
Author Archives: Antonio Picallo
Día Mundial do Refuxiado
Hoxe, 20 de xuño, celébrase o Día Mundial do Refuxiado, e esta semana, na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano e na Biblioteca Municipal Sagrada Familia temos un Stand informativo e de sensibilización da ONG ACCEM, para que os visitantes poidan dispor de parte do material co que conta e coñezades as actividades que promove.
No Día Mundial do Refuxiado, Accem quere pór de relevo unha situación preocupante que é a imposibilidade de acceder á protección que dá o estatuto de refuxiado para miles de persoas. Imposibilítao o mero feito de non poder chegar ao territorio español e europeo. Os fluxos de persoas que tratan de chegar ao noso territorio son mixtos, formados por inmigrantes e refuxiados, polo que as accións de rexeitamento e as devolucións en fronteira impiden non só acceder a Europa senón a unha protección internacional á que teñen dereito.
Os conflitos armados son neste momento a primeira causa de desprazamento forzoso no mundo. Conflitos como os abertos en Siria, Mali, Somalia, Afganistán, Sudán, Iraq ou a R.D. Congo xeran a maior parte dos máis de 45 millóns de persoas refuxiadas no mundo. 4.485 desas persoas solicitaron protección internacional en España en 2013 o que constitúe unicamente o 1% das rexistradas en Europa (434.160 solicitudes).
Ás dificultades de acceso únense as dos procedementos. Reflexo diso é que só a 205 destas persoas recoñecéuselles o dereito ao estatuto do refuxiado en España e a 325 o estatuto de protección subsidiaria. Isto supón que ao 22,61% recoñecéuselles o dereito a protección internacional. Un incremento respecto ao ano anterior pero non suficiente.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña #recomendamosbmc unha selección sobre a temática do Refuxiado.
#LeConOrgullo nos clubs de lectura
O 28 de xuño é o Día do Orgullo LGBT (lesbiana, gai, bisexual e transexual), tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, é unha serie de eventos que cada ano os colectivos LGBT celebran de forma pública para instar pola tolerancia e a igualdade dos gais, lesbianas, bisexuais e transexuais.
Dende xa hai uns anos as Bibliotecas Municipais da Coruña vólcanse nunha serie de actividades que esta semana iremos adiantando.

AS MUNICIPAIS ENTENDEN:
Os fondos das bibliotecas son (e deben ser) un fiel reflexo da sociedade e moi especialmente das comunidades ás que prestan servizo de proximidade. Como bibliotecas, e como bibliotecarixs, debemos ser partícipes, e mesmo impulsorxs, dos procesos de erradicación de toda manifestación excluínte, optando sempre por unha vía integradora da diversidade.
Calquera persoa que se achegue a unha biblioteca pública buscando información sobre o feito homosexual, bisexual e transexual require de nós unha resposta eficiente. Esta resposta debe traducirse nunha integración total de materiais que toquen a temática LGTB nas nosas estanterías e, ademais, no ciberespazo.
É por isto último que nace esta wiki de cores: para contribuír e apoiar á comunidade LGTB na súa loita polo respecto.
OS CLUBS DE LECTURA:
Son moitas as persoas que participan nos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais, moitas e con moi diversos intereses. E precisamente por esa diversidade, a experiencia resulta enriquecedora e satisfactoria. Intercambio de opinións, vivencias, puntos de vista en torno ás vidas ficticias de personaxes que salen do papel e viven fora da ficción, e que no fondo son reflexos ficcionais de personaxes que, en maior ou menor medida, crúzanse nas nosas vidas no día a día.
Dende as Bibliotecas Municipais queremos invitarvos a participar dunha sesión especial do Clubs de Lectura o mércores 25 de xuño na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña, a obra elexida para a ocasión será El azul es un color cálido de Julie Maroh, editado en España por Dibbuks:

El azul es un color cálido, Julie Maroh:
Clementine é unha adolescente sen problemas. Chega do campo para integrarse nun instituto no que sente a gusto. Un día crúzase na rúa cunha parella de mozas. Unha leva o pelo tinguido de azul, e sorrille, mentres Clementine baixa a vista. A partir deste preciso momento todo vai cambiar para ela: a súa relación cos seus novos amigos, o seu sitio na familia, as súas prioridades? e sobre todo a súa sexualidade. É difícil saber que aspecto ten o amor. Ás veces doe e sempre hai obstáculos no camiño. Pero unha calor inabarcable instálase no estomago, que che fai vibrar e empúxache a superarche.
