Yearly Archives: 2013
22 anos compartindo lecturas na Biblioteca Infantil e Xuvenil
Na Biblioteca Infantil e Xuvenil este ano cumprimos 22 anos compartindo e gozando da literatura infantil e xuvenil.
Para celebralo fixemos unha mostra cunha selección de fondos bibliográficos distinguindo catro categorías:
- Orixes: facendo un pequeno repaso dos libros máis antigos que temos no depósito de conservación.
- Imprescindibles: aqueles libros que nós (as bibliotecarias) consideramos como xoias; xa sexan álbumes, libros infantís, contos…
- Tesouros: neste seleccionamos os libros que temos adicados polos seus autores, libros que están na lista de honra do IBBY, libros que foron premios white ravens e libros de autores galegos.
- En Femenino: pequeno apartado onde recopilamos diferentes versións dos libros protagonizados por Cincentas, Carapuchiñas e Alicias
Aquí tedes a guía de lectura con todos os libros que foron seleccionados.
Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
No club de lectura de Os Rosales, Café con libros, queremos celebrar o Día das Letras Galegas lendo galego, lendo Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
A obra
Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas, contabilízanse unha vintena de traducións, ademais da novela a través da que moitos lectores inícianse na lectura en lingua galega.
“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”.
Así comezan as reflexións do neno protagonista. Balbino é un neno da aldea, que ten que se bater coa pobreza e as inxustizas da sociedade galega de entón. Nela, Neira Vilas pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces. Malia non tratarse dun texto autobiográfico, parte dun escenario e mais dunha época concreta.
O libro tivo como primeiro lector a Rafael Dieste. Deseguido, Luís Seoane amosou o seu interese pola obra e fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición. Foi moi ben acollido na diáspora galega e enviáronse a Galiza algúns centos de exemplares que foron divulgados e así mesmo tamén gozaron dun bo recibimento.
O autor
Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Buenos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudios de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia, en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocedades Galeguistas e co-director do periódico Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial Follas Novas para difundir o libro galego en América.
Publica en 1960 o poemario Dende lonxe, e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vintedous anos. Dende 1983 ata que se xubilou, desempeñouse como redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. Na Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presencia da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros arredor do tema. Radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal, onde preside a Fundación cultural Xosé Neira Vilas.
É membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e La Habana, Premio da Crítica Española na categoría de narrativa e Premio da Crítica Galega na categoría de ensaio, recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra e numerosos premios literarios.
Actualmente ten unha sección fixa en El Correo Gallego (“Arredor do mundo”, columna dominical) e publica puntualmente artigos culturais e de tema literario en Galicia Hoxe.
Coa conmemoración do 50 aniversario da primeira edición de “Memorias dun neno labrego”, no ano 2011 celebráronse numerosas actividades. Gustaríanos deixarvos no blog unha mostra: un fragmento de “Memoria das memorias dun neno labrego” do actor Cándido Pazó, xunto coa compañía Abrapalabra:
Na sesión do club de lectura do día 22 de maio comentaremos este libro imprescindible da nosa literatura e entregaremos xa a que será a nosa derradeira lectura deste curso 2012-2013: El palacio azul de los ingenieros belgas do autor Fulgencio Argüelles.
Cantares Gallegos, 150 anos , homenaxe na Coruña
Se algunha obra ten carácter mítico e fundacional na recuperación literaria da nosa lingua e cultura esa é Cantares Gallegos, coa que dá comezo o chamado Rexurdimento cultural de Galicia e coa que Rosalía de Castro se erixiu naquel momento, e xa para sempre, en figura central da nación dos galegos e galegas. Mañá, 17 de maio, cúmprense 150 anos da súa publicación, ou máis ben da data na que a súa autora asina a dedicatoria do libro á escritora andaluza Fernán Caballero, seudónimo de Cecilia Böhl de Faber.
Reducida durante anos a figura prototípica da Galicia sumisa, queixosa e melancólica –con intencións nada inocentes-, estudosos da súa obra como Francisco Rodríguez (Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria) teñen conseguido por fin que hoxe sexa sentida e divulgada a súa obra como propia dunha autora complexa, moderna e claramente progresista, situada ao carón do pobo desde unha posición cívica e social que non admite dúbidas canto á defensa das mulleres, a denuncia da emigración ou a propia percepción e difusión da identidade nacional de Galicia.
Do éxito do libro dan conta o convite que a autora recibiu para participar nos Jocs Florals de Barcelona ou a celebración que do mesmo fixeron poetas portugueses da talla de Antero de Quental ou Teófilo Braga, mais especialmente o feito de ter sido recoñecido unanimente como alicerce simbólico da recuperación cultural e identitaria do país.

