas de Estar Lejos de quen a propia autora manifestou:
«Quería explorar como Alicia va permitiendo ciertas cosas que posiblemente si viera escritas no aceptaría, pero que al vivirlas, las normaliza»
Na vida da parella comezan a aparecer os desencontros e as diferenzas. O éxito na súa carreira como profesora de literatura enche a vida de Alicia pero confronta co desexo de ter fillos que cada vez vai frustrando máis a Matty. Pouco a pouco aparecen a posesión, o control, desprezo e celos na relación; botándolle a Alicia a autoestima polo chan e provocándolle medo. Un aspecto salientable é o feito de que a autora métese na pel dos dous personaxes principais e aporta así a visión das dúas partes a do agresor e a da agredida. Non xulga, deixa que sexa o lector quen se sinta máis identificado con un ou con outro.
A historia transcorre nun ambiente que a autora coñece perfectamente, pois foi alí, onde Edurne desenvolveu a súa carreira universitaria en Estados Unidos entre 1999 e 2016, máis ou menos os anos nos que ambienta a novela. Un factor que suma máis credibilidade se cabe á narración. Estamos ante unha novela que non sorprende polo que conta, pero si por como nolo narra, centrándose nos pequenos detalles, na aparente sinxeleza e con imaxes moi gráficas que nos levan a reflexionar sobre a responsabilidade que recae nas terceiras persoas que poden chegar a percibir ese tipo de violencia:
“Para ella fue fácil ver lo que le estaba pasando a Alicia. Era cierto que Matty no era como su ex, que posiblemente nunca llegaría a extremos de violencia, pero lo que más miedo le daba es que reconocía en Alicia todas esas actitudes que muestran que el maltrato ha hecho su efecto: la paralización, el miedo y las disculpas, asumir que la culpa de todo es suya, ceder ante todas sus presiones”.
Da realidade da que se nos fala, as consecuencias dunha relación tóxica, ninguén está libre de sufrila en carne propia. Así o quere transmitir a autora outorgando o papel da agredida a unha muller preparada, con estudos universitarios e un bo nivel económico como para levar unha vida independente. A través da crónica do derrumbe dunha parella, Portela fai meditar ao lector sobre a nosa incapacidade para advertir certos tipos de violencia.
«Hay violencias tan íntimas que a veces ni las reconocemos»
Temas coma o aborto, ETA, o machismo, o racismo, as violacións entre estudantes ou as relacións destes con profesores maiores non son froito da casualidade. Son cuestións de sobra coñecidas pola autora e que introduce na novela para exemplificar outros tipos de violencias silenciosas sobre os que a sociedade debe espertar conciencia e tomar partido.
Desenvolveu a súa carreira profesional en Estados Unidos, país no que realizou primeiro un doutoramento en Literaturas Hispánicas na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, para despois trasladarse á Universidade de Lehigh (Pensilvania). Ao longo de 13 anos compaxinou o seu traballo docente coa dirección do centro de investigación para as humanidades da universidade ( Humanities Center) e outros postos de xestión académica, ao mesmo tempo que desenvolveu a súa axenda de investigación e publicación.
En xaneiro de 2016 decidiu poñer punto final á súa carreira universitaria nos Estados Unidos e volver a España. Agora adícase por completo á escritura e colabora con medios como El País, Radio Nacional de España, Cadena SER, La Marea. É autora na editorial Galaxia Gutenberg e con ela publicou o ensaio El eco de los disparos: cultura y memoria de la violencia (2016) e a novela Mejor la ausencia (2017) que recibiu o Premio 2018 ao mellor libro de ficción do Gremio das librerías de Madrid. En marzo de 2019 publicou a súa segunda novela, Formas de estar lejos.
Recomendacións do Club dos Luns de Fórum
Comezamos un novo curso e unha nova andaina entre libros. Con motivo da entrega do Premio Princesa de Asturias das Letras 2019, a lectura coa que retomamos as tertulias dos luns foi “Todo cuanto amé” da premiada Siri Hustvedt.
