Category Archives: A biblioteca recomenda

Philip Roth gaña o premio Man Booker International

Philip RothO novelista estadounidense Philip Roth, coñecido por novelas como El lamento de Portnoy y Trilogía Americana, gañou o premio Man Booker International.

Roth competía con outros destacados escritores, entre eles, o español Juan Goytisolo, o libanés Amin Maalouf, a italiana Dacia Maraini, as estadounidenses Anne Tyler e Marilynne Robinson, os chineses Su Tong e Wang Anyi, os británicos John Le Carre, James Kelman e Philip Pullman ou o canadense de orixe india Robinton Misty.

O anuncio do premio, dotado con 68.400 euros e que se concede cada dous anos a un autor vivo polo conxunto da súa obra escrita directamente en inglés ou amplamente traducida a ese idioma, fíxose nunha conferencia de prensa celebrada este ano na ópera de Sydney.

Obras que temos dispoñibles nas Bibliotecas Municipais da Coruña de Philip Roth:

La mancha humana; La conjura contra América; Me casé con un comunista; Pastoral Americana; Elegía; La contravida; Deudas y dolores; El mal de Portnoy; El animal moribundo; El pecho; Sale el espectro; Los hechos : autobiografía de un novelista; Lecturas de mí mismo; Nuestra pandilla; El profesor del deseo; Indignación; La Humillación; Némesis

Festa do Libro na Coruña 2011

Nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas.

Consulta o PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011

Encontro 100 anos de Cunqueiro

ENCONTRO:

CEN ANOS DE CUNQUEIRO

A Coruña, do 13 ao 15 de xullo de 2011

Fundación Luis Seoane

Director: Carlos González Reigosa

Programa

 

Fai cen anos que naceu en Mondoñedo (Lugo) o escritor Álvaro Cunqueiro, autor dunha obra que retrata con incomparable riqueza toda a maxia e a realidade da súa terra e, á vez, do Occidente que a contén. Ningún outro escritor soubo mostrar como el, en creacións certeiras e case sempre poéticas, a alma de Galicia, mediante un xogo de espellos culturais que, paradoxalmente, acertan a reflectir o menos visible e, á vez, o máis profundo do noso ser. Os seus poemas, novelas, pezas dramáticas e artigos teñen en común unha visión poliédrica que, literariamente ensamblada, ofrécenos un “mundo propio” paradoxalmente moito máis verdadeiro e completo -e tamén máis revelador e máis desvelado- que o que comunmente temos por real.

Charla sobre os libros electrónicos na Biblioteca de Monte Alto

O vindeiro martes 12 de Abril as 19.30 na Biblioteca Municipal de Monte Alto, na Coruña, convidamosvos a unha charla impartida por Tati Mancebo , experta en xestión de contidos dixitais e que tentará resolver todas nosas dúbidas:

LIBRO ELECTRÓNICO. Qué é?  Por que? Para que? Onde atopalo? Cal escoller? En que me debo fixar? E os contidos??

Atopa a resposta a todas estas preguntas nas Bibliotecas Municipais nesta charla informativa na Biblioteca de Monte Alto. Os asistentes terán a oportunidade de ver e probar diferentes dispositivos de lectura.

Concerto de Jane Joyd

Concerto de Jane Joyd na Biblioteca do Forum Metropolitano o xoves 10 de marzo ás 20:00h.
Elba Fernández é Jane Joyd.

Jane Joyd, coruñesa que mostrará as súas novas composicións de acústica, folk e americana co seu característico pouso de delicadeza compositiva, recollida melancolía e sutileza emocional. Preciosas narrativas que só necesitan esa sorte da boca a boca para estourar definitivamente no panorama estatal.

Biblioteca do Fórum: ciclo “De película”, os mércores de febreiro e o 2 de marzo ás 19:30 h.

Forum para blogTodos os mércores do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de “Biblioteca do Fórum: estamos de volta“, terán lugar estas conferencias, baixo o título xenérico de “De película”, todas elas dirixidas a un público maior de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade (na do 2 de marzo será precisa inscrición previa):

– Mércores 9. 19:30 h.: “Encontro co director de cine Oliver Laxe“, xa recoñecido internacionalmente a pesar da súa xuventude.

– Mércores 16. 19:30 h.: “Sempre nos quedará o Fórum. Números do negocio cinematográfico”, por Martin Pawley. “Agora que algúns se empeñan en recitar coma un mantra que a crise é por culpa da piratería. O caso é que en Francia 2010 foi o mellor ano en número de espectadores dos últimos corenta anos en Italia viviron o mellor ano da década, en Finlandia duplicaron a venda de entradas, en Arxentina foi de fábula… e noutros países non, claro.  Falar diso, dos novos espazos de negocio, os visionados online, explicar como en Francia tamén as salas comerciais “programan”, ordenan ben as proxeccións para fidelizar o público”.

– Mércores 23. 19:30 h.: “Do audiovisual á literatura: proxección de curtas. Mr. Misto.” Proxección das curtas ‘Dous homes e un suicidio’, unha comedia de Iria López; ‘O soldadiño de chumbo’, de Virginia Curiá e Tomás Conde e ‘A flor máis grande do mundo’, de Pablo Etcheverry, baseada no relato de Saramago. As tres pezas serán presentadas brevemente polos seus directores, e ó fin do visionado o público poderá entablar conversa con eles para charlar acerca do audiovisual e a súa relación coa literatura.

– Mércores 2. 19:30 h.: “Obradoiro: No ollo da arte. Un xeito de entender a literatura a través da arte”, por Antía Otero. Con inscrición previa. Obradoiro destinado a tod@s @s interesad@s na arte, na literatura, na expresión, na ollada, na linguaxe… dunha maneira lúdica e interdisciplinar.