Category Archives: Novela social e política
O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio Manuel Fraga
Publicado por: antyaro
Alguén dixo unha vez que a LIX (Literatura Infantil e Xuvenil) non é só para as idades que veñen marcadas no propio libro, senón que abranguen desde esos anos ata +99.
No club de lectura de Escritores e Escritoras Galegas non podemos estar máis de acordo, e o curso pasado tivemos a inmensa sorte de ler O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil.

1933. Aos seus trece anos, Suso é obrigado a pasar o verán nas colonias do Sanatorio Marítimo de Oza por mor da súa mala saúde. No traxecto en tren cara ao seu destino estival, chega ás súas mans un caderno cun misterioso título na cuberta: Liber bestiarium scientificus. Cando Suso decide mergullarse nas súas páxinas, lonxe está de saber que ese intre marcará un verán cheo de aventuras na compaña de Tila, unha rapaza das colonias coa que acabará forxando unha bonita amizade.
Sinopse de O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.
O seu autor, Antonio Manuel Fraga, naceu en Nogueirosa (Pontedeume), pero é Coruñés de adopción. É Enxeñeiro Técnico Industrial, escritor e docente. As súas obras foron gañadoras, entre outros, do xa nomeado Premio María Victoria Moreno, do Premio Merlín de Literatura Infantil (O castañeiro de abril, 2013) e do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil (santoamaro, 2021), ambos de Xerais, ou do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica e do Premio da Crítica de Galicia de Creación Literaria, os dous pola obra Querido H.P. Lovecraft (2016, Urco Editora).
A obra fálanos dun sitio ben coñecido da cidade da Coruña e da súa historia: o hospital de Oza. Para meternos na obra, foinos de moita utilidade buscar fotografías como as que se achegan a continuación.






Imaxes obtidas de https://xxicoruna.sergas.gal e http://personaldelchuac.blogspot.com
Mesturando ficción, fantasía, ciencia e realidade, Antonio Manuel Fraga transportounos a un mundo no que desfrutamos da investigación e a aventura coma auténticas crianzas!
Aquí vos deixamos un vídeo marabilloso onde o propio autor nos fai unha visita guiada polo Sanatorio de Oza e a historia da obra O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.
Publicado en A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Clubes de lectura, Escritores, letras galegas, Libros lidos, Libros para ver e mirar, Novela de aventuras, Novela histórica e biográfica, Novela intriga y misterio, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política
Etiquetas: #recomendamosbmc, club de lectura, Literatura galega, Premios, recomendaciones, recomendacions
Palabras contadas, de Camilo Franco
Publicado por: antyaro
“Cando morra han dicir que fun pioneiro. Pero leva morto tanta xente“.
O anterior é un dos microrrelatos que compoñen o libro Palabras contadas de Camilo Franco.
Este libro inclúe máis de cen de microrrelatos, trinta argumentos de novela e cinco relatos algo máis extensos, tal e como afirma Xerais.
Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría. Palabras contadas deu pé á próxima exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición, que tenta aproveitar dúas posibilidades que quizais non se deron antes na historia da narración. Dunha parte a versatibilidade da literatura breve, doutra parte a capacidade para colocar a palabra como código e como significante en sorportes propios dunha cultura industrial ou de masas. En conxunto mesmo se pode entender como unha tentativa de converter ao lector en espectador. a palabra e a narración está no centro de espazos que poden ser considerados escénicos. Neste sentido, a reinvindicación da palabra como creadora de ámbitos leva á creación de espazos nos que o relato adquire significado completo. En moitos sentidos, a creación de espazos que teñen como centro a lectura dun texto é dotar a cada unha das historias da circunstancia que a completa. Case como unha proxección sólida do argumento e do ambiente do relatado.
Sinopse de Palabras contadas.
Camilo Franco é escritor, crítico teatral e xornalista, e publicou libros como En malos pasos (1995, Xerais), Por conto alleo (2003, Galaxia), ou ensaio Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño (2012, Biblos Clube de Lectores). Tamén ten participado en obras colectivas como Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora) ou Níxer (2010, Xerais).

Veleno de tinta impresa, de Xosé A. Neira Cruz
Publicado por: antyaro
Nos últimos meses, unha das novelas “máis coruñesas” que limos no club de lectura da biblioteca de Estudos Locais foi Veleno de tinta impresa. Nela desenvólvese, a través da ollada dunha muller protagonista afouta e decidida, a sociedade da cidade da Coruña a comezos do século XX.