Adicada ao que por aquel entón era o seu marido, Paul Auster, Todo cuanto amé é unha novela inquietante e profunda, articulada sobre os procesos creativos da arte contemporánea e os fenómenos de trastorno da personalidade (histeria, depresión, bulimia, esquizofrenia …). Elaborada cunha prosa elegante e detallista, que o título non vos leve a engano porque Todo cuanto amé non é en absoluto unha novela fácil ou superficial, senón unha obra dun alto nivel intelectual, con profundas reflexións sobre a arte (as excesivas referencias artísticas en ocasións poden desbordar ao lector), o individuo e as consecuencias que un acontecemento tráxico pode ter nas nosas vidas.
Sinopse: O aprecio por un cadro de Bill Wechsler leva ao historiador de arte Leo Hertzberg a querer coñecer ao seu autor. Unha profunda amizade, baseada por igual en afinidades e contrastes, uniraos desde entón, e incluirá así mesmo ás súas familia. Ao longo dos anos tres mulleres orbitan no seu universo: Erica, a fermosa profesora casada con Leo, e as dúas esposas do pintor. A primeira Lucille, é unha hermética e perfeccionista poeta; a segunda, Violet, antiga modelo, dedícase á investigación psicolóxica. Pero cando unha morte tráxica sacode inesperadamente o mundo destes personaxes, entre eles xorde unha nova orde, baixo o que latexa un escuro engano que acabará por erixirse nunha ameaza de imprevisibles consecuencias. Nesta ocasión a autora mostra a súa exquisita sensibilidade, a súa agudeza analítica e a súa mestría literaria nun apaixonante estudo sobre as relacións humanas e o proceso da creación artísitca.
Para coñecer máis da autora recomendámosvos a lectura doutras reseñas do noso compañeiro Enrique sobre o libro Recuerdos del Futuro.
Da mesma autoría é tamén a reseña do título co que seguimos avanzando nas nosas lecturas outoñais, La sociedad literaria del pastel de piel de patata de Guernsey das estadounidenses Mary Ann Shaffer e Annie Barrows.
Traducida a máis de vinte idiomas, con máis de cinco millóns de exemplares vendidos en todo o mundo e levada ao cinema por Mike Newell, La Sociedad Literaria del Pastel de Piel de Patata de Guernsey é unha deliciosa e conmovedora novela epistolar que se converteu nun clásico indiscutible sobre o poder da palabra e o valor da literatura como refuxio e consolo en tempos difíciles.
E con autoras estadounidenses seguimos porque a seguinte lectura que recén rematamos é Olive Kitteridge de Elizabeth Strout. Nada en Portland ( Maine) en 1956 a súa consagración chegoulle precisamente coa obra Olive Kitteridge (Premio Pulitzer 2009). Outras das súas obras son Amy e Isabelle (1998), Chámome Lucy Barton (2016), Todo é posible (2017).
Olive Kitteridge tamén foi finalista do National Book Critics Circle Award 2008 e gañou o Premio Otras Literaturas. Llibreter 2010.
O xurado do Llibreter sinala que:
“Strout ganó el Premio Pulitzer 2009 pero pasó desapercibida. Que la autora trató durante 25 años publicar Olive Kitteridge y no hubo manera. Es un libro que no se podía dejar en la sombra y nunca ha estado en la lista de los más vendidos pese a su calidad”
“Se trata de una novela coral formada por 13 capítulos que en ellos mismos son historias completas engarzadas por el hilo conductor de Olive Kitteridge, una persona gruñona que no tiene futuro, sino pasado, y que con los años se va ablandando y ganando humanidad”
Strout retrata cunha gran precisión psicolóxica o mundo pechado e pequeno dos habitantes dun pobo marítimo do estado de Maine. O suicidio, a depresión, a falta de comunicación e o amor percorren as páxinas deste libro.
Non é unha novela e tampouco son historias curtas. Son trece retratos que están interrelacionadas entre si pero descontinuos en termos narrativos. Este magnífico mostrario ábrese na farmacia do lugar. Alí atopamos a Olive Kitteridge, profesora de instituto, e o seu marido, Henry, o farmacéutico e un home con pouca personalidade.
A presenza de Olive Kitteridge, será a que vincule estes retratos. Varias historias poñen a Olive no centro, pero nalgunhas só fai unha aparición fugaz, pois non ocupa o centro da escena ata o cuarto capítulo, Unha pequena alegría, que dá conta da voda de Christopher con Suzanne vista a través dos ollos da súa nai.