A autora conseguiu cativar ao público e á crítica, conseguindo varios premios como os de Mellor Obra por votación popular e Autor Novel no Festival de Angoulême e o de Mellor Autor Novel no Salón do Cómic e das Artes Gráficas de Roubaix, (Francia).
No noso blog especializado en Cómics, Fancomic.es, temos una reseña propia.
Para participar na sesión especial dos Clubs de Lectura o mércores 25 de xuño na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña, tes que confirmar asistencia antes do venres 20 de xuño, no email bforum@coruna.es
Mostra: O pasado é futuro, na Biblioteca Forum
A Historia permite aprender os feitos do pasado para así comprender o presente e albiscar o futuro. Existen varias razóns polas que coñecer a Historia é moi enriquecedor. Para entender a sociedade actual, é necesario saber a historia do teu propio país e a do teu continente. Ademais, o estudo e a paixon por esta disciplina achega ao historiador, un método de análise fundamental. Por iso, temos que coñecer a historia para poder comprender os acontecementos actuais e evitar no posible volver cometelos, pois como di o refrán “Quen non coñece a súa historia está condenado a repetir os seus erros”.
A Biblioteca Forum Metropolitano fai unha selección, de entre os seus fondos, da mellor novela histórica e as súas mellores obras de divulgación histórica.
Accede á Galería fotográfica da mostra O pasado é futuro no Flickr de Bibliotecas Municipais
Podes coñecer os fondos que integran a mostra no seguinte Wiki – Mostra Bibliográfica O pasado é futuro, e tamén a Guía de lectura da mostra O pasado é futuro:
Ademáis conmemoramos o comezo da Primeira Guerra Mundial cunha minimostra especial dentro da propia mostra “O pasado é futuro”. Este 2014 cúmprense cen anos do comezo da Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como “A Gran Guerra”. Foi este un conflito que tivo enormes consecuencias para a sociedade da súa época e que marcou un antes e un despois na Historia da humanidade. A bibliografía das Bibliotecas Municipais da Coruña, relacionada directamente con esta efeméride, podémola consultar no seguinte Wiki.

As nosas recomendacions especiais son:

1914: De la Paz a la guerra / Margaret MacMillan (Turner, 2013)
O relato definitivo das forzas políticas, culturais, militares e persoais que levaron a Europa cara á Gran Guerra.A Primeira Guerra Mundial puxo fin a un longo período de paz sostida en Europa: unha época na que se falaba confiadamente de prosperidade, de progreso e de esperanza.

Manfred von Richthofen : El Barón Rojo / J. Eduardo Caamaño (Almuzara, 2014)
Escrito cun estilo fluído e de amena lectura, este libro biográfico tamén detalla anécdotas da súa vida, curiosidades do conflito, e fai unha reconstrución dos seus soados combates, ademais dunha interesante análise acerca da polémica creada ao redor da súa morte.

De París a Monastir / Gaziel ( Libros del Asteroide, 2014)
Gaziel reuniu algo máis da metade das súas colaboracións bélicas no xornal “La Vanguardia” e publicounas en varios libros. De todos eles o máis impactante e logrado, seguramente, é De París a Monastir. Publicado por primeira vez en 1917, considerado como un libro fundamental do xornalismo español do século XX.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podes encontrar estas obras, consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo.
Recomendacións literarias en galego no mes do libro
Estamos no mes do libro e queremos recomendar unha serie de obras de literatura galega para agasallar e acertar.
Recorda que nas Bibliotecas teñen en marcha unha inicitiva de recomendacións literararias, musicais e cinematográficas vía Twitter, coa nosa conta @bibcoruna, baixo o lema COLABORA CON NÓS! e co hashtag #recomendamosbmc os tuiteiros poden manifestar os seus gustos e compartir as súas preferencias.
As nosas recomendacións son:
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano… Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.
Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara.
Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila. Dous grupos de mozos provocan unha trifulca durante unhas festas patronais ao inicio da Transición. O músico dunha orquestra e a camareira dun ambigú establecen unha engaiolante historia de amor… Cadeas é unha novela de novelas.
Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de Galicia
Esta é unha novela policial e de suspense que xira arredor das pescudas do inspector Hermida para atopar unha bebé roubada a unha rapaza inmigrante. Mais é tamén unha novela arredor das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos. Polo medio, intriga e tensión narrativa para unha historia que pode estar acontencendo agora mesmo en calquera das nosas cidades. Un reto para un inspector canso e sagaz, ante o caso máis difícil da súa carreira de investigador.
O derradeiro libro de Emma Olsen
VII Premio de Narrativa Breve Repsol
Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. E por iso regresa a Faith, a pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano na que naceu, un lugar no que semella non acontecer nada interesante nunca, mais que garda, soterrado, un universo de mentiras e conflitos entre os seus poucos e singulares habitantes.
O que ía ser un verán sen sobresaltos, verase transformado nunha aventura grazas a uns avós pacientes, un curmán mentireiro e un vello mago que agocha antigos segredos. Na súa compaña, o mozo protagonista desta novela irá descubrindoos ata mesmo remontarse a un decisivo episodio da II Guerra Mundial. Unha novela na que habitan ilusionistas capaces de deter balas cos dentes, belas damas que traballan para o servizo de espionaxe, trens nocturnos e automóbiles de luxo. Unha historia sobre as ilusións e as materias, as verdades e as certezas, e a capacidade de soñar para conseguir aquilo que desexamos.
Antonio Fraga (Autor)
Antonio Seijas Cruz (Ilustrador)
Premio Merlín de Literatura Infantil 2013
Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, labradas coa súa navalla, coa intención de xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición na praza do Castañeiro de Abril provocará un xiro na súa vida e unha chea de acontecementos que trastornan a vida da xente do seu barrio. O Castañeiro de Abril é unha historia de superación dunha dignidade tremenda e dunha afouteza extraordinaria. Unha reivindicación das cousas miúdas, que adoitan ser a principal orixe dos nosos desgustos e das nosas maiores satisfaccións.
Premio Nacional de Poesía 2013
Consta de 67 composicións divididas en tres apartados -Trama de vida, Terreal e sagrado, e Tapiz de cinza- nas que Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) “reflexiona sobre a cotidianeidade, debulla emocións íntimas e pensamentos existenciais, xogando coa dimensión simbólica da palabra”. Un poemario que xa foi galardoado co Premio Nacional da Crítica na categoría de Poesía en Lingua Galega, o Premio Angel Casal e o da Asociacion de Escritores en Lingua Galega.
Letras Galegas 2014
Nimbos é un libro breve, que consta de 32 poemas, agrupados en sete epígrafes (“Pórtico”, “Noite”, “Lus”, “Espranza”, “Milagre”, “Sono”, “Ferida”) que, con todo, amosan unha grande coherencia e homoxeneidade, como propia dun autor maduro e de elaboración poética moi demorada. A súa lingua é coidada, se ben incorpora moitos dialectalismos chairegos, que o propio autor aclara nun glosario final tanto en Nimbos como noutras entregas poéticas. Obra reveladora da extraordinaria forza expresiva do seu autor, que ilumina a carga que o poema leva dentro.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podes encontrar estas obras, consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo:
Inauguración da Casa Museo Manuel María

A casa natal de Manuel María, convertida agora en Casa Museo, abrirá as súas portas ao público o sábado, día 7 de setembro.
Ademais do acto institucional previsto para as 11:30h., levarase a cabo un xantar popular na carballeira de Santa Isabel, un gran concerto musical con Fuxan os Ventos, Miro Casabella, Uxía, María Manuela, Berrogüetto e Roi Casal. Intercalarase coa lectura de poemas por parte de Pilar Pallarés, Luz Pozo, Fernán Vello, Méndez Ferrín, Marica Campo e Bernardino Graña. A maxia do Mago Antón e a animación de Xurxo Souto, completarán a xornada.
Haberá visitas guiadas durante toda a xornada.
A participación é libre e gratuita, menos o xantar que se debe facer a reserva antes do día 30 ás 20 horas (en fundacion@manuelmaria.com, tfno.: 609 238 441. Prezo: 19 euros)
XXI Premio EDEBÉ de Literatura Infantil e Xuvenil

David Cirici (Barcelona, 1954), coa novela escrita orixinalmente en catalán Molsa (Musgo), e Pilar Molina (Madrid, 1943), con Tesa, son os gañadores da XXI edición do Premio EDEBÉ de Literatura Infantil e Xuvenil. Dúas historias moi distintas, que sorprenderán aos lectores cos seus personaxes e atmosferas.
