XXI Premio EDEBÉ de Literatura Infantil e Xuvenil
David Cirici (Barcelona, 1954), coa novela escrita orixinalmente en catalán Molsa (Musgo), e Pilar Molina (Madrid, 1943), con Tesa, son os gañadores da XXI edición do Premio EDEBÉ de Literatura Infantil e Xuvenil. Dúas historias moi distintas, que sorprenderán aos lectores cos seus personaxes e atmosferas.
David Cirici convida o lector a seguir a Musgo, un can que rastrexa en cada esquina o cheiro a felicidade de Janinka, a nena que xogaba con el e que vivía na súa casa antes da guerra…Unha historia de sensacións, de supervivencia, de sentimentos, de evocación ante aquel aroma extraviado, pero tamén de loita e esperanza por recuperar o perdido.
Unha historia urbana e de mundos paralelos conforman a novela de Pilar Molina, gañadora do Premio EDEBÉ na modalidade xuvenil. Tesa, a nova protagonista, mudouse temporalmente ao céntrico piso de Madrid onde viven a súa avoa e a súa bisavoa, un misterioso espazo de altos teitos, longos corredores, habitacións pechadas e habitacións ocultas. Desde a primeira noite, estraños ruídos a sobrecogen e advírtenlle de que algo misterioso aniña na casa.
Un total de 450 orixinais, procedentes de todo o Estado e de diversos países de Latinoamérica, confirman a consolidación do Premio nesta edición vixésimo primeira.
Referencia obrigada na historia deste Premio é a nómina de autores galardoados, que encabezan Carlos Ruiz Zafón e Gabriel Janer Manila. Foron gañadores da anterior edición Fernando Lalana, con Parque de Muerte, y César Mallorquí, con La isla de Bowen.
Posted on 28 Xaneiro, 2013, in Novas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0