Olive Kitteridge ten un argumento aparentemente sinxelo, pero as historias están incriblemente ben contadas. É un libro ameno, sinxelo de ler, e que fala de problemas cotiáns – pero tamén de grandes temas que a todos nos afectan, como o amor, a amizade, o fracaso, a lealdade, a decepción, a vellez…
A pesar de que algúns relatos son tristes, amargos e que expoñen esa crueza da vida, non podería dicirse que sexa unha lectura triste. Incluso a mensaxe final ca que quedas é esperanzadora. Pois aínda que vivir sexa raro, angustioso e difícil, o valente e fermoso é apostar por seguir camiñando.
Existe unha versión do libro que foi levada á pantalla en forma de serie de tan só catro capítulos protagonizada pola excelente actriz Frances McDormand, producida pola HBO e que gañou seis premios Emmy no 2015. A serie será a que poña o broche de ouro á lectura do club e da que vós tamén podedes desfrutar pois está dispoñible no catálogo das Biblioteca Municipais. Recomendámosvos que consultedes a súa dispoñibilidade ao igual que a dos títulos dos libros recomendados.
Recomendacións do Club dos Luns de Fórum
Xa comezamos o segundo trimestre do 2019 e no Club dos Luns de Fórum estamos metidos de cheo en novas lecturas. Aproveitamos este breve periodo vacacional para as nosas recomendacións que non queremos deixar de compartir convosco.
Estreamos o ano con El vestido azul (2004) unha obra sobre a escultora Camille Claudel (1864-1963), máis coñecida por ser a amante do seu mestre, Auguste Rodin (1840-1917), e a irmá do poeta Paul Claudel (1868-1955). Unha gran muller relegada á sombra dos homes, co morbo engadido do transtorno mental e a reclusión nun manicomio os últimos 30 anos da súa vida. Sen dúbida a historia non foi xusta con Camille e Desbordes ponse na súa pel para darlle outras palabras. Desbordes fai boa literatura, esixente e sen concisións. El vestido azul é un retrato de interiores, unha viaxe pola vida dunha muller dende os seus momentos álxidos como escultora e amante ata a súa decadencia.
O noso compañeiro Enrique, recentemente publicou un post máis extenso sobre a obra, que vos recomendamos que consultedes.
O cambio de temática foi notorio coa lectura das cartas de Querido Eduardo: cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor.
A editora Chan da Pólvora recupera neste libro con introducción e notas de Antón Lopo as históricas cartas entre o de Sada e o de Ourense. Unha correspondencia extraordinaria de dous homes extraordinarios. Cartas que percorren os grandes escenarios da política galega do século XX: a República, o Estatuto de Autonomía, a Guerra Civil e o Exilio.
A maioría das cartas do exilio teñen como orixe Santiago de Chile, aínda que as dúas primeiras proceden da República Dominicana, a onde Suárez Picallo chegou tras un breve paso por Nova York. As dificultades económicas, o desarraigo e a dor pola perda dos seus familiares (especialmente o seu irmán Antón) son as características que máis nos impresionan neste conxunto de cartas. Xunto a estas peculiaridades, nestes textos apreciamos o seu visceral anticomunismo, teima que lle quedara desde que nos días da Guerra Civil tivera que defender como avogado a dirixentes anarquistas encarcerados polos comunistas. Esta fixación contra os comunistas españois afectará tamén á súa relación con outros líderes galeguistas, caso de Castelao, a quen lle afea a súa subordinación ao PCE.
Feito destacable é que sexa porque se trata de documentos persoais, sexa pola decisión do editor destas cartas, o certo é que neste libro abórdase con valentía e sen prexuízos a homosexualidade de ambos protagonistas. Este é un tema que, a pesar de ser coñecido, na maioría da bibliografía omítese deliberadamente, sobre todo no caso de Ramón Suárez Picallo. En efecto, nese senso Lopo teno claro: “A homosexualidade reforzaba a súa unión fronte a unha contorna agresiva e «facíaos máis íntimos»…” (p. 19).
Continuamos as nosas lecturas cun libro breve pero que abarca un mundo complexo, a vida dunha muller entre dúas culturas a vietnamita de nacemento e a norteamericana que lle abre as portas pero con reservas. Estamos a falar de Vi, una mujer minúscula. Vi é unha historia de búsqueda, de aprendizaxe, de desarraigo. para a súa lectura consultade máis neste outro post do noso compañeiro Enrique do Club dos Martes.