Veleno de tinta impresa, de Xośe A. Neira Cruz, foi a novela gañadora do Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo no ano 2019.
Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes. Con todo, a sociedade coruñesa da época foi berce de figuras femininas que constitúen un referente para a reivindicación e o exercicio dos dereitos profesionais das mulleres: Fanny Garrido, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova… Un día, a protagonista coñece a Miguel Sawa, que acaba de chegar á Coruña para dirixir o xornal La Voz de Galicia, e decide dar un paso adiante. É o intre en que as novas máquinas, as linotypes, imprimen importantes cambios na composición da prensa e a sociedade coruñesa se debate entre o tradicionalismo e a apertura a novas ideas. Nese contexto, apoiada pola súa compañeira Herminia, a linotipista, e tamén pola súa amiga María Barbeito, Elvira Morales ten que atopar o seu futuro.
Sinopse de Veleno de tinta impresa.
Á parte da protagonista, Elvira Morales, que é unha homenaxe a María Luz Morales, a primeira directora dun xornal en España, na novela aparecen outras moitas mulleres senlleiras relacionadas coa Coruña: Fanny Garrido, Emilia Pardo Bazán, María Barbeito, Sofía Casanova… Tal e como din desde Xerais: “Veleno de tinta impresa, de Xosé A. Neira Cruz, é unha homenaxe ás pioneiras que abriron camiño”.





De esquerda a dereita, de arriba a abaixo: Emilia Pardo Bazán, María Luz Morales, María Barbeito, Sofía Casanova e Fanny Garrido.
Xosé A. Neira Cruz, o autor da novela, é licenciado en filoloxía italiana e en Ciencias da Información, e doutor pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor dunha extensa bibliografía que abarca desde a novela para xente adulta, a literatura infantil e xuvenil, a poesía e mesmo o ensaio, tamén resultou gañador de diversos premios literarios, coma o Premio Raíña Lupa en 2002 e 2021, o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2007, o Premio Merlín en 1988 e 2000 e o Premio O Barco de Vapor nos anos 1997 e 1999, entre outros.

Publicado en A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Clubes de lectura, Escritores, letras galegas, Libros lidos, Novela histórica e biográfica, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política, Obras
Etiquetas: club de lectura, Estudos Locais, Literatura galega, Xosé A. Neira Cruz
Memoria do silencio, de Eva Mejuto
Publicado por: antyaro
Un dos libros que máis gustou no club de lectura de Estudos Locais no pasado curso 2020/2021 foi Memoria do Silencio, de Eva Mejuto.


En Memoria do silencio, a autora lévanos á Ribadavia de 1943. Alí, Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. A súa vida entrecrúzase coa de Lola, unha muller brava e xenerosa que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Tamén coñecemos a Frieda, quen foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Con estas tres voces tan diferentes, Eva Mejuto explora, a camiño da ficción e a realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.
A historia real das irmás Touza impactou os e as asistentes ao club, chegando algunhas persoas mesmo a facer as súas propias investigacións. Froito disto é a recuperación dun roteiro literario pola vila de Ribadavia levada a cabo pola propia autora, entre outros. Pódese ver aquí.
Ademais, en http://memoriadosilencio.evamejuto.com/ pódense ver imaxes da verdadeira historia, que se achegan a continuación:




