Category Archives: A biblioteca recomenda
Francisca Aguirre, Premio Nacional de Poesía 2011
A escritora Francisca Aguirre (Alicante, 1930) concedéuselle, hoxe xoves, o Premio Nacional de Poesía 2011 otorgado polo Ministerio de Cultura pola súa obra “Historia de una anatomía”.
O premio está dotado con 20.00 euros e o galardón pretende distinguir á mellor obra de poesía publicada en España ó longo do ano 2010, tanto en castelán , en galego, euskera ou catalán.
A galardoada xa obtivo o Premio Miguel Hernández 2010 por este mesmo libro, no que recorda a súas vivencias, entre elas a morte do seu pai, o pintor Lorenzo Aguirre, quen compartiu celda con Miguel Hernández e quen foi fusilado polo réximen de Franco en 1942.
Francisca Aguirre tras coñecer o fallo do xurado, sinalou que este poemario era un dos máis importantes da súa vida.
Ademáis é autora de libros como “La otra música”, o libro de relatos “Que planche Rosa Luxemburgo ” (Premio Galiana 2004) e o libro de recordos “Espejito, espejito”
Da súa obra e do seu premio Francisca Aguirre sinala:
“Es un recorrido por mis vivencias y emociones -dice-, pero en el que también circula algo de humor negro; y, sobre todo, es una defensa del cuerpo humano”. “Incluyo en el libro –continúa la autora– una cita muy expeditiva del premio Nobel Coetzee que es muy significativa y que dice: ‘un cuerpo dice la verdad. No siempre, ni a la primera, pero siempre es el cuerpo el que dice la verdad”
Premio Goncourt 2011

O escritor francés Alexis Jenni gañou coa súa primeira obra “L’Art français de la guerre” o Premio Goncourt de literatura 2011.
De 48 anos de idade e profesor de bioloxía na cidade francesa de Lyon, Jenni era un dos grandes favoritos para recibir este ano o que é o premio literario máis prestixioso de Francia. Na súa obra, Jenni ofrece un fascinante fresco que cuestiona o legado das guerras coloniais en Indochina e Arxelia.
Jenni sucede ao polémico escritor Michel Houellebecq, quen recibiu o ano pasado o Goncourt pola súa quinta novela, “La Carte et le territoire”.
O segundo premio literario de Francia, o Renaudot, que se anuncia todos os anos na mesma cerimonia do Goncourt, no restaurante Drouant, foi atribuído ao escritor, guionista e realizador Emmanuel Carrere polo seu libro “Limonov”. Nesa obra, Carrere fai o retrato de Eduard Limonov, quen foi vagabundo en Nova York, escritor de moda en París e fundador do partido ultranacionalista en Rusia.
Na Biblioteca Forum Metropolitano aproveitamos esta ocasión para destacar os autores premiados co Goncourt en edicións anteriores. Imos dende autores como Houellebecq, Druon, Rahimi, Jonathan Littell ata Marcel Proust.
Ouvirmos lanza unha colección de libros de cociña para nenos
Cociña infantil e familiar é o título da nova colección que acaba de lanzar Ouvirmos. O proxecto pretende favorecer o achegamento dos máis novos á arte culinaria e arrinca cun título dedicado a bocadillos e sandwiches e outros centrado nas sobremesas. Desde a editora, ata o de agora centrada na temática musical, adiantan que o proxecto continuará con oito novos títulos que abordarán os temas pasta e pizza, festas, arroz, peixes, chocolate e xeados, carnes, internacional e zumes e combinados. Cada un dos volume inclúe 20 receitas, elaboradas polos cociñeiros Miguel A. Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro, da Escola de Hostelaría de Sober, e fotografadas por Tono Arias.
Animámoste a que te acerques ou consultes o catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña para descubrir os nosos libros adicados á cociña e poidamos cociñar xuntos
Fonte: Culturagalega
Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración 2011
Emilio Urberuaga foi galardonado este luns co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2011, dotado con 20.00 euros, polo conxunto da súa obra.
O Ministerio de Cultura concede este galardón co obxectivo de recoñecer e ditinguir o coxunto da labor realizada por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas.
Emilio Urberuaga (Madrid, 1954) comenzou a traballar na islutración en 1982. Experimentado en diferentes campos das artes plásticas como grafismo, gravado ou estampación. Foi creador da imaxen de Manolito Gafotas.
A sua obra puidose ver no Gabinete de Estampas da Biblioteca Nacional, na Fundación Juan March, na Caixa de Aforros de Granada, no Museo del Dibujo Castillo de Larres, no Museo do Milenario de Sofía (Bulgaria). É o único ilustrador español que a súa obra está representada no Chihiro Art Museum de Tokio.
Urberuaga afirma que el sigue traballando en soporte papel e non usa para nada os ordeadores. O seu xuicio, as novas tecnoloxías son “marabillosas para moitas cousas, pero non para outras, e aínda sen estar en contra”, non as usa
Convidámosvos a visitar as Bibliotecas Municipais para desfrutar das obras deste autor.
Mostramos algúns exemplos do noso catálogo:
Tres cuentos de Olivia / Elvira Lindo ; ilustraciones Emilio Urberuaga. SM. 2010
Manolito on the road / Elvira Lindo ; ilustraciones de Emilio Urberuaga. Alfaguara, 2008
Discorso dell’orso / Julio Cortázar ; illustrazioni di Emilio Urberuaga. Kalandraka, 2008
Quiquiricosas / texto Juan Clemente Gómez ; ilustraciones Emilio Urberuaga. Editilde, 2008
La sal de la vida / Anna Gavalda ; ilustraciones de Emilio Urberuaga. Seix Barral, 2010
El niño gol / Ramón García Domínguez ; ilustraciones, Emilio Urberuaga. Edelvives, cop. 2010
Una cosa negra / Emilio Urberuaga. — Madrid. Narval, 2011
A biblioteca recomenda: John Berger
As mellores bitácoras literarias, segundo El Cultural
O semanal El Cultural fixo unha selección dos mellores blogs literarios en castelán, dignos de ser visitados:
- Diario de lecturas de Vicente Luis Mora
- Lector Mal-Herido de Juan Mal-Herido
- La nave de los locos de Fernando Valls
- Blog de Rafael Reig
- Hemeroflexia de Andrés Trapiello
- Libros y bitios de José Antonio Millán
- Moleskine literario de Iván Thays
- El escorpión de Alejandro Gándara
- EL blog de Patricio Pron
- El lamento de Portnoy de Javier Avilés
- Blog de Antón Castro
- Microrréplicas de Andrés Neuman .
- El blog de Félix de Azúa
- Antonio Muñoz Molina
- La Medicina de Tongoy de Carlos González Peón
Carlos Fuentes, Formentor das Letras 2011
O escritor mexicano Carlos Fuentes foi galardoado co Premio Formentor das Letras 2011, que lle será entregado en Mallorca a final de mes, en recoñecemento ao conxunto da súa obra literaria.