Con motivo do ciclo temático “ MULLER” que se desenvolveu na biblioteca do Fórum durante o primeiro trimestre do ano, aproveitamos a ocasión para ler a Chimamanda nome clave do Feminismo mundial.
A flor púrpura, primeira novela da nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, está contada coa voz de Kambili, unha moza de 15 anos de idade que forma parte dunha familia adiñeirada de Nixeria. Vive cos seus papás e o seu irmán maior, Jaja, nunha casa espazosa e cómoda. Asiste a unha boa escola privada. Ten persoas ao seu servizo e come o que se lle antolla. Pero a súa vida dista moito de ser feliz: o seu papá, un home de negocios moi exitoso, é un fanático católico que se empeña en ter unha familia perfecta. Para logralo, recorre a todo tipo de violencia, contra os seus fillos e contra a súa esposa. O terror imponse todos os días.
Esta é unha novela dura e conmovedora que nos narra a vida dunha familia nixeriana no momento xusto en que os dous fillos perden a inocencia e danse conta de que o mundo non ten por que ser tan escuro como aquel en o que viviron ata entón. Como pano de fondo o país vive unha conflitiva situación política e eles crecerán como persoas e por fin serán capaces de emanciparse dun pai controlador que ata o momento non lles deixaba ser eles mesmos.
O argumento en si mesmo xa é chamativo pero a eso hai que sumarlle unhas descricións deliciosas de sabores, cheiros e tonalidades, que axudan a mergullarse no universo da obra. Dende o Club dos Luns recomendávosvos que non deixedes pasar a súa lectura.
E pechamos as nosas lecturas recomendadas con Desoriental de Négar Djavadi. É a primeira novela da autora nada en Irán en 1969 e criada nunha familia de intelectuais opostos ao réxime do Sah tanto como ao do aiatolá Jomeini e chegada a Francia aos once anos presenta unha muller que quere ter un fillo e non pode. Repasa o seu pasado familiar en Irán para darse conta da rebeldía que leva nos xenes e asentar a súa personalidade, arraigada ás tribos urbanas dunha cidade grande e cosmopolita como París.
Por las noches, Kimiâ pincha rock alternativo. Durante el día, sigue un tratamiento de inseminación artificial para poder tener un hijo con su novia Anna. Kimiâ, nacida en Teherán en 1971, se exilió a Francia con su familia, y para poder disfrutar de su libertad, mantuvo las distancias con su cultura de origen. Sin embargo, mientras espera en el hospital, yendo de consulta en consulta, los recuerdos del pasado la invaden.
Desoriental é unha historia con moito poder narrativo, un relato que aborda o conflito cultural e social que existe actualmente en Europa. A familia de Kimiâ tivo que exiliarse e a historia de tres xeracións queda detallada nunha novela que aborda a realidade dos exiliados.
Cunha prosa directa e sen adornos, non pasa desapercibido o feito de que Djavadi se formou no Instituto Nacional Superior de Artes Escénicas ( INSAS) de Bruxelas e que pasou dez anos detrás da cámara antes de escribir guións. Este feito refléxase na novela con técnicas cinematográficas, con altos no tempo e alucións directas a planos e movementos de cámara. Frecuente tamén é atopar no libro notas ao pé de páxina onde vai a Wikipedia para desenvolver ou aclarar algún feito histórico. Notas necesarias para axudar a comprender a historia de Irán e a que o lector non se perda e poida visualizar a xeografía ou coñecer os detalles defíciles de integrar no texto. Segundo a propia autora recoñece, estas notas foron ademais, “un xogo co lector, un xeito de entrar en maior complicidade”.
Agardamos que entre as nosas recomendacións poidades atopar a lectura que vos acompañe durante estas vacacións, lembrade consultar a súa dispoñibilidade no noso catálogo.
Lo que callan los muertos
No Club de Lectura dos Luns da Biblioteca Fórum Metropolitano xa desfrutamos da obra Lo que callan los muertos de Ana Lena Rivera, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá 2017,grazas á xenerosa doazón dos exemplares por parte da editorial Maeva.
Foi unha lectura programada para poder asistir á presentación oficial do libro que organiza a Deputación da Coruña este xoves 7 de febreiro ás 19:00 h. O acto terá lugar na Biblioteca da propia Deputación e acompañarán á autora Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Ramón Rozas Domínguez, xornalista e membro do xurado.
