El gran viaje de estudios de García Lorca
Posted by antyaro
Nas últimas semanas, tanto no club de lectura da biblioteca de Estudos Locais coma na de Monte Alto tivemos a oportunidade de ler El gran viaje de estudios de García Lorca, editado por Alvarellos Editora.

Este libro, ilustrado e con anotacións ao coidado de Henrique Alvarellos, é unha crónica de primeira man da viaxe de estudos feita por Federico García Lorca e algúns estudantes máis grazas ao seu profesor Domínguez Berrueta en 1916. Na primeira parte, os escritos do seu compañeiro de estudos Luis Mariscal amosan as paradas, visitas e experiencias que vive o grupo na súa ruta, que é a que segue:
Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela — A Coruña — Lugo — León — Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.
Na segunda parte, podemos ler, entre outros, as cartas e telegramas orixinais que Lorca envía á súa familia durante o traxecto, contando o que sente, o que ve, e as impresións que lle produce Galicia, á que volverá tres veces máis ao longo da súa curta vida. Ademais, é nesta viaxe na que o granadino decide deixar a música (ao longo do traxecto dá varios concertos para os seus compañeiros e xentes dos lugares que visitan) e dedicarse á escrita. Tamén hai artigos ou fragmentos do que será o seu primeiro libro Impresiones y paisajes, (1918).

Os e as asitentes ao club coincidiron que esta foi unha forma diferente de achegarse á figura do granadino, ademais de descubrir cousas do poeta que non sabían. Para completar a lectura, tamén lemos outros textos sobre a relación de Lorca con Galicia que se poden atopar na rede:
- Un ejemplar de los seis poemas galegos de Lorca convertidos por Seoane en una obra de arte, de Rodrigo Gutiérrez Viñuales.
- O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, de Luís Pérez Rodríguez. Libro de 410 páxinas editado polo Consello da Cultura Galega con música incluída.
- A Rosalía de Federico: la herencia de Rosalía de Castro en los Seis Poemas Galegos de Federico García Lorca, de Giulia Vezzaro.
Ademais, na biblioteca de Estudos Locais puidemos contar coa participación do escritor Xavier Alcalá, que coñeceu a Ernesto Guerra da Cal e nos contou algún que outro segredo e anécdota sobre os Seis poemas galegos e sobre a amizade de Lorca, Guerra da Cal e Blanco Amor.
Finalmente, na biblioteca de Monte Alto rematamos a xornada lorquiana vendo o seguinte documental.
Posted on 14 Febreiro, 2021, in Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Club Monte Alto, Clubes de lectura, Escritores, Novela histórica e biográfica, Novela social e política, Xeral and tagged alvarellos, Federico Garcia Lorca, libos viajes, libros viaxes, Lorca. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0