Carlos Fuentes, Formentor das Letras 2011
O escritor mexicano Carlos Fuentes foi galardoado co Premio Formentor das Letras 2011, que lle será entregado en Mallorca a final de mes, en recoñecemento ao conxunto da súa obra literaria.
Carlos Fuentes (Panamá, 1928), autor da novela “La muerte de Artemio Cruz”, está considerado como unha figura central e indispensable da novelística moderna en castelán. Foi catedrático nas Universidades de Harvard (Estados Unidos) e Cambridge (Inglaterra), e doutor honoris causa nunha longa lista de universidades de todo o mundo. O autor recibiu, entre outros, o Premio Biblioteca Breve, o Premio Nacional de Literatura de México, o Premio Rómulo Gallegos, o Premio Alfonso Reyes, o Premio Miguel de Cervantes e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.
Entre os anteriores galardoados co premio figuran Samuel Beckett, Jorge Luis Borges, Juan García Hortelano, Jorge Semprún, Saul Bellow e Witold Gombrovicz.
Na Biblioteca Forum facémoslle unha pequena homenaxe destacando unha selección de obras do xenial escritor mexicano.
Posted on 5 Agosto, 2011, in A biblioteca recomenda, Escritores, Novas and tagged Carlos Fuentes, Premios. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0