Lo que callan los muertos é unha novela de misterio ambientada en Oviedo e protagonizada por unha investigadora de fraudes que por unanimidade espertou a simpatía das nosas lectoras. Unha lectura moi entretida con segredos familiares, intriga e un toque de humor. O propio xurado destaca dela
Una obra en la que destaca la trama mientras exhibe un lenguaje fresco y contemporáneo, además de una gran habilidad a la hora de construir espacios cotidianos
Lo que callan los muertos é a primeira entrega dunha serie protagonizada pola investigadora Gracia San Sebastián pero que continuará, segundo afirma a propia autora, con tantas entregas como desexen os lectores.
Gracia San Sebastián ha renunciado a una exitosa carrera laboral en Nueva York y ha regresado junto a su marido Jorge a su Oviedo natal para ejercer de investigadora de fraudes a la Seguridad Social. Su nuevo caso está relacionada con el cobro de la pensión de un militar franquista que sobrepasa los ciento doce años, cifra a todas luces sospechosa.
Mientras su vida personal avanza por sendas imprevistas, Gracia se encontrará con ramificaciones del caso que la llevarán a investigar el suicidio de una vecina de su madre. De vez en cuando pide consejo a una buena amiga de la familia, la monja dominica sor Florencia
Asturiana de nacemento e corazón, Ana Lena leva moitos anos vivindo en Madrid. Estudou Dereito e Administración e Dirección de Empresas porque era o que se esperaba dela, aínda que Ana soñaba con ser científica, criminóloga ou piloto de aviación. De directiva dunha multinacional pasou a ser escritora. Foron as súas dúas paixóns, o seu fillo e a escritura, as que fixeron que un bo día espertara e decidira deixalo todo para adicarse ao que máis lle enchía, a escritura. Un dato curioso é o que apunta a propia autora
Mi madre nunca quiso comprarme libros, le preocupaba que pasara tanto tiempo leyendo, así que tenía que leer lo que había en casa
Tedes máis información da autora e da obra na páxina da propia Ana Lena Rivera. Dende o noso Club de Lectura dos Luns queda máis que recomendada a súa lectura e se tedes a oportunidade non deixedes de acudir á presentación porque sempre é unha oportunidade poder charlar e intercambiar opinións de ti a ti cos autores que previamente lemos e desfrutamos coas súas obras.
As lecturas do Club dos Luns de Fórum
Comezamos o ano con novas lecturas pero facendo repaso das lidas no último trimestre do ano.
O outono estrenámolo con Volver a casa de Yaa Gyasi, a primeira novela da escritora estadounidense de orixe ganesa. Yaa Gyasi mostra un mosaico de feitos e acontecementos que abarcan desde o século XVIII ata o comezo do XXI, partindo dun tronco común que pronto se bifurca a partir de dúas mulleres, dúas irmás que non chegarán a coñecerse, e os seus descendentes. Así, coma se se tratásese dunha colección de relatos, preséntanse as vidas dos descendentes de Effia (a bela, que queda en Ghana) e dos de Esi (a escrava, que será levada a Estados Unidos). Para máis información do libro podedes consultar o post que fixo no seu momento o noso compañeiro Enrique aquí.
A Volver a casa, seguiu Las voces del desierto de Marlo Morgan. O libro narra a longa viaxe da autora polo deserto australiano
en compañía dunha tribo de aboríxes, a súa transformación e integración na súa forma de entender a vida e a súa comuñón coa natureza. Marlo emprende unha viaxe que vai máis aló da superación física ou mental, trátase dun percorrido espiritual cara á verdadeira orixe e natureza do ser humano, un camiño cara á reflexión persoal e global de cara a onde estamos a ir neste aloucado mundo.
A humildade e sinxeleza do modo de vida dos aborixes australianos é transmitida a Marlo, que é aceptada por eles como a súa mensaxeira para transmitir un contundente e impactante mensaxe que merece a pena descubrir lendo o libro. Hai opinións en contra de que a viaxe e a experiencia vivida por Marlo fose real, afirmando que é ficción. Que sexa real ou non, o certo é que a mensaxe que transmite é moi positiva e profundo, merece a pena lelo.