Eva Mejuto é doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten unha dilatada carreira como autora de literatura infantil e xuvenil. Con Memoria do silencio quedou finalista do Premio Jules Verne da editorial Xerais e a obra foi incluída na Lista de Honra 2019 da OEPLI.
Xa para finalizar, os e as asistentes ao club puidemos ver un vídeo co resumo da historia das irmás Touza, realizado pola TVG:
Publicado en A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, escritoras, letras galegas, Novela histórica e biográfica, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política, Recomendacións dos nosos lectores
Etiquetas: club de lectura, Eva Mejuto, Literatura galega, Premios, recomendacions
Hamnet, de Maggie O’Farrell
Publicado por: antyaro
Nas pasadas sesións do club de lectura de Monte Alto tivemos a ocasión de ler e comentar unha das obras das que máis se falou no pasado 2020: Hamnet, de Maggie O’Farrell, editado en castelán por Libros del Asteroide.
O’Farrell é unha escritora de Irlanda do Norte nada en 1972. Ten unha dilatada carreira como novelista, con numerosos premios. En 2020, con Hamnet, gañou o Women’s Prize Fiction, un dos máis prestixiosos do Reino Unido, e o Premio del Círculo Nacional de Críticos de Libros.
Agnes, una muchacha peculiar que parece no rendir cuentas a nadie y que es capaz de crear misteriosos remedios con sencillas combinaciones de plantas, es la comidilla de Stratford, un pequeño pueblo de Inglaterra. Cuando conoce a un joven preceptor de latín igual de extraordinario que ella, se da cuenta enseguida de que están llamados a formar una familia. Pero su matrimonio se verá puesto a prueba, primero por sus parientes y después por una inesperada desgracia.
Partiendo de la historia familiar de Shakespeare, Maggie O’Farrell transita entre la ficción y la realidad para trazar una hipnótica recreación del suceso que inspiró una de las obras literarias más famosas de todos los tiempos. La autora, lejos de fijarse únicamente en los acontecimientos conocidos, reivindica con ternura las inolvidables figuras que habitan en los márgenes de la historia y ahonda en las pequeñas grandes cuestiones de cualquier existencia: la vida familiar, el afecto, el dolor y la pérdida. El resultado es una prodigiosa novela que ha cosechado un enorme éxito internacional y confirma a O’Farrell como una de las voces más brillantes de la literatura inglesa actual.
Texto de contracapa de Hamnet.
Foi unha lectura que gustou moito, sobre todo as pasaxes descritivas que tiñan o poder de transportarnos nunha viaxe no tempo. Tamén sorprendeu por amosar un punto de vista novidoso sobre a historia de William Shakespeare e a motivación pola que puido escribir a súa obra Hamlet. Conxugando datos históricos e ficción, O’Farrell constrúe unha historia realista que sorprendeu gratamente aos e ás asistentes do club de Monte Alto, aínda que non demasiado: nesta biblioteca xa eramos fans da escritora tras a lectura de Sigo aquí ou La extraña desaparición de Esme Lennox.
«Demasiado oportuna (…) Una novela histórica excepcional.»
The New Yorker
«Increíblemente hermosa, insoportablemente conmovedora.»
Scotsman

«A pesar de los más de cuatrocientos años que han pasado desde la muerte de Hamnet, la historia que O’Farrell teje en esta emocionante novela es atemporal y siempre apropiada.»
Heller McAlpin (National Public Radio)
«Su mejor novela hasta la fecha. “Hamnet” demuestra que siempre hay nuevas historias que contar. (…) Esto confirma a O’Farrell como una escritora de extraordinaria versatilidad – cualidades que comparte con William Shakespeare.»
Stephanie Merritt (The Guardian)
Se queredes comezar a ler esta deliciosa novela, podedes facelo aquí pinchando en “Empieza a leer”.
Scórpio, de Carvalho Calero, e novas inscricións para o club Autores/as Galegos/as da biblioteca de Estudos Locais.
Publicado por: antyaro
O 2020 foi un ano atípico para todo o mundo, incluídas as conmemoracións das Letras Galegas. Ese ano dedicóuselle a Ricardo Carvalho Calero, e desde o club de lectura Autores/as Galegos/as da biblioteca de Estudos Locais quixemos ler unha das súas obras máis importantes: Scórpio.
Carvalho Calero, nado en Ferrol en 1910, foi historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüísta e escritor. Membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi membro numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.
Antes de 1981 o autor asinaba como Carballo Calero, pero como ideólogo do reintegracionismo lingüístico, defendendo que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa, a partir desa data adaptou o seu nome á grafía correspondente. Desde o club de lectura foi un reto ler unha novela escrita en galego reintegrado, e para coñecer un pouco máis do tema puidemos ver a seguinte entrevista a Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua, e debater dos pros e contras do binormativismo:
Tanto a estrutura e a forma de contar a historia como os acontecementos da vida de Scórpio resultaron moi interesantes para os e as membros do club. A ironía literaria, as descricións da guerra e os apuntamentos autobiográficos que se deixaban entrever deron para unha conversa ben amena sobre a novela, que recomendan.
Por último, lembrar que nuns días abrirá o prazo para apuntarse ao club de lectura da biblioteca de Estudos Locais para cubrir as baixas existentes. Estade atentos/as!
Publicado en A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Clubes de lectura, Escritores, letras galegas, Libros lidos, Novela histórica e biográfica, Novela social e política, Obras
Etiquetas: Biblioteca Estudos Locais, Club lectura, Letras Galegas 2020, Reintegracionismo, Ricardo Carvalho Calero
A dúbida, de María Reimóndez
Publicado por: antyaro
Un dos libros que máis impactou no pasado curso aos clubs de lectura das bibliotecas de Monte Alto e Estudos Locais foi A dúbida, de María Reimóndez, obra gañadora do XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Nel, a autora lucense fálanos dun tema duro e cru, os abusos sexuais infantís, chegando a ser por momentos ata difícil de ler para algúns e algunhas asistentes.
Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.
Sinopse de A dúbida.
Ademais, tamén puidemos ver e debater sobre a seguinte entrevista feita á autora por Nós Televisión, na que fala, entre outras cousas, do sistema literario galego ou da organización feminista (tal e como ela a reivindica) Implicadas no desenvolvemento, da que é fundadora.
A novela deixou sentimentos encontrados nos e nas asistentes xa que os abusos sexuais a menores é un tema difícil sobre o que ler, pero resulta imprescindible sacalo á luz para loitar contra el.
El gran viaje de estudios de García Lorca
Publicado por: antyaro
Nas últimas semanas, tanto no club de lectura da biblioteca de Estudos Locais coma na de Monte Alto tivemos a oportunidade de ler El gran viaje de estudios de García Lorca, editado por Alvarellos Editora.

