Inauguración da Casa Museo Manuel María
A casa natal de Manuel María, convertida agora en Casa Museo, abrirá as súas portas ao público o sábado, día 7 de setembro.
Ademais do acto institucional previsto para as 11:30h., levarase a cabo un xantar popular na carballeira de Santa Isabel, un gran concerto musical con Fuxan os Ventos, Miro Casabella, Uxía, María Manuela, Berrogüetto e Roi Casal. Intercalarase coa lectura de poemas por parte de Pilar Pallarés, Luz Pozo, Fernán Vello, Méndez Ferrín, Marica Campo e Bernardino Graña. A maxia do Mago Antón e a animación de Xurxo Souto, completarán a xornada.
Haberá visitas guiadas durante toda a xornada.
A participación é libre e gratuita, menos o xantar que se debe facer a reserva antes do día 30 ás 20 horas (en fundacion@manuelmaria.com, tfno.: 609 238 441. Prezo: 19 euros)
Posted on 6 Setembro, 2013, in Escritores, Novas and tagged manuel maria, outeiro de rei. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0