Exemplar dunha primeira edición de Cantares Gallegos, dispoñibel na Biblioteca de Estudos Locais, conservado coa sua encadernación orixinal.
Con motivo da celebración dos 150 anos de Cantares Gallegos a cidade da Coruña, a única na que o seu principal teatro leva o nome de Rosalía, celebra unha homenaxe cívica á autora, homenaxe que á súa vez conmemora o que a cidade xa tributara a Manuel Murguía, o seu marido, en 1913, con motivo do seu 80 aniversario. A homenaxe terá lugar en dous actos:
- Este xoves 16 de maio ás 20 horas preséntanse en Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 A Coruña) dúas novas edicións de Cantares Gallegos, a cargo de Pepe Barro e de Anxo Angueira, respectivamente. A fermosa edición de Pepe Barro destaca pola calidade creativa da súa parte gráfica e visual, e está a cargo de El Patito Editorial. A de Anxo Angueira -ademais de erudito, gran rapsoda dos versos de Rosalía- pola lectura anovada e crítica que ofrece da obra rosaliana.
- O domingo 19 ás 19 horas no Teatro Rosalia un concerto – recital levará a poesía rosaliana ao público a través da música e das voces de diferentes artistas de noso.
Ficamos convidados, todos e todas, a celebrarmos nunha data central do noso calendario cultural unha efeméride que marcou para ben a nosa historia como pobo: desde a literatura e desde Nós, a defensa da xustiza, da igualdade e da fraternidade, na voz universal de Rosalía.
La extraordinaria vida de William Petty
En el Club de Lectura de los Lunes del Forum Metropolitano llegamos ya a nuestra última lectura de esta etapa. Y lo hacemos con un libro interesante que nos permite conocer una época y un personaje “La extraordinaria vida de William Petty”. Y lo primero que cabe preguntarse al comenzar esta lectura es quién fue realmente William Petty, ¿existió realmente? o tan solo es un personaje inventado de la autora.
Pues bien, este personaje nació en los albores del siglo XVII, concretamente en 1623. De humilde origen, su actividad hace que podamos considerarlo uno de los mejores arqueólogos, a la altura de los mitos de la profesión.
Sabemos con certeza que fue uno de los primeros aventureros en perseguir los tesoros de la antigua Grecia a lo largo de la orilla del Mediterráneo y también uno de los primeros locos (o genios) que consiguió apoderarse de las obras maestras de la humanidad. La historia ha olvidado su nombre. Sin embargo, William Petty fue un arqueólogo avant la lettre, el pionero que siguió los rastros de la Antigüedad para ofrecerles a la posteridad.
William Petty era además un hombre inteligente, brillante,de buena presencia y se desenvolvía con facilidad en los ambientes más refinados. Además era un aventurero y buen espadachín. También un notable jugador y mujeriego. Sus actuaciones se movieron siempre sobre esa delgada línea existente entre la heroicidad y la vileza, entre la aventura y el engaño, entre la locura y la genialidad.
Nacido en la Inglaterra rural a principios de 1600, la historia de nuestro protagonista es un misterioso viaje desde los sombríos castillos del Támesis hasta los luminosos templos de Grecia, desde las galerías de los palacios de Venecia hasta lo más profundo de las prisiones turcas. Petty empleó cualquier método, lícito o no, para llevar a Inglaterra trofeos de incalculable valor. Obras que hoy, cuatro siglos después, seguimos admirando en los más importantes museos del mundo.
Al principio solo apreciaba el aspecto mercantil de su actividad pero finalmente llegó a entender y enamorarse verdaderamente de las obras que adquiría. Y gracias a ello y a la protección que les brindó frente a las destrucciones y saqueos de la época, hoy es posible disfrutar de muchas de ellas en diversas colecciones públicas o privadas. Consideraba que estas obras eran reflejo de lo más granado de la expresión artística de la humanidad y por consiguiente debían perpetuarse para las generaciones futuras. Tenía un sentido museístico de su profesión. A ella dedicó su vida, no siempre dentro de la Ley, pero interesante y digna de la belleza de las obras que ayudó a conservar.
“Un libro lleno de aventuras y peripecias pero fundamentado con gran rigor en documentos históricos. Una obra extraordinaria.” (Le monde)
Novela sobre la vida del hombre que podemos considerar como el primer “arqueólogo” del mundo moderno (Planeta)
La autora:
La autora, Alexandra Lapierre, es hija del conocido escritor y periodista Dominique Lapierre. Estudió literatura en la Universidad de la Sorbonne, se graduó en cinematografía en el American Film Institute y recibió un máster en Bellas Artes en la Universidad del Sur de California. Sus obras están a medio camino entre la novela histórica, ficción histórica y biografías. Su lectura es divertida y envolvente.