Este libro, ilustrado e con anotacións ao coidado de Henrique Alvarellos, é unha crónica de primeira man da viaxe de estudos feita por Federico García Lorca e algúns estudantes máis grazas ao seu profesor Domínguez Berrueta en 1916. Na primeira parte, os escritos do seu compañeiro de estudos Luis Mariscal amosan as paradas, visitas e experiencias que vive o grupo na súa ruta, que é a que segue:
Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña — Lugo — León — Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.
Na segunda parte, podemos ler, entre outros, as cartas e telegramas orixinais que Lorca envía á súa familia durante o traxecto, contando o que sente, o que ve, e as impresións que lle produce Galicia, á que volverá tres veces máis ao longo da súa curta vida. Ademais, é nesta viaxe na que o granadino decide deixar a música (ao longo do traxecto dá varios concertos para os seus compañeiros e xentes dos lugares que visitan) e dedicarse á escrita. Tamén hai artigos ou fragmentos do que será o seu primeiro libro Impresiones y paisajes, (1918).

Os e as asitentes ao club coincidiron que esta foi unha forma diferente de achegarse á figura do granadino, ademais de descubrir cousas do poeta que non sabían. Para completar a lectura, tamén lemos outros textos sobre a relación de Lorca con Galicia que se poden atopar na rede:
- Un ejemplar de los seis poemas galegos de Lorca convertidos por Seoane en una obra de arte, de Rodrigo Gutiérrez Viñuales.
- O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, de Luís Pérez Rodríguez. Libro de 410 páxinas editado polo Consello da Cultura Galega con música incluída.
- A Rosalía de Federico: la herencia de Rosalía de Castro en los Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca, de Giulia Vezzaro.
Ademais, na biblioteca de Estudos Locais puidemos contar coa participación do escritor Xavier Alcalá, que coñeceu a Ernesto Guerra da Cal e nos contou algún que outro segredo e anécdota sobre os Seis poemas galegos e sobre a amizade de Lorca, Guerra da Cal e Blanco Amor.
Finalmente, na biblioteca de Monte Alto rematamos a xornada lorquiana vendo o seguinte documental.
UN CABALLERO EN MOSCÚ
Publicado por: Enrique
Pues bien, desde el día que nací, Sofía, solo una vez necesitó la vida que yo estuviera en un sitio concreto en un momento concreto, y fue el día en que tu madre te trajo al vestíbulo del Metropol. Y no aceptaría ser el zar de todas las Rusias a cambio de no haber estado en el hotel a esa hora.
El que así habla es el Conde Aleksandr Ilich Rostov, noble ruso condenado a muerte durante la revolución bolchevique. Esta condena será conmutada por la de pasar toda su existencia en arresto domiciliario, confinándolo de por vida en el Hotel Metropol de Moscú. Este lujoso hotel en el centro de la capital soviética es un ejemplo de todo aquello que la revolución quiere abolir, pero al mismo tiempo es el lugar por excelencia para recibir a aquellas personas y delegaciones extrajeras que tuviesen interés por conocer la evolución de la revolución o hacer negocios o tratos con ella, así como para celebrar en el reuniones y congresos del partido imperante. Da la casualidad que en ese hotel es donde el Conde residía cuando fue condenado.
Amor Towles es el culpable de hacernos llegar este relato. Personalmente su lectura me fue grata y en momentos concretos muy grata. La vida de este personaje será un ejemplo de adaptación, de aceptación de unos hechos que no nos gustan pero contra los que oponerse no lleva a ningún lado. Y a la vez nos hace ver que se puede vivir con unos principios éticos en un ambiete social y político de opresión. No puede salir del Hotel, sería ejecutado si lo hiciese, pero dentro del mismo el Conde se hace un personaje respetado y en ocasiones requerido. Pasa de ser servido a servir, pero en todo momento y gracias a su empatía conservará amistades de su época anterior y hara nuevas que le facilitarán su peculiar vida.
Sería prolijo detallar este desarrollo personal. Sirva como resumen decir que conocerá algo que en su vida anterior no había tenido, el amor real de una mujer y el amor de padre por una hija. No será suya, pero ella, Sofía, le colmará totalmente.
El final es sorprendente y no voy a comentarlo. Ni quiero hacer más largo esta sipnosis. Aconsejo la lectura de la novela. No defrauda, al contrario, interesa y lamentamos que la historia no continúe dada la agradable sensación que produce todo lo que se narra.
Biografía de Amor Towles

