Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva


Unha das novelas que máis sorprendeu no club de lectura da biblioteca de Estudos Locais foi a historia que nos relata Inma López Silva no seu Aqueles días en que eramos malas.

Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións.

Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora. Aqueles días en que eramos malas é unha novela áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia. O cárcere como un mundo descoñecido, situado nas marxes da sociedade e da vida, no que existen víctimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes. A novela máis ambiciosa de Inma López Silva.

Sinopse de Aqueles días en que eramos malas

Inma López Silva é escritora e crítica teatral, doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbonne Nouvelle. Na actualidade combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Tamén é columnista en La Voz de Galicia. Podes ler aquí os seus artigos.

É autora dunha ampla obra literaria que foi recoñecida cos principais premios da literatura galega. Ten escrito relatos (Rosas, corvos e cancións, 2000), ensaio feminista (New York, New York, 2007, Maternosofía, 2013, ou Chámame señora, pero trátame coma a un señor, 2018) e ficción (Memoria de cidades sen luz , 2007; O libro da filla, 2020).

Os e as asistentes do club desfrutaron coñecendo as vivencias das mulleres protagonistas e descubrindo un mundo tan descoñecido para eles e elas: o do cárcere.

About antyaro

Ás veces escribo. E aquí poño o resultado

Posted on 2 Febreiro, 2022, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, escritoras, letras galegas, Libros lidos, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: