Author Archives: Antonio Picallo

Julian Barnes gaña o Man Booker Prize

O escritor Julian Barnes gañou este martes o prestixioso galardón literario británico Man Booker Prize coa súa última novela The Sense of an Ending.

Nesta edición impúxose aos británicos Carol Birch (Jamrach’s Menagerie), Stephen Kelman (Pigeon English) e AD Milker (Snowdrops) e aos canadenses Patrick deWitt (The Sisters Brothers) e Esi Edugyan (Half Blood Blues), autores das seis novelas finalistas entre un total de 138 presentadas.

O popular escritor nado en Leicester (centro de Inglaterra) e formado na Universidade de Oxford figurara tres veces anteriormente entre o seis autores preseleccionados para o premio con “El papagayo de Flaubert” (1984), “Inglaterra, Inglaterra” (1998) e “Arthur & George” (2005).

Na Biblioteca do Forum Metropolitano destacamos os libros de Barnes e facemos unha pequena selección dos gañadores de anos anteriores:

       

Patricia Cornwell gaña o V Premio Internacional RBA de Novela Negra

A quinta edición do Premio Internacional RBA de Novela Negra, recaeu sobre a xornalista e escritora norteamericana Patricia Cornwell quen recibiu o premio, de mans do President da Generalitat de Catalunya, Artur Mas, e do presidente do Grupo, Ricardo Rodrigo polo seu libro Red Mist.
Cornwell, que agradeceu “125.000 veces” o premio a RBA, facendo unha chiscadela á dotación do premio, destacou na súa breve intervención que escribir un libro é como criar a un fillo e que sempre, aínda que sexa o enésimo manuscrito, é como a primeira vez.

Foi unha edición especial pola presenza da axente literaria Carme Balcells e pola asistencia do President Mas, acompañado da súa esposa Helena Rakosnik, a Ministra Carme Chacón, o recente alcalde de Barcelona, Xavier Trias, os ex Presidents Maragall e Montilla, o ex alcalde Jordi Hereu e os consellers Ferran Mascarell e Felip Puig, entre outros. Todos viñan da entrega da Medalla d’Or do Parlament de Catalunya a Pep Guardiola, polo que chegaron xuntos ao evento.

Momento único para reler algunha das súas obras. Acércate ao Forum Metropolitano e desfruta da selección que fixemos de Patricia Cornwell

Premios Hugo 2011

Este sábado pasado, aconteceu un dos actos máis importantes do ano para os apasionados da Ciencia-ficción e Fantasía, os Premios Hugo 2011 no marco da WorldCon, a convención mundial que reúne aos autores e seguidores desta temática.

 O nome do Premio, provén de Hugo Gernsback, quen foi o fundador da revista Amazing Stories (publicación pioneira do xénero que apareceu en 1926) e é, probablemente, o premio máis importante do xénero.

Entre os seus gañadores temos a prestixiosos autores de ambos os xéneros como Robert A. Heinlein, Isaac Asimov, Kurt Vonnegut, Arthur C. Clark, Usrula Lle Guin, Poul Anderson, Philip K. Dick, Neil Gaiman e moitos máis.
A continuación os gañadores deste ano: 

MELLOR NOVELA
Blackout/All Clear por Connie Willis (Ballantine Spectra)

MELLOR NOVELA CORTA
The Lifecycle of Software Objects por Ted Chiang (Subterranean)

MELLOR NOVELETTE
“The Emperor of Mars” por Allen M. Steele (Asimov’s, June 2010)

MELLOR HISTORIA CORTA
“For Want of a Nail” por Mary Robinette Kowal (Asimov’s, September 2010)

MELLOR TRABALLO RELACIONADO
Chicks Dig Time Lords: A Celebration of Doctor Who por The Women Who Love It, editado por Lynne M. Thomas e Tara O’Shea (Mad Norwegian)

MELLOR COMIC
Girl Genius, Volume 10: Agatha Heterodyne e the Guardian Muse, escrito  por Phil e Kaja Foglio; art por Phil Foglio; colors por Cheyenne Wright (Airship Entertainment)

MELLOR PRESENTACIÓN DRAMÁTICA, LARGA
Inception, escrito e dirixido por Christopher Nolan (Warner)

MELLOR PRESENTACIÓN DRAMÁTICA, CORTA
Doctor Who: “The Pandorica Opens/The Big Bang,” escrito  por StevenMoffat; directed por Topor Haynes (BBC Wales)