David Cirici convida o lector a seguir a Musgo, un can que rastrexa en cada esquina o cheiro a felicidade de Janinka, a nena que xogaba con el e que vivía na súa casa antes da guerra…Unha historia de sensacións, de supervivencia, de sentimentos, de evocación ante aquel aroma extraviado, pero tamén de loita e esperanza por recuperar o perdido.
Unha historia urbana e de mundos paralelos conforman a novela de Pilar Molina, gañadora do Premio EDEBÉ na modalidade xuvenil. Tesa, a nova protagonista, mudouse temporalmente ao céntrico piso de Madrid onde viven a súa avoa e a súa bisavoa, un misterioso espazo de altos teitos, longos corredores, habitacións pechadas e habitacións ocultas. Desde a primeira noite, estraños ruídos a sobrecogen e advírtenlle de que algo misterioso aniña na casa.
Un total de 450 orixinais, procedentes de todo o Estado e de diversos países de Latinoamérica, confirman a consolidación do Premio nesta edición vixésimo primeira.
Referencia obrigada na historia deste Premio é a nómina de autores galardoados, que encabezan Carlos Ruiz Zafón e Gabriel Janer Manila. Foron gañadores da anterior edición Fernando Lalana, con Parque de Muerte, y César Mallorquí, con La isla de Bowen.
Presentación da Escolma Poética Versus na Biblioteca Forum
O luns 10 de decembro ás 19:30 h na Biblioteca Municipal do Forum preséntase a Escolma Poética “Versus”, editado pola Organización Cultura O.L.C.A
A presentación correrá a cargo de catro dos cinco autores que conforman a escolma “Versus”: Antón Borrazás, Miguel Queipo, Óscar de Souto y Manuel G Pombo. Despois tera lugar un recital poético a cargo do grupo VERSUS ( Antón Borrazas, Miguel Queipo e Javier Seijas coa colaboración de Lourdes M. Fernández).
41ª Feira do Libro da Coruña
Dende o 1 ao 10 de agosto, as mellores librarías da cidade tráennos as últimas novidades publicadas ao tempo que nos dan a posibilidade de coñecer de primeira man os seus autores.
Día 1. Mércores
11.00 Apertura da feira.
12.45 Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
13.00 Inauguración oficial.
19.00 Presentación do libro “O peizoque Roque”, de Dores Tembrás, con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Editorial Galaxia. Participarán no acto os autores do libro e Francisco Castro, representante da editorial.
20.00 Lectura de Manuel Rivas: conto inédito de “O máis estraño”, un capítulo de “Todo é silencio” e inéditos de “Storyboard. Murmurios da infancia”.
21.00 Presentación do libro “La Coruña, lugares y acontecimientos de hace un siglo”, de Juan Villar Ferrer, con fotografías inéditas de J. Villar Martelo, publicado por Temporae.
Día 2. Xoves
12.00 Feira infantil.
18.00 O escritor Antonio Piñeiro asinará exemplares do seu libro “As fiandeiras”, Premio García Barros 2011, publicado por Editorial Galaxia.
19.00 Presentación do libro “Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación”, de Carlos Arias e Mariña Pérez Rei, publicado pola editorial Bubela. Xunto cos autores do libro, participarán no acto Yolanda Castaño, Eva Veiga e Francisco Fernández Naval.
19.30 A editora e ilustradora Marina Seoane, asinará exemplares dos libros “¡Vamos a viajar! 2” (autora Fátima Fernández), “La lluvia mágica” (autora María Domínguez) e “¡Brujas!” (autora Carmen Gil) dos que é ilustradora. Os libros están publicados na editorial Edimáter.
20.00 Presentación (na Fundación Caixa Galicia) do “Libro de los faros”, de Xulio Villarino, publicado por Editorial Primerapersona.
21.00 Presentación da edición bilingüe do libro de poesía “Illuminations/Iluminacións”, de Arthur Rimbaud, coa versión e notas do escritor e editor Xoán Abeleira, xornalista e autor de varios libros e de numerosas traducións. O libro está publicado na Editorial Banfile. Xunto co autor do libro, participarán no acto Manuel Rivas e François Davo.
Día 3. Venres
12.00 Feira infantil.
18.45 Presentación do album ilustrado “Xiana, a nena pirata”, da escritora María Canosa, con ilustracións de Noemí López. Xunto coas autoras do libro estará no acto a editora Irene Penas.