Se declara fascinada por el personaje, que descubrió casualmente revisando archivos policiales cuando buscaba información para otra novela. Durante cinco años, Alexandra Lapierre ha llevado a cabo una sorprendente investigación tras las huellas de sus héroes, persiguiéndolos por los documentos de los archivos de toda Europa e instalándose en Roma, en el mismo barrio donde vivieron Orazio y Artemisia Gentileschi. Su perfecto conocimiento de las épocas y los lugares descritos le han permitido reconstruir, con cuatro siglos de distancia, el colorido y el olor que impregnaron la existencia de ambos maestros.
Alexandra Lapierre es autora de Cortesana, Un hombre fatal y El ausente. Su última obra, Fanny Stevenson. Entre la pasión y la libertad, obtuvo un gran éxito internacional y ganó el Grand Prix des lettrices de Elle en 1994.
En las Bibliotecas Municipales podeis encontrar también:
Letras Galegas 2013
O 17 de maio está ao caer e nas Bibliotecas Municipais de A Coruña xa temos todo preparado para a celebración das Letras Galegas 2013. Como cada ano, nesta data organízanse varios eventos culturais de homenaxe arredor da figura escollida pola Real Academia Galega (RAG). En palabras da propia Academia, o 17 de maio é:
Unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua.
¿E por que cada 17 de maio? Precisamente porque nesta data conmemórase o centenario da primeira edición en 1863 da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, primeira homenaxeada nas Letras Galegas 1963.
Volvendo ao 2013, este ano está adicado á figura de Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950 – Santiago de Compostela, 2002), autor, director e actor de teatro. Sen dúbida algunha, unha figura imprescindible para coñecer a dimensión do teatro galego e o dramaturgo máis prolixo da historia da lingua galega.
Para coñecer a súa obra, podedes botar man da Guía de Lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais, así como tamén da páxina da Asociación Roberto Vidal Bolaño, entidade que nace en novembro de 2012 co obxectivo de promover a figura do autor dez anos despois da súa desaparición. Asómesmo, podedes consultar a selección de recursos web sobre Vidal Bolaño no noso Delicious. Abofé que atoparedes páxinas con información ben interesante!
E para rematar, un pequeno resumo da programación nas nosas bibliotecas en homenaxe a Vidal Bolaño:
- Luns 13 de maio // 20.00 horas. Lectura dramatizada na Biblioteca de Estudos Locais, da man de Comba Campoy con Picaversos, co acompañamento musical de Bernardo Martínez.
- Martes 14 de maio // 20.00 horas. Charla “Apuntamentos sobre Vidal Bolaño” na Biblioteca Municipal Ágora, da man de Rubén Ruibal e despois da charla, lectura dramatizada da obra “A burla do galo” polos alumnos e alumnas da Aula de Teatro da UDC – Teatro normal.
- Luns 20 de maio // 17.00 horas. Sorteo dun lote de libros en galego na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano. O prazo para participar será do 3 ao 20 de maio e entrarán en sorteo aqueles usuarios e usuarias que se leven en préstamo 3 documentos en lingua galega e cubran o boleto.
![]() |
![]() |
![]() |
Asómesmo, nas nosas biblios haberá mostras bibliográficas sobre a vida e obra de Vidal Bolaño e o teatro galego, e incluso obras de outros homenaxeados nas Letras Galegas en anos anteriores. Acercádevos e descubrídeas!
O retrato de Dorian Gray. Oscar Wilde
O Club de Lectura da Biblioteca de Monte Alto comenza unha nova lectura cun clásico. É curioso o efecto de reler un libro despois de moito tempo. Revisitar os recordos e reenganchar todo o que quedou desatrapado no tempo, comprobar como o recordo foi avariando a memoria, deformando as imaxes e os contidos, facendo unha nova versión do que realmente foi. Idealizar, disque se chama esta confusión do vivido e do pensado.
É recomendable tamén este xogo de memoria, o de revisitar o pasado de cando en vez. Volver moitos anos despois a unha lectura de xuventude, cantos máis anos mellor, por ver como sobreviviu na nosa idealización e onde fica o que pervive.
O retrato de Dorian Gray serviunos para facer este experimento. Primeiro tratando de espertar todas as sensacións durmidas que deixou o libro que limos sendo adolescentes lectores, polo xeral, e todos coincidindo no básico: a historia dun home que vendeu a súa alma por non envellecer.
Desde os quince, os vinte anos, máis ou menos, de cada quen que leu esta obra e deixou pasar outros moitos, rescatamos esta idea primordial e tratamos de ver se tras a súa redescuberta a sensación era a mesma.