MELLOR EDITOR, CORTO
Sheila Williams

MELLOR EDITOR, PELÍCULA
Lou Anders

MELLOR ARTISTA PROFESIONAL
Shaun Tan

MELLOR SEMIPROZINE
Clarkesworld, editado por Neil Clarke, Cheryl Morgan, Sean Wallace;podcast diriXido por Kate Baker

MELLOR FANZINE
The Drink Tank, editado por Christopher J Garcia e James Bacon

MELLOR FAN WRITER
Claire Brialey

MELLOR FAN ARTIST
Brad W. Foster

JOHN W. CAMPBELL AWARD PARA MEJOR ESCRITOR NUEVO
Premio ao mellor novo escritor de ciencia ficción / fantasía de 2009 o 2010, con Dell Magazines como sponsor
Lev Grossman.

Nos queremos resaltar o premio á mellor novela, concedida a Connie Willis, da que temos as seguintes novelas nas Bibliotecas Municipais:

 

E tamén destacar o premio ao mellor debuxante, Shaun Tan, autor de obras como:

Jorge Luís Borges cumpriría hoxe 112 anos

Jorge Luís Borges foi un dos autores máis destacados da literatura do século XX. Publicou ensaios breves, contos e poemas. A súa obra, fundamental na literatura e no pensamento humano, foi obxecto de minuciosas análises e de múltiples interpretacións, transcende calquera clasificación e exclúe calquera tipo de dogmatismo.

Naceu en Buenos Aires o 24 de agosto de 1899, e faleceu Xenebra o 14 de xuño de 1986.

Dende a Biblioteca Forum aproveitamos calquera escusa para destacar algunhas das obras deste escritor arxentino.

75 Aniversario da morte de Federico García Lorca

O 19 de agosto de 2011 conmemorounse os 75 anos da tráxica morte de Federico García Lorca, aínda que non fan falta escusas para lembrar a súa obra.
O poeta e dramaturgo universal Federico García Lorca naceu en Fuente Vaqueros, Granada, o 5 de xuño de 1898 e morreu fusilado o 19 de agosto de 1936, ao principio da Guerra Civil española. Cúmprense agora, pois, 75 anos dese aniversario.

Federico Garcia Lorca

Tratar de resumir a personalidade e a obra deste autor é pouco máis que unha quimera porque resulta imposible resumir, nunhas liñas, a súa vitalidade, a súa paixón pola vida, a súa simboloxía, os seus contrastes e toda unha vida que el viviu con intensidade.

Coa morte de Federico García Lorca morría a persoa de carne e óso, pero nacía o mito. García Lorca sempre tivo, nas súas obras, unha premonición funesta.

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña queremos recordar a este xenial autor de obras como Romancero Gitano ou Poeta en Nueva York.

Máis Info:

Cadena Ser

La Vanguardia

As mellores bitácoras literarias, segundo El Cultural

O semanal El Cultural fixo unha selección dos mellores blogs literarios en castelán, dignos de ser visitados:

Carlos Fuentes, Formentor das Letras 2011

O escritor mexicano Carlos Fuentes foi galardoado co Premio Formentor das Letras 2011, que lle será entregado en Mallorca a final de mes, en recoñecemento ao conxunto da súa obra literaria.

Carlos Fuentes

Carlos Fuentes (Panamá, 1928), autor da novela “La muerte de Artemio Cruz”, está considerado como unha figura central e indispensable da novelística moderna en castelán. Foi catedrático nas Universidades de Harvard (Estados Unidos) e Cambridge (Inglaterra), e doutor honoris causa nunha longa lista de universidades de todo o mundo. O autor recibiu, entre outros, o Premio Biblioteca Breve, o Premio Nacional de Literatura de México, o Premio Rómulo Gallegos, o Premio Alfonso Reyes, o Premio Miguel de Cervantes e o Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Entre os anteriores galardoados co premio figuran Samuel Beckett, Jorge Luis Borges, Juan García Hortelano, Jorge Semprún, Saul Bellow e Witold Gombrovicz.

Na Biblioteca Forum facémoslle unha pequena homenaxe destacando unha selección de obras do xenial escritor mexicano.