19.30 O escritor Luis Anguita Juega asinará exemplares do seu libro “Siempre habrá un lugar para soñar”, publicado por Ediciones Carena.
20.00 O escritor Xabier P. Do Campo presenta o seu libro “Mans”, ilustrado por DNL e publicado por Editorial Everest Galicia. Os dereitos de autor deste libros están integramente destinados á ONG “Terra de homes”.
20.00 Presentación (na Fundación Caixagalicia) do libro “A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario costero”, de Rafael Quintiá, publicado por Librería Nós, de Sanxenxo.
20.30 A escritora Núria Riera Carrillo asinará exemplares do seu libro “Una ola con sabor a pez” (premio Mellor obra novel 2011, librería Sintagma), publicado por Ediciones Bartleby.
21.00 Presentación do poemario ilustrado “Versos del agua”, do escritor Luis Maquieira, en Edición Fundación Cuña Casabellas. Xunto co autor, interveñen na presentación Eva Veiga, Olga Patiño Nogueira, Miguel Cuña Novás (editor). Música: Martín Marticorena (zanfona e frauta).
Día 4. Sábado
12.00 Feira infantil.
13.00 Sinatura de libros da escritora Núria Riera Carrillo.
19.00 O escritor Juan Villar Ferrer asinará exemplares do seu libro “La Coruña, lugares y acontecimientos de hace un siglo”, publicado por Editorial Temporae.
19.00 Presentación da novela “Assur”, de Francisco Narla, publicada pola editorial Temas de Hoy.
19.30 A escritora e xornalista Ana Basanta asinará exemplares dos seus libros “Líbano desconocido” e “Halcón de los Andes”, publicado por Ediciones Libertarias Prodhufi.
20.00 Presentación do libro “De Xente Nova a Brais Pinto”, de Xosé Fernández Ferreiro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.30 O escritor Iván Mourín presenta o seu libro “Resurrección. Crónicas del caído” publicado por Ilarión. O acto terá lugar na Fundación Caixagalicia.
20.45 Presentación do libro “A derrota de Galicia”, de Antón Baamonde, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participan no acto Fermín Bouza e Manuel Bragado.
21.15 Presentación do libro “A narrativa mariña”, de Gonzalo López Abente, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participan no acto Suso Sambade, X.H. Rivadulla Corcón e Manuel Bragado.
Día 5. Domingo
12.00 Feira infantil.
13.00 A escritora e xornalista Ana Basanta asinará exemplares dos seus libros “Líbano desconocido” e “Halcón de los Andes”, publicado por Ediciones Libertarias Prodhufi.
19.00 O escritor e xornalista Víctor F. Freixanes asinará exemplares do seu libro “Cabalo de ouros”, publicado por Editorial Galaxia.
19.00 Presentación do libro “Xardín de inverno”, de Ledicia Costas, con ilustracións de DNL publicado por Editorial Everest Galicia
20.00 Concerto de presentación do libro disco “Rapoemas”, de Aid, publicado por Editorial Galaxia.
20.00 O escritor Juan Villa Ferrer asinará exemplares do seu libro “La Coruña, lugares y acontecimientos de hace un siglo”.
21.00 Recital do grupo poético musical S-2.
Día 6. Luns
12.00 Feira infantil.
19.00 Presentación de Baía Edicións.
19.30 O escritor Agustín Fernández Pazasinará exemplares das súas obras.
20.00 Presentación do libro “Para unha crítica do españolismo”, de Camilo Nogueira. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.30 Ana Basanta asinará exemplares dos seus libros “Líbano desconocido” e “Halcón de los Andes”.
20.45 Presentación do libro “Os fillos do mar”, de Pedro Feijóo, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor do libro, participan no acto Sergio Zearreta e Manuel Bragado.
21.15 O profesor Xesús Alonso Montero presenta o seu libro “Castelao na Unión Soviética en 1938″, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participa no acto Manuel Bragado, director da editorial.
Día 7. Martes
12.00 Feira infantil.
13.00 Presentación do libro “Tratado del alma gemela”, de Esther Bendahan, publicado por Ediciones del Viento e gañador do XXIII Premio Torrente Ballester de Narrativa, da Deputación Provincial da Coruña.
19.00 Presentación do libro “Os señores da mentira”, de José Carlos Bermejo Barrera, publicado por Edicións Lóstrego.
19.30 Xosé Ramón Barreiro Fernández asinará exemplares do seu libro “Murguía”, publicado pola Editorial Galaxia.
20.00 Presentación do libro “Esperando ao leiteiro”, de Xosé Neira Vilas, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Víctor Freixanes, director xeral da editorial.
