Philip Roth gaña o premio Man Booker International
O novelista estadounidense Philip Roth, coñecido por novelas como El lamento de Portnoy y Trilogía Americana, gañou o premio Man Booker International.
Roth competía con outros destacados escritores, entre eles, o español Juan Goytisolo, o libanés Amin Maalouf, a italiana Dacia Maraini, as estadounidenses Anne Tyler e Marilynne Robinson, os chineses Su Tong e Wang Anyi, os británicos John Le Carre, James Kelman e Philip Pullman ou o canadense de orixe india Robinton Misty.
O anuncio do premio, dotado con 68.400 euros e que se concede cada dous anos a un autor vivo polo conxunto da súa obra escrita directamente en inglés ou amplamente traducida a ese idioma, fíxose nunha conferencia de prensa celebrada este ano na ópera de Sydney.
Obras que temos dispoñibles nas Bibliotecas Municipais da Coruña de Philip Roth:
La mancha humana; La conjura contra América; Me casé con un comunista; Pastoral Americana; Elegía; La contravida; Deudas y dolores; El mal de Portnoy; El animal moribundo; El pecho; Sale el espectro; Los hechos : autobiografía de un novelista; Lecturas de mí mismo; Nuestra pandilla; El profesor del deseo; Indignación; La Humillación; Némesis
Posted on 18 Maio, 2011, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas and tagged Philip Roth, Premios. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0