Feira do Libro na Coruña 2011

A 40º edición da Feira do Libro desenvolverase,dende o pasado luns 1 ata o mércores 10 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez, con horarios entre as 11:00 e as 14:00 horas polas mañás, e de 18:00 a 22:00 horas polas tardes. O programa previsto é o seguinte:

Luns 1:
– 11:00 h. Apertura da feira.
– 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
– 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
– 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica “Tiempo de recreo”, patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
– 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
– 20:00 h. Presentación do libro “Un dedo manchado de tinta”, de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuación de Clara Pino.
– 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro “A ciencia no punto de Mira”, publicado por Auga Editora.
– 20:45 h. Presentación dos libros “Penúltimo dietario”, de Xosé Neira Vilas e “Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo”, de Xesús Alonso Montero, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.

Martes 2:
– 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de marca páxinas a cargo de Brétema Animación.
– 19:00 h. O escritor Francisco Castro presentará o seu libro “In vino veritas”, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participan no acto Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e Mercedes Queixas.
– 19:30 h. O escritor Manuel Fuentes González asinará exemplares do seu libro “Ecos del camino” (ensaio), publicado polo Instituto Cepedano de Cultura.
– 20:00 h. Conversa con Agustín Fernández Paz, Óscar Sánchez e Iago Martínez arredor da novela “Non hai noite tan longa”, publicada en Xerais.
– 20:00 h. O escritor e fiscal Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro “Mi lugar. Mi pequeño sueño”, publicado por Ed. Vitrubio (sello Nostrum).
– 20:30 h. O ilustrador David Pintor e o autor Carlos López (Pinto & Chinto), asinarán exemplares das súas obras.
– 21:00 h. “A nova literatura de terror”. Charla coloquio do escritor e piloto de aviación Francisco Narla, autor da novela “Caja negra”, publicada por Alberto Santos. Imágica Ediciones.

Mércores 3:
– 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de decoración de lapiseiros, impartido por Brétema Animación.
– 19:00 h. Presentación do libro “Todo é silencio”, de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Rómulo Sanjurjo.
– 19:30 h. O escritor Manuel Sánchez Dalama asinará exemplares do seu libro “La mancha negra”, publicado por Algaida.
– 20:00 h. Presentación da novela negra titulada “Pegadas nun labirinto baleiro”, da autoría de Xosé Manuel García López, publicado por Baía Edicións.
– 20:30 h. O poeta Miguel Anxo Fernán Vello asina exemplares do libro “Territorio de la desaparición” (edición bilingüe castelán e galego), publicado por Huerga y Fierro Editores.
– 21:00 h. Presentación do libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”, de Carlos Callón, publicado en Xerais, coa participación do autor, acompañado por Xabier P. DoCampo, Fran Rei e Manuel Bragado.

Xoves 4:
– 12:00 h. Feira infantil. Un mundo diferente. Espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
– 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada “Fábula galénica”, obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
– 19:00 h. O escritor Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro “Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI”, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
– 19:30 h. Presentación da novela “Noah Barleywater escapa da casa”, de John Boyne, publicada no selo editorial Factoría K. Participará no acto o traductor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
– 20:00 h. O escritor e xornalista Gabriel García Enríquez asinará exemplares do seu libro “Sir Francis Drake, villano en España, héroe en Inglaterra”, Premio de Literatura y Ensayo Fernando Arenas Quintela 2011, editado por Publicaciones Arenas.
– 20:30 h. Editorial Galaxia presenta o libro “Cociñando ao pé da letra”. Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras, Víctor F. Freixanes, en representación da editorial, máis dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
– 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro “A vida fóra”, publicado en Galaxia.