Carlos Fuentes (Panamá, 1928), autor da novela “La muerte de Artemio Cruz”, está considerado como unha figura central e indispensable da novelística moderna en castelán. Foi catedrático nas Universidades de Harvard (Estados Unidos) e Cambridge (Inglaterra), e doutor honoris causa nunha longa lista de universidades de todo o mundo. O autor recibiu, entre outros, o Premio Biblioteca Breve, o Premio Nacional de Literatura de México, o Premio Rómulo Gallegos, o Premio Alfonso Reyes, o Premio Miguel de Cervantes e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.
Entre os anteriores galardoados co premio figuran Samuel Beckett, Jorge Luis Borges, Juan García Hortelano, Jorge Semprún, Saul Bellow e Witold Gombrovicz.
Na Biblioteca Forum facémoslle unha pequena homenaxe destacando unha selección de obras do xenial escritor mexicano.
A biblioteca recomenda “Recuerdos de un callejón sin salida”

A nova novela de Banana Yoshimoto, presenta en cinco relatos a cinco personaxes que, tras vivir momentos de dor, pregúntanse sobre o sentido da vida e sobre a posibilidade de ser felices. Dous compañeiros de universidade que pasan da amizade ao amor profundo, unha moza que perde a fe nas relacións humanas, un relato de amizade entre nenos, unha moza entre a inxenuidade e a esperanza e Mimi, a protagonista do relato que dá nome ao libro (Recuerdos de un callejón sin salida), abandonada polo seu noivo e atopando a salvación no bar dun canellón sen saída. Universos cento por cento Banana Yoshimoto.
A biblioteca recomenda: Revista Litoral
Na Biblioteca Forum facemos unha selección dos mellores exemplares da Revista Litoral.