20.30 A escritora Valeria Palombini asinará exemplares do seu libro “Palabras por Ángel“, publicado pola editorial Punto Rojo Libros.
20.30 “Hijos de Mary Sheelley. Relato”. Participan na mesa os escritores Alberto Escabias Shone, Raquel Lanseros, Cristina Fallarás e Vanessa Monfort. Coordinación de Fernando Marías. Actividade patrocinada porÁmbito Cultural de El Corte Inglés. O acto realizarase no salón de actos da Fundación Caixa Galicia, nos Cantóns.
21.00 Presentación do libro “100 anos do himno de Galicia”, de Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Embora.
Día 8. Mércores
12.00 Feira infantil
19.00 Presentación dos libros “El fantasma perfecto” (coa participación, xunto co autor, de Olga Patiño e Xosé Mª Paz Gago. Música: Xosé Taboada, con frauta e saxo e Paco Campos, coa guitarra e voz) e “Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega”, edición de Antonino Nieto Rodríguez (coa participación de Luz Pozo Garza, Ánxeles Penas, Olga Patiño, Xosé Mª Paz Gago e Eva Veiga). Os libros están publicados por Editorial Endimón Poesía. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares dos seus libros.
19.30 O escritor François Pérez Ayrault asinará exemplares da súa novela “Anochecer en el puerto”, publicada por INFOVA Ediciones, na súa colección HOLO de narrativa.
20.00 Presentación do libro “Verde oliva”, de Xavier Alcalá, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participará no acto Víctor Freixanes, director da editorial.
20.30 A escritora Ana Julia Martínez Fariña asinará exemplares dos seus libros “El sueño de la medusa”, publicado por Ediciones Hontanar e “Trazado en diagonal”, publicado por Ediciones Atlantis.
21.00 Presentación da novela “O alento nas costas”, de Natalia Carou, publicado por Baía Edicións.
Día 9. Xoves.
12.00 Feira infantil
18.30 O escritor Elías Prada Galán asinará exemplares do seu libro “El piano cuántico”, publicado por Ediciones Libertarias Prodhufi.
19.00 Presentación da editorial Galebook e dos libros publicados “As trovas de Midas”, de Diana Varela Puñale “O pitiño revolucionario”, de Xulio L. Valcárcel.
19.30 A escritora Sonia Iglesias asinará exemplares dos seus libros “Rosas en el cielo” (Ed. Anubis) e “La habitación de piedra” (Ed. Gruplobher).
20.00 Presentación do libro “O país adormentado”, de Xabier P. Do Campo. Participan no acto Manuel Bragado e o autor.
20.30 O escritor Darío Vilas asinará exemplares do seu libro “Instinto de superviviente” publicado pola editorial Dolmen, na súa colección Antología Z.
20.45 O escritor Manuel Lourenzo González fará a presentación do seu libro “Atl”, Premio BLANCO AMOR 2011, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan Manuel Bragado e o autor.
21.15 Presentación do libro “O meu primeiro Celso Emilio”, de Xiana e Xosé Lastra, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto Manuel Bragado, os autores e varios músicos participantes no libro.
Día 10. Venres.
12.00 Feira infantil.
19.30 Presentacióndo libro “Mi padre comía botones”, de Juan Sacha Full, publicado pola editorial Redelibros. Xunto co autor, participará no acto o editor Fran Zabaleta.
20.15 Presentación do libro “Medievalario”, de Fran Zabaleta, publicado pola editorial Redelibros. Xunto co autor, participará no acto Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.
20.30 “Segredos da novela histórica”. Mesa redonda coa participación de Marcos Calveiro (Settecento. Ed. Xerais), Pere Tobaruela (Relator. Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (Medievalario. Redelibros). Ao remate do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.
22.00 Peche da Feira do Libro.
SORTEO DE LOTES DE LIBROS
TODOS OS DÍAS, ÁS 21.45 HORAS, TERÁ LUGAR UN SORTEO DUN LOTE DE LIBROS ENTRE O PÚBLICO QUE TEÑA MERCADO LIBROS NA FEIRA DURANTE O DÍA.
DURANTE A FEIRA, TODOS OS LIBROS TERÁN UN 10% DE DESCONTO.



