Venres 5:
– 12:00 h. Feira infantil. Un mundo de contos. Divertido contacontos realizado por Fátima
– 18:30 h. Presentación do libro infantil “O espantallo”, de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
– 19:00 h. José Manuel Otero Lastres, escritor, avogado e catedrático de dereito, asinará exemplares da súa novela “El campo de Bucéfalo”, publicado por Pigmalión – Sial Ediciones.
– 19:30 h. Presentación do libro “Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España”, de Federico Cocho, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto ao autor, participan Carlos Reigosa e Manuel Bragado.
– 20:00 h. O escritor Nonito Pereira Revuelta asinará exemplares do seu libro “Historias, histerias y andanzas musicales”.
– 20:30 h. Charla coloquio arredor do libro “La melancolía de los hombres pájaro”, de Juan Bolea (Premio Abogados de Novela e finalista dos Premios Hammet), publicado pola editorial Martínez Roca. Xunto co autor, participará no acto Fernando Marías.
– 21:00 h. O escritor José Luis Alvite asinará exemplares do seu libro “Humo en la recámara”, publicado pola Editorial Ézaro.
– 21:15 h. Presentación do libro “El final del amor” (Premio Rivera del Duero), de Marcos Giralt Torrente, publicado pola editorial Páginas de Espuma. Xunto co autor, participará no acto o editor Juan Casamayor.
– 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez) “A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley”, coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Sábado 6:
– 12:00 h. Feira infantil. “Como nace un personaxe”. Obradoiro de ilustración realizado por Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración do GALIX.
– 18:30 h. Presentación de “O señor Don Nicanor”, un texto infantil de Ana Fernández – Abascal, ilustrado por Flavio Morais e publicado no selo Factoría K, coa participación da autora e un representante da editorial.
– 19:00 h. A pintora e ilustradora Isabel Pintado asina exemplares dos libros de poesía para nenos “Parece unha rosa”, de Rosalía de Castro e “Cantiga do Mazarico”, de Emilio Pita, ambos publicados por Edicións Espiral Maior na colección Lúa Lueira.
– 19:30 h. O poeta e videoartista Antonio Nieto Rodríguez, presentará o seu libro “La voz del escorpión”, publicado por Sial Ediciones. Xunto co autor, participarán no acto José María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña, Olga Patiño, poeta, profesora do I.E.S. Fernando Wirth, da Coruña, e Basilio Rodríguez Cañadas, editor e presidente do Pen Clube de España.
– 20:00 h. O escritor Mario Regueira asinará exemplares do seu libro “Lois Pereiro. Unha persecución”, publicado por 2.0 Editora, na colección Folcsonomías.
– 20:30 h. Presentación do libro “El viajero del tiempo”, publicado por Imagine Ediciones. Participarán no mesmo José Carlos Somoza, Patricia Esteban Erlés e Félix Palma Macías, coordinados por Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Domingo 7:
– 12:00 h. Feira infantil. “A caixa de Pandora”. Sorprendente espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
– 13:00 h. Sinatura de exemplares do libro “Webos fritos. Recetas y momentos”, publicado por Ciudadela Libros. Participarán Susana Pérez, autora dos textos e Jesús Cerezo, autor das fotografías.
– 19:00 h. Presentación do libro “Guía das libélulas de Galicia”, do investigador e naturalista vigués Miguel Ángel Fernández Martínez, que estará acompañado polos investigadores de zonas húmidas de Galicia e naturistas galegos Anxo Rajou e Alberto Gil.
– 19:30 h. O escritor José María Paz Gago, catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña, asinará exemplares do seu libro de poemas “Guía de lugares inexistentes”, publicado por Sial Ediciones.
– 20:00 h. Presentación do libro “Contos e descontos. Narrativa completa de Claudio Rodríguez Fer” publicado por Toxosoutos. Xunto co autor, participará no acto Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega e David González Couso, director de publicacións da editorial.
– 20:30 h. O escritor Manuel Mourelle de Lema asinará exemplares dos seus libros, editados polo Grupo Cultural Galicia en Madrid.
– 21:00 h. Presentación do libro “213 aforismos para el siglo 21”, de Xavier Vila-Coia, publicado por La Pinga Ediciones.

Luns 8:
– 12:00 h. Feira infantil. “De oca a oca y cuento por que me toca”. Conta contos interactivo para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera.
– 19:00 h. Presentación de “Artur”, un texto infantil de Xosé Manuel Gómez Barreiro “Oli”, ilustrado por Marc Taeger e publicado no selo editorial Faktoría K. Participarán no acto o autor, o ilustrador e un representante da editorial.
– 19:30 h. O escritor Fernando Ontañón asinará exemplares do seu libro “Relatos invisibles”, publicado por Ediciones Carena.
– 20:00 h. Presentación do libro “El baile de las lagartijas”, de David de Juan Marcos. Ed. Temas de Hoy.
– 20:30 h. A escritora Eva Castro Outeiriño asinará exemplares do seu libro “Persiguiendo sueños”, publicado pola editorial Hontanar.
– 21:00 h. Charla coloquio da xornalista Iara Mantiñán arredor do seu libro fotográfico “Cape Coloured”, publicado por Finisterre Ediciones.