Escritor americano, Amor Towles se graduó en la Universidad de Yale y estudió Literatura Inglesa en Stanford. Se declara un apasionado de las vanguardias de principios del siglo XX, así como del jazz.
Towles comenzó su carrera combinando su trabajo como director financiero con la literatura, siendo Normas de cortesía su primer libro publicado en castellano. La novela fue traducida a más de quince idiomas y se convirtió en bestseller de The New York Times. Considerada por The Wall Street Journal como uno de los mejores libros de 2011.
La acogida del público se multiplicó con la publicación de su segunda novela, Un caballero en Moscú, que escaló hasta el primer puesto en la lista de The New York Times y de la cual se han vendido más de un millón de ejemplares hasta la fecha.
Este éxito definitivo ha permitido a Towles abandonar el mundo de las finanzas y dedicarse a escribir a tiempo completo.
Libros de Amor Towles
- Un caballero en Moscú 2016
- Normas de cortesía 2013
O #25N nos Clubs de Lectura
Publicado por: Julia Varela
As Bibliotecas Municipais da Coruña puxemonos en marcha para ofrecer unha programación entorno ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres.
As bibliotecas somos espazos abertos á transformación social e queremos ser partícipes do proceso de cambio que é necesario. Sabemos que a discriminación persiste desde as formas máis extremas – como as que sofren as mulleres vítimas de violencia – ata as menos perceptibles que se producen todos os días en todas as áreas.
Os clubs de lectura da Biblioteca Os Rosales e máis do Agora sumámonos a esta reinvindicación co que mellor se nos da, a lectura.
Os grupos de Café con libros da Biblioteca Os Rosales arrancamos este novo curso con moita ilusión, especialmente con ganas de volver a vernos e poder seguir compartindo lecturas. Adaptándonos a un novo contexto, reubicamos as nosas tertulias nun novo espazo que garantizara todas as medidas de seguridade e distanciamento social, máis finalmente voltamos as sesións virtuais.
Comenzamos as lecturas con tres autoras, tres historias diferentes pero que comparten un trasfondo en común, unha liña soterrada e as veces non tanto, de violencia e discriminación das mulleres a través de diferentes épocas. Unha vez máis a literatura como espello da vida, como referente, sempre un paso por diante.
Apostamos por Estamos en el borde de Car
oline Lamarche. Desta autora belga xa leramos Frufú, o primeiro dos relatos que conten o libro durante o confinamento. Tan bo sabor de boca deixou nas nosas tertulias virtuais que apostamos pola lectura completa deste libro de contos. Nove relatos onde se fala da vida, da morte, do amor, do fracaso, da vanidade, e que deron para moita reflexión e análise. A propia autora, vitima de maltrato, volcou as súas lembranzas máis terribles na súa novela La memoria del aire, onde profundiza na vulnerabilidade da infancia, nas relacións de poder que forman a dependencia afectiva e, sobre todo, nesa violencia que nunca debería de ser consustancial ao amor e que, con todo, tan a miúdo éo.
A seguinte parada lectora levounos ata Agnes Grey de Anne Brontë. A pequena das irmáns Brontë publicou esta novela no ano 1847, unha historia en apariencia sinxela pero que ten moitas capas. Descubrimos unhas figuras femininas (a propia Agnes e a sua nai) nada convencionais, traballadoras, cultas, autosuficientes, marcadadas por un tempo onde o matrimonio era prácticamente unha saída laboral para a muller. Un reflexo da propia vida das irmáns Brontë, quizais. Pero é especialmente na súa segunda novela, A inquilina de Wildfell Hall, onde aborda a historia dun matrimonio degradado polo abuso e a violencia, na que a muller consigue abandonar ao seu marido e comenzar unha nova vida. Impensable naqueles tempos.