Curioso ver o envellecer dun libro cuxo protagonista non se fai vello nunca…
Oscar Wilde (Dublín 1854- París 1900) fixo da súa única novela un retrato da boa sociedade
O retrato de Dorian Grey é unha excusa para un retrato máis pormenorizado e a maior escala dunha sociedade que busca a beleza e o benestar como algo valiosísimo pero inútil. Reflexo da arte e nunca imitación da vida, a beleza –e arte, porén- serán algo preciado pero inútil.victoriana, os costumes, o xogos das afinidades electivas e das apariencias, as poses de salón e os espellismos sociais, a refinación e a afectación como modelo de conducta, a falsa moralidade e, por detrás diso, socialmente convido, a malformación moral, o vezo.
Deste xeito, por riba da historia do home novo retratado que estanca a súa idade no momento de máxima aceptación pola apariencia de virtude e boa conduta que transmite o seu aspecto –o retratado e o real-, a historia é unha loita de contrarios, o universo a balancearse entre as dualidades: o vezo e a vertude, a fidelidade e a traizón, o ben e o bal, o amor e u odio.
A beleza por riba da moralidade e das convencións sociais lánzanos, a través de numerosas disertacións e preguntas retóricas de Wilde, que se reflicte no personaxe ladino de Lord Henry Wotton, unha busca da nosa propia posición con respecto ás evolucións do carácter de Dorian, que pasa de ser un rapaz inocente a un home pagado de si mesmo e máis tarde de conduta atroz en base á adulación social.
A adulación do cadro, a fidelidade do retrato co orixinal, pasará a ser a aceptación cos ollos pechados da bondade do propio Dorian e a permisividade que virá logo desa aceptación. Ademais, os consellos de Wotton, quen ve no propio Dorian o lenzo en branco no que poder pintar as súas frustracións, van deformando interiormente ao xoven, conducíndoo, sempre agochado por unha face benévola e inocente, a un mundo de inmoralidade e crime cada vez maior e sen remorsos. Mentres, na escuridade do faiado, o cadro vai deformando o seu aspecto, co paso do tempo e dos actos terribles do seu modelo, sendo testemuño e copia fiel da desintegración da súa alma.
Unha novela pola que pasaron cen anos e pasarán outros máis sen que se deforme o seu sentido e o seu pouso. Sobre a que pasaron nesta ocasión, vinte e máis anos da súa lectura e volvemos atopar un novo senso no que noutrora foi unha lectura recomendada para os novos pero na que o adulto achará sensacións primeiras e frescas. Porque Dorian, un dos dous Dorian, o de pel ou o de lenzo, non murcha nunca.
Premios AELG2013
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é a entidade oficial que reúne máis de 415 escritores e escritoras da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións…
Foi fundada no ano 1980 por algúns dos escritores máis sobranceiros da nosa historia literaria e dela foron membros Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ricardo Carvalho Calero, Uxío Novoneyra, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María, Xela Arias e Luisa Villalta, entre outros.
A AELG destaca por ser un dos órganos instituídos pola Academia Sueca con competencia oficial para presentar candidatura aos Premios Nobel. Forma parte do European Writers’ Congress.
Como cada ano a AELG ven de entregar os seus premios. Nesta ocasión foi o centro Ágora da Coruña quen acolleu a Gala das Letras o pasado sábado onde se deron a coñecer os galardóns deste ano.
Entre os premiados destaca a novela Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño que se está a apousentar como unha das obras máis exitosas das nosas letras no último ano.
Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?
Canda ela Ana Romaní levou o premio ao xornalismo cultural, Ledicia Costas o da literatura infantil e xuvenil con O corazón de Xúpiter, e Franciso Pillado o de teatro pola súa coordinación no volume colectivo Banqueiros. Darío Xohán Cabana foi recoñecido pola súa tradución o Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas de Petrarca, mentres que o premio de Poesía foi Ex-Aequo para Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal,Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro.
Non esquezas que moitas destas obras podes atopalas nas Bibliotecas Municipais da Coruña.



Podemos clasificar esta obra de José María Eça de Queiroz dentro de la categoría de aquellas que a finales del siglo XIX y principios del XX reflejaron los cambios que se estaban produciendo en la sociedad. Eran nuevos tiempos. La sociedad industrial había desarraigado a la gente de sus orígenes, llevándolos a las ciudades donde pasaban a engrosar la clase obrera. Al tiempo la ciencia avanzaba y daba respuestas a cosas hasta entonces tenidas por cuasi milagrosas. Son tiempos de profundos cambios, de nuevas maneras de educar y relacionarse. En resumen son años en los que se configuró el modelo social imperante durante la mayoría de los años del siglo pasado.






Café con libros continua con una de las mejores obras de 











