Valentín Paz Andrade será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2012
O poeta, ensaísta e empresario Valentín Paz Andrade (Pontevedra 1898- Vigo 1987) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012, tal e como acordou este sábado o plenario da Real Academia Galega (RAG) por maioría.
A elección fíxose entre máis de 20 nomes que saíron á palestra do plenario da máximo institución da lingua galega e que se prolongou durante máis de tres horas, segundo confirmou o secretario da academia, Xosé Luis Axeitos.
A polifacética vida de Paz Andrade, pola súa importancia no mundo do xornalismo, a literatura e ensaio e a súa “capacidade empresarial”, pesou na valoración dos académicos para homenaxear o próximo ano a esta figura da que a RAG destaca “o seu compromiso co país”.
Valentín Paz Andrade foi un dos impulsores do grupo Pescanova, e como xornalista colaborou en ‘Faro de Vigo’ ou en ‘La Noche’, antigo vespertino que editaba ‘El Correo Gallego‘, nesta mesma casa.
Fonte: Galicia Hoxe
Posted on 4 Xuño, 2011, in Escritores, Novas and tagged Dias das Letras Galegas, Valentin Paz Andrade. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0