A nosa terceira lectura do curso foi Alguien bajo los párpados de Cristina Sánchez-Andrade. A autora ofrécenos un retrato, as veces disparatado, as veces mordaz de dúas mulleres octoxenarias, que levan media vida xuntas, Bruna e Olvido. As mulleres inician unha viaxe en coche trepidante, tanto física como vitalmente, lembrando a súa vida pasada co trasfondo do estallido da guerra civil e o mundo rural galego. Dúas personaxes que non deixaron indiferente a ningunha das nosas lectoras. Das que deixan pegada!
Nos Clubs de lectura da Biblioteca Ágora achegámonos á violencia de xénero mediante a lectura de Seique, de Susana Sánchez Arins. O libro foi editado en 2015 por Através Editora, editorial que sacará unha segunda edición aumentada en 2019, tamén dispoñible nas nosas bibliotecas. Ese mesmo ano Seique foi traducido ao castelán e publicado por Deconatus en 2019 baixo o título Dicen. Podedes consultar a guía de lectura na nosa conta de Calameo.
A base de pequenos retallos, rumores e recordos transmitidos de forma oral case sempre por mulleres, a autora recompón a memoria familiar, marcada pola figura dun home malvado, do que ninguén quere falar: Manuel García Sampaio, Manuel de Portarís. Tío Manuel. Maltratador na esfera privada, represor, paseador, alcalde falanxista, na esfera pública.
Se foi assim de mau com os irmâos e, como seria com os de fora…
Cun ritmo sorprendente, marcado pola repetición dunha frase pronunciada unha e outra vez por un coro ao longo de toda a narración con pequenas variacións, Seique vai penetrando na historia do terror neses primeiros momentos do franquismo. Un terror que no caso das mulleres adquiriu unha forma moi específicas de violencia sexual. Un destes fragmentos Discriminaçâo de género, foi o que produciu maior impacto entre a maioria das nosas lectoras. Outras formas de violencia contra a muller percorren a narración: algunhas bestiais e directas, como a exercida por tío Manuel contra a súa esposa (recollida na segunda edición de 2019). Outras, menos directas, aínda que non menos bestiais, como a exercida sobre a avoa Gloria, obrigada a repartir os seus fillos entre os seus familiares. Todo un armazón de violencia que ten como obxectivo xerar silencio e sumisión:
Tal qual como mulher que teme o asanho da parella.
Nos clubs de lectura dos Rosales e Agora, tivemos lecturas reveladoras e emocionantes no marco do 25N, nas que se reinvindican os logros silenciosos e non vistos, as aldraxes esquecidas ás mulleres de todas as épocas, condicións sociais. Todas somos Bruna, Agnes, Olvido…
Poderedes encontrar todos os libros dos que vos falamos no catálogo das Bibliotecas Muncipais para ver a súa dispoñibilidade e levalos así en préstamo. Animádevos a traballar a Elimininación da Violencia sobre as Mulleres a través da lectura: exposicións e guía de lectura á vosa disposición para poñerse mans á obra entre todas e todos.
Publicado en A biblioteca recomenda, Club Ágora, Club Os Rosales, Efemérides, escritoras, Novela social e política
Etiquetas: #25N, #BibliotecasSTOPViolencia, #TiDecides, Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres, Día de la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer, guias de lectura, International Day for the Elimination of Violence against Women, violencias sexuais na mocidade

