Continuamos con La hija del Este a sexta novela de Clara Usón e segundo a crítica a mellor e máis ambiciosa de todas as que leva escritas. Nela ocúpase da recente guerra dos Balcáns. Tedes máis información neste post publicado anteriormente.
E rematamos o ano con Tierra de campos do escritor, periodista e director de cine David Trueba. Unha novela sobre os conflitos emocionais dun músico que debe enterrar ao seu pai no seu pobo natal. De feito o autor detense moito máis na narración autobiográfica, centrada sobre todo en dous puntos: a súa carreira artístico-musical e a lista dos seus amoríos, ca na propia paternidade. Trueba sabe explicar cómo nos relacionamos, como entablamos os sentimentos cun estilo sinxelo pero explicando ben a historia. O post completo aquí.
La Uruguaya de Pedro Mairal foi a primeira lectura deste recén estreado 2019.
O arxentino Pedro Mairal gañouse ao público e á crítica cunha novela que se converteu nun fenómeno editorial das letras en español. Publicada con gran éxito na Arxentina no 2016, La Uruguaya confirmou a Mairal como un dos máis destacados narradores da literatura arxentina contemporánea.
Hai sexo, diñeiro, infidelidade, humor, crise existencial, mezquindade, amargura, traizón e mesmo fútbol. Son os elementos cos que está tecida esta novela tan curta como intensa, tan apreciada polo público como pola crítica, O nome propio da uruguaia é Magalí Guerra. O protagonista do libro, o escritor Lucas Pereyra, casado e cun fillo, coñécea nun festival literario en Uruguai. Un ano despois, planea unha viaxe de Buenos Aires a Montevideo para cobrar un diñeiro (evitando as restricións cambiarias de Arxentina) e sobre todo para reencontrarse coa fermosa muller. O propio Mairal recoñece
“Me doy cuenta de que el protagonista provoca mucha identificación y no solo en los hombres. Evidentemente, las mujeres también se sienten encerradas en sus parejas, tienen amoríos mentales como el del personaje. Esa válvula de escape no corresponde solo a los hombres”
Pero a novela non é a viaxe en sí, é a reconstrución da viaxe anos despois que se ve rodeada de múltiples disgresións. Vai en ven entre os recordos, entre os detalles da súa vida conxugal, a súa infancia, os seus medos de pai moderno e as interpelacións á súa interlocutora. Non remata de saber o protagonista se o que conta, o que lembra, é o que sucedeu, o que se perdeu ou o que quixese que sucedese.
Narrada cunha brillante voz en primeira persoa, ese contarlle a alguén que pasou convértese na ferramenta literaria máis potente que usa Mairal nesta novela. Unha voz que fala ás veces a un ti (a un vos) que non é o lector, é alguén máis próximo, e que nos leva a nós, lectoras e lectores, da man e sen descanso polas súas páxinas.
La uruguaya é unha novela absolutamente contemporánea, aparentemente sinxela, pero cun estilo directo que consegue transmitirnos as sensacións polas que atravesa o protagonista. Unha novela que se comezas a lela, de seguro rematarás do tirón. En marcha está xa o guión da película da man do propio Mairal e do escritor Hernán Casciari
O autor: Pedro Mairal
Pedro Mairal naceu en Buenos Aires en 1970. A súa novela Una noche con Sabrina Love recibiu o Premio Clarín en 1998 e foi levada ao cinema. Publicou tamén as novelas El año del desierto (2005) e Salvatierra (2008), o volume de contos Hoy temprano (2001), e os libros de poesía Tigre como los pájaros (1996), Consumidor final (2003) e a triloxía Pornosonetos (2003, 2005 e 2008). En 2007 foi nomeado un dos 39 mellores novos escritores latinoamericanos polo Hai Festival de Bogotá. Traballa como guionista e escribe para distintos medios de comunicación. En 2013 publicou El gran surubí, unha novela en sonetos, e El equilibrio, unha recompilación das columnas que escribiu durante cinco anos para o diario Perfil. En 2015 publicou en Chile Maniobras de evasión, un libro de crónicas. A súa última novela, La uruguaya, recibiu en España o Premio Tigre Juan 2017 e confirmouno como un dos máis destacados autores arxentinos da súa xeración.




