Martes 9:
– 12:00 h. Feira infantil. “Mariscando cuentos”. Xornada de contos para toda a familia, realizado por Pepa Cuentera, arredor do libro “La vuelta al mundo de Gota de Agua”, de Rafael Ortega de la Cruz, publicado por S.L. Nívola Libros y Ediciones.
– 19:00 h. Francisco X. Fernández Naval presenta o seu libro de poesía, en edición bilingüe (galego e castelán) “Golpear de sombras”, publicado pola editorial Huerga y Fierro. Xunto co autor, participarán no acto a poeta Eva Veiga e a profesora e traductora Teresa Seara.
– 19:30 h. O profesor de filosofía e historiador, Luis Gorrochategui Santos, asinará exemplares do seu libro “Contra Armada. La mayor catástrofe naval de la historia de Inglaterra”, publicada pola editorial E-Lector.
– 20:00 h. Presentación de “Lume de cobiza”, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia, coa participación, acompañando ao autor, de Víctor F. Freixanes e Ángel de la Cruz.
– 20:30 h. Sinatura de exemplares do poemario “La hora de los relojes”, de Fran Nuño, poblicado no selo da Faktoría K.
– 21:00 h. “A aventura de publicar romántica”. Mesa redonda de escritoras coruñesas, autoras de novelas románticas. Participarán no acto Patricia Sutherland (“Princesa”, autoedición), Teresa Cameselle (“No todo fue mentira”. Ed. El Maquinista), Kelly Dreams (“Amante & felino”, autoedición), Encarnación Alcalde Brotóns (“Lo que el corazón esconde”, Ed. Círculo Rojo), Ángeles Ibirika (“Antes y después de odiarte”, Ediciones B) e Lydia Leyte Costello (“El fuego envuelve tu nombre”, Editorial La Máquina China). Modera o acto Trinidad Palacios Raposo (do programa radiofónico “El diván cultural”) Ao remate do acto, as escritoras asinarán exemplares dos seus libros.

Mércores 10:
– 12:00 h. Feira infantil. “Leonardo te enseña a comer”. Obradoiro e conto para pais con fillos, realizado por Pepa Cuentera, baseado no libro “Leonardo da Vinci, el inventor”, publicado pola editorial Rompecabezas.
– 19:00 h. O escritor Pedro Ramos presentará o seu libro “En el país de los méritos”, publicado pola Editorial Noroeste.
– 19:30 h. O escritor Manuel M. Barreiro asinará exemplares do seu libro “A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa”, publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
– 20:00 h. Presentación do libro “Puntos de vista (Grabaciones emitidas por Punto Radio)”, de Roberto Vila Rodríguez, publicado pola Deputación provincial de Ourense. Xunto co autor, participará no acto Roberto Blanco Fortes, director de Punto Radio.
– 20:30 h. O escritor Quinito López Mourelle asinará exemplares do seu libro “Sin Ana Beatriz”, publicado por Ézaro Ediciones.
– 22:00 h. Peche da Feira do Libro.

Todos os días, ás 21:45 horas, terá lugar o sorteo dun lote de libros entre o público que teña mercado libros na Feira durante o día.
Durante a Feira, todos os libros terán un 10% de desconto.

Máis Info:A Coruña Cultura

A biblioteca recomenda “Recuerdos de un callejón sin salida”

A nova novela de Banana Yoshimoto, presenta en cinco relatos a cinco personaxes que, tras vivir momentos de dor, pregúntanse sobre o sentido da vida e sobre a posibilidade de ser felices. Dous compañeiros de universidade que pasan da amizade ao amor profundo, unha moza que perde a fe nas relacións humanas, un relato de amizade entre nenos, unha moza entre a inxenuidade e a esperanza e Mimi, a protagonista do relato que dá nome ao libro (Recuerdos de un callejón sin salida), abandonada polo seu noivo e atopando a salvación no bar dun canellón sen saída. Universos cento por cento Banana Yoshimoto.

Valentín Paz Andrade será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2012

O poeta, ensaísta e empresario Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898- Vigo 1987) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012, tal e como acordou este sábado o plenario da Real Academia Galega (RAG) por maioría.

A elección fíxose entre máis de 20 nomes que saíron á palestra do plenario da máximo institución da lingua galega e que se prolongou durante máis de tres horas, segundo confirmou o secretario da academia, Xosé Luis Axeitos.

A polifacética vida de Paz Andrade, pola súa importancia no mundo do xornalismo, a literatura e ensaio e a súa “capacidade empresarial”, pesou na valoración dos académicos para homenaxear o próximo ano a esta figura da que a RAG destaca “o seu compromiso co país”.

Valentín Paz Andrade foi un dos impulsores do grupo Pescanova, e como xornalista colaborou en ‘Faro de Vigo’ ou en ‘La Noche’, antigo vespertino que editaba ‘El Correo Gallego‘, nesta mesma casa.

Fonte: Galicia Hoxe